Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Choran as seis cordas.
O pasado mércores 26 de febreiro, cheguei á casa, coma sempre, e tras uns 20 minutos preparando as cousas para comer, escoitei a meu irmán tocar un bo punteo na guitarra española, era Entre Dos Aguas. Fun onda el e díxenlle: "¡Paco de Lucía!". Meu irmán só respondeu unha cousa: "Morreu". Nese momento fun correndo ata porme diante do ordenador e busquei na Internet inmediatamente. Efectivamente, Paco de Lucía morrera, e unha enorme pena recorreu o meu corpo. Francisco Sánchez Gómez, coñecido como Paco de Lucía naceu o 21 de setembro do ano 1947 no municipio gaditano de Algeciras. Ao longo da súa carreira desenvolveu unha técnica inigualable no ámbito guitarrístico, sendo un dos músicos máis virtuosos do mundo. Se ben en España foi amplamente coñecido como guitarrista flamenco, sobre todo pola súa etapa de colaboracións co 'cantaor' Camarón de la Isla, cobrou gran fama no resto do mundo, especialmente en Estados Unidos e en Inglaterra, por fusionar o flamenco coa música clásica, na que era un mestre indiscutible, e co jazz (tocou en grandes festivais de jazz con outros grandes coma Al Di Meola ou Carlos Santana). Entre as os múltiples galardón que lle foron otorgados atopamos a Medalla de Ouro ao Mérito en Bellas Artes, o Premio Príncipe de Asturias e un doctorado Honoris Causa do Berklee College of Music. O pasado 25 de febreiro, cando disfrutaba dun día de praia en México cos seus fillos, un infarto cardíaco acabou coa súa vida. As mostras de dor, non só dende España, senón dende todo o mundo, foron enormes. Desde o cantante Alejandro Sanz, pasando pola súa sobriña e tamén cantante Malú ata o guitarrista de metal Zakk Wilde e outros moitos deron as súas condoenzas. Paco era incrible. A súa velocidade e o seu virtuosismo inigualables. Nunca ninguén interpretara nin interpretará tan ben o Concierto de Aranjuez do mestre Joaquín Rodrigo. O seu nivel como guitarrista era tan enorme que en certa ocasión, o grandísimo Mark Knopfler, ex-guitarrista dos Dire Straits afirmou que, tras ver a Paco tocar en directo, comprendeu que el (Knopfler), non sabía tocar a guitarra. En xeral, podo dicir que Paco de Lucía foi , quizais, o músico máis grande da historia de España e un dos máis grandes da historia da humanidade. Un mestre, un xenio.

Javier González Sobrado, 2º BACH. A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-03-2014 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
PSOE, CiU, Esquerda Plural, UPyD, PNV e BNG piden ao Goberno que derrogue a LOMCE
O PP reclama unha mellora das oportunidades de futuro dos mozos a través dun sistema educativo de máis calidade

O PSOE, CiU, a Esquerda Plural (IU-ICV-CHA), UPyD, o PNV e o BNG piden ao Goberno nas súas propostas de resolución que derrogue a Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), tras o Debate do Estado da Nación no Congreso dos Deputados. Estas propostas preséntanse só unha semana despois de que o PSOE, CiU, Esquerda Plural, PNV, ERC, BNG, Coalición Canaria-Nova Canarias, Geroa Bai, e Compromís presentasen no Congreso dos Deputados unha proposición non de lei pola que instan ao Goberno unha vez máis a derrogar a Lei. É máis, coa presentación desa proposición non de lei, "os grupos da oposición plasman nunha iniciativa parlamentaria o acordo asinado o pasado mes de xullo para derrogar a Lei Wert.
En cambio, dende o Grupo Popular centran unha das súas 15 propostas de resolución en instar ao Goberno a "mellorar as oportunidades de futuro dos mozos mediante o desenvolvemento dun sistema educativo de máis calidade, cunha estrutura dinámica, adaptado ao século XXI, cun sistema de avaliacións que garanta que todos os alumnos adquiren as competencias axeitadas, que asegure a equidade e a igualdade de oportunidades, e que proporcione unha oferta educativa mellor aos mozos que permita reducir o abandono educativo temperán".
Á súa vez formulan o fortalecemento e a dignificación da Formación Profesional, especialmente da Dual, o deseño da nova Formación Profesional Básica e o impulso dos niveis de Formación Profesional de Grao Medio e Superior.
Dende o PSOE tamén formulan na súa proposta que é vital garantir o mantemento dun sistema educativo baseado nunha educación pública de calidade, que conte coa participación das administracións e de toda a comunidade educativa, onde o consenso e o diálogo sexa o método e o "único camiño" para establecer as melloras do sistema educativo.
Á súa vez quere que se introduza no currículo educativo de todos os niveis a perspectiva de xénero e os conceptos de igualdade entre homes e mulleres, de diversidade familiar e sexual e da loita contra a violencia de xénero.
Como medida imprescindible para mellorar a FP, o PSOE quere que se elabore un Plan Estatal para o seu fomento, que contemple, polo menos, unha análise do número de prazas necesarias para acoller os aspirantes que non puideron acceder pola escaseza de oferta.
Mentres, CiU formula nunha das súas propostas de resolución a derrogación da LOMCE, ademais de instar ao Goberno a modificar a normativa vixente para que as axudas de transporte e comedor escolares se concedan tendo en conta criterios de renda das familias e non só a situación xeográfica, independentemente dos recursos económicos de cada unha delas.

Tamén quere que se dote as comunidades autónomas cos recursos económicos suficientes para conceder axudas para a adquisición de libros de texto, material escolar e reutilización de libros. Igualmente, reclama a recuperación das bolsas Séneca, que a Generalitat teña a competencia en materia de bolsas, así como revogar o IVE do material escolar.
Por parte da Esquerda Plural queren esixir ao Goberno que abra de forma urxente un proceso de negociación e diálogo coas administracións e a comunidade educativa, os interlocutores sociais e as forzas políticas para abordar as medidas que se consideren necesarias para mellorar o sistema educativo público.
Á súa vez desexa que a vete o cambio de titularidad, a "alienación ou privatización do patrimonio que integra a rede de centros públicos" existente, así como establecer unha moratoria aos concertos educativos, determinar o seu carácter subsidiario, equiparar o seu funcionamento e as condicións laborais do seu persoal ao dos centros públicos.
Á parte de solicitar que se garanta unha educación laica, plural e culturalmente respectuosa coa diversidade lingüística das comunidades autónomas, IU-ICV-CHA formula tamén que se rebaixen as taxas universitarias, auméntense as bolsas, dignifíquese o traballo do profesorado e do persoal investigador, entre outros puntos.

Alejandro Sueiro Paz; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-03-2014 14:10
# Ligazón permanente a este artigo
Os perigos do móbil na vista dos nenos
Pasar moito tempo ininterrumpido diante da pantalla do teléfono ou a tableta ten riscos.
A sociedade actual abriuse ás novas tecnoloxías e iso tamén chegou aos nosos fillos, pero son estes sistemas perxudiciais para a vista? Esta é unha pregunta frecuente nas consultas do pediatra o certo é que podemos ter algúns problemas se abusamos destes sistemas que debemos coñecer para previlos.
De entrada diremos que o abuso durante horas destes teléfonos ou videoxogos, conduce a problemas de irritación dos ollos, arrubiamento, lagrimexada, etcétera, a coñecida ´Síndrome das Pantallas de Visualización´. Isto débese á disminución da frecuencia do parpadeo ao estar pendente destas pantallas, coa consiguiente sequedade ocular que produce o arrubiamento e lagrimexada dos ollos.
As tecnoloxías modernas son beneficiosas pero deben ser usadas correctamente. O recomendable é facer pausas de 5 minutos cada 30 minutos de emprego destes sistemas. É unha batalla perdida ás veces apagar os videoxogos, pero o botón de aceso/apagado pode ser moi útil e si temos algún problema ao ver os sistemas en 3D, debemos comentalo ao noso médico especialista, que nos fará ese exame que deberiamos facer desde recentemente nados para unha correcta valoración da visión e especialmente do desenvolvemento da visión nos nosos fillos. Os nenos poden sufrir problemas de irritación dos ollos, arrubiamento ou lagrimexada si abúsase durante horas dos teléfonos ou dos videoxogos.

Fernando Rodríguez González; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-03-2014 14:04
# Ligazón permanente a este artigo
POR ROSALÍA!
O 177º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro foi homenaxeado en varias cidades galegas pola Asociación de Escritoras e Escritores de en Lingua Galega o pasado 24 de febreiro. Este mesmo día aspira a marcarse como xornada de celebración na literatura galega, coa idea de regalar un libro e unha flor e coincidindo co remate do ano de Rosalía que comezara na mesma data no 2013 para conmemorar o 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos.
A fundación rosaliana presentou no auditorio da Casa-Museo de A Matanza, en Padrón, un libro-CD en conxunto coa radio autonómica galega e que se titulou "De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI". Nesta obra estarán recollidos numerosos versos inéditos escritos polos 36 poetas a partir dos que Rosalía publicara o seu famoso poemario.
Segundo destaca a fundación, o libro busca a mestura entre os acentos propios da escritora e a escrita contemporánea, dando como resultado unha das “antoloxías poéticas sonoras con textos inéditos máis extensas e plurais da historia da literatura galega”.

Uxía García Vázquez; 2ºBach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-03-2014 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
O OLLO… A CÁMARA DA ALMA?
Un equipo liderado por investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) descubriron que o cerebro posee un sofisticado procesador de imáxenes similar ao dunha cámara dixital. Trátase do núcleo xeniculado lateral do tálamo, unha parte do cerebro que recibe información directamente dende a retina e a envía despois á corteza cerebral para a súa análise.
O estudo sostén que o ollo funciona como unha cámara dixital – a súa calidade depende do número de píxeles- e, polo tanto, a resolución da imaxe que proporciona ao cerebro tamén está limitada polo número de píxeles, ou células ganglionares, da retina.
"Os circuitos neuronais que forman o núcleo do cerebro interpolan para obter unha imaxen retiniana con maior número de píxeles e, por lo tanto, maior resolución aparente, o que permite ao cerebro incrementar o tamaño da imaxen retiniana antes de proceder a unha análise máis detallada", afirma Luis Martínez, investigador do Instituto de Neurociencias de Alicante, centro mixto do CSIC e a Universidade Miguel Hernández.
"Descubrimos que a relación entre os dous tipos celulares principales do tálamo, dúas masas esféricas de texido gris, situadas dentro da zona media do cerebro, permite compensar os efectos adversos da interpolación da mesma maneira que o faría, por exemplo, unha cámara digital", precisa o investigador do CSIC.
A única limitación é a cantidade de cable utilizada para conectar a retina co cerebro, que é a mínima necesaria para xerar un circuito funcional, un principio xa enunciado por Cajal fai máis dun século.
Esa necesidade de manter o tamaño do ollo o máis reducido posible e a lonxitude de axóns ou cables que o unen co cerebro o máis curta posible é o que limita o número de píxeles que ten o ollo.
"A razón é que, aunque un maior tamaño do ollo melloraría a calidade e resolución da imaxen, o faría a costa de incrementar o gasto metabólico e o espazo requerido para enviar esa información visual ao cerebro", agrega Martínez. 

Diego López Guerrero Navarro; 2º BACH. A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-03-2014 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Reapertura do "Santo Graal" das covas do mundo do Paleolítico
Onte, día 28 de febreiro, un grupo de cinco visitantes escollidos por sorteo xunto coa súa guía tiveron a fortuna de visitar a Cova de Altamira despois de pecharse no ano 2002 pola degradación que se produciu nas pinturas rupestres a causa das incontroladas visitas á cova, sobre todo na época dos anos cincuenta e sesenta.

Os visitantes, vestidos con monos e mascarillas, acudían con ilusión ao privilexio de poder observar algo que ata fai pouco estaba ao alcance dus poucos. Isto realizarase unha vez á semana seguindo un método de elección entre todas as persoas que compren a súa entrada no Museo de Altamira, facendo un sorteo ás once da mañá.

Para que se fai todo isto? Pois ben, isto realízano os científicos que traballan na Cova de Altamira como experimento para determinar si se pode ou non abrir a Cova ao público e para determinar o impacto que producen as persoas sobre os debuxos que hai na cova, entre os que destacan os de bisontes, cervos e cabalos. Os resultados do estudo coñeceránse ao final deste ano.

Esta nova reabre o debate sobre se se debería abrir ó público esta obra aínda que iso ocasione a súa destrucción, ou si sería mellor illala para que se conserve como durante os 18. 500 anos que leva existindo. Persoalmente, opino que si os resultados do estudo son favorables a que a Cova pode admitir un número clauso de visitantes coas medidas de seguridade que os científicos consideren oportunas, debería abrirse a Cova. Se non é así, non se debería porque considero que perderiamos un dos tesouros mellor gardados sobre o noso pasado.

Carolina Outomuro López; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-03-2014 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal