Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

QUE É GALEGO NON CHINÉS!
O Concello de Pontevedra vén de manifestar a súa sorpresa após publicar a imprensa a información relativa a unha sentenza ditada polo xulgado do contencioso-administrativo nº3 en que obrigaba a colocar os sinais de tránsito tamén en castelán.

A resolución, que non é actual senón do ano 2010, chegou tras a denuncia dun cidadán que dixo non entender a prohibición específica derivada do sinal por estar esta escrita en galego. Desde o Concello non emprenderon actuación ningunha, nin sequera presentaron recurso. "En Pontevedra os sinais están en galego desde 1999 e non hai conflito social ningún", explicou o concelleiro de Ordenación do territorio, César Mosquera, en declaracións a Sermos Galiza, reiterando que a persoa demandante é secretario nos xulgados, polo que manexa e emite documentos en galego.

A propia sentenza, "filtrada polo PP" nestes días a un xornal 'amigo', sinala que "resulta de difícil credibilidade para calquera castelánfalante medio que leve residindo na Galiza certo tempo a versión dos feitos na cal o recorrente apoiou as súas alegacións". Malia todo, deulle a razón.
O demandante non entendeu unha lenda numérica

"É unha medida descarada que non se comprende se non é desde un punto de vista ideolóxico", subliñou Mosquera, quen vincula o acontecido "coa ofensiva de Galicia Bilingüe" e as imposicións realizadas polo PP desde os gobernos da Xunta e do Estado orientadas "a españolizar calquera reduto que se manteña en galego". Insiste: "que o vistan como queiran, mais é un problema ideolóxico". Argumenta que, se ben é certo que a lexislación de tráfico estabelece que as indicacións deben figurar tamén en castelán, para alén da lingua oficial do País, "houbo quen presentou reclamacións porque estaban só en español e non lle deron a razón".
O concelleiro pontevedrés deixa claro que tampouco agora, cando a sentenza adquiriu "unha pouca relevancia pública", van mudar nin un til nos sinais da cidade do Lérez. "Os sinais son universais, agás pequenas lendas que se colocan e que todo o mundo pode entender por ser practicamente numéricas", sostén Mosquera. É xustamente este o caso que motivou a denuncia.

O condutor recorreu unha multa de 180 euros por estacionar nunha zona de carga e descarga. Alegou que, ao figuraren os horarios só en galego "a sinalización é incorrecta" e impediulle ter "un coñecemento exacto das condicións en que estaba restrinxido o estacionamento".
A Mesa: que se deixe de excluír o galego nas sinalizacións públicas
O voceiro da asociación en defensa da lingua, Carlos Callón, fixo fincapé esta cuarta feira en que os sinais públicos de competencia estatal "deberían estar tamén en galego" e aqueloutros de competencia local e nacional "deberían usalo con normalidade".

Callón repasou con exemplos a discriminación que a lingua propia sofre, sinalando como desde a Mesa se solicitou "en reiteradas ocasións" que as autoestradas "deixasen de excluír o galego e corrixisen a toponimia deturpada". Acrecenta que "despois de moitos anos" figuran en galego só unha parte da información das portaxes e a toponimia maior.

"Non coñecemos ningunha delegación da Axencia Tributaria en ningún punto de Galiza que non exclúa o galego no conxunto das súas sinalizacións" e nas dependencias do Sergas só figuran no idioma propio as indicacións fixas. Conclúe Callón o repaso pola exclusión do galego citando o Concello da Coruña onde até as placas cos nomes das rúas "deturpan topónimos oficiais como Noia ou Arteixo".

Carlos Álvarez Ramos, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-03-2013 14:19
# Ligazón permanente a este artigo
FOMENTO QUERE DISCUTIR A CHEGADA DO AVE Á CAPITAL OURENSÁ

Despois de varios anos de incerteza sobre a forma na que se vai xestionar a chegada do tren de alta velocidade á cidade das Burgas, a solución podería chegar nun curto prazo e da man do consenso entre as partes implicadas. A ministra de Fomento, Ana Pastor, anunciou que nos próximos días convocará a todas as forzas sociais e políticas de Ourense para abordar o futuro da integración do AVE na capital. En resposta a unha pregunta parlamentaria no Senado, a ministra recordou que a solución que se propuña no estudo informativo tiña un custo de 800 millóns de euros e incluía unha variante de novo trazado cunha lonxitude de 17 quilómetros entre as localidades de Taboadela e a capital, cun investimento estimado de algo máis de 580 millóns de euros.

Pastor asegurou que o seu departamento seguirá traballando para que a chegada da alta velocidade a Galicia sexa no ano 2018. Hai algunhas semanas a patronal dos empresarios galegos compareceu publicamente para reivindicar que o tren de alta velocidade en Ourense tivese idénticas prestacións ás do resto de liñas do Estado, defendendo o trazado por fóra da cidade do último tramo, que une Taboadela coa capital, así como o soterramento para a integración na cidade. Os empresarios temen, neste sentido, que Fomento opte por aproveitar o trazado actual, o que na súa opinión suporía importantes prexuízos, sobre todo en forma de atrasos.

Alba Fernández Castro, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-03-2013 14:18
# Ligazón permanente a este artigo
Méndez Ferrín recibirá o premio Otero Pedrayo

Xosé Luís Méndez Ferrín, o autor de Percival e outras historias e expresidente da Real Academia Galega (RAG), recibirá o galardón Otero Pedrayo despois de que o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, propuxese o seu nome e esta suxestión fose referendada por maioría.

Un intelectual culto, con vocación internacionalista, que bebe da canteira popular así como dos modelos clásicos e vangardistas. é a valoración que fai o xurado deste escritor, narrador, poeta, novelista e ensaísta que demostrou sempre "rigor e compromiso suficiente para iluminar unha paisaxe propia e fermosa".

Méndez Ferrín ratificou o pasado día 13 a súa saída da RAG e advertiu de que esta institución queda nunha situación de risco, ameazada "interna e externamente por forzas intransixentes que pon en perigo a súa única razón de ser, que é a defensa do idioma". "Eu abandonei a Academia para situarme na miña paisaxe nativa, que son as asociacións culturais e organizacións políticas nacionalistas de esquerda, que si defenden o meu idioma", subscribiu.

A proposta de Baltar para a candidatura destaca que a de Méndez Ferrín é "unha vida chea de renuncias persoais e de decisións tomadas incluso contra a propia estabilidade da súa contorna emocional máis inmediato por mor dun compromiso persoal, intelectual, político e social co seu pobo nuns tempos nos que a loita pola democracia e pola liberdade levaban aparellados custos persoais".

O xurado subliñou as achegas de Méndez Ferrín no campo da docencia, a literatura, o xornalismo e a difusión exterior da literatura galega, mentres no campo da política, recalca o seu firme compromiso coa clase traballadora.

O Otero Pedrayo é un premio honorífico que conceden desde 1977 as deputacións provinciais de Galicia, co apoio da Xunta. É de carácter rotatorio e nesta ocasión correspóndelle a súa organización á Deputación de Ourense.

Beatriz Molina Muñiz 2ºBACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-03-2013 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
Stoichkov o rescate

Os estudantes que protestan desde fai semanas contra a pobreza e a corrupción en Bulgaria, elixiron a Hrsito Stoichkov, antiga estrela do FC Barcelona nos anos 1990, como imaxe das súas protestas, segundo informou este venres a prensa local.

Segundo o diario Trud, representantes dos estudantes de diferentes universidades presentaron a súa proposta ao exseleccionador nacional e actual adestrador de Litex (Lovech) durante unha actividade de fútbol afeccionado.

«Creemos que os cidadáns e a sociedade civil teñen que unirse para apoiar a persoas e líderes. Por iso preguntámoslle: está vostede de acordo en ser o noso garante e a nosa bandeira?», preguntoulle Angel Gueorgiev, presidente da representación nacional dos consellos estudiantiles a Stoichkov.

Stoichkov deu o seu visto bo e prometeu participar na súa próxima reunión, que podería ter lugar o sábado desta semana.

«Pero só si vós sodes honrados, si dicides a verdade e mirades á xente aos ollos. Eu estou en contra daqueles que tratan de manchar o meu nome», manifestou Stoichkov, coñecido polo seu forte temperamento tanto no terreo do xogo, pero tamén fóra das canchas.

«Nunca fun político e nunca o serei. Eu non son partidario de ningún partido político. Cando a xente está descontenta cos políticos, hai razóns para protestar. Opino que chegou o momento para dicirlles aos políticos basta», dixo Stoichkov.

As protestas callejeras que se iniciaron a principios de febreiro inicialmente contra os altos prezos de electricidade e a pobreza, e que despois creceron de forma airada contra a clase política, forzaron a dimisión en bloque do Goberno do populista Boiko Borisov.

Noelia Fernández Paradela
2ºBach.B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-03-2013 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
Convócanse 705 prazas para que alumnos galegos vaian ao estranxeiro a aprender idiomas no verán
Cultura e Educación estenderá a todo o ano as actividades formativas en linguas estranxeiras para o alumnado. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estenderá a todo o ano as actividades formativas en linguas estranxeiras dirixidas ao alumnado, desestacionalizando un modelo de actuacións que están actualmente concentradas nos meses de verán. Para iso, ademais das estadías que se realizan entre xuño e agosto, a Consellería está a elaborar unha programación para que o alumnado de 6º de primaria, ESO e 1º de bacharelato melloren as súas competencias lingüísticas en actividades de contido didáctico cunha duración de entre 2 e 5 días ao longo do curso escolar, para as que está prevista unha convocatoria de arredor de 2.000 prazas para o curso 2013/2014. Ademais, o departamento educativo da Xunta de Galicia fai de novo este ano un importante esforzo a prol da aprendizaxe de idiomas coa convocatoria de 705 prazas para que o alumnado mellore as súas competencias en linguas estranxeiras en estadías lingüísticas. Así, e malia que noutras Comunidades Autónomas este ano non se convocan estas actividades, o alumnado galego de bacharelato e FP poderá optar a bolsas para realizar estadías formativas en Canadá, Reino unido e Francia; mentres que os estudantes da ESO participarán en ‘vilas inglesas’ en Galicia. Ambas as accións, as de verán e as que se desenvolverán ao longo do curso escolar, conformarán xa a partires deste mes de xuño un completo programa de actividades formativas para que o alumnado galego mellore as súas competencias en linguas estranxeiras durante todo o ano. Este novo modelo enmárcase no Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras e suporá só neste ano 2013 un investimento de preto de 1,6 millóns de euros por parte da Consellería.
Estadías no verán: O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a convocatoria de estadías lingüísticas de verán, cuxo prazo de solicitude estará aberto do 23 de marzo ao 22 de abril –ambos os días incluídos-, con axudas a través das que a Consellería sufragará entre o 85 e o 40% do custo das estadías que realicen as alumnas e alumnos beneficiarios. En total haberá 705 prazas, das que 240 irán dirixidas a que as alumnas e os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato e Formación Profesional melloren as súas competencias en inglés en estadías de 3 semanas en Canadá ou no Reino Unido, aloxándose nos fogares de familias do lugar, entre o remate do curso escolar e finais do mes de agosto. Ademais, neste caso só para o bacharelato, convócanse 25 prazas para estadías en Francia, co fin de mellorar as competencias na lingua gala, tamén para dúas semanas no mesmo réxime de aloxamento familiar ou en residencias. No caso dos estudantes de 1º, 2º, 3º, e 4º da ESO, poderán optar a participar en actividades nas denominadas ‘vilas inglesas’, que se desenvolverán en Galicia durante 2 semanas do mes de xullo, con profesores nativos, para as que se convocan un total de 440 prazas.
Solicitudes: Os interesados poderán realizar a súa solicitude a través da dirección web http://www.edu.xunta.es/axudasle, onde tamén se farán públicas as listaxes cos nomes dos alumnos e alumnas que se beneficiarán das achegas, ou a través da sede electrónica da Xunta, no enlace web https://sede.xunta.es . Para obter as bolsas os candidatos e as candidatas terán que ter unha nota mínima na área de lingua estranxeira de Ben ou 6 no curso 2011/2012, así como ter superadas todas as materias neses mesmo ano académico. Os criterios para o baremo, puntuación e determinación das achegas familiares serán a nota medida do expediente académico no curso 2011/2012, e a renda per cápita da unidade familiar. Ademais terase en conta o feito de pertencer a unha familia numerosa, cun membro cunha discapacidade superior ao 33%, e o feito de non ter sido beneficiario dunha axuda destas características o verán pasado.
Contacto idiomático: O propósito desta iniciativa de estadías lingüísticas de verán non é só que os asistentes aprendan un idioma estranxeiro, senón que este idioma o poñan en práctica durante todo o día nas diversas actividades que está previsto que se realicen, nas que se inclúen competicións deportivas, xogos, obradoiros, excursións ou veladas nocturnas. Todo isto permitirá darlle unha formación lingüística, social, cultural e ambiental ao alumnado. Nos cursos que se celebrarán no estranxeiro, o obxectivo é que os asistentes teñan un verdadeiro contacto idiomático, polo que os estudantes asistirán a clases con alumnos de diversas nacionalidades, de modo que practiquen o idioma e que convivan con diferentes culturas. Ao igual que acontece nas actividades en Galicia, desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria preséntase un programa que lle permite ao alumnado formarse lingüisticamente e tamén como persoas. Deste xeito, os seleccionados para os cursos vivirán con familias ou en residencias e todos terán a oportunidade de desenvolver actividades como excursións, veladas lúdicas, actividades deportivas, xogos ou obradoiros temáticos.


Isabel Fernández
2ºBach-B
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 23-03-2013 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
O remate das obras da Muiñeira custará 170.000 euros
O concelleiro de Promoción Económica, José Ángel Vázquez Barquero , saíu onte ao paso das declaracións efectuadas o mércores polo PP municipal, nas que, entre outras cuestións, poñía en dúbida as certificacións da obra da Muiñeira. O edil negou calquera tipo de irregularidade no desenvolvemento do proxecto e acusou os populares de estar inmersos 'nesa deriva do acoso, acoso e acoso, a ver se conseguimos derrubar o goberno municipal'.
Sobre a Muiñeira, Vázquez Barquero explicou que a súa intención é adxudicar a finalización dos traballos 'canto antes', toda vez que a obra leva paralizada dende hai cinco meses despois de que a primeira concesionaria pedise a resolución do contrato debido aos seus problemas económicos.
O responsable político do proxecto, que compareceu cos arquitectos que o deseñaron e unha técnico municipal, teme 'as deterioracións propias dunha obra que leva parada este tempo' e a posibilidade de que 'a climatoloxía puidese afectar á obra'. Neste sentido, explicou que se detectaran deficiencias na impermeabilización do edificio e que por iso a liquidación coa empresa construtora bota un saldo favorable ao Concello de 31.978 euros. Segundo os seus cálculos, os 170.000 euros presupostados permitirán finalizar os traballos.
Por último, Barquero defendeu a compra dos equipos informáticos o pasado verán para non perder a subvención de Industria e a vixilancia privada do edificio co fin de evitar expolios. De feito, antes da resolución do contrato xa foi subtraído un transformador.


Marta Dacal Fernández
2º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-03-2013 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
Un 16,6 % dos españois esquécese de comer por usar Internet
Un 16,6 % dos españois afirma que a súa adicción a Internet é tan forte que se lles esquece comer e máis da metade, un 51,1 %, chega a esquecer as tarefas que estaban a facer previamente.
Esta é unha das conclusións dun estudo sobre o grao de adicción dos españois a Internet, que deu lugar á creación da Organización de Axuda aos Adictos de Internet (OAAI), a iniciativa da filial española de Opel, apoiada no «espírito inconformista» que transmite o seu modelo crossover urbano Mokka.
Profundando nesta dependencia da rede de bo número de españois, máis da metade dos consultados considéranseadictos á rede e un 35,1 % recoñece que non podería desconectarse das navegacións, polo menos, nunha semana. No entanto, un 26,5 % considera necesario someterse a unha terapia específica para desengancharse ou amortecer esta adicción.
O informe expón tamén que o tempo medio que os españois pasan conectados a Internet é de 5,5 horas diarias, e neste tempo os homes optan pola navegación en xeral a lectura de información. Mentres que as mulleres prefiren a lectura de correos electrónicos e os contactos a través das redes sociais.
Na análise por comunidades autónomas, Murcia é a que conta con máis adictos á rede (65 %), fronte aos vascos que se colocan no lado oposto (49,1 %). Outro trazo do estudo é que son os castelán-manchegos os españois aos que menos afecta na súa produtividade o uso de Internet, en tanto que os galegos, vascos, canarios e cataláns os que desconectan ante outras actividades como estar con amigos, facer deporte ou ver a televisión.
Os valencianos e aragoneses son os máis proclives ás redes sociais, en contraposición a castelán-leoneses e castelán-manchegos. Galicia é a única comunidade de España onde a gran maioría da poboación declárase disposta a pasar un día enteiro sen conectarse a Internet. Opel, a través do «espírito inconformista do Mokka», propón «volver á vida real e esquecerse dunha vida dixital» e vivir o mundo máis que contalo.


Nuria Salgado
2ºBach-B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-03-2013 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
CC.OO. avisa dunha posible trama de corrupción en Fomento en Ourense
Ten indicios de actividades "probablemente delituosas" e pide a intervención da Policía para custodiar documentación e ordenadores. CC.OO. advertiu este mércores "dunha posible trama de corrupción" vinculada a concesións "irregulares" de obras de conservación de estradas na Unidade de Estradas de Fomento na Provincia de Ourense. O sindicato, que convocou aos medios a unha rolda de prensa este xoves para explicar os seus "indicios" de actividades "probablemente delituosas" e achegar documentación, explicou que dúas persoas particulares presentaron denuncias "profusamente documentadas" ante a Fiscalía anticorrupción para solicitar que se investigue a xestión desta unidade. O primeiro destes documentos, agrega, é de novembro de 2012 e o segundo de xaneiro deste ano. A organización dixo ter "indicios" que apuntan á existencia de "graves irregularidades" e "mesmo supostas actividades delituosas na xestión da externalización e contratación con empresas privadas" para o mantemento das estradas da provincia de Ourense dependentes do ministerio, segundo indicou un dos integrantes de CC.OO. en Ourense, Benxamín Vences. Ademais, o sindicato vincula a estas denuncias en anticorrupción a visita prevista para este mesmo xoves da inspección do Ministerio de Fomento á Unidade de Estradas de Ourense. Non obstante, sinalou que a súa demanda é que sexa a Unidade de Delitos Económicos e Fiscais da Policía Nacional a que se desprace á sede para precintar "cautelarmente toda a documentación, ordenadores" e outros elementos que conteñan información, co fin de "evitar manipulacións e a posible destrución de probas nos expedientes obxecto de investigación". Tamén pide á Fiscalía que reclame ao PP galego e estatal información das "posibles subvencións" recibidas nas datas que aparecen nas denuncias, "por se houbese algunha relación entre a asignación das obras de mantemento de estradas ás empresas involucradas nestas denuncias e as subvencións recibidas". De feito, CC.OO. advirte de que, nos últimos días, observaron "diversas actividades extraordinarias de movementos de expedientes" a través do persoal dunha empresa externa.
SEGUIMENTO: Pola súa banda, o sindicato indicou que facía un seguimento das actividades nesta unidade de Fomento dende unha perspectiva laboral, posto que detectaran "hai tempo a presenza de persoal de empresas privadas, alleo ao persoal de Fomento, nas instalacións e interpretan que as empresas privadas deben usar as súas propias. Agora, agrega CC.OO., teñen "indicios de mala praxe na xestión de contratos" e apuntou, en concreto, a aqueles que non requiren de concurso público e aberto.
DESTITUCIÓN DO XEFE: O sindicato pide, ademais, á subdelegación do Goberno que destitúa o xefe da Unidade de Estradas, para "garantir unha investigación rigorosa que permita determinar de forma estrita as responsabilidades administrativas e penais que corresponda dirimir". Tamén reclama que se prohiba "de inmediato" o acceso ás dependencias desta unidade de "calquera persoal externo".

Isabel Fernández
2ºBach-B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-03-2013 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
Rock en Berlín

Imaxina unha illa rodeada no canto de por auga por un país irmán que a mira con receo, por un sistema económico completamente oposto, por unha superpotencia coa que mantén unha guerra fría na que os efectivos mídense por cabezas nucleares. Iso foi Berlín do Oeste ata finais dos 80. Logo da Segunda Guerra Mundial a cidade quedara devastada e ninguén quería vivir alí. As autoridades de Alemania Occidental, para intentar levantar a súa poboación, eximieron do servizo militar aos mozos que decidisen instalarse no seu parte da antiga capital. Doutra banda, os lugares pobres teñen a vantaxe de resultar baratos. Artistas, aventureros e curiosos que buscaban un estilo de vida afastado dos parámetros normais da sociedade desprazáronse a aquela cidade do norte, fría e moi escura no inverno, moito máis dura do que pode parecer hoxe. Con este caldo de cultivo, non é estraño que Berlín dese a luz unha das escenas punk-rock máis intensas e auténticas de Europa.

A finais dos 70 David Bowie veu aquí intentando desfacerse das drogas e con el chegou o seu amigo Iggy Pop. Nick Cave tamén se deixou caer pola cidade nos 80 e a escena local tampouco era desdeñable: Nina Hagen, Nico -antes de unirse á Velvet Underground-, o movemento krautrock... Pero xa pasaron moitos anos de todo iso. Que queda hoxe de toda aquela escena pionera e contestataria?

Lea é a dona dun dos locais con máis solera da cidade, o Wild at Heart. «Hoxe á xente gústalle o rock, o pop, o folk, o ska, o country? É unha xeración coa mente aberta», explica. «Doutra banda, agora todo o mundo viuno todo na Rede e vai aos concertos máis para atoparse con outra xente que pola música». O que ela bota de menos é o fame de grupos que había nos 80 e a sensación de que as novas ideas chegaban entón a través das guitarras, sobre todo no barrio de Kreutzberg.

«Aquí todo empezou co movemento okupa, nos 60 e 70, e a escena antifascista. Había un estilo de vida anárquico e o punk-rock era só unha parte máis desa realidade intensa. Aquí só estaban os aliados e os turcos e, cando caeu o Muro, en 1989, todo o mundo foise ao Leste e entón empezou o clubbing, o techno? Por iso, durante os 90 a escena rock caeu», continúa. Agora Kreutzberg é unha das zonas máis cool da cidade, pero «ata fai nove anos todos querían irse ao Leste a facerse ricos e famosos, así que pensamos: imos facer algo aquí para nós».

Da vella escola roquera anterior á caída do Muro aínda quedan, con todo, algunhas mostras que se converteron en auténticos fitos da cidade. O SO 36 é, posiblemente, o máis emblemático de todos. Nacido da escena okupa e consagrado tras un concerto dos Dead Kennedys a principios dos 80, por aquí pasaron as bandas máis cañeras do planeta. O Franken Bar é o seu veciño de rúa e outro dos nomes recurrentes da cidade desde antes da reunificación alemá, do mesmo xeito que o Milchbar, un garito pequeno e irreductible que segue reunindo se cadra do barrio, non só á calor da música, senón, ás veces, tamén ao dun partido de fútbol decisivo.

O Cortina Bob e o Lido son outras dúas salas de concertos de Kreutzberg cuxa programación non hai que deixar de consultar. Mentres a primeira mantense fiel ao aspecto máis áspero do rock, a segunda absorbeu todo tipo de novas tendencias e organiza noites de música balcánica, encontros poéticos, concertos de pop? Xa só por tomarse unha cervexa nese vello cine transformado en sala-discoteca merece a pena pasarse polo Lido.

«Durante bastante tempo logo da caída do Muro, Berlín foi unha cidade onde resultaba fácil vivir», explica Marita Fabiunke, responsable de prensa da promotora de concertos Trinity Music. Coa palabra «fácil» fai referencia a uns niveis de prezos que permitían residir na cidade con pouco diñeiro e que atraeron a todo tipo de creadores e mentes inquedas. Con todo, nos últimos anos a afluencia de estranxeiros e o haberse convertido nunha cidade de moda fixeron que Berlín perda parte dos seus acenos de identidade. Os alugueres soben, o fame especulativa esperta e moitos locais vense abocados á pechadura. É unha fórmula que xa se implantó, moito máis salvajemente, anos atrás en Nova York e da que a capital alemá non está a salvo.

«Supoño que a escena punk-rock está sempre cambiando, pero en todo caso aquí aínda queda unha parte auténtica importante», opina Fabiunke. «Quizais tamén hai un rolo fashion punk-rock que vén alimentado pola industria da moda, pero iso realmente non ten moito que ver co punk».

Alberto Camarasa non está do todo de acordo. «A escena punk-rock en Berlín non é tan forte», di este valenciano que desde o 2010 leva o Wowsville, un bar e tenda de discos que pincha garage e punk de todas as épocas. Camarasa recorda as dificultades da cidade para ofrecer unha boa axenda de concertos: «Berlín está afastado. Vir virar, antes e agora, costa. Moitas bandas só ían a Hamburgo porque de alí podes irche para Dinamarca, Suecia? e despois para Holanda. Moitas bandas non veñen a Berlín».


Outra tenda de discos que non ten desperdicio é a Yorck Records. Günther rexéntaa desde 1977 e, logo de tanto tempo, a súa personalidade e a súa cordialidade brotan de entre as pilas interminables de vinilos, cedés e pósteres de grupos. Fai uns anos, Quentin Tarantino pasou polo seu negocio buscando material, pero el non o recoñeceu e o cineasta terminou índose sen comprar nada. «Agora leste é un negocio moi duro», explica Günther. «Coa chegada do euro os prezos duplicáronse e véndese moito menos. Separadamente está todo o tema de Internet, pero con iso non teño problema porque os coleccionistas non se descargan a música».

Sen dúbida, Berlín esconde moitos outros recunchos relacionados co mundo do rock. O Trinkteufel , o Bassy Club, o KvU, o Clash, o Bull Bar, o Astra, o White Trash ou Core Tex son só algúns nomes que resoan actualmente na cidade.

Nin Kreutzberg é xa un calello sen saída onde fermentan as capas máis contestatarias da cidade nin Berlín é agora tanto unha illa para os espíritos máis radicais, aínda que o seu carácter segue sendo moi diferente ao do resto do país. Malia todo iso, a escena roquera aquí continúa a súa marcha nun mundo moito máis aberto, amplo e interconectado. Sexa maior ou menor que noutros tempos, cuasi extinguida, resucitada, corrompida polo mainstream e os intereses económicos, ameazada polas tendencias especulativas, arrinconada polo auxe da electrónica, fortificada e recluída en pequenos guetos de incorruptibles ou mesturada coas novas xeracións e influencias de Internet, o certo é que esta escena ten aínda cousas que dicir e que ofrecer en Berlín. Porque, como adoita dicirse, o que tivo retivo.

Noelia Fernández Paradela
2ºB Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-03-2013 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
O alcalde de Barbadás abandona o pleno no que se votaba a súa dimisión
O alcalde de Barbadás, José Manuel Freire Couto (PP) abandonou esta mañá o pleno extraordinario solicitado pola oposición para esixir a súa dimisión se non ofrecía máis explicacións acerca da orixe do seu patrimonio.
Tras un enfrontamento no que Freire Couto lle pedía ao voceiro do Bloque Nacionalista Galego, Xosé Manuel Fírvida, que rematase a súa primeira intervención 'por excederse no tempo' o alcalde precipitou a votación sobre a súa dimisión en vista de que o nacionalista continuaba coa súa exposición.
Inmediatamente despois de que tan só os populares expresasen o seu voto contrario á petición de dimisión, Freire Couto e todos os concelleiros populares abandonaron en Salón de Plenos entre as advertencias socialistas de que estaban a cometer unha 'ilegalidade'.
Tanto BNG coma PSOE decidiron permanecer nas súas cadeiras para expoñer ante os asistentes e medios de comunicación as súas argumentacións, non sen antes cualificar como 'antidemocrática e ditatorial' o comportamento do alcalde.
Así mesmo, ambos os dous grupos da oposición anunciaron que acudirían ao Valedor do Pobo para que se garanta a legalidade e a democracia', apuntou Fírvida.
Pola súa banda, o voceiro do PSOE en Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel asegurou que o seu grupo acudiría de novo á fiscalía para expoñer as posibles irregularidades realizadas por Freire Couto.
O pleno arrancou pasadas as 11:00 horas da mañá coa intervención do alcalde na que aseguraba 'ter dado todas as aclaracións que estimei pertinentes' sobre a orixe do seu patrimonio e a legalidade das súas empresas despois de que unha revista desvelase presuntas anomalías.
Freire Couto dixo ademais que xa dera conta dos seus bens ante a fiscalía a raíz dunha investigación xurdida dunha denuncia anónima. Achacou esta acusación a unha 'chantaxe dunha persoa por non me pregar ás esixencias de contratar a súa muller'.
Non obstante, para a oposición non foi suficiente a documentación e explicacións dadas polo rexedor no pleno extraordinario do pasado 26 de febreiro.
Para Fírvida, tan só 'presentou unha declaración complementaria dos anos de 2007 a 2010' na que se tería demostrado que 'en catro anos defraudou 208.000 euros' motivo polo que foi sancionado.
Antes de que Freire Couto abandonase o Salón de Plenos, tamén lle esixiu explicacións sobre a empresa Eichoa, 'con residencia no seu mesmo domicilio'.
A este mesmo respecto o voceiro socialista Xosé Carlos Valcárcel(xa sen o alcalde na sesión) explicaba que esta empresa está administrada 'ao 60% pola súa muller e ao 40% pola súa filla, auxiliar de enfermaría e estudante,' respectivamente e insinuou que 'estes instrumentos adoitan utilizarse para ocultar propiedades'.
Por iso, ambos os dous grupos solicitaron explicacións sobre os activos de tal empresa e a súa vinculación co alcalde, adiantando xa que contaba con bens en Barbadás.
Pero a empresa que máis suspicacias levanta entre a oposición é Alba María Sociedad Promotora de Bens Imoveis, con domicilio enMatosinhos (Portugal) en 'o mesmo local que Maexpa e Mahía', insistiu Valcárcel, xa que 'nesa dirección só hai un local e Maexpa eMahía continúan recibindo alí a súa correspondencia'.
Esas dúas empresas terían realizado importantes obras urbanísticas no municipio que goberna Freire Couto.
Tamén en relación a Alba María, o PSOE volveu solicitar que se explique como se compraron 'propiedades valoradas en máis de 791.000 euros' coas que conta a empresa, sen mediar 'ningún préstamo bancario' pero se existindo un 'préstamo dunha persoa ou empresa'. Queren saber, pois, quen lle deixou o diñeiro para tales adquisicións.
Sen 'ter ningunha constancia' pero si 'todas as sospeitas' a oposición pon o foco de atención na relación entre o crecemento urbanístico en Barbadás, as obras realizadas por Maexpa e Mahía no municipio e o vínculo de ambas as dúas empresas con Freire Coutoe o seu patrimonio.

Marta Dacal Fernández
2ºB Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-03-2013 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal