Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Cereixas: o doce de verán baixo en calorías
A espectacular paisaxe das cerdeiras en flor deixou paso ós seus doces e ricos froitos que nos brindan agora o seu mellor momento. Pero ademais de seren riquísimas e de que o seu prezo xa se reduciu un chisco e se fan máis accesibles, hai moitas razóns de carácter nutritivo que nos deberían achegar a elas. Contrariamente o que poida parecer, dado o seu sabor doce, as cereixas non son froitos calóricos, a súa achega enerxética é semellante á da mazá ou pera.

A pel, o tránsito intestinal, a tensión arterial… son algún dos órganos que máis van agradecer que aproveitemos o mellor momento de produción de cereixas para achegarlle ó organismo todos os beneficios de consumir cereixas. Para zumes, para macedonias, en ensaladas, marmeladas… ademais de ó natural, as posibilidades culinarias das cereixas son inmensas.

Un puñado de cereixas, sobre 10 unidades ou 50 gramos son a cantidade recomendada para prover o organismo de ácido fólico, fibra, antioxidantes e minerais, tales como o potasio ou o magnesio.

Estudos recentes sobre o uso das cereixas para mellorar a conciliación do sono, puxeron de manifesto que as cereixas conteñen melatonina, e tamén triptófano e serotonina, tres substancias que se relacionan cos ciclos de sono e vixilia e coa relaxación.

O seu consumo durante o embarazo supón unha achega importante de ácido fólico.
Unhas 10 cereixas proporcionan 50 microgramos de ácido fólico, aproximadamente un 10% da cantidade necesaria.

Para as persoas con problemas de hipertensión, as cereixas tamén son unha das froitas para ter en conta. Se se toman diuréticos, os fármacos máis habituais para tratar a hipertensión arterial, adoita aparecer como efecto secundario unha importante eliminación de potasio, que se perde pola urina. Se, dalgunha maneira non se compensa esta restrición de potasio, a través dunha alimentación adecuada, é posible que a falta de potasio provoque debilidade muscular, taquicardia, sede, falta de apetito… Neste sentido, as cereixas e tamén o plátano, o melón, a uva, ademais dos albaricoques son as froitas que máis potasio conteñen.

Para os deportistas, sobre todo os que están sometidos a duras e longas sesións de ades-
tramento, as cereixas tamén son un dos produtos alimenticios que máis deben ter en conta, pois xunto con outros froitos vermellos aceleran a recuperación muscular, debido a que conteñen unha alta porcentaxe de antocianinas antioxidantes. Consumir froitos vermellos diminúe o dano oxidativo nos músculos e acelera a recuperación.

Beatriz Pereiras López, 1ºB Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-03-2014 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
Vendida a única cámara de fotos da Lúa
A única cámara de fotos da NASA que volveu á Terra tras as diferentes misións Apollo na Lúa entre 1969 e 1972 foi poxada este sábado en Viena por 760.000 dólares (550.000 euros), superando o seu prezo estimado.

A cámara de cor prateada, vendida a un ofertante que competiu por teléfono, tiña un valor estimado de entre 200.000 e 275.000 dólares.
En total, a NASA levou 14 cámaras á Lúa entre as misións Apollo 11 a 17, pero só unha volveu á Terra.

En xeral, as cámaras -que pesaban varios quilos e podía atarse á parte dianteira do traxe dos astronautas- eran abandonadas na Lúa para que os astronautas puidesen traer pedras lunares á Terra. O peso era unha preocupación importante nas misións.

"Ten po lunar... Non creo que ningunha outra cámara teña esta característica", dixo Peter Coeln, dono da galería Westlicht, que organizou a poxa.

A cámara, que foi vendida a un coleccionista privado, foi utilizada polo estadounidense Jim Irwin, quen tomou 299 fotografías durante a misión do Apollo 15, en xullo e agosto de 1971. "Unha pequena placa no interior da cámara, co número 38 -o mesmo que aparecía nas fotos da Nasa- é a proba 100% de que esta cámara é a verdadeira e que de verdade estivo na Lúa», precisou Coeln.

Patricia González Fernández, 4ºB da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-03-2014 18:28
# Ligazón permanente a este artigo
O chocolate negro reduce o risco de infarto e é antiinflamatorio .
Os beneficios para a saúde poden acentuarse se combínase a sua inxesta coa de froita
Un grupo de investigadores, en EEUU, descubriu que o chocolate negro reduce o risco de infarto porque ten efectos antiinflamatorios, segundo un estudo científico.

Os resultados deste traballo foron presentados noencontro da Sociedade Estadounidense de Química que se celebra esta semana en Dallas e publicaranse na revista Journal of Agricultural and Food Chem,.
Precisaronse que cando os compoñentes do chocolate negro son absorbidos polo corpo "diminúen a inflamación do tecido cardiovascular e reducen o risco de infarto a longo prazo".
Para realizar esta investigación, os científicos simularon a dixestión de cacao en po que contén o chocolate negro nun modelo dixestivo, que crearon empregando diferentes tubos de ensaio, e someteron os materiais non dixeridos a fermentación anaeróbica, usando bacterias humanas.

Por Fernado González.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-03-2014 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
NON PUIDO SER E NON FOI
O Santiago Futsal presentouse na Copa de España con ganas de poder dar a sorpresa e ser a novidade deste torneo.A sua andadura comezou fronte Montesinos Jumilla , choque moi bonito que os de Santi Valladares resolveron ben.Todo parecia que se desenvolvía correctamente e nas semifinais os santiagueses tentaron buscar seguir coa boa xeira de resultados , neste caso , o rival sería El Pozo Murcia. Un rival que xa tiña un prestixio neste mundo do futbol sala e que teóricamente sería o favorito nesta eliminatoria.
Comezou a semifinal con bo paso os xogaros deste equipo galego aguantaban ben os empuxes deste coloso da Liga Nacional de Futbol Sala.Os galegos confiaban en Diego Quintela , xogador máis importante deste equipo e unha continua revelación nesta tempada , que sigue sorprendendo a todos. O internacional español tentou turrar do equipo dendo o minuto un pero cada vez íase notando o desnivel cos de Murcia.Tamén os focos miraban a Hamza , este motor físicamente tamen facia todo o posíbel mentres os tantos seguían a caer no marcador do multiusos da cidade de Logroño.O resultado final foi un 5-0 a prol de El Pozo Murcia , pero ainda así temos que estar orgullosos deste equipo xa que sendo un dos conxuntos con menos presupostos da Liga , consigue sempre estar nos postos máis altos.Na final gañaría o todopoderoso Inter Movistar que da man do portugués Ricardinho , mellor xogador do torneo, faría as delicias dos espectadores.
Reivindicar o fermoso que é este deporte sería o mais importante desta noticia xa que cada vez crece de nivel e deixa a incredulos sorprendidos e medra a necesidade de que se converta en olímpico.

Por Samuel Vázquez.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-03-2014 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
Feijóo apela a internacionalización.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, apelou a "non minimizar a internacionalización" para saír da crise e subliñou os "resquicios de esperanza" que, na súa opinión, empezan a enxergarse na economía española.
Na inauguración do II Congreso Ibérico de Enxeñeiros Novos Emprendedores , recordou tamén que nos últimos cinco anos as exportacións galegas creceron "un 29%", un 11% en 2013 e cun total de 6.200 empresas galegas "exportando". Para 2020, fixou como obxectivo que as exportacións representen o 39% do PIB galego, fronte ao 33% actual.
"No medio das brumas, no momento presente empezan a enxergarse aberturas de esperanza", sentenciou o titular do Executivo galego, quen admitiu a vinculación da "debilidade económica" cunha "bonanza" anterior baseada nuns alicerces "probablemente mal cimentados".
Non obstante, no contexto actual, apostou pola "innovación" e polo "emprendimiento" para afrontar un futuro "difícil", pero "posible", dixo. Ao respecto, incidiu nas posibilidades de negocio no mercado latinoamericano, aludindo, en concreto, a países como México e Panamá, en alusión á súa recente visita a estes. Ao fío diso, subliñou que "máis alá das nosas fronteiras se recoñece a nosa capacidade".
Como exemplo, citou os contratos conseguidos con Pemex. "Non dados por que si, se non porque tiñamos a mellor oferta", engadiu. No seu discurso, tamén reiterou que a Xunta fará "todo o que lle sexa posible" para "acompañar" ás empresas "en todo o que signifique innovación".
Á inauguración deste congreso, que abordará cuestións como a innovación, impulso empresarial, internacionalización e emprego, asistiron tamén o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde; o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; e o alcalde da Coruña, Carlos Negreira.
Ademais, estiveron presentes representantes dos colexios de enxeñeiros de Galicia, España e Portugal, quen, ao igual que as autoridades presentes, coincidiron na importancia da internacionalización para dar saída a un sector, cunha "alta taxa de paro", segundo recordou o decano do colexio galego, Carlos Nárdiz.
No acto, o delegado do Goberno en Galicia avogou así pola internacionalización "como palanca para saír da crise". Mentres, o alcalde da Coruña aludiu ao "desafío tecnolóxico", en alusión ao proxecto 'Smart City' posto en marcha na cidade para a incorporación das novas tecnoloxías.

Por Alexandre Sueiro.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-03-2014 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
O universo de Rosalía no son de aCadaCanto, no Auditorio Municipal de Vigo
O Auditorio Municipal de Vigo acolle hoxe, a partir das 21.00 horas, a actuación de "A Rosa d´Adina", o último espectáculo da agrupación aCadaCanto. Nel, Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero -ben coñecidos polo seu traballo noutras formacións como Berrogüetto, Nordestinas ou Espido- homenaxean á escritora galega con motivo dos 150 anos de "Cantares gallegos".

"A Rosa d´Adina" é tamén o título do seu último álbum, onde se recollen os poemas musicalizados de Rosalía nos que fala dos lugares que ela percorría de cativa, moza ou maior e que marcaron a súa vida, tales como a Igresxa de Bastavales, Bonaval, o Santuario da Barca, as fontes de Ortoño ou os regatos de Laíño, entre outros.

Sandra Tornero Belloso, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-03-2014 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
Espargaró marca a pauta
Aleix Espargaró confirmou a súa condición de home a bater no Gran Premio de Catar, primeira cita do Mundial que se disputa no circuíto de Losail, despois de manterse como o máis rápido nos libres de onte en MotoGP.

Espargaró marcou un mellor tempo final de 1:54.773, que o colocou como líder sólido e en solitario da categoría, con máis de catro décimas de vantaxe sobre o seu máis inmediato perseguidor, casualmente outro piloto da categoría Open, o italiano Andrea Iannone (Ducati).

O primeiro piloto oficial foi o campión do mundo Marc Márquez, que puxo a moto do equipo Repsol Honda na quinta praza tras mellorar o seu rendemento a pesar das molestias na perna dereita que aínda arrastra. Pouco a pouco pero sempre avanzando, Márquez mellorou o rendemento do seu RC 213 V, como tamén o seu compañeiro de equipo Pedrosa, que durante boa parte estivo por diante, pero no tramo final viuse relegado á oitava posición, xusto tras Lorenzo (Yamaha YZR M 1).

O rendemento de Aleix Espargaró foi excepcional en todo momento e gañou por dereito propio a primeira praza para a segunda clasificación, a que establecerá a orde definitiva da formación de saída, mentres que os pilotos oficiais de fábrica sufriron o indicible mesmo para clasificarse directamente. Deles destacou Jorge Lorenzo, durante boa parte dos adestramentos undécimo, o que lle podía obrigar a participar na primeira clasificación, aínda que nas tres últimas voltas o solucionou satisfactoriamente e rematou sétimo.

En Moto2 o mellor tempo foi para Nakagami mentres que en Moto 3 foi de Fenati.

Laura Abad Álvarez, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-03-2014 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
115 mulleres están en risco alto ou extremo de agresións machistas
Case 62.000 mulleres vítimas de violencia machista viven con algún tipo de medida de seguimento e de vixilancia por parte da Policía, a Garda Civil, a Policía Foral de Navarra e as policías locais de toda España (nestas cifras non inclúen os casos que son responsabilidade da Ertzaintza e os Mossos d'Esquadra). Medidas que poden ser dende unha chamada diaria para verificar que todo está en orde a un sistema máis amplo de protección policial. Unha opción baixo a que se encontran unhas 15500. Delas, hai seis mulleres que están en situación de "risco extremo" e 109 en "risco alto" de ser atacadas polas súas parellas ou exparellas, segundo os datos do Ministerio do Interior e a Secretaría de Estado de Igualdade. Un perigo que implica sistemas de protección estritos que poden chegar ata a escolta policial constante.

Hoxe esas mulleres en perigo alto ou extremo son 115. Hai catro anos eran 514. Unha caída para a que as autoridades -a policía e a Secretaría de Estado de Igualdade- non teñen un diagnóstico claro pero que podería deberse ao descenso do número de denuncias -dende 2010 foron decrecendo case un 3% ao ano-. Esta diminución e a de ordes de protección concedidas polos xuíces serán un dos asuntos que a ministra de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade, Ana Mato, analizará a semana que vén cos seus homólogos de Xustiza e Interior.

Para activar unha boa engrenaxe de protección, a muller ten que denunciar. Tanto a Policía como Sanidade destacan que ningunha das mulleres asasinadas acudira ás autoridades -aínda que si cinco das 17 vítimas mortais deste ano-. "Insistimos moito en que as mulleres presenten denuncia porque lles podemos dar protección. Ademais, o Estado conta con recursos para iso", sinala unha inspectora.

David Cebreiros López, 1ªA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-03-2014 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
A Pantera Rosa de aniversario
A Pantera Rosa (The Pink Panther en inglés) é o nome dun personaxe de ficción, ligado á película de igual título, de 1963. Na película orixinal a Pantera Rosa era un diamante de gran valor que "O fantasma", un renomeado ladrón de luva branca, tiña planeado roubar. Nesa primeira película recorreuse a unha animación para ilustrar o título e os créditos iniciais e finais da película. Blake Edwards encargou ao prestixioso animador Friz Freleng que crease un debuxo animado e só lle pediu tres cousas: que fose graciosa, muda e de cor rosa.

A película foi estreada o 20 de marzo de 1963 e o debuxo animado dos créditos chamara tanto a atención que, non moito despois, o 27 de abril de 1963, ocupou a portada da prestixiosa revista Time. Isto levou aos produtores a formularse a viabilidade do personaxe como debuxo animado independente da película.

Fíxose unha curtametraxe de animación coa pantera rosa (personaxe animado) como protagonista, titulado The Pink Phink. Gañou, a pesar do breve intervalo entre a súa estrea e a cerimonia dos Oscar celebrada o 13 de abril de 1964, o Oscar á mellor curtametraxe animada. O curto era, en realidade, o capítulo piloto para a serie de animación "A Pantera Rosa".

Un dos elementos máis identificables da Pantera Rosa é a música do título e os seus créditos, composta por Henry Mancini para a película orixinal, e desenvolvida con diversas variacións no resto das series e películas. Trátase dun tema de jazz, co saxo tenor como principal elemento instrumental. A partir de The return of the Pink Panther, en 1965, o intérprete solista deste tema foi o saxofonista británico Tony Coe.

Elena Blanco González, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-03-2014 19:58
# Ligazón permanente a este artigo
Ana Frank no teatro
Ana Frank, a adolescente xudía vítima do Holocausto e autora do famoso diario que leva o seu nome, ten xa en Ámsterdam un teatro especialmente deseñado para acoller unha nova adaptación baseada por primeira vez nos seus escritos orixinais.

A produtora Imagine Nation en colaboración co Teatro Nacional Holandés está detrás de "Anne", unha obra teatral que se estreará o próximo 8 de maio no teatro Ámsterdam, construído especificamente para albergar ese espectáculo. "O Fondo Ana Frank permitiu por primeira vez en 60 anos escribir unha nova obra de teatro, a primeira na historia que está baseada no texto orixinal dos diarios", dixo a Efe o produtor Robin de Levita, cuxo pai tamén tivo que esconderse da persecución nazi durante a guerra.

Otto Frank, o pai de Annelies Marie, censurou en 1950 algunhas pasaxes do diario porque lle parecían comprometidos e aínda que o texto íntegro saíu á luz en 1995 é a primeira vez que a obra chega completa aos escenarios. Referente documental e símbolo do horror da Segunda Guerra Mundial ao que agora se lle suma o teatro, o relato de Ana Frank chegou a todo o mundo a través de millóns de exemplares vendidos en 70 linguas e 100 países diferentes.

A súa tráxica historia inspirou tamén nos anos cincuenta outra obra teatral e unha película, pero ningunha das dúas contaba co texto orixinal do diario que se publicou por primeira vez en 1947. O teatro dedicado a Ana Frank ten capacidade para máis de mil persoas e está situado na parte oeste da cidade, a mesma onde se encontra a casa-museo aberta dende 1960 e dedicada á moza xudía que alí se escondeu da persecución nazi.

A representación aspira a converterse nunha atracción permanente para dar a coñecer a "verdadeira historia" de Ana.

Alba Baltar Janeiro, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-03-2014 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal