EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un total de 14 cines galegos súmanse esta semana á VI edición da Festa do Cinema
A sexta edición da festa do cinema regresa a próxima semana, os días 31 de marzo, 1 e o 2 de abril, nunha cita á que se sumaron un total de 14 cines galegos. Deste modo, como en anteriores ocasións, os espectadores que pasen por taquilla e mostren a súa acreditación poderán ver por 2,90 euros cada sesión de todas as películas nas salas que participan na promoción durante estes tres días.

Esta é unha iniciativa á que se uniron o 99 por cento das salas de toda España e que pretende fomentar a asistencia do público aos cines de todo o país.

Así, no caso galego os cines son os seguintes: Na Coruña (Yelmocines Espacio Coruña, Yelmocines Rosales, Cinesa Marineda City); en Carballo (Bergantiños); en Ferrol (Duplex); en Narón (Odeón multicines); en Santiago (Cines Ás Cancelas); en Ribeira (Barbanza); en Monforte de Lemos (Hollywood); en Ourense (Ponche Vella); en Vigo (Praza Elíptica e Yelmocines Vigo); en Pontevedra (Cinexpo); e en Vilagarcía de Arousa (Grande Arousa).

Esta vez, como novidade e para evitar as longas colas, os que desexen beneficiarse deste desconto poden comprar as entradas sen esperar para acceder á taquilla, senón que abondará con adquirir as entradas a través dos caixeiros que hai nos propios cines ou ben a través de Internet.

Esta iniciativa está organizada por FAPAE, FEDICINE, FECE, e o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) e con ela preténdese fomentar a asistencia de público ás salas cinematográficas españolas.

Nerea Rial Conde, 1º Bach. B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-03-2014 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
Día Mundial contra o Cancro de Colon
O pasado ano diagnosticáronse uns 28.000 novos casos de cancro de colon en España, o que lle converte xa no tumor maligno de maior incidencia na poboación, non obstante trátase duns dos tumores con mellor prognóstico se se detecta a tempo, explica o doutor Antonio Barrasas, experto da Sociedade Española de Oncoloxía Cirúrxica (SEOQ), quen estima que nas súas fases iniciais (ata un estadio en Fase I) a cirurxía oncolóxica permite superar ata o 95% dos tumores.

Este 31 de marzo celébrase o Día Mundial contra o Cancro de Colon. A cirurxía oncolóxica é o tratamento máis frecuente, "é o único xeito na que podemos ter algunha opción de curarnos, mentres que a radioterapia e a quimioterapia axudan a que quitando o tumor nos poidamos curar,". Este luns 31 de marzo celébrase o Día Mundial de Cancro de Colon.

A miúdo o cancro de colon non produce síntomas nas súas fases iniciais e a maioría comeza cun pequeno pólipo na parede do colon que aumenta de tamaño. "O ideal é detectalo antes de que haxa síntomas", aínda que non é o máis frecuente, polo tanto o paciente debe estar alerta ante un sangrado coas feces, un cambio no ritmo intestinal ou a aparición en feces de pus ou moco non frecuente.

Carlos Seoane Martínez, 1º Bach. B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-03-2014 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
Estudosos do galego en Europa participarán en Santiago nunhas xornadas para a difusión internacional desta lingua
O conselleiro de Cultura considera a iniciativa como un espazo de "actualización sociolingüística" para valorar "o futuro" do idioma
Estudosos da lingua galega en Europa participarán en setembro, en Santiago de Compostela, nunhas xornadas para a difusión internacional desta lingua, promovidas polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia.

Esta constitúe unha das iniciativas promovidas en virtude dun convenio para a colaboración na difusión da lingua galega subscrito este martes entre o conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, e opresidente do Consello da Cultura, Ramón Villarés.

Villares subliñou que as conclusións destas xornadas, nas que colaboran unha profesora da Universidade de Edimburgo e o profesor da Universidade de Santiago de Compostela Enrique Monteagudo, aspiran a ser publicadas nunha revista "de prestixio" fóra de España.

"Este programa ten que ver con moitos dos problemas que teñen hoxe tanto a normalización como as políticas lingüísticas no seu estatus e evolución", sinalou Ramón Villarés.

Pola súa banda, Jesús Vázquez explicou que este encontro internacional de especialistas, profesionais e investigadores da lingua galega se atopa no marco da iniciativa 'Galicia Language'. Ademais, subliñou a finalidade de que as conclusións que se extraan se convertan nunha "obra de referencia" para os profesionais da lingua.

Estas xornadas serán un "espazo de actualización sociolingüística" e "reflexión", ademais de que servirán para valorar "as perspectivas de futuro" do idioma, sinalou o conselleiro de Cultura.

Por iso, destacou que este foro permitirá "establecer as bases metodolóxicas e conceptuais" dun volume monográfico da lingua galega de difusión internacional, que servirá como "obra de referencia" para os ámbitos académicos.

Beatriz Pereiras López, 1º Bach. B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-03-2014 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
As imaxes que iluminaron a ciencia en Galicia
O primeiro mapa de isóbaras, un esquema anatómico de 1636 do tudense Francisco Sánchez ou un plano da bomba de vapor, claves gráficas da historia científica.

En Galicia, os pioneiros da ciencia puxeron o seu granito de area. Un dos primeiros mapas isobáricos de España, de Eduardo Chao, saíu dun observatorio meteorolóxico de Vigo. Tamén a primeira pintura do mundo dunha marea vermella, en Pontevedra.

A principios do século XIX un enxeñeiro da Armada de Ferrol, Josef Muller, adiantouse ao seu tempo, coa publicación dun "gráfico" no que se explicaba o plano da bomba de vapor. Unha muller asinou os planos desa máquina dos estaleiros de Ferrol en 1813; foi a primeira utilizada en Galicia. "Ademais, é unha representación moi boa", asegura o edafólogo e catedrático emérito, Francisco Díaz Fierros, que acaba de usar esa imaxe para a portada do libro "Arte e ciencia en Galicia. A ilustración científica e técnica", editado pola Universidade de Santiago.

É froito do traballo de busca na historia da ciencia, na que unha vez somerxido, se encontrou con imaxes dignas de atención. Esa recompilación arrancou alá polo ano 1975 e levoulle por múltiples fontes e bibliotecas, dende París ao Museo de Pontevedra.

Sandra Tornero Belloso, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-03-2014 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
Schumacher, sen novas mellorías
As noticias sobre o estado do piloto de Fórmula 1 Michael Schumacher chégannos a contagotas. Moitas son as esperanzas por parte da familia do heptacampeón do mundo e dos fans, que queren que o piloto se recupere o antes posible e poida á fin espertar da coma á que está inducido.

Non obstante, hai persoas que son aínda realistas ante a situación e claman ao público que haxa paciencia e que esteamos pacientes a todo o que poida acontecer.

O exxefe médico de Fórmula 1 durante os anos 2005 a 2012 e que compartiu tempo con Schumacher, Gary Harstein, conta tanto no seu blog coma en varios medios, que cre que houbo un erro ao trasladar ao piloto primeiro ao Hospital de Albertville-Moutiers para logo pasar a trasladalo ao Hospital de Grenoble, facendo que se perdese tempo fundamental para a saúde do piloto. "Non colles a pacientes cunha lesión na cabeza se non tes capacidades de neurocirurxía", declaraba o exxefe médico da Fórmula 1 para o xornal The Sun. O mesmo médico cre que tamén puido ser un erro non trasladar ao piloto a outro hospital próximo ao seu fogar e con mellores equipacións para tratar o estado de Schumacher, tal e como escribía no seu blog particular.

Agora, Corinna, a muller do heptacampeón de Fórmula 1, xa fai plans para trasladar ao seu marido ao seu fogar xunto ao lago Xenebra en Suíza. Para iso, segundo publica o xornal Daily Mail, habilitou un cuarto da súa mansión como unha UVI móbil para que o piloto se recupere tras un accidente de esquí que sufriu hai exactamente tres meses. Corinna, segundo o rotativo inglés, gastou algo máis de 12 millóns de euros na adaptación da estancia nunha suite médica.

Patricia González Fernández, 4ºB da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-03-2014 18:31
# Ligazón permanente a este artigo
Os premios Laureus recoñecen a Nadal e Márquez
Os españois Rafael Nadal, que gañou tras sete meses de lesión Roland Garros e o Abierto de Estados Unidos de tenis, e Marc Márquez, que o ano pasado se proclamou o campión mundial de MotoGP máis nova da historia, foron galardoados hoxe, en Kuala Lumpur, cos Premios Laureus de "Mellor regreso" e "Revelación do ano", respectivamente.

Nunha cerimonia que tivo lugar este mércores, no Istana Budaya de Kuala Lumpur, a capital de Malaisia, ambos os dous españois foron galardoados con estes dous Premios da Academia que preside o ex saltador de obstáculos estadounidense Edwin Moses.

Márquez, de 21 anos, é triplo campión do mundo -unha vez en cada categoría- e vencedor en 33 Grandes Premios, deles sete en MotoGP, dezaseis en Moto2 e outros dez na primeira categoría.

Márquez foi o máis votado de entre unha lista na que tamén estaban a selección de críquet de Afganistán, o atleta alemán Raphael Holzdeppe, o ciclista colombiano Nairo Quintana e os golfistas Justin Rose (Reino Unido) e Adam Scott (Australia).

Nadal, de 27 anos, campión olímpico en Pekín'08, que non asistiu á gala ao estar a disputar o Masters 1000 de Miami, regresou o ano pasado tras sete meses ausente por lesión e se impuxo en Roland Garros e no Abierto de Estados Unidos, aumentando a trece o seu número de títulos de Grand Slam e recuperando o número un mundial.

O tenista español impúxose na votación aos outros nominados, que eran a pertegueira rusa Yelena Isinbayeva, o Oracle Team USA de vela, o baloncestista francés Tony Parker, o futbolista brasileiro Ronaldinho -ex xogador, entre outros, do Barcelona- e o golfista estadounidense Tiger Woods.

Laura Abad Álvarez, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-03-2014 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
Evita estes alimentos e mantén unha vida saudable
Seguramente xa sabes que o exceso de graxas e de sal nas túas comidas é prexudicial para a túa saúde, pero esa é unha definición moi vaga, pois a maioría dos nosos pratos posúen polo menos unha porcentaxe de graxas, sen que iso signifique necesariamente unha agresión ao teu organismo. Alimentos que debes evitar:

1. Comida ferralla: Isto inclúe as hamburguesas, hot dogs, salchichas, etc. e todos eses alimentos tentadores pero moi daniños para a nosa saúde.

2. Comida procesada: As comidas "listas para consumir" que compras no mercado están repletos de conservantes, aditivos, estabilizantes e todo tipos de agregados químicos artificiais.

3. Gasosas e refrescos gasificados: Teñen gran cantidade de químicos e azucres, ademais de achegar gases ao teu sistema dixestivo

4. Xugos artificiais: Xa sexan os de botella ou en po, están repletos de azucres, aditivos químicos e sintéticos, e non teñen un valor nutricional significativo.

5. Café, té vermello e negro: Substitúeos por infusións como o té branco e o té verde ou outros naturais.

6. Bebidas alcohólicas: Os seus procesos de fermentación fainos posuír altas cargas de azucre, ademais de ter nocivas consecuencias no teu sistema hepático cun consumo abusivo ou regular.

Cabe aclarar que o nocivo destes alimentos é o seu consumo diario e exclusivo. O recomendable é evitalos por completo, pero todos sabemos o difícil que é tomar esta decisión, polo que mentres máis poidas evitalos, mellor.

Alba Baltar Janeiro, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-03-2014 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
A "Hora do Planeta"

Os monumentos e lugares máis emblemáticos do mundo quedaron ás escuras este sábado durante unha hora para conmemorar a denominada Hora do Planeta, unha cruzada que intenta concienciar á sociedade sobre a necesidade de tomar medidas contra o cambio climático.

A Praza Vermella de Moscú, o Big Ben en Londres, a Ópera de Sidney, as Torres Petronas en Kuala Lumpur, o Empire State Building de Nova York ou o Obelisco de Bos Aires permaneceron apagados durante 60 minutos (en España celebrouse de 20.30 a 21.30, hora peninsular) con esta iniciativa convocada polo Fondo Mundial da Natureza (WWF, polas súas siglas en inglés).

O apagamento percorreu o planeta dende as pirámides de Exipto ata a Torre Eiffel de París, pasando polas ruínas do Coliseo romano ou as do Partenón de Atenas, o Pazo Real de Madrid, as Cataratas Vitoria en Zimbabwe, a Mesquita Azul de Istambul ou a berlinesa Porta de Branderburgo.

Á lista uníronse a catedral da Sagrada Familia en Barcelona, o estadio olímpico e a cidade prohibida de Beijing, o Burj Khalifa, catalogado como o rañaceos máis alto do mundo e situado en Dubai ou as Cataratas do Niagara.

Así, máis de sete mil cidades adheríronse a este apagamento que invita a individuos, gobernos e empresas a apagar a luz durante unha hora para demostrar que o cambio climático nos importa, e este ano tamén suxeriu aos cidadáns que se desconecten de internet durante ese tempo.

David Cebreiros López, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-03-2014 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
Novas promesas galegas
Tras a celebración da fase galega da quincuaxésima olimpíada española de matemáticas o pasado 17 de xaneiro, con máis dun cento de participantes alumnos de Bacharelato en centros galegos, resultaron gañadores Gonzalo Cao (A Coruña), Raúl Alonso (Vigo) e Miguel Cidrás (Pontevedra). Hoxe, despois dunha previa preparación, viaxaron ata Requena (Valencia) para xuntarse alí cos gañadores das demais comunidades e participar na fase española. Por sorte, entre os gañadores desta fase, volven aparecer os tres mozos galegos: Miguel Cidrás cunha medalla de bronce e Gonzalo e Raúl puideron gozar da victoria tendo o ouro os dous.

Non obstante, non é o primeiro contacto destes mozos coas matemáticas, xa que participaran en fases anteriores da olimpíada así como dous deles pertencían ao proxecto Estalmat Galicia, que busca fomentar o estímulo do talento matemático en rapaces de 12 e 13 anos.

Non queda máis que desexarlle moita sorte nas fases vindeiras e que poidan seguir gozando do que lles gusta.

Elena Blanco González, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-03-2014 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
O director da CRTVG aposta por informar sobre os imputados e "deixar de lado" a outros como Paula Prado.
O director da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) defendeu o criterio informativo sobre as tramas de corrupción existentes en Galicia e, en concreto, ao ser preguntado polo tratamento informativo sobre a voceiro do PP galego e deputada da Cámara, Paula Prado, defendeu que se priorizar as "persoas imputadas, deixando de lado ao resto de implicados".

"É o correcto", xulgou en resposta ao parlamentario de AGE Juan Manuel Fajardo, posto que este argumento evita "condenar" os que non están imputados polos xuíces. Previamente, asegurara que "non hai trato de favor con imputados, nin discriminación positiva ou negativa".

Na súa pregunta na Comisión de control da CRTVG, Juan Manuel Fajardo preguntou polo feito de que os medios públicos "non fixesen referencia ás conversacións recollidas" no sumario da Pokémon" nas que a voceiro do PP galego "pide enchufes para coñecidos ou admite inflar facturas" na súa etapa no Concello de Santiago. A iso tamén respondeu Sánchez Izquierdo atribuíndoo a unha cuestión "persoal" dunha deputada.

Aínda que recoñeceu que todo o mundo "comete erros", Sánchez Izquierdo defendeu que a CRTVG supera os "estándares de calidade" e se sitúa entre as mellores canles, e remarcou que o tratamento cos casos de corrupción da Pokémon e a súa derivada coruñesa, "son similares ao resto de presuntos casos de corrupción".

Sánchez Izquierdo recordou os límites do espazo televisivo e que se informa do que se considera "de interese" para a audiencia". Tamén remarcou que a información da CRTVG se guía polo "principio de proporcionalidade", que pode "explicar asimetrías" e que é un concepto incluído nos medios públicos que hai que cumprir aínda que se discrepe.

Do mesmo modo, asegurou que se empregan os criterios de "imparcialidade e atención á pluralidade". Ao inicio da súa intervención, e posto que Fajardo centrou a súa intervención en Paula Prado, para quen recomendou presentar a súa dimisión, rexeitou focalizar a discusión nunha persoa en concreto.

Para Sánchez Izquierdo, o tratamento informativo, que "deixa fóra anécdotas" ou rumores, é o "adecuado" co fin de "non contribuír a unha causa xeral que vai en contra" duns e para que "inocentes non sufran de forma inxustificada" a condena dun informativo televisivo.

Esta argumentación empregada polo director do ente público foi motivo de crítica de Fajardo, quen lamentou que utilice as mesmas expresións que o Partido Popular e denunciou o "diferente tratamento" da información nos casos de corrupción cando implican a membros do partido que está no Goberno e con respecto a outras organizacións.

"MANIPULAR"

Así, acusouno de "manipular" a realidade tratando de "salpicar" só a determinados partidos nas diferentes tramas corruptas e "silenciando ou ocultando" o que salpica ao PP. "Cando sae Paula Prado, fano para defendela", acusou Fajardo, en referencia ás conversacións relacionadas coa voceiro do PP galego recollidas no sumario.

Para Fajardo, que denunciou a falta de "equidade" nas informacións da CRTVG, unicamente "gozan de presunción de inocencia" os implicados do PP, mentres que para os demais "non dubidan en empregar titulares culpando" aos imputados.

Por Alexandre Sueiro.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-03-2014 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal