Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Grego de Toledo
Título dunha exposición que hai en Toledo ata o 14 de xuño sobre o complexo artista que é o Greco no Museo de Santa Cruz. Foi comisariada por Fernando Marías e inaugurada pola raíña Sofía onte, día 14 de marzo.

Na exposición hai un total de 76 obras procedentes de 11 países que foron cedidas por 45 prestadores, aínda que esperase a confirmación da chegada dun San Pedro e un San Pablo.Nesta mostra engádense cinco lugares da vida do autor: a sacristía da catedral, a igrexa de Santo Tomé, o hostal Tavera, o convento de Santo Domingo o Antigo e a capela de San Xosé.

A pesar de ser unha ocasión única para visitar a capela, considérase unha das exposicións máis completas do artista.

Porén, anque pasou a metade da súa vida en Toledo, nunca esqueceu a súa orixe; sempre rubricaba co seu nome en grego e na súa pintura móstrase as influencias que tivo nos seus anos en Italia e Creta.

Probablemente o que impulsou ao artista a ir a Toledo foi o rechazo do rei Felipe II que non quiso saber nada máis del pois quedara decepcionado con "O martirio de San Mauricio"

Quen sabe como reaccionaría o artista se chegara a saber que calcúlase que a súa obra atraerá ao redor de 250.000 visitantes grazas á súa obra.

Carolina Outomuro López; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-03-2014 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
Premios Oscar 2014
O pasado domingo 2 de marzo tivo lugar a entrega dos premios Oscar. Como todos os anos, esta é a ceremonia máis importante do ano en canto ao audiovisual se refire, gañando por moito en audiencia e consideración a outros como os BAFTA, os Globos de Ouro...etc. Este ano, "12 Anos de Esclavitude" e "Gravity" presentábanse como as favoritas e o transcurrir da gala deulles a razón aos rumores. O primeiro premio foi o de Mellor Actor de Reparto, que entregou a última gañadora do Mellor Actriz de Reparto. O premio foi para o actor, músico e vocalista de 30 Seconds To Mars, Jared Leto, pola súa actuación no filme "Dallas Bullers Club". Ao longo da noite puidemos ver como "Gravity", película de ciencia ficción rodada polo mexicano Alfonso Cuarón, levaba todos ou case todos os premios técnicos, coma Mellores Efectos de Son, Mellor Montaxe, Mellor Fotografía...etc. Finalmente, un dos pesos pesados, o premio Oscar a Mellor Director recaeu tamén en "Gravity" e por ende en Alfonso Cuarón, transformándose no primeiro latino en gañar este premio. No premio a Mellor Canción Orixinal, cuxa última gañadora fora Adele por "Skyfall", enfrentábanse, entre outros U2 e Pharrell Williams, mais, despois de actuaren todos os nominados (cabe destacar que U2 actuou de modo horrible, na miña opinión), o premio foi para Kristen Anderson e Robert López, parella que escribiu a canción "Let It Go", para a película de Disney, "Frozen: O Reino do Xeo", a cal tamén gañou o premio a Mellor Longametraxe de Animación. Volvendo aos premios interpretativos, o de Mellor Actriz de Reparto foi entregado a Lupita Nyong'o, actriz de orixe keniata, pola súa interpretación en "12 Anos De Esclavitude". Ante o premio a Mellor Actriz, non existían dudas, e foi a magnífica actriz australiana Cate Blanchett quen gañou pola película "Blue Jasmine", de Woody Allen. Era no premio a Mellor Actor onde iamos observar un enorme suspense entre Leonardo Di Caprio, quen estaba nominado por "O Lobo de Wall Street", e Matthew McConaughey, quen estaba nominado por "Dallas Buller Club". Finalmente foi este último o que gañou o premio, deixando a Di Caprio, unha vez máis, sen Oscar. O gran premio, a Mellor Película, recaeu en "12 Anos de Esclavitude". Así e todo, foi "Gravity" a gran gañadora, cun total de 7 galardóns. A gran perdedora foi "A Gran Estafa Americana" que aínda tendo 10 nominacións non se fixo con ningunha estatuiña. Tamén foi destacable o orixinal de Ellen Degenerees, a presentadora quen propuxo a imaxe con máis repercusión en Twitter da historia.

Javier González Sobrado; 2º BACH. A
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 10-03-2014 23:25
# Ligazón permanente a este artigo
Feijóo apela ao esforzo para lograr a plena igualdade das mulleres
"Os homes acabamos entendendo que esta loita non era contra nós, nin allea a nós", afirma sobre a emancipación da muller
   O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apostou por "non se conformar con algúns datos positivos" e "seguir alentando todos os esforzos para lograr a plena igualdade entre homes e mulleres", ás que erixiu en "liberadoras do conxunto da sociedade".
   "Existe unha revolución diferente na que non hai vítimas, unha revolución que non deixa perdedores, que non remata porque vai conseguindo en cada momento novos obxectivos, a revolución feminina,", manifestou durante a súa intervención no acto institucional conmemorativo do Día Internacional da Muller, que se celebra cada 8 de marzo.
   Na súa quenda de palabra durante o evento no que participaron numerosas autoridades, como a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e mulleres profesionais "de primeira liña" en ámbitos como o deporte ou as novas tecnoloxías, o máximo mandatario autonómico asegurou que "se o mundo se vai facendo máis pacífico, tolerante, solidario e xeneroso, se debe á presenza activa dun elemento novo que nos séculos pasados permanecía postergada, a muller".
   "Non é a súa unha revolución que decepcione, porque nela non hai ningún elemento de odio. Os homes acabamos entendendo que esta loita non era contra nós, nin allea a nós", indicou Feijóo para engadir que "a muller abría camiños polos que tamén podiamos andar xuntos, achegaba valores que facían a convivencia máis rica, valores que facían dos homes persoas máis aptas para unha vida social baseada no diálogo".

OITO HISTORIAS "EN FEMININO SINGULAR"

   No acto organizado polo Goberno galego con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, participaron profesionais en distintos ámbitos que destacan por o seu meritoria carreira, como a campioa olímpica Sofía Toro, quen incidiu na necesidade de "loitar" para "rematar coa discriminación" e facer do deporte "un mundo máis xusto".
   Tamén participaron a xornalista da TVG Irene Lamas, a actriz Teté Delgado, a produtora e propietaria de Vaca Films, Emma Lustres; a 'gaiteira' Susana Seivane; a 'chef' que conta cunha Estrela Michelín entre os seus diversos recoñecementos profesionais, Beatriz Sotelo; a vicedecana de Informática e premio Ada Byron 2013, Susana Ladra; así como a emprendedora e propietaria da Granxa Maruxa, Marta Álvarez Outeiro.
   Sobre elas o presidente da Xunta afirmou que "non son unha excepción" senón "a regra nun país que cada vez incorpora máis emprendedoras nos máis diversos campos de actividade". "Non en van, no último ano con datos completos - -2012-- continuou aumentando a presenza de mulleres na creación de novas iniciativas emprendedoras", indicou.
   Neste sentido, sinalou que a porcentaxe de emprendedores en Galicia segundo o xénero foi de 60 por cento homes e 40 por cento mulleres en 2011, mentres que no ano 2012 a porcentaxe se foi incrementando ata representar o 51 por cento os homes e o 49 por cento as mulleres.
   Malia estas cifras, Feijóo apostou por "non se conformar". "Estamos a construír entre todos un país novo que mira con confianza ao seu futuro. Un país que se conxuga en feminino e en masculino, pero sobre todo en plural, porque todos temos cabida", finalizou o máximo mandatario autonómico.

Alejandro Sueiro Paz; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-03-2014 23:21
# Ligazón permanente a este artigo
O DESPERTAR
Un equipo internacional de científicos riviviron un virus xigante que leva enterrado baixo o xeo siberiano durante 30.000 anos, a pesar do cal, todavía é infecioso. Os expertos explican que non afecta aos humanos, senon ás amebas, pero din que, a medida que o xeo se derrita, podería desencadearse o regreso de outros virus antigos, con riscos potenciais para a saúde humana.
O virus recién desconxeado, bautizado como 'Pithovirus sibericum', é o máis grande xamáis encontrado. Ten 1,5 micrómetros de anchura, o que é comparable en tamaño a unha pequeña bacteria. Os autores deste descubrimento, Jean-Michel Claverie e Chantal Abergel, xa axudaron a descubrir outros dos chamados virus xigantes. Outro virus gigante, Marseillevirus, infectou a un neno de 11 meses de edade .
Cando Claverie e Abergel enteráronse de que científicos rusos resucitaran unha antiga planta de froitas enterradas en permafrost siberiano durante 30.000 anos pensaron que tamén "sería posible revivir un virus". Usando mostras de permafrost proporcionadas polo equipo ruso, 'pescaron' o virus utilizando amebas como cebo. Estas empezaron a morrer e o equipo encontrou partículas do virus no seu interior. Según destacaron, baixo un microscopio, 'Pithovirus sibericum' aparece como un óvalo de parede grosa con unha abertura no extremo, o igual que os Pandoraviruses. Pero, a pesar da súas formas similares, "son totalmente diferentes", según apuntaron Abergel. O novo virus ten un 'corcho' cunha estructura de colmea tapando a súa apertura. Cópiase a sí mesmo mediante a construción de replicas de 'fábricas' no citoplasma do seu hóspede e faise cargo do núcleo, como fan a maioría dos virus. Só unha terceira parte das súas proteínas non garda ninguna similitude con outros virus e, para sorpresa do equipo, o seu xenoma é mucho máis pequeño que os dos Pandoraviruses, a pesar do seu maior tamaño.

Diego López Guerrero Navarro; 2º BACH. A
Comentarios (2) - Categoría Xeral - Publicado o 10-03-2014 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
Un Celta que non convence.
Luis Enrique non é home dun só once, por iso onte non sorprendeu que barallase de novo as súas cartas e entregase de novo a titularidade a Aurtenetxe e Santi Mina, o primeiro para acompañar a Cabral, e o segundo para sorprender nos postos da punta de lanza ou simplemente nun extremo para o ataque. Sentar ao capitán Oubiña pasou de ser extraordinario a ser algo totalmente normal e habitual, por iso o avance de Andreu Fontás ao mediocentro non sorprendeu, o mesmo que as pezas que situou ao seu redor, un Krohn-Dehli que mobilizou a pelota, e un Augusto Fernández que foi o celeste máis destacado case todo o que levamos de tempada.
Querendo mellorar a idea de movemento que lle ofrece a plantilla, Luis Enrique deu un xiro ao mapa clásico e probou con Rafinha de falso nove, deixando a Mina, que en xuvenís tamén se movía polas bandas, o costado esquerdo. A aposta, con todo, non se traduciu no esperado. Rafinha precisa estar en contacto co balón, e rodeado dos centrais do Elxe, non gozou. Por iso na segunda metade atrasou metros e o seu xogo e os seus cambios de velocidade xurdiron de novo para levar perigo á área rival. Iso si, como xa lle sucedeu nalgún que outro partido, o Celta empeza a ser vítima da súa propia evolución, e os rivais elevan cada vez máis proteccións ante os de Luis Enrique, polo que resolver nos últimos metros é cada vez máis complicado.

Samuel Vázquez González; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-03-2014 23:11
# Ligazón permanente a este artigo
As famosas figuras do Playmobil
Miden apenas 7,5 centímetros, pero son un auténtico batallón. Máis de 2,7 mil millóns de figuras de Playmobil poboan todo o mundo, e aínda que acaban de cumprir os 40, non teñen ningunha intención de quedar esquecido no faiado. Os clicks están máis de moda que nunca, e o motivo non é outro que o que moitos pais queren que os seus fillos se esquezan de tanta consola e divírtanse cos mesmos xoguetes cos que o fixeron eles na súa infancia.

Ademais, tamén existe unha boa lexión de nostálxicos destes bonecos de sorriso imborrable que coleccionan os vellos modelos, ou que mesmo os utilizan para contar de forma divertida as noticias de actualidade. Con todos estes devotos dos clicks non é de estrañar que a empresa alemá que os fabrica pechase o ano pasado cun récord de vendas de 552 millóns de euros, e que siga producindo preto de 4 figuras ao segundo de 4.000 versións diferentes.

Non obstante, lonxe quedan xa aqueles primeiros modelos que Hans Beck patentou no ano 1972, pero non foi ata 1974 cando saíron ao mercado. Cabaleiros, obreiros e indios foron os primeiros personaxes que vestiron a estes bonecos, que ata dous anos despois non luciron perfil e pezas femininas. Logo chegarían os castelos, os barcos piratas, os fortes, os trens, os nenos, os bebés, Papá Noel, a Estatua da Liberdade, as embarazadas... e así ata xuntar unha gran familia de bonecos, que se se collesen da man daría 3,4 veces a volta ao mundo.

Patricia González Fernández, 4ºB da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-03-2014 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
Os ataques de ira poden elevar o risco de infarto ou ictus
Con frecuencia os infartos de miocardio ou os ictus adoitan ir precedidos dun ataque de ira. A partir dese dato, investigadores da Escola de Saúde Pública de Harvard (Estados Unidos) consideran que estes fortes enfados poderían servir como detonante ou levar consigo un maior risco de sufrir senllas doenzas.

Así despréndese dos resultados dunha revisión de estudos que publica no seu último número a revista European Heart Journal, na que encontrou tamén que as dúas horas posteriores ao devandito ataque son o momento de maior perigo, xa que o risco de infarto aumenta cinco veces e o de sufrir un ictus, tres.

Segundo os seus cálculos, se se sofre un ataque de ira ou rabia ao mes, unha de cada 10.000 persoas con pouco risco cardiovascular tería un infarto ou un ictus ao ano, pero a probabilidade aumenta a medida que tamén o fai o seu risco cardiovascular. En persoas cun risco elevado, estaría relacionado con catro casos por cada 10.000 persoas.

Pero o problema está en que o risco é acumulativo, polo que as persoas máis propensas a perder os nervios teñen máis risco de sufrir un infarto ou un ictus tras un ataque de ira.

O que si está claro é que o estrés crónico pode contribuír ao desenvolvemento dunha enfermidade cardíaca, en parte porque pode aumentar a presión arterial e porque adoita ir acompañado de hábitos de vida pouco saudables, como o tabaco ou o consumo de alcohol.

Laura Abad Álvarez, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-03-2014 20:10
# Ligazón permanente a este artigo
Douscentos poemas inéditos de Díaz Castro ven a luz
O crítico literario Armando Requeixo presenta a primeira tese sobre a vida e a obra do rapsodo de Guitiriz, autor de "Nimbos", ao que dedican este ano as Letras Galegas.

Xosé María Díaz Castro, poeta ao que este ano se dedica o Día das Letras Galegas, publicou un só libro en vida, o magnífico poemario "Nimbos", que a crítica destaca unanimemente como un dos mellores da literatura galega. Non obstante, Díaz Castro non foi só autor deses 32 poemas que conforman esta obra e que inclúe o aplaudido "Penélope". O autor de Guitiriz escribiu durante toda a súa vida e foi un importante tradutor, autor de narrativa e articulista de prestixio durante a posguerra en xornais entre os que se encontra Faro. Por primeira vez, unha tese percorre a fondo toda a súa biografía e recupera os máis de 200 poemas que escribiu en galego, algúns publicados en revistas pero a ampla maioría, 160 en total, inéditos e custodiados ata agora polos seus herdeiros e a Asociación Xermolos de Guitiriz.

Sandra Tornero Belloso, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-03-2014 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
A Festa da Cachucha e un gran desfile despiden o Entroido en Carballiño

Carballiño despediu o Entroido coa vixésima edición da Festa da Cachucha e un gran desfile, recuperando o que se tivo que suspender o pasado martes a causa da chuvia. Onte acompañou o bo tempo e pola mañá a vila era un fervedoiro de xentes, moitas delas disfrazadas. A partir das 13.00 horas, charangas, a Banda de Gaitas e un gran folión integrado por 120 tambores anunciaban polas rúas a XX edición da Festa da Cachucha, na que participaron unha vintena de restaurantes e mesóns da vila, abarrotados de persoas desexosas de gozar deste delicioso manxar.

Xa pola tarde, miles de persoas congregáronse nas rúas máis céntricas para presenciar o desfile, no que participaron 16 agrupacións, xunto a numerosas comparsas, disfraces individuais e grupos procedentes de toda a bisbarra, que encheron a vila de música, colorido e bo humor.

A festa culminou cunha verbena, que comezaba ás 19.00 horas na Praza Maior e que poñía o peche ao Entroido carballiñés de 2014.

David Cebreiros López, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-03-2014 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
A adicción causada polo sal
O sal causa a mesma adicción que a cocaína porque produce un cambio nas células nerviosas do hipotálamo que provoca unha sensación de pracer e recompensa moi similar á da droga, segundo explicou hoxe a Sociedade Española de Cardioloxía (SEC). En España consúmese unha media de 11 gramos de sal ao día, cando o recomendado pola OMS é de 5 a 7 gramos. A adicción a este produto é o que leva ao seu sobreconsumo, que pode derivar nun aumento da presión arterial e, por conseguinte, do risco de padecer hipertensión.

Así, as enfermidades hipertensivas son as que máis aumentaron dende 2003, sendo responsables do 8,4% do total das mortes por enfermidades cardiovasculares.

Pero non é doado desfacerse do sal. O 20% do que consumimos provén unicamente do pan e o 80% de alimentos precociñados. É por iso que a SEC esixiu ás autoridades que tomen medidas para regular o consumo de sal entre a poboación. Por exemplo, pediron que a cantidade de sal no pan se reduza a 1 gramo ao ano ou que se mellore a etiquetaxe dos alimentos.

A SEC pediulle a toda a poboación que sexa responsable co consumo de sal diario e deu consellos como consumir produtos baixos en sal, non aderezar en exceso as comidas e seguir unha dieta equilibrada que inclúa cinco pezas de vexetais ao día.

Elena Blanco González, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-03-2014 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal