Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Da revolución bolxevique en España non quedará nin o nome
Chamarse Lenin de nome de pía en España está prohíbido. A razón é que invita a confusión, porque o "sentir popular" -errado- pensa que é un apelido, aínda que en realidade foi o pseudónimo do líder da revolución rusa de 1917.

Este rocambolesco argumento é o que esgrime o Goberno nunha resposta parlamentaria por escrito que enviou ao deputado de IU Gaspar Llamazares, que se interesara polos motivos polos cales os xuíces do Rexistro Civil prohiben en España a inscrición do nome Lenin, frecuente en América Latina, a un estranxeiro que obtén a nacionalidade española, obrigándoo así a cambiar a súa denominación de orixe.

O Executivo destaca que os que se chaman Lenin deben substituír o seu nome no rexistro por "outro axustado a dereito", xa que o alcume do líder bolxevique infrinxe as normas do Rexistro Civil. En concreto, engade a resposta "segundo doutrina reiterada da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, están prohibidos os nomes que fagan confusa a identificación das persoas".

Esta circunstancia concorre "cando o nome pretendido pode ser confundido cun apelido". Pero a realidade é que Lenin non era o apelido de Vladimir Ilich Ulianov, senón o seu sobrenome.

Pero para este contratempo imposto pola realidade ten tamén contestación o Goberno: "Esta doutrina --a de que un nome se confunda cun apelido-- esténdese por identidade de razón aos supostos de feito onde o nome pretendido se identifica cun pseudónimo que para o sentir popular pódese entender como apelido --independentemente de que personaxe en concreto ostentase tal pseudónimo-- ".

Así sucede, continúa a resposta, con Lenin, que "é identificado co apelido dun personaxe histórico aínda que este correspondese só ao pseudónimo co que foi coñecido o devandito personaxe". Ou sexa, que sentir popular manda, aínda que estea completamente equivocado como é o caso.

Ademais, o Executivo dá unha saída aos admiradores do revolucionario ruso: "Cuestión distinta sería que o que tomara do personaxe histórico en cuestión fose o nome, en cuxo caso non habería obstáculo legal,". Chamarse Vladimir Ilich, entón, si é correcto, ou o que é o mesmo, non está ameazado por algún sentir popular.

O deputado Llamazares recordou que na actualidade son aceptados nomes de fantasía ou históricos, polo que non entendía o de Lenin. Dende 1977, a Lei suprimiu a referencia ao nome imposto no bautismo católico, e estableceu a liberdade de imposición de nomes co límite do "respecto á dignidade da propia persoa". O o que é o mesmo, prohibíanse os nomes que, "por si ou en combinación cos apelidos, resulten contrarios ao decoro da persoa".

Tamén están vetados os que induzan no seu conxunto a confusión en canto ao sexo do nacido; poñer o mesmo nome que ostente un dos irmáns, a non ser que tivese falecido; e os que fagan confusa a identificación, que é ao que se agarra o Goberno para prohibir chamarse Lenin.

Llamazares tamén reclamaba na súa pregunta que se unificasen na práctica os criterios do Rexistro Civil, "á luz da realidade social e cultural dun mundo globalizado", e se evitasen casos, como aconteceu, en que un xuíz conceda a inscrición dun nome que por outro xuíz se prohibe.

Neste terreo, a resposta di que o Ministerio de Xustiza é consciente dos problemas derivados desa disparidade de resolucións que poden producirse, e da importancia da inscrición do nome elixido, entre outras cousas, ao afectar ao dereito ao libre desenvolvemento da personalidade. Por iso, anuncia que está a clarificar e unifica criterios que plasmará no futuro nunha instrución.

A imposibilidade de chamarse Lenin xa estaba instalada en España nos anos trinta do século XX, como lle aconteceu a un veciño de Lugo que quixo chamar un fillo como o líder ruso, e a filla, Igualdade. O resultado é que o cura se negou a referendar con auga bendita este bautizo.

A liberdade de expresión xa estaba mancillada abondo en España, pero, fóra da cuestión anecdótica, penso que o líder de IU debería preocuparse por cuestións máis tanxencias para o Estado e o seu propio partido. A esquerda non é poder chamarse Lenin coma homenaxe, é facer a homenaxe con actos, non con hornamentos.


Alba Salgado Parente 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-03-2013 16:51
# Ligazón permanente a este artigo
O escritor e periodista Xosé Fernández Ferreiro ingresa este sábado na Real Academia Galega
A Real Academia Galega (RAG) acollerá este sábado o acto de ingreso do escritor Xosé Fernández Ferreiro, que ocupará a vacante que deixou Francisco Fernández Del Riego, e que será o último evento presidido por Xosé Luís Méndez Ferrín ata o pleno no que formalizará a súa renuncia ao cargo da institución.

O evento celebrarase no salón de actos da Academia e o novo académico dará lectura a un discurso titulado 'Breves reflexións sobre os escritores e os xornalistas', que será respondido por Manuel Rivas, membro de número desta corporación. Segundo engade a RAG, será o último acto presidido por Méndez Ferrín ata a celebración do próximo pleno.

Fernández Ferreiro chega á RAG nun momento de polémica tras as acusacións do seu secretario, Xosé Luís Axeitos, sobre un suposta colonización do ILG e o Consello da Cultura, xunto ao malestar de varios académicos pola falta de explicacións relativas ao suposto enchufismo de familiares da directiva.

A esta polémica engádeselle o anuncio da dimisión do seu presidente, Xosé Luís Méndez Ferrín, quen nunha carta remitida aos académicos apuntaba a que parte dos membros o fixeron sentir que non ten "sitio" na RAG. Varias voces se alzaron durante estes últimos días en defensa da súa xestión e animándoo a rematar o seu mandato á fronte da RAG.

Durante o último pleno, varios académicos solicitaron explicacións á directiva da RAG sobre os contratos denunciados na prensa, ademais de pedir informacións sobre as contas da institución. A pesar diso, aseguran, "ninguén" esixiu a dimisión de Méndez Ferrín.
"DEBERÍA SEGUIR"
En declaracións a Europa Press e aínda que rexeita falar sobre a situación da academia, Xosé Fernández Ferreiro considerou que Ferrín "debería seguir" formando parte desta institución, aínda que finalmente decida dimitir como presidente.

"Non podemos prescindir de xente tan valiosa como Ferrín. Unha figura como el debe ser académica", sinalou ao respecto. Deste modo, Fernández Ferreiro únese a voces como Darío Xohán Cabana ou Manuel Rivas, este último a favor de realizar un chamamento no próximo pleno para que Ferrín decida continuarata o fin do seu mandato.

Sobre a súa entrada na RAG, sinalou que "lle agrada moito" poder participar nunha entidade destas características, e que o seu discurso versará sobre os xornalistas e os escritores, dous profesionais "aos que lles une case tantas cousas como as que os separan". Pola súa banda, Rivas realizará unha análise sobre a súa obra literaria.

Escritor tradicional, enigmático, pouco amigo da primeira liña e sabedor de que o escritor permanece polas súas páxinas, a súa obra e a súa calidade da súa pluma. Asi é como o describe a máxima institución da lingua galega.

A súa prolixa traxectoria como escritor e xornalista únese ao seu compromiso inquebrantable co país e a lingua, describe a RAG. De mozo, Fernández Ferreiro participou no mundo intelectual formando parte do grupo Brais Pinto, en Madrid, e en 1975, con 'A morte de Frank González' -ilustrado por Luís Seoane-, converténdose en pioneiro ao publicar a primeira novela en galego do xénero wéstern.

Tamén experimentou os camiños da ciencia-ficción, pouco transitados ata ese momento polos escritores en Galicia, e puxo a súa pluma a disposición do país narrar do país para narrar e denunciar as inxustizas sociais en libros como 'Morrer en Castrelo de Miño'.

Así, recibiu premios significativos como o Xerais ou o Losada Diéguez. A elas, pódense sumar galardóns como xornalista, como o Premio Galicia de Periodismo polos centos de artigos publicados en distintos xornais.


Magdalena Sepa Vázquez


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-03-2013 16:36
# Ligazón permanente a este artigo
Nace a primeira filmoteca galega

O audiovisual galego conta, dende o día 7 de Marzo, cun espazo propio na rede. A encargada de poñer en marcha este proxecto foi a Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), promotora dun novo servizo de vídeo en liña destiñado á promoción da creación galega en formato audiovisual. Baixo o nome «CanleTV» e no enderezo electrónico www.canletv.agadic.info, os internautas poden acceder de xeito gratuíto a un amplo catálogo de filmes que se poden visionar en formato streaming. Así, e segundo deron a coñecer onte os encargados do proxecto, «CanleTV» é xa unha filmoteca de máis de 120 títulos, cifra á que se irán sumando novas incorporacións, e na que teñen cabida longametraxes, curtas, videoclips e trailers, entre outros formatos.
As obras deste catálogo aparecen clasificadas en torno a seis categorías principais: ficción, animación, documental, experimental, videoclips e adiantos, cada unha delas cos seus correspondentes subapartados e etiquetas (tags) referentes aos xéneros e temáticas nas que se inscriben, de acordo coa información facilitada polos propios autores ou propietarios. Cun deseño que prima unha navegación sinxela e intuitiva, a web dá acceso desde a súa portada a un buscador que facilita a localización dun filme concreto.
E é que o espírito desta nova canle está en achegar ao espectador á produción galega a través das súas creacións e tamén dunha fiestra ás últimas noticias do sector audiovisual galego (convocatorias, premios, cursos, presenza en festivais, etc.), que enlaza directamente coa sección Olladas-Audiovisual da web da Agadic.
Tal e como se detalla no aviso legal de CanleTV, todos os traballos exhibidos nesta páxina son propiedade do seu autor ou posuidor do copyright, mentres que a Agadic é titular dos dereitos de propiedade intelectual da web e dos seus elementos. Ademais, os propietarios das obras que se difunden contan coa posibilidade de solicitar a eliminación das mesmas.


Sara Álvarez González
2ºA Bacharelato

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-03-2013 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
Marta Rivera: "Rosalía deixou de escribir en galego por xente como esta"

A escritora respondeu así aos que criticaron a súa escolla para estar no acto do Día Internacional das Mulleres // A Mesa recórdalle á Xunta que “as escritoras en galego existen” e lamenta que o Goberno galego use a Casa da Matanza para “lixar a memoria de Rosalía”. A escritora Marta Rivera de la Cruz cargou hoxe contra quen criticaron a súa elección para participar no acto institucional con motivo do Día Internacional das Mulleres, e dixo deles que Rosalía de Castro "deixou de escribir en galego por culpa de xente como esta". Nunhas declaracións á Efe, Marta Rivera respondeu nestes termos ás críticas que recibiu desde o BNG, e en concreto da súa viceportavoz parlamentaria, Ana Pontón, que dixo da escritora luguesa que era unha autora "belixerante co idioma galego". "Se Rosalía vivise sería posibelmente repudiada e defenestrada por esta xente", dixo. "Rosalía non era unha persoa dogmática, non era unha persoa cerril, era unha persoa moi aberta; foi a primeira profesional da escritura, dito no mellor sentido da palabra, e este tipo de historias, tan mesquiñas e tan pequenas, creo que lle quedarían moi lonxe", afirmou Rivera de la Cruz. Engadiu a escritora lucense que "Rosalía, que escribiu máis da metade da súa obra en castelán, deixou de escribir en galego por culpa de xente como esta". "É curioso, os que falan agora son os herdeiros de que fixeron que Rosalía deixase de escribir en galego; e iso foi unha pena naquel momento e sería unha pena agora", concluíu.
Carlos Callón: “A única razón pola que a Xunta escolleu a Marta Rivera de la Cruz é porque ten unha postura hostil cara ao galego": No ano en que se festexa o 150 aniversario do primeiro libro contemporáneo no idioma de Galiza, os Cantares gallegos de Rosalía de Castro, a Xunta decide “homenaxear” a súa figura excluíndo do acto de hoxe todas as escritoras en galego, “como se non existisen”, e convidando unicamente unha autora que mantén unha postura “moi hostil” cara a esa lingua. Subliña que “o problema central deste acto non é que sexa unha persoa que escriba nun ou noutro idioma, senón no feito de que sexa alguén máis coñecido en Galiza polos seus posicionamentos contra a nosa cultura e o seu desprezo cara ás escritoras que usan o galego do que pola súa obra”.
Nesa liña, o presidente da Mesa salienta que “todo o mundo sabe, tamén a propia escritora” que “non foi seleccionada pola Xunta pola súa produción literaria, senón polos seus posicionamentos contrarios á lingua galega e á literatura galega”. É sinxelamente un premio á súa galegofobia. Neste sentido, Callón recorda que “a pesar de non contaren co soporte mediático e institucional que ten esta señora, hai ben de escritoras en galego que conquistaron un recoñecemento internacional, en traducións ou en recepción crítica, que é moi superior”, mais ás cales a Xunta de Núñez Feijóo non ten en conta “porque o goberno do PP se guía por un desprezo sistemático cara a todo o que nos identifica como galegas e galegos” e procura dar a imaxe de que “a cultura galega é inferior e incapaz”. A entidade cidadá en defensa do galego anima tamén a Fundación Rosalía de Castro, que “moi acertadamente” se desligou do acto, a “que se dote de mecanismos que lle permitan evitar estas aldraxes á nosa cultura e á memoria da escritora fundacional da literatura galega contemporánea”. “Non podemos consentir que se use a Casa da Matan4za –onde faleceu– para lixar e manipular a memoria de Rosalía”, conclúen.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 09-03-2013 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
Inditex aumenta a súa fortuna

Amancio Ortega é o terceiro home máis rico do mundo, segundo a nova lista feita pública por Forbes . Segundo esta publicación, o principal accionista de Inditex foi ademais, quen máis incrementou a súa fortuna, que creceu en 19.000 millóns de dólares, ata situarse en 57.000 millóns de dólares (43.000 millóns de euros). Ademais, superou ao financeiro Warren Buffet quen, por primeira vez en dez anos, non está entre os tres homes máis ricos do mundo.

O ránking volve encabezalo o mexicano Carlos Slim (73.000 millóns de dólares), seguido de Bill Gates (67.000).

O gran tropezo do ránking personalízao o brasileiro Eike Batista, que pasou de ser o sétimo home máis rico do mundo a caer ata o número cen, despois de ter perdido unha media de 50 millóns de dólares ao día, segundo o cálculo feito por Forbes.

A semana pasada foi Hurun, o equivalente á revista Forbes en China a que fixo público o seu ránking. Tamén colocaba a Ortega como a terceiro maior fortuna do mundo, pero neste caso con Warren Buffet como número dous e Bill Gates como catro.

Sara Carroceda González, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-03-2013 17:19
# Ligazón permanente a este artigo
INVÁDENNOS OS "POLLITOS-BIEN"!

Marta Rivera escritora galega unicamente en lingua castelá e colaboradora coa organizacións antigalega e procastelá Galicia Bilingüe ou Vil-lingüe dependendo de a quen lle preguntes, cargou contra o BNG polas críticas realizadas pola formación frentista ao feito de ser ela a única literata convidada pola Xunta para homenaxear a Rosalía con motivo do 8 de Marzo. En declaracións a Efe, a gañadora do Premio Planeta de 2011 afirmou que “naquela altura, no século XIX, só se podía ser escritor de prestixio se se facía en castelán, como esa era a teima de Rosalía, deixou de escribir en galego”. Outra tese disparatada e claramente falsa como a anterior foi a que usou deseguido esta señora, esta "pollito bien" como lle chamaba a estas persoas o vangardista Manuel Antonio no seu manifesto "Máis Alá", ducindo que "Rosalía deixou de escribir en galego por culpa de xente como esta", en alusión ao BNG. Só que se esta señora, que debería ser culta e coñecedora da traxectoria de dona Rosalía de Castro así como da historia do seu país malia renegar del, tería que decatarse que daquela, na época de Rosalía, non había movementos reivindicativos coa cultura e co país como para supostamente obligaren á matriarca das nosas letras a escribir en galego creando nela un efecto rebote cara unha produción exclusivamente en castelán máis aló das contadas obras en galego de Rosalía. Mais o que seguramente esta “pollito-bien” descoñece, por non ler a Rosalía aínda que foi homenaxeala, é que mesmo cando a nosa Bardo escribía en español (En las Orillas del Sar, 1884), Rosalía expresaba con clareza cal era a súa condición nacional. Así, no poema Jamás lo olvidaré, declama en alusión a Galiza: "Yo no quiero que mi patria muera". O fragmento é clarísimo "Y yo no quiero que mi patria muera/sino que como Lázaro ¡Dios Bueno! resucite a la vida que ha perdido/y con voz alta que a la gloria llegue/le diga al mundo que Galicia existe/tal llena de valor, cual tú la has hecho/tan grande y tan feliz/cuanto es hermosa". No mesmo poema alude implicitamente a España: "Y agena voluntad su imperio ejerce/en lo que es nuestro, cosas de la vida". Ao BNG sumáronselle outras asociacións cívicas e culturais como o PEN de Galiza, AELG e A Mesa pola Normalización Lingüística.

Mais o desleixo do goberno propio do noso País, o que nos ten que portexer e salvagardar todo aquilo que é noso, non remata aí, senón que a Xunta dos populares de Galicia, aínda penso que é máis a “Junta de los populares de Madrid”, non se lle ocorre outra cousa que despois de cinco meses coa praza vacante de director-xerente da Axencia Galega de Industrias Culturais contratar a Jacobo Sutil, unha persoa do mundo da empresa, allea e ignorante da cultura galega estando dende 1998 até 2011 con postos empresariais en España desleigados da súa Terra. Ademáis con pouca presenza nas redes sociais, Jacobo Sutil deixa claras as súas preferencias nas sete persoas e entidades das que é seguidor en twitter, Rafa Nadal, Piqué, F.C.Barcelona, Marca, ABC, The New York Times e Paul Gasol. Ningún contacto do mundo da cultura nin da Galiza.

Perante isto só podo pensar en que non é máis que unha brincadeira do Partido Popular ,que moi desgrazadamente goberna o noso País cunha maioría que non lle pertence, e que xogará o seu papel de partido responsábel e recuperará para máis eidos da súa vida diaria que o meramente electoral o “galleguismo regionalista” do señor Fraga e do que tantos altos cargos do PPdG presumen de sentir e profesar.

Carlos Álvarez Ramos, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-03-2013 17:11
# Ligazón permanente a este artigo
A crise ten xénero feminino

2012 tampouco foi bo para as mulleres galegas no eido laboral: unhas 10.800 perderon o seu posto de traballo nun ano que deixou un ritmo de destrución de 30 empregos ao día para o sector feminino.

Ademais, a case perenne fenda salarial entre eles e elas mantense estable nun 23%, preto dos niveis doutros exercicios. As mulleres perciben na comunidade 5.000 euros menos ao ano polo seu traballo que os homes: 15.704 fronte a 20.408. E no sector privado, esta marxe amplíase ata o 29,4%, polo 12,6% que rexistra o público. Estes son algúns dos datos que nas últimas semanas viñeron facendo públicos os sindicatos CIG, UGT e CC.OO, co motivo da celebración, hoxe, 8 de marzo, do Día Internacional da Muller Traballadora.

Aínda que as estatíticas globais demostran que nos homes a crise afectou máis en termos numéricos –a taxa de actividade diminúe no caso dos homes e increméntase nas mulleres e a taxa de paro medra en case 16 puntos no caso masculino e en 11,5 no feminino–, o certo é que cualitativamente o emprego feminino segue amosando signos de discriminación. Así, segundo denuncia a CIG, a taxa de paro feminino, que en Galicia é do 20% (129.800 persoas) despois de duplicarse nos últimos cinco anos, sería do 25% se 37.000 menores de 35 anos non emigrasen desde 2008. A marcha destas mulleres en idade fértil entronca con outro problema grave: o envellecemento poboacional pola caída da natalidade.

As condicións das que se quedaron e traballan non son mellores. O emprego parcial, no que as mulleres ocupan 3 de cada 4 postos, aumentou nos últimos anos. 70.200 traballadoras están nesta realidade fronte a 21.300 homes. As diferenzas son tamén importantes no eido da protección social, tanto nas prestacións por desemprego como nas pensións. Nas contributivas, os homes perciben de media 873 euros mensuais, fronte aos 556 das mulleres. Dos beneficiarios das non contributivas, o 78% son mulleres. E das persoas que cubre o Risga (Renda de Integración Social), elas representan o 60%. Pero no eido laboral existe aínda unha discriminación maior: que é ser, ademais de muller, nova. Así, no tramo de idade de entre 16 e 19 anos, a taxa de desemprego é do 61,4%, e entre 20 e 24 anos este indicador segue a ser moi elevado: do 46,5%. O desemprego de longa duración tamén se ceba coas mulleres: 61.000 levan máis dun ano no paro e, deste total, a metade superan os dous anos. Todas estas cifras estarán hoxe no centro das reivindicacións de milleiros de mulleres en todo o mundo.

AS CIFRAS DA DISCRIMINACIÓN
30 Potos des traballo de mulleres destruíronse en Galicia ao día en 2012
37.000 Mulleres de entre 15 e 35 anos marcharon da comunidade desde 2008
483.900 Ocupadas hai en Galicia, fronte aos 542.000 homes que teñen un emprego
25% Postos ocupados por mulleres destruídos en 2012; en 2007 a destrucción de emprego feminino era do 10%
7% Ocupación feminina no sector da agricultura na comunidade, só superada por Murcia
8.901 Euros de media reciben as mulleres de pensión fronte aos 12.035 que perciben os homes
78% Das persoas que perciben pensións non contributivas en Galicia son mulleres

Beatriz Molina, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-03-2013 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
UN INVESTIGADOR GALEGO ATOPA UNHA HORMONA QUE PODERÍA USARSE CONTRA A OBESIDADE
Un estudo liderado desde a Universidade de Santiago polo doutor Rubén Nogueiras, integrante da Sociedade Española para o Estudo da Obesidade, en colaboración con outros laboratorios nacionais e internacionais, descubriu que a hormona concentradora de melanina (MCH), un péptido que estimula o apetito, pode regular o mecanismo do fígado e a graxa a través do cerebro sen afectar á inxesta de alimentos nin ao gasto enerxético.

Rubén Nogueiras investiga os mecanismos do cerebro relacionados coa obesidade. A investigación, publicada na revista Gastroenterology, revela que esta proteína podería ser utilizada como diana terapéutica contra a obesidade. O traballo, realizado en ratos, demostra, segundo Rubén Nogueiras, que «a activación desta hormona ou do seu receptor en determinadas áreas do cerebro regula de xeito selectivo o que ocorre no tecido adiposo ou no fígado». O feito de que o efecto desta hormona, que é producida polo hipotálamo, incremente a cantidade de graxa no tecido adiposo branco e no fígado non só afecta á obesidade, senón tamén á diabetes, xa que canto maior sexa a cantidade de graxa almacenada nestes órganos, máis resistencia ofrécese á insulina.

Alba Fernández Castro, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-03-2013 17:08
# Ligazón permanente a este artigo
CCOO alerta de que Renfe prepara o peche de 21 estacións en Galicia
O coordinador do Sector Ferroviario de CC.OO. en Galicia, Severino Rodríguez, alertou de que Renfe "prepara" a próxima "supresión de múltiples servizos" ferroviarios en Galicia e o "peche definitivo de 21 estacións" como as de Oza dos Ríos, Guitiriz, Pobra do Brollón, Verín, Taboadela ou A Mesquita.

Segundo explicou nunha rolda de prensa celebrada este venres, o Goberno considera os servizos de proximidades "obrigas de servizo público", condición da que "exclúe" os de media distancia. Este feito, indicou, afecta a Galicia, onde "a práctica totalidade dos viaxeiros móvense en Media Distancia ao non existir as Proximidades".

Neste sentido, sinalou que, no ámbito de Galicia, se prevé deixar de prestar antes de xuño de 2013 o servizo ferroviario Ourense-Poboa de Sanabria, unha supresión que "afectará a 9.000 viaxeiros ao ano" e suporá o "peche definitivo de nove estacións". Todo iso, engadiu, nunha zona "con moitas dificultades de comunicación" pois, "de facerse o mesmo percorrido por estrada necesitaríanse tres horas e media, fronte ás dúas horas do tren".

A esta cuestión, segundo denunciou, súmase que o Ministerio de Fomento "abre a posibilidade de suprimir máis servizos" nos próximos meses". Así, explicou que o Goberno está pendente da definición das obrigas de servizo público sobre a rede de ancho métrico e tamén os servizos Avant sobre a rede de altas prestacións.

Esta cuestión, indicou, "ten que resolverse antes do 30 de xuño de 2013" e "suporá un novo recorte de servizos" xa que, como recordou, "en xullo do ano pasado se pretendeu reducir 19 servizos na liña de Ferrol a Ortigueira e outros dous na de Ferrol a Ribadeo" que "finalmente se mantiveron ante a proximidade das eleccións autonómicas galegas".

"AGRAVIO COMPARATIVO CON OUTRAS COMUNIDADES"

Para Severino Rodríguez, o Goberno "fai unha análise errónea da situación do ferrocarril" na comunidade galega. Así, apuntou que en Galicia, os servizos de viaxeiros intra-comunitarios de Renfe Operadora son todos de Media Distancia, mentres que no resto de comunidades de litoral, existen redes de proximidades".

"Isto supón que en comunidades con densidades de poboación iguais ou inferiores a Galicia circule un número de trens moi superior con liñas máis modernas, electrificadas e con multitude de paradas", criticou para considerar esta cuestión "un agravio comparativo con outras comunidades".

Ante estas cuestións, o coordinador do Sector Ferroviario de CC.OO. en Galicia considerou que "por parte do Goberno non hai unha proposta de mellora da xestión" senón que "se limita a poñer en marcha políticas de desmantelamento deste servizo público de transporte de viaxeiros".

Fronte a iso, demandou o Executivo autonómico "unha aposta decidida polo ferrocarril" como "elemento decisivo no desenvolvemento económico das bisbarras". "A Xunta non só debe esixir ao Goberno do Estado que non se supriman servizos nin se pechen estacións, senón que debe demandar o aumento dos servizos e paradas para rematar cos agravios comparativos con outras comunidades".


Tania Airas
2ºBach-b
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-03-2013 15:49
# Ligazón permanente a este artigo
Fernández Ferreiro ingresa na Real Academia Galega
O escritor e xornalista Xosé Fernández Ferreiro (Nogueira de Ramuín, 1931), autor de títulos como Agosto do 36 ou Morrer en Castrelo de Miño, ingresou este mediodía na Real Academia Galega non que foi ou último acto público presidido por XoséLuís Méndez Ferrín. A cerimonia, á que asistiron ademais dous membros dá RAG unha ampla representación dá cultura e a sociedade civil galega, deixou á marxe durante unhas horas a polémica interna que vive lestes días a centenaria institución tras ou anuncio dá dimisión do seu presidente e crúcesvos de declaracións entre destacados membros dá corporación.
Fernández Ferreiro, que foi compañeiro de Ferrín non colectivo Brais Pinto e que traballou durante anos na Redacción de La Voz de Galicia, incorporouse á Academia cun discurso titulado «Breves reflexións sobre vos escritores e vos xornalistas», non que analizou as relacións entre lestes dous oficios. Deulle resposta, en nome dá corporación, ou académico, escritor e xornalista Manuel Rivas.
Entre vos asistentes ao acto, que se celebrou na sede dá Academia na Coruña, estaba ou presidente e editor de La Voz de Galicia, Santiago Rey Fernández-Latorre.

Nuria Salgado
2ºBach-B
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 09-03-2013 15:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal