Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Hai máis tecnoloxía nun tomate ca nun iPhone
"A xente non sabe o que compra cando compra agricultura ecolóxica", sostén o químico J.M. Mulet
En 'Comer sen medo' (Destino), o químico José Miguel Mulet pretende "desmontar mitos, falacias e mentiras" sobre a alimentación. Sostén que "nada do que comemos é natural", nin sequera érao a cociña da avóa.
"Nun tomate hai máis tecnoloxía que nun iPhone"... non esaxera?
Non, en absoluto. Pode haber un tomate exquisito feito con tecnoloxía. O que mos conta o químico e que estes tomates presentan unha gran cantidade de fertilizantes que alguns deles poden ata reacionar entre si xerando outros compostos que en moitos casos son aínda máis tóxicos, e o que é peor, que se poden herdar, e a planta “filla” xa non nace totalmente natural senón que xa nace con estes productos insertados. Aesto sumaselle todas as tecnoloxias que se suman a medida que o tomate crece, que como di o noso químico son maiores cas que leva un propio teléfono de última xeración.
Agricultura ecolóxica?
A xente cando compra agricultura ecolóxica non sabe o que está comprando. O reglamento só di que o que todo o que poñas no campo sexa natural. A maioría da produción faise baixo invernadeiro. A dualidad natural/artificial desde o punto de vista científico é aberrante. E a publicidade é enganosa. Na etiqueta ves 'Sen pesticidas'. Hai pesticidas autorizados en agricultura ecolóxica. 'Máis sa'. Non hai ningún estudo que avale iso.


Por Fernando Rodríguez.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-03-2014 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
Scorpions despídense da música cunha última xira mundial
Os alemáns Scorpions parece que encóntranse na que finalmente será a súa xira de despedida, xa que recordamos que no 2010 pensabamos que "Get Your Sting and Blackout World Tour" sería a súa última ou ben a segunda parte da xira "The Final Sting", pero o parecer, non.
Polo tanto será unha boa oportunidade para rememorar os temas da emblemática banda como "Send Me An Angel", "Holiday", o a gran coñecida "Still Loving You". A banda actuou o sábado oito de marzo no Palacio Vistalegre en Madrid e acompañados polo glam-rock dos californianos Steel Panther.
Sendo unha das pioneiras bandas de hard-rock de Alemaña en 1965, despídese despois de case 50 anos de carreira musical e grandes éxitos que sempre se recordarán pola senxilez da súas melodías e os impresionantes solos de guitarra e despois de vender 75 millóns de copias dos seus discos.
'Estamos de acordo que chegamos ao final do camiño', palabras do grupo.

Nerea Rial Conde, 1ºB Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-03-2014 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
O Festival Internacional de Vilalba, contará coa presenza de trece grupos e artistas, encabezados por Amaral
Un total de 13 grupos e artistas, entre eles Amaral, conformarán o cartel do Festival Internacional de Vilalba (Lugo), que se celebrará na praza da Constitución os días 11 e 12 do próximo mes de abril, segundo informaron os seus responsables na súa presentación.

O acto, celebrado na sede do FNAC na Coruña, contou coa presenza dos dous integrantes do grupo Amaral, Eva Amaral e Juan Aguirre, que avanzaron que ofrecerán un concerto con cancións xa coñecidas e tamén algunhas novas.

Xunto a eles, no FIV estarán outros 12 grupos e artistas nacionais e internacionais. En concreto, serán Izal, Second, As Coroas, The Right Ons, Maryland, Eagulls, The Gift, Estereotypo, Fuel Fandango, León Benavente, Disco Dentada e Iván DJ.

O prezo dos abonos nesta sétima edición, patrocinada por Estrela Galicia, será de 30 euros, máis os gastos de xestión, segundo informaron os responsables na presentación do cartel do festival.

Beatriz Pereiras López, 1ºB Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-03-2014 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
Ruth Lorenzo estrea videoclip
Ruth Lorenzo estreou o videoclip para Eurovisión 2014 da súa canción 'Dancing in the rain', que xa conta con versión definitiva. O videoclip, dirixido por Paloma Zapata, comeza cun "ambiente íntimo e de aspecto industrial" marcado por planos pechados.

Unha "estética singular e de gran forza visual" -naves grandes e luminosas, con amplos ventanais e de aspecto desolado- que simboliza o estado de ánimo co que arranca a canción e que irá marcado por un tempo in crescendo que chegará ao seu clímax no punto máis álxido da canción, no que a auga terá un importante protagonismo, segundo explica TVE nunha nota.

Noutro dos escenarios do videoclip, Ruth Lorenzo comparte planos co bailarín italiano Giuseppe Di Bella que baila nun coñecido programa de imitación . Xunto a el realizará unha coreografía de Miryam Benedicted nun decorado no que destacan os efectos da luz e os brillos da auga.

Carlos Seoane Martínez, 1ºB Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-03-2014 21:02
# Ligazón permanente a este artigo
Banco Etcheverría abre unha oficina en México con vistas ó mercado financeiro galego.

O Banco Etcheverría, que forma parte de Banesco Grupo Financiero internacional, presentou unha oficina en Cidade de México, que pon en marcha co obxectivo de "facilitar" o comercio exterior e a internacionalización de empresas entre Galicia e México.
A presentación tivo lugar con motivo do 'Foro Empresarial México-Galicia: Oportunidades de inversión en internacionalización', organizado por Banco Etcheverría Grupo Banesco, no que participaron máis de 100 empresarios mexicanos e españois.
O encargado de presidir o acto foi Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente do Grupo Banesco, mentres que o titular da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo, o clausurou. Interviñeron tamén Francisco Botas, conselleiro delegado do Banco Etcheverría Grupo Banesco, e o conselleiro de Economía, Francisco Conde.
Segundo informou a entidade nun comunicado, o obxectivo do Foro é apoiar a crecente inversión española en México, "favorecendo e axudando a internacionalización das empresas". Tamén pretende facilitar e financiar as operacións de comercio exterior bilateral, incluíndo operacións de empréstito a favor de entidades mexicanas.
Banco Etcheverría ten como principal accionista a Banesco dende decembro de 2012. Coa adquisición, o pasado mes de decembro, de NCG Banco, alcanza as 689 oficinas, situadas principalmente en Galicia, León e Asturias.
Unha vez consolidada a súa alianza con Banesco, o Banco Etcheverria acomete un proxecto de expansión en Hispanoamérica que comeza coa apertura de oficinas de representación en Caracas, México e Panamá. Nunha segunda etapa chegarase a Brasil, Arxentina e Estados Unidos.

Por Serxio María.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-03-2014 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
Crítica á película de "O lobo de wall Street".
O dueto Scorsese-DiCaprio volveu a facelo, volveu a facer que pagar unha entrada de cine deixe bo sabor de boca. Co Lobo, Scorsese cóntanos a historia real baseada no libro homónimo de Jordan Belfort, corredor de bolsa durante os anos noventa que se fixo rico coa súa empresa Stratton Oakmont vendendo accións de a centavo e timando á xente e operando á marxe da lei. Mediante a sátira ao mundo das altas esferas e o descontrol preséntase ante nós unha das que pode ser unha das películas máis divertidas e ben feitas dos últimos anos.Vemos como Belfort levanta un imperio da nada e axiña ponse a gañar miles e miles de dólares, ademais de presenciar os seus derroches de diñeiro en drogas, prostitutas e alcohol. Posteriormente vemos a súa caída, propiciando un gran final non carente de reflexións. Mediante un humor negro sempre presente no filme, Scorsese é quen de nos narrar unha historia triste pero que fai que empaticemos cos personaxes.
En canto á película, presenta poucos defectos; a pesares da súa duración de tres horas faise entretida e atrativa para o público, e fai que non te despegues da cadeira nin un segundo, grazas á súa historia e o seu humor constante. Tras películas de corte máis “seria” como pode ser Shutter Island, preséntasenos unha película fundamentalmente de humor, pero que esconde unha moralexa e serve de sátira contra o mundo das altas esferas laborais e contra a vontade humana mesma. O camaleónico DiCaprio volve impresionarnos coa súa interpretación dun rico sen escrúpulos, pero co que somos quen de empatizar e rirnos das súas desgrazas. Xa en Shooter Island veramos ao mesmo dueto Scorsese-DiCaprio facer unha gran película cun final sorprendente. O resto do elenco de actores non se queda atrás: vemos a MacConaheuey saírse tendo soamente nos dez minutos aproximadamente que sae, participando nunha das escenas máis famosas da película. Tamén vemos a un espléndido a Jonah Hill, quen anteriormente estaba encasillado en películas de comedia “pasábeis” coma “Supersalidos” saíndose facendo de mellor amigo de Belfort e desenvolvendo un papel moi ben interpretado, que lle concedeu unha nominación ao Óscar.
O humor presente durante o filme corresponde aos tintes do humor negro e desenfrenado, resultando políticamente incorrecto para moitos nalgúns casos pola súa salvaxidade e carencia total de reparo algún en “censuras”. O feito de convertir unha historia a priori “tópica”, ao se tratar da historia de auxe e caída vista por exemplo en Scarface, nunha película humorística, facendo das desgrazas humanas motivo de risa é un gran logro por parte dos guionistas, que fan un traballo magnífico á hora de facernos rir e reflexionar inconscientemente co que vemos na pantalla. Aparte dos constantes gags, o guion inclúe algúns momentos, coma os discursos realizados por Belfort aos seus empregados, cargados de melancolía e sentimento. A historia presenta uns puntos de corte ben postos, cun guión ben montado e fluído reitero, facendo exhibición dun humor negro brutal; mais debido a isto mesmo, o seu total desparrame de humor pode non resultar atrativo ou semellar “ofensivo” para o público máis sensible ou conservador. Quizais por isto mesmo tivo dificultades para sobresaír nos Óscar.
Os apartados técnicos bríndannos un montaxe audiovisual espléndido, cunha banda sonora acorde aos momentos nos que se desenvolve a acción e axudando a meternos na película. Destaca a sorprendente intervención dos Foo Fighters, cuxa canción “Everlong” aparece no filme. Os xiros de cámara, proporcionando unha gran contraposición de planos e axudando a facer máis levadeiro o desenvolvemento da acción, así coma o vestiario, ben inspirado na época, fan do apartado fotográfico un dos máis notables.
E ben, Scorsese tráenos unha película que repasa algúns temas presentes na sociedade de hoxe en día: a corrupción, as ambicións sen control dos seres humanos, o desfase e o sincontrol, e os cambios que produce a riqueza na xente. Mais o tema de contalo todo mediante unha gran sátira humorística fai do Lobo unha experiencia cinematográfica moi grata. Personalmente, creo que é unha película digna de ver; dende o meu punto de vista DiCaprio merecía o Óscar a mellor actor, non só por xustiza divina e polo resto da súa carreira, proporcionándonos maravillosas interpretacións noutras produccións súas, senón pola magnífica interpretación que fai de Belfort. É incrible. O feito de que este filme quedase tan corto nos Óscar da moito que pensar, xa que a crítica, e non soamente eu, a aclama. Se queres ver unha película e sobre todo es aberto de mente, o Lobo encantarache. É unha película que atrae, sexa polo seu apartado visual, musical, ou porque queiras simplemente pasar un bo rato no cine. Facía moito que non me divertía tanto no cine, e, sinceramente, volvería a pagar unha entrada para volvela a ver, e poucas películas teñen ese toque máxico de facer reflexionar e deixar coa boca aberta.
¿Recoméndoa? Mandaríavola ver.

Por Alexandre Sueiro.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-03-2014 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
Ourense , pechado ó mundo.
Nestes últimos meses as noticias máis sorprendentes volven a cidade de Ourense e é que na zona termal, como ben se sabe moi transitada polos turistas , xa que constitúe un dos atractivos e alicientes da cidade galega resulta que non conta coa suficiente información para guiar ós turistas e en vez de axudalos só crea conflictos. O que esta claro é que na zona de Outariz e na Chavasqueira non está definido de forma eficiente a zona que se debe de transitar para chegar as zonas termais.

Moitos visitantes queixanse de que non existe un mapa guiatorio para toda a ruta de axuda para os visitantes e para axudar o turismo da cidade que na época na que nos atopamos e un ben preciado por moi pouco que poida ser. Aínda que existe persoal de mantemento de toda esta zona que pode estar atento para poder solucionar posíbeis problemas non é suficiente.

Non é nada eficiente o que esta facendo a nosa cidade en temas de turismo , nestos temas non só sirve facer as cousas rápido se rematan sendo un grave problema.Gozamos de moitos recursos para o turismo que deberían ser aproveitado dende todos os ámbitos para así poder ter unha gran importancia por todo o mundo.Polo tanto unha gran reforma sempre que temas económicos o permitan será moi saludabel para a nosa tan preciada cidade.

Por Samuel Vázquez.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-03-2014 22:23
# Ligazón permanente a este artigo
A Industria da Banda Deseñada en España.
Como todos, ou case todos, sabemos, España non é un país acertado en decisións políticas, económicas...etc. Gustaríame tratar o tema da banda deseñada, comic, tebeo, historieta ou como se chame. Desde fai xa uns anos observamos que en España a industria do cine non acaba de funcionar, quitando a algúns coma Alejandro Amenábar ou Jaume Balagueró, a maior parte dos directores de cine españois dedícanse a facer películas ríndose do propio país. ¿Por que empurrar ao cine e non á banda deseñada? O comic é un seitor que sempre tivo un cariño especial por parte de moita xente en España. Dende o meu punto de vista existe un enorme potencial nesta área da literatura, tan só hai que pensar en cales son as maiores personaxes ficticias da España contemporánea: Mortadelo e Filemón, Zipi e Zape, O Capitán Trueno... Aínda que soe esaxerado, estes son os Don Quijotes da nosa época, pero seguimos sen tomar en serio esta industria. Quizais debiamosnos fixar no exemplo de Xapón. A día de hoxe, o manga (banda deseñada propia de Xapón) constitúe o 40% de todas as ventas de lecturas no país do sol nacente, é dicir, de cada 100 revistas, libros, xornais, manuais...etc que se mercan en Xapón, 40 son mangas. Se sumasemos a cantidade de tomos vendidos de Bola de Dragón e á cantidade de tomos vendidos de One Piece, obteríamos unha suma duns 425 millóns de exemplares. É máis, xunto aos aparatos electrónicos (Sony e Nintendo son xaponesas) o manga é unha das maiores exportacións de Xapón (Bola de Dragón, Supercampeóns, One Piece, Doraemon, Shin-Chan...etc.). Volvendo ao fío, o cómic, debería ser tomado máis en serio, tanto coma o cine, a literatura escrita,... etc. Adentrándonos en Galicia, cabe destacar, por exemplo, a obra "Ardalén" de Miguelanxo Prado, que gañou múltiples premios. Concluíndo. Os autores de banda deseñada son auténticos artistas. Debuxan e guionizan, e a velocidades inhumanas, pero nunca serán tomados en serio neste país. Espero equivocarme. ¿Como se sentirá o mestre Ibáñez tras agasallar a todos os españois con dúas personaxes dese calibre como son Mortadelo e Filemón e ver que a industria do cómic é tomada coma cousas para nenos? Posiblemente, moi triste.

Javier González Sobrado; 2º BACH. A
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 15-03-2014 17:54
# Ligazón permanente a este artigo
O PRIMEIRO BICO
“First Kiss” é o nome que recibe un dos últimos vídeos virais que acaban de arrasar en Internet, concretamente na plataforma de Youtube. Tres minutos e vinte e oito segundos dura esta peza breve protagonizada por vinte persoas de a pé coa que a súa directora, Tatia Pllieva, logrou conseguir máis de vinte e sete millóns de visitas.
O vídeo ten como obxectivo captar as sensacións que os seres humanos experimenta cando se bican por primeira vez con outro individuo. Para conseguilo optou por reunir a vinte persoas descoñecidas, xuntalas por parellas e gravalas mentres algunhas se daban un pequeno bico e outras se entregaban a unha gran emoción acompañada de caricias, apertas e grandes bicos de “parafuso”.
Este pequeno grupo, para ser politicamente correctos, estaba composto por heterosexuais, homosexuais e lesbianas aínda que semellaban ser actores ben preparados para o “papel” que lles tocaba representar. Mais non se tardou moito tempo en saber que este vídeo é algo máis que unhas imaxes subidas á rede, pois xa se considera un anuncio ao estar patrocinado por unha marca de roupa. ¿Conseguiría esta marca a publicidade necesaria para aumentar as súas vendas?

UXÍA GARCÍA VÁZQUEZ; 2ºBach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-03-2014 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
MAL EMPEZAMOS…
Un erro de seguridade en Whatsapp (recentemente adquirido por Facebook) permite ós 'hackers' poder ler as conversas de calquera usuario.O erro de seguridade decubriuse grazas ó experto en tecnoloxía Bas Bosschert e foi anunciado en Phone Arena. Whatsapp garda as conversas nunha tarxeta microSD, polo que se o usuario permite que outras aplicacións acedan a esta tarxeta microSD, os 'hackers' poderán acceder ás conversas que se mantiveron anteriormente.
Esto non é soamente un erro de Whatsapp, se non que afecta también a outras aplicacións de Android. O erro de seguridade encontrado en Whatsapp non se correxiu a pesar de que o martes se actualizase a aplicación de mensaxería instantánea á versión 2.11.186. para a versión de Android. Nesta actualización intentouse mellorar a seguridade dos usuarios en Whatsapp permitindo aos usuarios ocultar a información da súa última conexión ou a súa foto de perfil, ademáis de dar a posibilidade de pagar a suscripción a un amigo.

Diego López Guerrero Navarro; 2º BACH. A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-03-2014 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal