Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Alimentos crus, son máis sans?
A carne crúa non é máis nutritiva que á plancha pero as froitas e verduras son máis vitamínicas ao natural
É certo que o cru está de moda e que hai unha idea xeneralizada de que calquera alimento cru é máis san. E en parte é así, pero só en parte. No universo vexetal si que a froita crúa é máis nutritiva e vitamínica que a cocida e que, en xeral, o mesmo pódese dicir das verduras. Non é casualidade que a OMS recomende que das cinco racións de froitas e verduras que deben tomarse diariamente, polo menos a metade sexan sen cocción. Agora ben, no campo das legumes xa non é o mesmo.
As legumes crúas, de entrada, son menos nutritivas que cocidas porque posúen sustancias chamadas anti-nutrientes que, entre outras cousas, poden dificultar a digestión das proteínas. Non só iso. As legumes crúas son máis indixestas e ata nalgunhas persoas poden resultar problemáticas.
Si se tráta de carne ou peixe, o tema é aínda máis claro. É innegable que o peixe cru ten características organolépticas especiais, pero non é máis nutritivo que o cociñado. Ao contrario. As proteínas son máis absorbibles cocidas que crúas. Ademais, non fai falta recordar que o perigo microbiolóxico do peixe cru é moi superior.
Coa carne sucede algo similar. O deliciososo steak tartar non é máis nutritivo que o clásico filete á grella. Non se escapa a este tema o ovo. En cru ten anti-nutrientes que poden inactivar a biotina ou vitamina B8.
En definitiva, que tomar alimentos crus pode ser moi interesante, pero ten tamén os seus inconvenientes. Non hai que esquecer que a cocción fixo posible ao longo da historia unha alimentación máis segura, máis completa e máis variada.

Por Fernándo González.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-03-2014 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
A Real Academia Galega non acepta "pulpo" como animal de compaña.
A palabra “pulpo”, aínda que sexa moi utilizada na fala, suscítalle á Real Academia Galega “dúbidas sobre o seu carácter patrimonial” mentres non cuestiona "que polbo é a voz patrimonial galega, que está documentada amplamente desde a época medieval e viva na fala actual”.

Explica a Academia no seu comunicado que un dos criterios para a escolla de formas léxicas entre dúas voces ou variantes é a preferencia pola que é “indubidablemente galega” polo cal, na demanda que chegou á sede da rúa Tabernas desde o Concello do Carballiño, a institución presidida por Alonso Montero ratifícase na escolla de polbo como recomendable, lembrando ademais que a forma está consolidada no uso escrito e presenta continuidade no portugués con “polvo”.

A miña persoal noraboa a Real Academia Galega, con acordos coma este axudamos a facer do galego unha lingua máis limpa de castelanismos e termos innecesarios vencellados ó pensamento político dalgúns líderes.


COMUNICADO DA REAL ACADEMIA GALEGA


A Real Academia Galega ratifícase na súa escolla de polbo como forma normativa recomendable, tal como estableceu xa no seu Vocabulario ortográfico da lingua galega e no Dicionario da lingua galega, polas seguintes razóns:

1. Non hai ningunha dúbida de que polbo é voz patrimonial galega, que está documentada amplamente desde a época medieval e viva na fala actual.
2. A palabra pulpo, moi utilizada na fala actual, suscita dúbidas sobre o seu carácter patrimonial.
3. Un dos criterios establecidos para a escolla entre formas léxicas para a variante normativa do galego é que "entre dúas voces ou variantes concorrentes, unha das cales é indubidablemente galega e diferencial e a outra dubidosa, escóllese a primeira".
4. A palabra polbo, diferencial e galega, e consolidada actualmente no uso escrito, presenta continuidade cara ao sur no portugués polvo.





Por Serxio María Rodríguez Álvarez.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-03-2014 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
O golpe pasea as rúas de Pontevedra
Xa van dúas ocasións nas que dan aviso da presenza dun raposo no centro de Pontevedra. O pasado 3 de novembro foi na antiga leira do Teucro e, hai uns días, apareceu nun lugar aínda máis concurrido.

O raposo común (Vulpes vulpes), tamén coñecido como golpe nalgunhas zonas ó norte de Galicia, pertence á familia dos cánidos (Canidae), dentro da orde dos carnívoros. O raposo común, tamén chamado raposo vermello, caracterízase por ter as poutas curtas, o fociño estreito e alongado, as orellas rectas e triangulares, unha pelaxe espesa e cola longa. Adoitan pesar entre 7 kg e miden entre 90 e 105 cm de longo (sen incluír a cola). A cor da pelaxe dun raposo común é alaranxada por enriba e branca pola parte inferior.

O animal sorprendeu aos peóns que paseaban polos solares baleiros do Campo de Santa María. E, lonxe de asustarse pola presenza do home, á que parece habituarse, este raposo de fino fuciño e longa cola atendía curioso ao paso dos transeuntes.

O animal, de tamaño medio, atopou unha cómoda maneira de alimentarse nas bandexas que algúns veciños deixan na rúa para dar de comer aos gatos. Algúns residentes da zona amosanse contentos con este novo inquilino xa que aseguran que axudará a eliminar aos roedores.

Por Samuel Vázquez.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-03-2014 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
O Gran Sucesor.
A finais do ano 1984, publícanse en Xapón as primeiras andaduras dun manga (banda deseñada típica xaponesa) de aventuras e artes marciais chamado Dragon Ball. Conta a historia de Son Goku, un estrafalario rapaz que, ademais de teren un rabo coma o dun mono, ten unha forza física e de vontade realmente sobrehumanas. Este atópase con Bulma, unha rapaza pouco maior que el que é un auténtico xenio da enxeñería. Ambos comezan unha aventura na busca das bolas de dragón, sete reliquias máxicas que conceden o desexo que sexa a aquel que as reúna. No transcurso desta historia, Son Goku vai sendo máis e máis forte, e coñece a moitos amigos, dos cales unha gran parte (O mestre Mutenroshi, Piccolo, Vexeta, Krilin, Yamcha...) aínda pervive na retina de varias xeracións de mozos galegos, xa que, como moitos saberedes, a versión animada deste manga foi emitida mil e unha veces pola TVGA no xa mítico espazo televisivo Xabarín Club. No seu país, Dragon Ball foi un fenómeno de masas sen parangón, e transformouse no manga máis vendido da historia coa incrible cifra de máis de 160 millóns de copias vendidas. Si, señores, Dragon Ball vendeu máis exemplares que "O Hobbit", "O Señor dos Aneis" ou "O Principiño". Ademais, Dragon Ball foi quizais o máis importante da historia á hora da introducción do manga en países fora de Xapón.
No apartado máis estrictamente técnico Dragon Ball tamén foi importante, en parte polo deseño das súas personaxes, pero, sobre todo pola incrible habilidade do seu autor, o mestre Akira Toriyama, de facer que as personaxes parezan cobrar vida nos momentos das batallas. Realmente é incrible o dinamismo que lles da aos debuxos.
Despois de 11 anos, no 1995, Dragon Ball rematou, deixando tras de si un culto enorme, que fai que a día de hoxe, o seu autor Toriyama sexa tan famoso en Xapón que as forzas de seguridade de Tokio deben estar alerta de cando o citado autor vai á cidade.
Para moitos fans de todos os recunchos do mundo acabara a diversión. Son Goku desaparecera, e con el o seu espírito de superación e a súa bondade extrema.
No ano 1997, un autor amante de Dragon Ball e da obra de Toriyama en xeral, comezou unha serie de manga de piratas chamada One Piece. Nun principio, a serie tivo éxito pero non en exceso.
A comezos do século XXI, os amantes da diversión en forma de manga xa comezaban a dar por feito que, nin Dragon Ball ía volver, nin ningunha outra serie ía recoller o testigo que deixara. Pero un manga que comezara a súa publicación uns anos atrás empezou a coller máis e máis fama, e, evidentemente, máis lectores. One Piece, debuxado e guionizado por Eiichiro Oda, estalou coma unha bomba de reloxo e, dende o ano 2007 nunca perdeu o título de manga máis vendido do ano, e estrapolando, podemos dicir e afirmar que dende 2007 é o cómic máis vendido do mundo. A día de hoxe, One Piece é o manga máis vendido da historia con máis de 250 millóns de tomos nas mans dos lectores. Tamén tivo e ten unha adaptación animada, a cal tamén puidemos disfrutar no Xabarín Club. Polo momento hai uns 90 episodios dobrados ao galego. Moitos sociólogos xaponeses afirman que One Piece está a ser un fenómeno social de categoría semellante á de Dragon Ball. Con Luffy, Zoro, Nami, Sanji, Ussop... etc. One Piece devolveu a ilusión polas aventuras e a fantasía a milleiros de lectores. Podo dicir, que, Monkey D. Luffy é o gran sucesor de Son Goku.

Xabier González Sobrado; 2º BACH. A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-03-2014 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
UN NOVO COMEZO
Científicos europeos e norteamericanos, dirixidos por Jef Boeke, director do Centro Médico Langone da Universidade de Nova York, crearon o primeiro cromosoma eucariótico fabricado no laboratorio, o cal cumple as mismas funcións que un natural.

É o primeiro paso para a creación da vida artificial. O avance publicouse na revista Science, cuxos editores afirman que se conseguiu "o monte Everest da bioloxía sintética". O novo cromosoma creouse a partir dun dos 16 que ten a levadura da cervexa (Saccharomyces cerevisiae), un fungo unicelular que se utiliza na produción de pan, cervexa e vino. O cromosoma sintetizado, similar ao de animais e plantas, ten 272.871 unidades xenéticas, o que supón un 2,5% do xenoma completo da levadura.  
A partir de ahí, introducir este novo cromosoma artificial ao organismo original —algo que xa se realizara con éxito— supón poder melloralo e/ou diseñalo según necesidades, o cal suporá lograr mellores biocombustibles, antibióticos ou novos ingredientes de alimentos. Pero o avance vai máis alá, posto que podería ser a base para crear o xenoma completo dun organismo superior. Así, nun futuro, quizáis xa non tan afastado, poderíase crear un ser vivo íntegramente nun laboratorio.
"Creamos unha versión modificada dunha secuencia de cromosoma natural. Trátase dunha versión sintética da versión nativa", dixo Boeke. "O seguinte paso que vamos a dar é traballar con grupos internacionais para tratar de sintetizar os outros 15 cromosomas da levadura e ser capaces de ver cómo evoluciona a nova para saber máis acerca de cómo está ‘conectado' o seu xenoma", engade. Unha vez completado o experimento Boeke sinalou que o cromosoma completo era "asombrosamente normal" e que a levadura co ADN sintético "comportouse de maneira prácticamente idéntica ás células de levadura naturais"

Diego López Guerrero Navarro; 2º BACH. A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-03-2014 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
A AUGA, NOVA MUSA DOS ARTISTAS
Con todas a súas características a auga serviu de inspiración a innumerables artistas durante séculos. En Galicia realizouse unha gran mitoloxía dela, referida tanto a auga salgada como a doce. A esta última dedícaselle “Auga doce”, exposición composta por 700 obras de artistas de todas as épocas, estilos e procedencias os cales utilizaron a auga como fonte de inspiración para as súas creacións.
Inaugurado a mediados de marzo na Cidade da Cultura presenta pezas de persoas clave na arte europea ou na oriental, como J. Constable ou Hokusai, autores xa consolidados no panorama contemporáneo así como D. Hockney ou L. Bourgeois. Tamén aparecerá a arte galega con cadros de Laxeiro ou Granell, esculturas de Paz ou Leiro ou fotografías de Manuel Vilariño.
A exposición conta coa colaboración de museos galegos e institucións como o Victoria & Albert de Londres, o MoMA de Nova York ou o Musée D’Orsay de París. As obras distribúense en catro apartados que serán: “Auga escondida”, onde se exploran por exemplo as correntes subterráneas; “Auga na terra”, que se centra na auga da paisaxe terrestre; “Home e auga”, que capta a intervención do ser humano coa auga e por último “Mirando ao ceo”, que explora os fenómenos atmosféricos.
Os domingos a entrada será de balde e ademais “Auga doce” conta cunha dimensión solidaria, xa que colabora coas ONGs “Pozos de Auga”, que constrúe pozos en Camerún e “Acción contra a Fame” que promociona acceso a auga potable.

UXÍA GARCÍA VÁZQUEZ; 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-03-2014 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
LAUREUS
A nadadora estadounidense Missy Franklin, con seis medallas de ouro nos Mundiais de Barcelona e o alemán Sebastian Vettel, campión do mundo de Fórmula1 durante catro anos consecutivos foron dous dos triunfadores en Kuala Lumpur nos “Premios Laureus” do deporte, cuxas categorías de “mellor regreso” e “revelación do ano” foron conquistadas polos españois Rafael Nadal e Marc Márquez, que deu as grazas tamén a través da súa conta de Twitter.
Vettel, considerado o xa medrado neno da F1, na que obtén case todos os récords de precocidade, gañou con 26 anos o seu cuarto título consecutivo, aumentando así o seu número de vitorias a 39 e o de poles a 45, despois de ter unha fin de temporada excelente. Este sentou ao lado do dobre campión mundial e brasileiro Emerson Fittipaldi, na cerimonia que tivo lugar no Teatro Istana Budaya e que foi presentada polo actor británico Benedict Cumberbatch.
Ao mesmo premio tamén optaba o velocista xamaicano Usain Bolt, o fondista británico Mo Farah, o baloncestista estadounidense LeBron James, o futbolista portugués Cristiano Ronaldo e Nadal, que se conformou co Premio a “Mellor regreso”. Así que, a pesares de non ter premios para todos, nós dende aquí desexámoslle moitísima sorte a todos eles.

Uxía García Vázquez; 2º BACH. A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-03-2014 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
O país europeo que menos invirte en cultura; nós
Un estudo elaborado pola Fundación SGAE e pola Fundación Alternativas co nome "O modelo español de financiación das artes e as culturas no contexto europeo" presentado o pasado mércores 26 de marzo rebela que hai un descenso significativo na inversión en cultura nos últimos tres anos, por exemplo, a Secretaría do Estado de Cultura sufriu unha reducción dun 50% en presupostos.

Todo isto, despois de que na década que vai dende o 2000 ata o 2010 España fora o país europeo que máis gastos públicos invertía en cultura. Porén, entre os anos 2009 e 2013 os presupostos do Ministerio de Cultura reducíronse entre un 32 % no caso do xénero teatral e nun case 80% en Cooperación e Promoción Cultural. Non obstante, a distribución exterior aumentou un 1% mentres que Investigación e Desenvolvemento da Sociedade desapareceu.

O vicepresidente da Fundación Alternativas, Nicolás Sartorius, pide un sistema de patrocinio que sexa "complementario" e non "sustitutivo". A maiores considera que a nova Lei de Mecenazgo que prometeu O Goberno antes de finais do 2013 vai concentrar o diñeiro nas grandes cidades porque para unha empresa é moito máis interesante unha cidade grande ca unha pequena.

E, para rematar, o presidente da SGAE, Antonio Onetti, pide que se "redefina o modelo de gasto público" porque "a cultura precisa financiación do mesmo modo que o precisa o alcantarillado das nosas rúas"

Carolina Outomuro López; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-03-2014 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
A contaminación empeora un ano agresivo para os alérxicos
O ano non comezou ben para os alérxicos. O pole de cupresáceas o que ataca entre xaneiro e febreiro, foi esta vez especialmente mnolesto. A finais de xaneiro chegaron a rexistrarse contas de casi 2000 grans por metro cúbico, cando con 25 ou 30 xa producen síntomas. A boa noticia é que o ciprés ten periodos de polinización relativamente curtos. A mala, que agora chegan as gramíneas (familia moi extensa de cereais e herbas que crecen en descampados, bordes de estradas...), o alérxeno máis frecuente e que poliniza durante toda a primavera. É o que se emplea para medir a temperatura do ano alérxico. E as previsións indican que este vai a ser un dos peores da última década.
Coñecer os niveis de polen antes de saír de casa e actuar en consecuencia, evitando a exposición na medida do posible, é unha das recomendacións básicas dos médicos. Nos últimos anos, sen embargo, tamén se lles aconsella consultalos datos de contaminación atmosférica. A polución ten un dobre efecto: ademáis de empeorar os síntomas, varios estudos demostraron que volve máis agresivo ao polen."O ozono, por exemplo, ten a capacidade de lesionar directamente as mucosas do aparato respiratorio, de forma que as proteínas do polen fan cada vez máis dano. Tamén sucede coas partículas do diésel, son contaminantes que incrementan a inflamación que xera a propia enfermidade", explicou José María Olaguibel, presidente da Sociedade Española de Alerxoloxía e Inmunoloxía Clínica (SEAIC).

Nerea Rial Conde, 1ºB Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-03-2014 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
Morre Adolfo Suárez
O expresidente do Goberno Adolfo Suárez faleceu hoxe, 23 de marzo, ás 15.03 horas, na Clínica Cemtro como consecuencia do empeoramento da súa enfermidade neurolóxica, segundo un comunicado difundido antes da comparecencia do fundador da Clínica Cemtro, Pedro Guillén, e a doutora Isabel de la Anzuela, que foi a encargada de atender a Suárez, en todo momento, tanto na clínica dende o seu ingreso o luns pasado coma no seu domicilio familiar.

O desenlace da enfermidade dexenerativa contra a que loitaba dende facía once anos era «inminente», segundo anunciaba o seu fillo Adolfo Suárez Illana aos medios na mañá do venres. Finalmente morreu, rodeado dos seus e «sen perder nin o sorriso nin a súa mirada picarona» ata o último momento, como avanzaba o seu fillo, visiblemente emocionado.
O fillo do expresidente asegurou que o seu pai xa recibira os Santos Sacramentos; estaba «en paz» e «en mans de Deus». O home clave da Transición española, do paso da ditadura á democracia, forma xa parte das páxinas da Historia con maiúsculas, a que está por enriba de «a conxuntura» e se asenta nos principios, como a el mesmo lle gustaba sinalar.

Adolfo Suárez González foi presidente do Goberno de España dende xullo de 1976 ata a súa dimisión o 29 de xaneiro de 1981. Foi designado polo Rei Don Juan Carlos como último presidente da etapa predemocrática. Xuntos dirixiron a reforma para desarticular o sistema institucional da ditadura franquista, e sentaron as bases dunha democracia homologable á do resto de países occidentais.

Con só 43 anos accedeu á presidencia do Goberno. Rostro do aperturismo á democracia, Adolfo Suárez foi xunto ao Rei Don Juan Carlos e Torcuato Fernández Miranda o artífice dunha transición controlada á democracia, que ten como grande expoñente a Lei para a Reforma Política que liquidou o franquismo dende dentro. Referendado nas urnas polo pobo español, Suárez sacou adiante xunto ás forzas democráticas unha nova Constitución que deseñou a España das Autonomías.

A súa voz apágase, tras máis dunha década loitando contra a enfermidade que o fixo esquecer un tempo do que foi protagonista incuestionable, e que levou a España cara á modernidade.

Carlos Seoane Martínez, 1ºB Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-03-2014 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal