Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Nova Plataforma LúaDixital
Debido a diversos fallos na anterior web, LúaDixital muda cara unha nova interface. Agradecemos a todos os lectores o voso interese así como as notificacións de erros que nos enviades.




Compre facer mención ao novo menú desplegable situado arríba á dereita, que recolle todos os elementos que rondaban a anterior páxina, dun xeito máis minimalista e rápido.

Como novidade, a nova plataforma incorpora a sección "Social" (Facebook e Twitter). Neste último aparecen as novidades cada vez que algén publica algo no sitio web.

www.luadixital.blogspot.com



Polo demais, o funcionamento segue a ser prácticamente igual. Grazas a tod@s e animádevos a participar!
LúaDixital
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 02-03-2013 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
Un incendio intencionado obriga a desaloxar a mil alumnos dun centro vigués
O director do instituto IES Politécnico de Vigo, Antonio Estévez, anunciou onte a apertura dunha investigación para esclarecer as causas dun incendio nos baños masculinos que obrigou a evacuar a mil alumnos da quenda de mañá, no cambio de clase, ás 8.55 horas.

A densa nube de fume creada pola combustión do material plástico do inodoro e unha tubaxe exterior de PVC invadiu os corredores do centro escolar, situado no número 88 da rúa Torrecedeira.

Os bombeiros de Balaídos necesitaron unha hora para ventilar o instituto, aínda que o cheiro non desapareceu dos corredores. Algún quedou precintado para a súa limpeza. «Soou alármaa contraincendios e os profesores dixéronnos que evacuásemos, que había moito fume polos corredores», relatou un estudante. «Crin que faciamos outro simulacro», dixo outro.

O lume comezou nun soto, preto de aulas e de talleres de tecnoloxía. Unha alumna que entrou no instituto ás 8.25 horas asegura que xa cheiraba a fume. Outros quedaron fóra ao ver os gases ás 8.59 horas.

A dirección sospeita que o incendio foi provocado intencionadamente, tese que corroboran os bombeiros a primeira vista, porque só afectou á tapa dun inodoro e a un cano. «É moi raro porque non hai elementos combustibles e o baño estaba pechado. Ardeu o plástico da tapa do inodoro e unha tubería. O papel hixiénico non se queimou e o resto é cerámica. Fixo moito fume e invadiu todo o centro», dixo o director. Ve difícil que alguén prendese ese lume cunha cabicha ou un chisqueiro. «Imos abrir unha investigación», dixo. Un bombeiro asegurou que «un inodoro non arde por si só. Penso que foi intencionado, pero non sabemos se foi por unha cabicha ou papeis».

Os alumnos, moitos maiores de 18 anos, regresaron ás 10.30 horas. Non é época de exames, pero había grupos con probas.

Julián Rey Pérez - 2º BACH - A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-03-2013 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
Case 50 expedientes por absentismo escolar reiterado
Os casos de absentismo escolar abórdanse no propio centro educativo. Se o problema non se resolve ao contactar coas familias, chega a quenda dos servizos sociais municipais e, se non hai máis remedio, só se se detecta unha situación de desprotección ou risco grave para o neno, intervén a Consellería de Benestar a través dos servizos de menores.

Ao longo do 2012, este departamento abriu 46 expedientes por absentismo reiterado. Aínda que hai variables en función da idade do neno, a etapa de escolarización ou as particularidades de cada situación, en xeral considérase absentismo cando as ausencias sen xustificar superan o 10 % nun mes nalgunha das etapas obrigatorias, é dicir, primaria e secundaria. Dos 46 expedientes abertos no 2012, en ningún caso retirouse a tutela aos proxenitores ou responsables do menor. Algúns se pecharon e noutros casos tomáronse medidas de apoio. En todo caso, Benestar advirte de que os servizos de menores do seu departamento só interveñen coas familias cando ese absentismo é considerado un sinal de desprotección ou risco grave para o alumno.

Os servizos sociais dos concellos poden tamén trasladar o caso, en lugar da a Xunta, á Fiscalía, como ocorreu no caso da nai de Vigo que acaba de ser multada con 1.080 euros porque o seu fillo faltou de forma reiterada a clase en sexto de primaria e primeiro de secundaria.

Sara Carroceda González, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-03-2013 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
50 anos defendendo o País.
Co carácter que dan os anos de combatividade e unha fonda traxectoria política, Bautista Álvarez conversou con Sermos Galiza co gallo da homenaxe que lle organizan ducias de compañeir@s e amig@s. Porén, malia a que o nacionalismo galego apunta cara a el como unha figura fundamental da nosa historia contemporánea el asegura que, de o ser,"este país está moi pobre de figuras".
Vai recibir unha homenaxe esta fin de semana organizada por numerosas persoas que din que vostede é unha figura fundamental na historia deste país...

Se a min se me pode catalogar entre as persoas importantes do noso país, entón eu coido que o noso país está moi pobre de figuras. Eu non merezo homenaxe de ningunha clase porque a miña loita polo nacionalismo non é un sacrificio, senón unha vocación. Ninguén debe ser homenaxeado por ter un comportamento acorde coa súa ideoloxía.

"Até que non consigamos os nosos obxectivos de liberación nacional teremos que continuar traballando"

50 anos de militancia son moitos... cando bota a ollada atrás que mudanzas ve?

O nacionalismo galego continúa loitando polos mesmos obxectivos que loitaron os nosos devanceiros desde as Irmandades da Fala ao Partido Galeguista. Neste senso, nós somos uns continuadores, aínda que existe un contexto político diferente neste momento. Hai que seguir... Até que non consigamos os nosos obxectivos de liberación nacional, a nosa autodeterminación, teremos que continuar traballando.

Que pegada deixou o nacionalismo nestes 50 anos?

Deixou precisamente a autoorganización do pobo galego pois, por exemplo, nos tempos da República vemos que o nacionalismo galego non tiña organizacións sindicais nin culturais propias agás excepcións. Hoxe en día o pobo galego está organizado, non só politicamente, senón a nivel sindical, cultural... Isto representa, aliás, unha parte moi importante da sociedade galega. Teñamos en conta, por exemplo, a participación institucional. O PG, nun momento determinado, concorría ás eleccións con forzas políticas de ámbito estatal. Hoxe en día, o nacionalismo galego, tanto nas eleccións á Xunta como nas xerais do Estado, concorre con identidade propia. Neste senso houbo un avanzo importantísimo. Porén, aínda non están cumpridos os obxectivos e fica moito camiño por percorrer.

"As forzas políticas teñen que estar continuamente en reflexión e iso responde ao criterio da crítica e autocrítica que sempre lle compete facer, sobre todo, a unha forza política de esquerdas"

Que desafíos cre vostede que ten por diante o nacionalismo?

Os de sempre. Conseguir a liberdade nacional, tirar o país da dependencia colonial que vén sufrindo desde séculos atrás. Estes son os retos de sempre, os propios de Galiza que nalgúns aspectos son coincidentes cos desafíos que teñen outras nacións do Estado.

Como valora a confluencia nunha convocatoria conxunta de forzas nacionalistas como o Bloque, Causa Galiza e Nós-UP para o domingo 3 de marzo?
É importante que haxa unidade na reivindicación dos nosos dereitos nacionais. Valóroo como algo moi positivo.

Que perspectivas ten vostede para a Asemblea nacional que desenvolverá o Bloque o vindeiro día 17?

Perspectivas non teño ningunha. As forzas políticas teñen que estar continuamente en reflexión e iso responde ao criterio da crítica e autocrítica que sempre lle compete facer, sobre todo, a unha forza política de esquerdas. Neste senso, significa corrixir erros que se cometeron e tentar suprir as insuficiencias que se observaron na actuación política diaria e de aí tirar conclusións para afrontar o futuro con maior forza e maior decisión.

Ese futuro debe contar co papel protagonista da xente moza, como ve a mocidade nacionalista en Galiza?

É unha esperanza malia a ser sector minoritario dentro da mocidade, desgrazadamente. Mais son os que teñen que apañar o relevo na loita política en defensa do noso país. Aí efectivamente hai unha mocidade moi comprometida no momento actual e esa é a mellor garantía de que a loita non vai morrer con aqueles que viñemos loitando polos mesmos obxectivos desde hai moito tempo.

Carlos Álvarez Ramos, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 02-03-2013 14:30
# Ligazón permanente a este artigo
Agora toca cine: Novas estreas,¡Como che cambia o conto!

Contaba a historia dos irmáns Grimm que Hansel e Gretel foran raptados por unha bruxa mala e que, ao final, conseguían escapar. Xusto nese momento é no que arrinca a nova aventura cinematográfica de Tommy Wirkola, que dirixe a Jeremy Renner e Gemma Arterton nesta película de hora e media de acción e ficción.

Hansel y Gretel: cazadores de brujas conta como os dous nenos raptados no pasado son agora adultos que se dedican a cazar e matar todas as bruxas agochadas no planeta e viven entre nós.
Tamén hoxe,día 1 marzo, chega aos cines Hermosas criaturas, drama asinado por Richard LaGravenese que narra unha historia sureña dos EE UU na que dous mozos descobren segredos das súas familias e da súa propia cidade. Jeremy Irons, Emma Thompson, Emmy Rossum e Thomas Mann lideran un elenco con algunhas caras coñecidas máis.

Para os amantes da comedia, Andy Fickman dirixe o incombustible Billy Crystal en Abuelos al poder, película sobre os clásicos líos dunha familia americana.

Por último, a candidata ao Oscar á mellor película de fala non inglesa Un asunto real aterra hoxe nas salas. O director Nikolaj Arcel dirixe unha épica e dramática historia de amor baseada en feitos históricos: a verdadeira historia dun home normal que conquistou o corazón da raíña danesa y empezou unha revolución. Está centrada no triángulo formado polo cada vez máis tolo Cristián VII de Dinamarca; o idealista e ilustrado Johann Friedrich Struensee, e a novísima raíña Carolina Matilde.

OUTRAS ESTREAS DO DÍA
‘Aquí y allá’ Hiperpremiada cinta hispanomexicana de Antonio Méndez Esparza que conta un drama familiar típico que ten como protagonista ao actor Pedro de los Santos, un pai de familia que regresa a México tras varios anos fóra e tenta gañar a vida de músico.

‘Érase una vez en Anatolia’ Drama de produción turca e bosnia de dúas horas e media dirixido por Nuri Bilge Ceylan no que un asasino guía uns policías ao lugar onde supostamente enterrou un cadáver, no corazón da estepa de Anatolia. Pero nese camiño, a verdade sae á luz.

‘Weekend’ Unha das grandes sorpresas do cine británico dos últimos anos, no que o director Andrew Haigh narra unha fin de semana tola que viven dous homosexuais que se coñecen o venres na disco, e aos que dan vida na pantalla Tom Cullen e Chris New.

Beatriz Molina Muñiz 2ºBACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-03-2013 14:25
# Ligazón permanente a este artigo
O PERSOAL DE LIMPEZA DOS HOSPITAIS PÚBLICOS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA LEVA A SÚA PROTESTA ANTE A XUNTA

O persoal da empresa Clece, que realiza a limpeza dos hospitais públicos de Santiago, mantén a súa segunda xornada de folga, e desde as 11.00 protestou cunha concentración ante a sede da Xunta, en San Caetano. Sobre un centenar de empregados portaban pancartas e corearon consignas nas que avogaban «por un convenio xusto», e solicitaban que a Administración autonómica, e en especial Sanidade, implicásese para conseguilo.

Previamente, entre 9.00 e 10.00, concentráronse no vestíbulo do Hospital Clínico, e realizaron un percorrido por esas instalacións, con consignas semellantes. Nos catro hospitais públicos composteláns nótase esta folga nas súas entradas e espazos comúns, onde ven papeis, plásticos, botellas, líquidos e outros elementos no chan, que denotan sucidade. A folga, de 48 horas, finalizou ás 7.00 da mañá do venres. Están convocadas dúas novas xornadas de paro, os días 13 e 14 de marzo.

Previamente, o 7 de marzo, está convocada unha nova sesión negociadora entre a empresa e os sindicatos, á que os representantes laborais van acudir, segundo confirma Anxo Noceda, de CIG, que convoca a protesta xunto con CUT, CC OO e UGT.

Alba Fernández Castro, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-03-2013 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
A dimisión de Ferrín desata na RAG unha treboada con ventos en todas direccións
Transitan varias hipóteses arredor da demisión do presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luis Méndez Ferrín. O propio Ferrín acusou a algúns académicos e xente externa de acosalo para que deixara a institución, como así fixo. O secretario da RAG, Xosé Luis Axeitos, espallou a existencia dunha operación para colonizar a institución procedente doutros organismos, léase Instituto de Lingua Galega e Consello da Cultura, para facerse co control, e a partir de aí apareceron máis posibilidades retratadas por diferentes persoas que aluden aos posibles casos de enchufismo na Academia ou ao recurso contra o polémico decreto do plurilingüismo.

Darío Xohán Cabana, académico e escritor, traspasa as fronteiras galegas e atribúe a renuncia de Xosé Luís Méndez Ferrín como presidente da institución a "unha campaña brutal" orquestrada desde a "extrema dereita madrileña" para "derrubar" ao vigués da cabeza da RAG.

Cabana argumentou que a situación coa que se atopou Ferrín é "a confluencia" dunha campaña "brutal", en relación a informacións publicadas, "en confluencia" con "outros intereses da dereita" e nalgúns casos "dalgún sector da esquerda", para quitalo da presidencia da Academia.

Henrique Monteagudo, sociolingüista e académico criticou as "desafortunadas" declaracións do secretario da Real Academia Galega, Xosé Luís Axeitos, nas que acusaba ao Consello da Cultura e o Instituto da Lingua Galega de colonizar a RAG e de intentar que esta recuase na súa intención de recorrer o decreto do plurilingüismo. Uns feitos que Monteagudo negou e que atribúe a "unha historia para despistar".

"Creo que está a inventar unha historia para despistar a atención", sinalou en declaracións a Europa Press, tras insistir en que Axeitos "sae en prensa por unha demanda pública de feitos moi concretos" e que "non remata de aclarar", en alusión ás informacións que apuntan ao suposto enchufismo de varios familiares da directiva da Academia.

Nunha entrevista concedida a Radio Obradoiro, Monteagudo insistiu en que a renuncia de Ferrín "é unha reacción esaxerada e desproporcionada", e matizou que o único que se lle pedía eran explicacións por supostos casos de nepotismo. "Non podes inventar unha conxura mundial para amarbarche o cargo. Iso é un ha falta de reflexos democráticos".

Tamén Salvador García Bodaño nega que na institución se libre "unha estraña guerra, invisible". "Unha cousa é o que nos queren facer crer e outra o que está a pasar", matiza. A pesar diso e de defender que traballaban "tranquilos" no seo da institución baixo o seu leme de mando, si que admite que a directiva da RAG tería que aclarar "antes" as informacións publicadas sobre o suposto enchufismo de varios familiares do círculo que rodeaba a Ferrín.

En declaracións a Europa Press, García Bodaño considerou que, ante esta polémica, a institución tiña que dar unha "explicación pública", dado que "os soberanos" da RAG son "tódolos académicos", pero "a directiva é a que representa a Academia".

O académico e director de Galaxia Víctor Freixanes, recoñece que o último pleno da Real Academia Galega foi algo tenso tras a iniciativa de varios membros de pedir explicacións polas contas da institución e sobre informacións relativas ás contratacións de familiares de varios integrantes da directiva, aínda que aclarou que "ninguén pediu a dimisión de Ferrín".

En declaracións a Europa Press, Freixanes atribuíu esa suposta tensión a que os académicos son "apaixonados" nos seus debates internos, pero matizou que simplemente pediron á directiva "información sobre o que se estaba a dicir na rúa" e do que non sabían "nada".

"Non estamos a cuestionar o presidente e a directiva. Só pedimos unha información que aínda non se nos deu", engadiu, ademais de negar que existan grupos ou división entre os membros da Academia, senón unha "preocupación polas noticias que circulan" e "debates internos, que son sans que existan".

Tamén se referiu a un suposto un intento de colonizar esta institución por parte do Consello da Cultura e o ILG, denunciado por Axeitos, asegurando que se trata dunha opinión "absolutamente desenfocada e improcedente" sobre "especulacións". Considera "fora de lugar" pensar que ambas as dúas institucións "queren derrubar ao Presidente", cando varios dos seus membros forman parte da RAG. "Non axuda en nada ao clima que a Academia necesita para debater, mesmo coas súas diferenzas, pero debátense".

Tamén rexeitou as declaracións de Darío Xohán Cabana, nas que atribúe a súa renuncia a unha campaña orquestrada para derrubar a Méndez Ferrín da súa posición. "Non seo de onde saca iso".

Tania Airas
2ºBach-B
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 02-03-2013 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
Un barco perderá a licenza se suma 90 puntos, e o patrón, 130
O centenar longo de embarcacións que onte retomaron a actividade tras unha semana de paro en protesta polas múltiples trabas que atopaban para faenar deuse case de bruzos cunha das que máis lles atemorizaba: o carné por puntos. A pesca española estrea hoxe o sistema que penaliza as infraccións graves non só con sancións económicas, senón tamén coa asignación dun determinado número de puntos segundo a irregularidade, que, de acumularse ata unha contía determinada, poderá traducirse na perda da licenza de pesca para o barco e na inhabilitación para o exercicio da actividade pesqueira no caso do capitán ou o patrón.
Porque no mar, a diferenza de sobre o asfalto, ter puntos será negativo. Para a embarcación, o número fatídico será 90. A acumulación deses tantos dará lugar automaticamente á retirada permanente da licenza de pesca. O algarismo fatal para patróns e capitáns será o 130, pois de alcanzalos quedará inhabilitado para exercer a súa profesión durante un ano.
Segundo o regulamento publicado onte no Boletín Oficial do Estado (BOE), os puntos cancelaranse de oficio aos tres anos, que empezan a contar a partir do 1 de xaneiro seguinte á data da infracción, sempre que nese prazo non se rexistrou algunha outra irregularidade cometida polo mesmo infractor, coa mesma licenza e buque.
Lista negra
Agora ben, se a embarcación é sorprendida realizando actividades ilegais cando ten a licenza suspendida ou retirada permanentemente será incluído na lista negra de buques da UE que practican a pesca pirata.
Así como os condutores poden realizar cursos para recuperar puntos, armadores e patróns terán un abano de accións coas que poderán perdelos, como a posibilidade de participar en campañas científicas para mellorar a selectividade das artes, entregar un 10 % das súas posibilidades de captura ou se involucra nun proxecto de etiquetaxe ecolóxica.
Infraccións e infractores quedarán recollidas nun ficheiro que xestionará a Secretaría Xeral de Pesca. Nese rexistro anotaranse as faltas cometidas tanto en augas interiores como exteriores, as sancións impostas e o número de puntos asignados. Tamén se incorporarán as irregularidades dun barco ou profesional español instruídas por outros Estados membros.

Nuria Salgado
2ºBach-B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-03-2013 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
As Catedrais, en Ribadeo, elixida a mellor praia de España e das mellores do mundo

A praia de A Lanzada, en Pontevedra, tamén figura no ranking de TripAdvisor. A praia galega de As Catedrais, en Ribadeo, e a praia balear de Ses Illetes, en Formentera, foron premiadas a nivel mundial, situándose en sexta e duodécima posición, respectivamente, no listado dos Travellers Choice Playas 2013, presentado por TripAdvisor. Estas praias foron galardoadas tamén a nivel europeo, sendo a As Catedrais a segunda mellor praia de Europa e Ses Illetes a cuarta. "Para aqueles que planean as súas vacacións de verán, ou que simplemente están a buscar unha escapada de fin de semana xunto ao mar, esta selección pode servir de inspiración", sinalou a responsable de comunicación de TripAdvisor, Blanza Zayas. Outras tres praias españolas que tamén foron premiadas como as mellores de Europa son: a Praia da Concha de San Sebastián, no posto undécimo, e as praias andaluzas de Bolonia e Zahara de los Atunes, nos postos 14 e 23, respectivamente. En relación ao Top 10 das Mellores Praias de España, a Praia das Catedrais posiciónase en primeiro lugar, seguida de Ses Illetes en Formentera e a praia da Cuncha, San Sebastián, en terceiro lugar. As praias andaluzas de Bolonia, en Tarifa, e Zahara de los Atunes atopan en cuarto e quinto lugar, en sexto a praia Colofe, en Fuerteventura. Séguenlles a Praia da Lanzada, en Pontevedra e Cala Bassa, en Ibiza. O ranking péchase coa praia de Es Tranc, en Mallorca, en noveno lugar e a praia das Canteiras, en Grande Canaria, a décima mellor praia do país. Estes premios baséanse nas opinións de millóns de viaxeiros de todo o mundo e recoñeceron a un total de 276 praias situadas en África, Asia, o Caribe, Centroamérica, Europa, Oriente e EE.UU.


Isabel Fernández
2ºBach-B
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 02-03-2013 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
Galiza, capta talento do exterior

A crise non se apiada nin da ciencia. Os sucesivos recortes en investigación están provocando unha fuga masiva de cerebros ao estranxeiro ata o punto de que as principais sociedades científicas han alertado da perda dunha xeración de mozos investigadores. Galicia non se libra deste fenómeno. Máis ben ao contrario, aínda que existen excepcións. Unha delas é o Centro Tecnolóxico de Telecomunicaciones de Galicia (Gradiant), que non só retén aos seus profesionais, senón que captou, grazas ao programa europeo Lifgate, financiado con 2,3 millóns de euros, a seis novos talentos que traballaban no estranxeiro, tres españois, unha brasileira, un francés e un italiano. Son seis perfiles distintos que complementan e reforzan as liñas de investigación do centro naquelas áreas que se quere potenciar.

«Fixemos unha procura internacional de captación de persoal cunha serie de perfís que nos aportan competencias novas que complementan ao que xa temos», explica Fernando Pérez González, director de Gradiant, un centro que o pasado ano captou 3,5 millóns de euros en proxectos españois e internacionais e de contratos con empresas. Lamenta, iso si, as trabas burocráticas que existen para fichar a científicos internacionais. «Foi un pesadelo -di-, é máis fácil traer a un futbolista que a un científico». Os fichajes aportan, ao seu xuízo, «novas formas de pensar, habilidades e coñecementos que non son fáciles de atopar en España».

A enxeñeira eléctrica brasileira Helena Fernández López, que logrou abaratar o custo da telemonitorización de pacientes nun hospital de Portugal, confía en poder «ampliar a oferta de traballo do centro en tecnoloxías relacionadas coa saúde e o benestar». O francés Arnaud Quirin, experto en minería de datos e con máis de 30 publicacións científicas internacionais, é outro dos captados, do mesmo xeito que Gabriel Boccolini, experto en comunicacións por satélite; Luís Rodero, especialista en computación na nube; Carmela Troncoso, unha referente en sistemas de seguridade, ou Enrique Argones, experimentado en recoñecemento biométrico. Todos valoran a relación de Gradiant coa empresa. «Así temos a ocasión de ver como o noso traballo incide sobre o mundo real»

Noelia Fernández Paradela
2ºB Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-03-2013 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal