Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O robot-médico da NASA, listo para voar
A NASA creou un robot humano capaz de facer a respiración artificial e de practicar operacións na Estación Espacial Internacional (EEI) e quizá en futuros viaxes a Marte. Chámase Robonaut 2 e actualmente está sendo probado en Houston.

O doutor Zsolt Garami, instrutor do Instituto Metodista de Investigacións en Houston, está seguro de que non haberá problemas co robot na EEI, xa que é máis rápido e máis hábil que os humanos, informa a revista 'Computerworld'. " Entrenou durante unha hora e móstrase máis capaz que os estudantes cos que traballei durante unha semana. Aprende realmente rápido. No lle tremen as mans, os movementos son moi exactos e delicados", explica Garami na nota da prensa da NASA.

O doutor xa 'ensinou’ a Robonaut a facer ecografías, pór goteiros e administrar menciñas. O robot pode cortar una hemorraxia e suturar a ferida, e está a punto de aprender a facer a respiración artificial.

A fabricación deste robot de 130 quilos requiriu 11 anos y 2,5 millóns de dólares. Funciona con procesadores 38 Power PC que conteñen 36 chips incorporados que controlan as articulacións en brazos e pernas.

Aínda que a idea do robot-médico no espazo é nova, os robots úsanse xa nas salas de operacións de moitos países dende fai algúns anos. Un estudo en 2008 da Escola de Medicina da Universidade de Maryland, EE.UU., demostrou que os pacientes que foran sometidos a unha cirurxía cardíaca de invasión mínima practicada polo robot, permanecían no hospital por menos tempo, recuperáronse máis pronto e tiveron menos complicacións postoperatorias que nas operacións tradicionais.

Os investigadores non saben con certeza cando poderán trasladar a Robonaut á Estación Espacial, aínda que se mostran optimistas e cren que o maior problema reside na coordinación de horarios. O robot xa está listo para as probas orbitais.

Alba Baltar Janeiro, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-03-2014 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
David a man armada
O mundo da arte en Italia sublevouse indignada contra unha fotomontaxe na que parece o David de Miguel Ángel facendo publicidade a armas americanas. A célebre obra en mármore, de 5,16 metros de altura, símbolo de Florencia e do arte italiano en todo o mundo, tivo sempre un gran atractivo para realizar campañas publicitarias co fin de promover produtos ou iniciativas. Pero esta vez sobrepasaron tódolos límites. A Arma Lite Inc, empresa productora de armas americana con sede en Illinois, decidiu lanzar un enorme fusil a prezo superior dos 3.000 dólares, utilizando na súa publicidade ao David Miguel Ángel Na fotomontaxe, a empresa Arma Lite fai que o David abrace o fusil AR50-A1 baixo o resonante eslogan "A work of art", unha obra de arte, unha imaxe difundida nas revistas americanas especializadas en armamentos.
A indignación foi xeral en Italia, comezando polo ministro de Cultura, Dario Franceschini, quen comentou: "A imaxe publicitaria do David armado ofende e viola a lei. Actuaremos contra a empresa americana que debe retirar de inmediato a campaña". Pola súa parte, o conselleiro de cultura do concello de Florencia, Sergio Givone, considera que esa campaña publicitaria é un acto de violencia: "É peor que atacala escultura a martillazos". O David representa a liberdade dos cidadáns frente ós abusos do poder. A escultura de Miguel Ángel é un home xoven indefenso, listo para desafiar a Goliat cunha simple pedra: no seu lugar colocouse un enorme fusil. Ademáis do abuso, trátase dunha falsificación".

Nerea Rial Conde, 1ºB Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-03-2014 00:54
# Ligazón permanente a este artigo
VII Edición do Festival Internacional de Música de Ourense
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de formalizar a súa colaboración co Concello de Ourense no desenvolvemento da VII edición do Festival Internacional de Música de Ourense ‘Pórtico do Paraíso’, que se celebrará en diferentes espazos da cidade das Burgas entre o 13 e o 23 de marzo de 2014. O conselleiro, Xesús Vázquez Abad, e mais a concelleira de Educación e Cultura do Concello de Ourense, Ana Mª Garrido Rodríguez, asinaron esta mañá na Cidade da Cultura de Galicia o convenio polo que se establece esta colaboración, ao abeiro do que se organizarán unha ducia de actividades, das que a gran maioría serán totalmente de balde para os asistentes. A achega da Consellería ascenderá a 8.000 euros.

Este festival, organizado polo Concello a través da Asociación Pórtico Musical, supón unha oportunidade única para a revitalización cultural da capital ourensá, xa que as diferentes actuacións contempladas no seu programa desenvolveranse en diferentes espazos da cidade. Así, celebraranse sete concertos, levando a música á Catedral de San Martiño, ao Teatro Principal, e ás igrexas do Santo Anxo, de Santa María Nai e de Santiago de Caldas. Todos os concertos, agás os dous que se celebren no Principal, serán de entrada libre e gratuíta. Os intérpretes, que se darán a coñecer nunha próxima presentación do programa, procederán tanto do propio panorama musical español como de Estados Unidos, Israel, Palestina, Francia, Lituania e Reino Unido.

O Festival Internacional de Música de Ourense ‘Pórtico do Paraíso’ completarase con actividades paralelas no Liceo de Ourense, no Conservatorio de Música da cidade, no Museo Municipal e no Claustro de San Francisco. En concreto serán exposicións de temática musical, así como encontro de alumnado e profesorado do conservatorio con algún dos intérpretes que ofrezan concertos no marco do festival, e mesmo da proxección dunha película moi relacionada tamén cun dos grupos participantes no programa de concertos. Todas as actividades paralelas serán de balde.

Co impulso deste festival a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria procura a ampliación dos circuítos culturais, promovendo a chegada de artistas internacionais a todo o territorio galego, así como unha programación continua tanto en espazos habituais – como pode ser o teatro- como en lugares de gran valor e importancia no Patrimonio galego, como a Catedral de San Martiño.

Beatriz Pereiras López, 1ºB Bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-03-2014 00:37
# Ligazón permanente a este artigo
Día Internacional da Muller
Traballar gratis 59 días ao ano, ou cobrar un 16,4% menos. Ter que demostrar máis e durante máis tempo para alcanzar as mesmas metas, os mesmos postos, os mesmos cargos. Ou, no seu defecto, coller a rúa de diante e converterse en emprendedora. E todo, coa casa e a familia ás costas. Convén recordar algunhas das razóns que fan necesario que este sábado 8 de marzo se celebre o Día Internacional da Muller Traballadora e se fale de emprego, en feminino.

A radiografía do mercado de traballo en función de xéneros bota conceptos fríos: brecha salarial, segregación sectorial, paro, emprego vulnerable, conciliación... Hai moita tarefa pendente no que a igualdade laboral entre homes e mulleres se refire e o desemprego pode ser un dos puntos polos que comezar.
O desemprego tivo tradicionalmente un maior impacto sobre as mulleres. A marcha da economía entre 2002 e 2007 permitiu que a distancia entre o paro feminino (5,8%) e o masculino (5,3%) se acurtase ata unha diferenza do 0,5%. Pero chegou a crise e esta non só freou o achegamento, senón que o reverteu. En 2011, a porcentaxe global de mulleres sen traballo ascendeu ao 6,4% e ao 5,7% no caso dos homes, segundo os datos do informe 'Tendencias Mundiais do Emprego das Mulleres 2012' elaborado pola Organización Internacional do Traballo (OIT).

Falamos en termos globais. Ora ben, non todas as rexións experimentaron a mesma evolución nin calcaron esta tendencia. Os factores demográficos e sociais entrelázanse cos económicos e determinan diferentes escenarios. Nos países desenvolvidos, especialmente en Europa, o desemprego masculino aumentou máis que o feminino porque a crise golpeou con maior virulencia a sectores, como o da construción ou as obras públicas, nos que predominaba a man de obra do home.

En Europa a crise golpea con virulencia a sectores como o da construción
Nos países do sur de Asia perdéronse tres millóns de empregos para a muller en sectores dominados pola man de obra feminina, como o téxtil, mentres que en América Latina e o Caribe, no norte de África e en Oriente Medio, as diferenzas no desemprego dun e outro xénero non fixeron senón aumentar.

Son datos da OIT, cuxas estimacións para os próximos anos tampouco invitan ao optimismo. As previsións para 2013, recollidas no informe 'Tendencias Mundiais do Emprego 2014', esbozan que o desemprego se manterá no 6,4% para as mulleres e escalará ata o 5,8% entre os homes.

Carlos Seoane Martínez, 1ºB Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-03-2014 00:31
# Ligazón permanente a este artigo
ADEUS ENTROIDIÑO
Cheos de choros e tristeza a provincia de Ourense marcou a fin do Entroido con comparsas mergulladas en procesións caracterizadas polo numeroso acompañamento de pranteiras. O enterro da sardiña despediu con moitos prantos a Don Entroido, dando paso á Coresma.

Os días de tolerías e desenfreo quedaron atrás, xunto coas grandes esmorgas que duraron en moitos lugares desta provincia ata altas hora da madrugada, a pesar do mal tempo que acompañou ao noso querido Entroido, pero que non impediu as exhibicións de cores e humor que sempre acompaña ás carrozas.

Neste pasado mércores, as pranteiras, acompañadas das autoridades competentes e dos máis variados personaxes, non pararon de chorar en toda a tarde en moitos puntos de Ourense, despedindo así entre grandes berros e bágoas de decepción a esta festa que tanto gusta. Aínda que na cidade de Ourense se celebra o enterro da sardiña, hai lugares onde o que se fai é a queima do meco, pero en todos se percorre en procesión as rúas desa localidade para darlle o adeus ao devandito. E despois deste día só nos queda dicir, adeus noso Entroidiño, ata o próximo ano.

UXÍA GARCÍA VÁZQUEZ; 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 08-03-2014 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
Os pediatras elaboran un catálogo para defender a vacinación co fin de protexer aos máis pequenos
As vacinas son realmente necesarias? Uns pediatras elaboraron un catálogo con todas as vantaxes das vacinas.
1. Protexen a nosa saúde: as vacinas protexen fronte a algúns virus e bacterias que causan enfermidades graves e mortais. Activan nosas defensas e axúdannos a defendernos dos microorganismos.
2. Salvan vidas: actualmente seguen morrendo pícaros e adultos por mor de enfermidades que se poderían previr con vacinas.
3. Poden controlar e eliminar enfermidades: co esforzo coordinado entre moitos países pódese conseguir erradicarlas para sempre.
4. Preveñen algúns tipos de cancro e enfermidades dexenerativas
5. A vacinación non é só "cousa de nenos": débese vacinar a calquera idade, tanto pícaros e adolescentes como adultos; tanto a poboación sa ao longo da vida como a persoas que pola súa situación de saúde poden ter máis riscos.
6. Son solidarias: ademais de protexer a un mesmo, protexen aos demais, aos nosos contactos. Impiden a transmisión da enfermidade e teñen efecto protector noutras persoas non vacunadas ou con poucas defensas: é o que se coñece como "inmunidade de grupo".
7. Son seguras e efectivas:  atópanse entre os produtos máis seguros usados en Medicina e só apróbanse logo de ser sometidas a rigurosísimos controis e estudos.
8. Son un dereito básico: non hai razóns para que un neno morra ou padeza graves secuelas por unha enfermidade prevenible mediante vacinación.
9. Forman parte dun estilo de vida saudable: as vacinas son tan importantes como a alimentación e o exercicio físico para manterse sans.
10. Consellos sobre vacinación: hai que consultar co seu pediatra ou enfermeira si ten dúbidas, e facelo con suficiente antelación en caso de pretender viaxar ao estranxeiro.

Fernando Rodríguez González; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-03-2014 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
Outro ano máis para García Márquez
O pasado xoves día 6 de marzo, o Premio Nobel Gabriel García Márquez celebrou o seu 87º aniversario.

Como cada ano, os seus amigos, familiares e periodistas acudiron a felicitalo. Como en tódolos aniversarios, houbo agasallos e pasteis; pero a celebración vai continuar durante un mes no seu país natal, Colombia, que vai a facer actividades culturais acerca do autor como homenaxe. O organizador desto é o Banco da República, que madou un comunicado dicindo que tódolos luns deste mes adicaranse na Biblioteca Luis Ángel Arango de Bogotá unha serie de charlas acerca das distintas facetas artísticas do Premio Nobel García Márquez.

Este autor gañouse o respeto de moitos coa publicación de obras como "Cen anos de soidade", "O amor nos tempos do cólera", ou "Crónica dunha morte anunciada", de feito, esta obra é unha lectura obrigatoria no curso 2º de Bacharelato e que pode caer na Selectividade.

Para algúns, como o escritor Enrique Serrano, a sombra que proxecta a obra garciamarquiana é xigantesca e esperemos que aínda cumpla un chisco de anos máis que a súa homenaxe no seu país natal nas 29 cidades nos que se levará a cabo fagan sentir orgullo ó autor ao que se lle adica.

Carolina Outomuro López; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-03-2014 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
Modernismo no xardín

Nun futuro os expertos remitiranse á temporada de outono 2015 facendo uso dun término de finais do século XIX. Non pola silueta nin polas texturas, pero si por unha sensibilidade estética crucial á hora de comprender os desfiles de París. Chámase modernismo.
Indubidablemente esta corrente de pensamento alimenta, explica e articula as coleccións parisienses para a temporada vindeira. O primer exemplo é o diseñador belga Raf Simons e a súa labor para Dios. Nos xardíns do museo Rodin presentou unha proposta fundamental para dilucidar o espírito da moda dos nosos tempos. Dentro dunha caixa construída de modo efímero para o desfile, Simons puxo en acción unha visión futurista á vez que actual.
O segundo exemplo desta renovación ven na man da diseñadora Phoebe Philo e a sua proposta para Céline. Nun club de tenis, Philo mandou construir un habitáculo racionalista. Tablóns de madeira negra a modo de asentos. Listóns de parquet sen rematar a modo de pasarela. Un ceo raso de cristal branco. E enormes macetas con fentos tropicais como única decoración. Unha exquisita construcción para unha colección que merece un dez perfecto.
Un desfile, que comezou cunha serie de abrigos severamente entallados na parte de arriba e libremente desestructurados na parte de abaixo por gracia de paneles entrelazados, deixou claras as intencións da diseñadora. Pretende deixar a mensaxe da muller libre de arbitrariedades e equipala para a acción.

Nerea Rial Conde, 1ºB Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 04-03-2014 23:58
# Ligazón permanente a este artigo
O XIV salón FranquiAtlántico abreu as súas portas en Vigo
O salón FranquiAtlántico inaugurou este venres en Vigo os seus XIV edición co obxectivo de potenciar a fórmula do franquiciado para o autoemprego. Premiouse, ademais, sete empresas do sector, varias delas galegas, "en recoñecemento á súa traxectoria".

No acto de apertura desta feira do franquiciado estiveron presentes a directora do salón, Raquel Robledo; o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), Luis Novoa; a vicepresidenta da CEP, Encarna Álvarez; o responsable de Programas do Igape, Miguel Fidalgo; o presidente de AJE Vigo, Rubén Hermida, e o xerente da Asociación Española de Franquiadores, Eduardo Abadía.

FranquiAtlántico, indicaron, é unha plataforma comercial coa que se pretende facilitar o contacto entre empresas franquiadoras e futuros franquiciados, así como difundir as últimas novidades en produtos e servizos.

No salón, localizado na Terminal de Cruceiros de Vigo, están presentes unhas 300 marcas comerciais de diferentes sectores, entre elas, sinaturas de hostalaría, rotulación, alimentación, ocio e entretemento, saúde, telecomunicacións, xoiaría, perfumaría, moda e servizos.

En concreto, nesta última edición está presente o servizo Eures Transfronteirizo Norte de Portugal-Galicia, rede cooperativa creada pola Comisión Europea; o Instituto Galego de Promoción Económica; e a Asociación de Novos Empresarios de Galicia (AJE Vigo); entre outras empresas e institucións.

Ademais, durante os dous días do evento, tamén se ofrecen xornadas técnicas, exhibicións comerciais de produtos e servizos.

Beatriz Pereiras López, 1ºB Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 04-03-2014 23:38
# Ligazón permanente a este artigo
Ucraína europea! e os demáis á súa casa.

OPINIÓN Por Serxio María.


Nos últimos días vimos como a xente se deseperaba e clamaba ó negro recordo da III Guerra Mundial.
O conflicto en Ucraína puxo en estado de alarma a toda a comunidade internacional. Moitos cidadáns comezaron a tremer cando vían nos seus televisores a milleiros de cidadáns manifestarse nas prazas do seu país, manifestacións que remataron en tiroteos e pedradas.

Pero... que se agocha baixo deste conflicto entre cidadáns, fillos dunha mesma terra. Acaso unha guerra civil? eu dígolles que non. O conflicto en Ucraína é o renacer das negras cinsas da Guerra Fría, da oposición entre Estados Unidos e Rusia, unha Rusia cun presidente que aplica métodos Stalinistas para reprimir ós seus cidadán. E non bastándose con iso, agora quere reconquistar o espazo perdido pola pouco socialista Unión Soviética, URSS.

Por outra banda temos ós estadounienses, que parecen estar dispostos a meter os seus fociños en calquera país que lles abra as portas. Un estado que se pensa dominador do mundo, e que as veces nos recorda ás dotes menos agradábeis do imperialismo capitalista do século XIX.

E baixo este conflicto de intereses, os pobres ucraínos que xa ven ós americanos e ós rusos con candanseus garfos e coitelos dispostos a deborar a súa patria, téñense que resignar a aceptar os postulados da ONU... Pero desperten señores! Quen domina a ONU, pois EEUU e a URSS, e mailos amigos da primeira e da segunta potencia.

E no medio deste conflicto está Europa e España, que parecen pasar olimpicamente dos contos "De mamá URSS" e de "Papá EEUU".
É a hora de que a UE acepte a Ucraína como membro de pleno dereito da UE. E os valores do europeísmo e do pacifismo cheguen a este pobre pobo que sobre a fame do diñeiro de dous países corrompidos polos cartos e o petroleo. É a hora de reaccionar de dicir as verdades a cara, Ucraína non é nin rusa nin americana, Ucraína é EUROPEA!. A UE pode plantarlle cara a EEUU e a URSS do século XXI, pero para iso é preciso construir a Europa dos pobos, a Europa federal e pacifista, e esquecernos dos que aínda non confían na Unión.

Levantemos a nosa bandeira azul coas doce estrelas douradas e berremos Ucraína para os ucraínos!
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 03-03-2014 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal