Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A NASA leva o premio Marisa Soto
A Asociacion de Actores e Actrices de Galicia acordou outorgarlle o seu Premio de Horna Marisa Soto á Sala NASA. A xunta directiva da Asociación valorou o feito de “ser unha sala alternativa independente de referencia en Galicia e no estado español; converterse nunha Sala de exhibición imprescindible na vida teatral e cultural de Santiago de Compostela; provocar unha xeración de profesionais da escena que se criaron e medraron a carón da Sala, converténdoa nunha auténtica `escola de rúa’; e por ser un proxecto diferenciado e innovador, sempre á procura dunha linguaxe propia e dunha particular maneira de achegar as artes escénicas á cidadanía”. O galardón entregarase o vindeiro 3 de abril na gala dos XVI Premios María Casares.





Alba Muñoz López (estudante de Grao en Lingua e Literatura Galega)
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 25-03-2012 21:07
# Ligazón permanente a este artigo
"Este libro é absolutamente real, un anaco da miña vida"
Como unha novela «absolutamente real» define Xulia Alonso Díaz Futuro Imperfecto, coa que gañou o premio na modalidade de novela galega. «Todos vos feitos narrados son reais, é un anaco da miña vida, non hai ningunha ficción», afirma. Aborda temas como a enfermidade ou a drogodependencia: «É un libro de recordos máis que unha memoria; que compuxen a xeito de legado para os meus descendentes. As cousas aconteron como estaba previsto, non debería ter oportunidade de escribir esa novela. Por iso é un canto á vida». Valorou como «emocionante» recibir un premio outorgado por mozos, en quen pensaba ao escribila.


Reyes López
2º Bach B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-03-2012 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
‘Ars Combinatoria’ de Chema Madoz, ata o 24 de xuño no Auditorio de Galicia
A mostra é un percorrido extenso polo traballo de Madoz a través dunha selección de 70 imaxes que aborda a traxectoria do artista no seu conxunto

‘Ars Combinatoria’ de Chema Madoz, é a nova exposición que acolle o Auditorio de Galicia desde o 14 de marzo e que permanecerá aberta ata o vindeiro 24 de xuño. A mostra é un percorrido extenso polo traballo de Madoz no que poderemos observar os procesos mentais de onde xorden as súas imaxes; as variadas combinacións ás que somete aos obxectos para facernos ver as inesgotables posibilidades que encerran así como as influencias das que bebe a obra de Madoz e como soubo construír a súa propia linguaxe e o seu especial mundo creativo. A exposición, comisariada por Oliva María Rubio, historiadora da arte e directora de exposicións de La Fábrica, inaugurouse en Roterdam (Holanda) en xaneiro do pasado ano e en España só estivo en Córdoba de xuño a setembro coincidindo coa candidatura da cidade a Capital Europea da Cult

‘Ars Combinatoria’ presenta un extenso percorrido polo traballo de Chema Madoz a través de 70 imaxes, abordando a traxectoria do artista no seu conxunto. En palabras da comisaria, Oliva María Rubio, “o especial modo de interpretar a arte a través da fotografía e a súa visión poética fixeron de Chema Madoz un dos creadores máis interesantes da escena artística contemporánea. O seu traballo mostra as relacións escondidas entre os obxectos e indaga nas trampas da visión, abrindo unha xanela á nosa mellor comprensión do mundo.”

“O artista considérase un escultor de obxectos que opera desde o punto de vista dun fotógrafo e sinala que a fotografía é o rexistro da memoria que lle permite fixar as súas ideas. Nos diversos procedementos que utiliza: condensacións, asociacións, xustaposicións, desprazamentos, ars combinatoria, encontros fortuítos aos que somete aos obxectos, Madoz emparéntase cos surrealistas nesa procura de novos significados, novos parentescos, novos camiños por onde deixar vagar a imaxinación. Hai tamén nestes desprazamentos, metamorfoses, combinacións ou procura de relacións entre os obxectos, unha especie de lixeireza que se asocia coa idea de xogo” di Rubio que engade: “Algúns dos desprazamentos formais deste creador son mínimos, pero dunha eficacia extraordinaria. O cotián inspíralle as máis curiosas asociacións e nelas hai sempre un trasfondo de xogo. Xestos e construcións onde consegue que o máis raro pareza normal, como cando coloca unha sandalia sobre unha bota. Trata de mostrar cambios sutís das cousas, engadidos ou subtraccións, desprazamentos ou metamorfoses, que xeran unha singular estrañeza.”

Visitas guiadas á mostra
O Auditorio ofrece a posibilidade de facer visitas guiadas ás súas exposicións. O grupo terá entre 10 e 25 persoas e persoal do gabinete didáctico encargarase de amosar o contido da mesma. Os interesados deben poñerse en contacto coa responsábel do Departamento de Exposicións para concertar unha data cubrindo un formulario na web www.auditoriodegalicia.org ou no teléfono 981 574152/3 en horario de 9:00 a 14:30 h


Victoria Fernández
2º Bach B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-03-2012 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
A entrega dos María Casares
«Sobre as ruínas do gran teatro de Galicia». Así será a estética da gala de entrega dos premios de teatro María Casares, dirixida por José Luís Prieto. A cerimonia terá lugar o 3 de abril no Teatro Rosalía da Coruña. O acto está organizado pola Asociación de Actores en colaboración co Concello coruñés. O director de Agadic, Juan Carlos Fasero, apuntou que apoian a gala con 40.000 euros e destacou que esta supón «a posta en valor do traballo de todo ou ano». Casilda Alfaro indicou que dos 30 espectáculos presentados están nomeados 11 e a concelleira Ana Fernández asegurou que practicamente todos os espectáculos finalistas «xa estiveron ou non Rosalía ou non Fórum».

Elena Corral Fernández 1ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-03-2012 16:51
# Ligazón permanente a este artigo
Afectados por preferentes protestan contra unha banca
Diversos colectivos galegos, cidadáns e afectados por participacións preferentes --convocados pola Plataforma polo aforro-- protestan este domingo en diferentes cidades da Comunidade contra a actitude "irresponsable" do sector financeiro, así como co fin de demandar unha banca pública.
En declaracións a Europa Press, Álvaro, un dos representantes da Plataforma polo aforro en Vigo, apuntou que á manifestación que arrancou pasadas as 11.30 horas --á mesma hora que se iniciaba na cidade de Ferrol-- de la Praza de España e que finalizou no cruzamento de Colón e García Barbón, acudiron "unhas 200 persoas".
Deste modo, explicou que o obxectivo da protesta é "chamar a atención" sobre a situación que atravesa o sistema financeiro e concienciar á cidadanía sobre a necesidade de conseguir "unha economía para todos".
En canto ao resto de cidades: en Santiago, haberá unha concentración con talleres e charlas ás 18.00 horas na Alameda; en Pontevedra, celébrase unha manifestación que parte da rúa Montero Ríos ás 18.30 ao final da cal o catedrático de economía José Luis Outes Ruso impartirá unha conferencia; en A Coruña a concentración será ás 19.00 horas na sede central de Novagalicia Banco; en Ourense, tamén haberá unha concentración entre as 19.00 e as 21.00 horas na sede de Novagalicia Banco.
Ademais dos cidadáns que acoden ás mobilizacións a título individual, os colectivos e organizacións que forman parte desta plataforma son o Foro Galego de Asambleas do 15 M, a plataforma ATTAC Xustiza Económica Global, Mesas de Converxencia e Democracia Real Xa.
Entre a reivindicacións desta acción por unha banca pública atópase a demanda dun sistema financeiro ético, xa que se considera que "a bancarización das caixas de aforro non é necesaria nin inevitable".
Por iso, a Plataforma polo aforro avoga por superar a crise "en positivo", tras un aumento do paro que ven "consecuencia directa" da "seca" de crédito por parte das institucións bancarias "completamente irresponsables socialmente e politicamente impunes".

Noelia Gómez Nogueira, 1ºB bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-03-2012 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
Cincuenta taxis londinenses levarán publicidade de Galicia
Un total de 50 taxis de Londres circularán pola capital británica durante os próximos sete meses -entre abril e finais de octubro- con publicidade da marca turística Galicia, nunha promoción na que a Xunta invirte "53.000 libras".
Desto informaron en roda de prensa este sábado, a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e a xerente de Turgalicia, Carmen Pita, quen explicaron que esta ación publicitaria ten como obxectivo Londres, dado que a ciudade acollerá entre o 27 de xulio e 12 de agosto os Xogos Olímpicos, e ademáis este año conmemoran os 60 años de chegada ao trono da Raíña Isabel II, que celebra o seu xubileo de diamantes.

Deste modo, Carmen Pardo explicou que, en total, haberá 100 paneis con rotulación exterior "en formato 'Super side" de 'Galicia. Your next experience in Spain' repartidos en 50 vehículos, ao que se suma a rotulación publicitaria nos asentos frontais dos taxis e recibos "customizados".

Na súa intervención Carmen Pardo destacou a "aposta" do Goberno galego polo mercado turístico británico que, na actualidade, é o quinto máis importante a nivel internacional para a Comunidade -detrás de Portugal, Alemaña, Francia e Italia-.

Entre as iniciativas de Turgalicia para potenciar o mercado británico -os tres aeroportos galegos teñen conexión con Reino Unido-, Carmen Pardo puxo, a modo de exemplo, a participación na feria World Travel Market, a celebración de concursos para escolares británicos sobre o Camiño de Santiago, a posta en marcha de 'workshops' con operadores británicos ou a colaboración coa asociación xacobea máis importante do país, a Confraternity of St. James.

Sara Álvarez González
Nº1 1ºA Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-03-2012 16:00
# Ligazón permanente a este artigo
A carreira de Medicina reduce as prazas de novo ingreso a 380

A Consellería de Sanidade considera que que a actual oferta, de 400 postos, excede as necesidades de médicos en Galicia
Por primeira vez en anos a Facultade de Medicina de Santiago terá menos alumnos en primeiro curso. Tras un incremento progresivo da súa oferta, a Xunta atendeu as reivindicacións da propia facultade e dos colexios médicos e de cara ao próximo curso redúcense as prazas de novo ingreso, pasando de 400 a 380. A Universidade de Santiago aprobou unha redución moito maior, ata as 300 prazas, pero a Xunta tivo en conta a alta demanda social para non levar a cabo un recorte tan drástico.

Alejandro Prieto Ferro 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-03-2012 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
López Abella afirma que Galicia "non se pode permitir 3 mortes e 1.400 ordes de afastamento" como houbo en 2011

"Non nos podemos permitir que no ano 2011 houbese tres vítimas mortais ou que teñamos 1.400 ordes de protección oficial ditadas por xuíces". Así sinalouno este mércores a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, en declaracións aos medios tras facer entrega á presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo, do Informe Anual 2011 de Violencia de Xénero, que será presentado na Cámara autonómica o próximo 30 de marzo.

O informe realiza un balance exhaustivo da incidencia da violencia de xénero en Galicia durante o pasado ano e reflicte o conxunto de actuacións da Administración autonómica neste sentido. En cumprimento do que establece a Lei 11/2007 do 27 de xullo para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero, os datos do informe daranse a coñecer en sede parlamentaria.

Ante esas cifras, López Abella subliñou o compromiso da Xunta na loita contra a violencia machista, de aí que se manteñan campañas de sensibilización e, por outro, apoio presupostario. Tamén actuacións, engadiu, noutros ámbitos, como o socioeducativo, "onde se forxa a personalidade de nenos e nenas.

"Non debemos ser cómplices da violencia machista", remarcou a alto cargo do Goberno galego, quen avanzou que un dos trazos específicos de Galicia é a poboación rural, que ten un peso moi importante e presenta unha "grande dispersión poboacional".

Nese ámbito, dixo, hai un "problema de sensibilización" e que as vítimas que sofren violencia machista "non se animen a denunciar". Neste sentido, destacou o papel da rede de centros de información á muller, que conta con 80 centros, e programas específicos nos concellos para "loitar" contra esta lacra.

"É fundamental que a muller fale, denuncie e actúe, e no medio rural temos un problema a maiores", explicou a secretaria xeral, quen explicou que, de aí, que a Xunta "focalice" neste colectivo "unha serie de actuacións e programas" específicos, e "necesarios" para atender esta poboación.

Sara Velasco, 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-03-2012 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
A Universidade dá Coruña nomea doutores honoris causa a Manuel Rivas e John Rutherford

O escritor e xornalista Manuel Rivas e o profesor de Oxford e tradutor John Rutherford son dende hoxe doutores honoris causa pola Universidade da Coruña. A institución coruñesa distinguiu as súas longas e recoñecidas traxectorias no eido da literatura e o seu compromiso cultural.
Rivas accedeu ao paraninfo da Universidade ao son da Marcha do Antigo Reino de Galicia, interpretada por un gaiteiro. O seu padriño, o profesor Carlos Paulo Martínez Pereiro, subliñou a calidade literaria e o sentido social da obra literaria do escritor, que cualificou de «penetrante, perturbadora e perspicaz». No seu discurso, Rivas se referiu á «capacidade ecolóxica de reexistencia» da lingua galega e como a súa literatura, durante tantos anos «subterránea», lle serve á súa lingua de «fío de leite». Nunha intervención na que enfiou memorias persoais, citas doutros escritores, e lecturas, Rivas defendeu o galego «como patrimonio universal», unha biodiversidade de linguas fronte «o horror do monocultivo». Tamén abordou os recortes en materia cultural e de educación, que definiu non como «un aforro, senón unha substracción». Ao seu xuízo, a peor substracción é a do roubo de esperanza e concluíu co desexo de que nesta primavera «floreza na terra o desexo de ter esperanza».
No seu discurso, Rivas tamén lembrou unha visita que realizou en 1992 ao Centro de Estudos Galegos de Oxford, creado por John Rutherford. Tamén o seu padriño no acto, Antonio Raúl de Toro Santos, aludiu ao traballo de espallamento da cultura galega acometido por Rutherford, tanto como docente como no seu papel de tradutor. O profesor inglés lembrou a súa viaxe de 1959 entre Londres e Ribadeo, unha complicada travesía que durou catro días, pero que o depositou nunha vila que lle habería de cambiar a vida. Rutherford, que confesou que ata daquela fora un estudante mediocre, regresou a Inglaterra cambiado e disposto a afondar nos estudos hispánicos e galegos. Na cerimonia, reivindicou o traballo dos tradutores, avogou por un cambio radical ético que afaste á sociedade dos valores materialistas e relatou como as súas experiencias no Camiño de Santiago o volveron «poñer en contacto cos valores profundos da vida». Rutherford cre que da chamada periferia poden tomarse novos modelos alternativos á hexemonía uniformizadora do centro, e definiuse dende unha triple periferia: Galicia, a tradución e a peregrinaxe.
No mesmo acto foille entregada a Medalla de Ouro da Universidade a quen foi o seu reitor nos últimos oito anos, José María Barja.
O acto rematou co Himno galego.


Antía Rivas Oural, 2º B
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-03-2012 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
A Xunta aforrará un millón ao ano cunha rebaixa media do 9% nas retribucións dos directivos dos «chiringuitos»

Só o presidente de Sogama e o director da CRTVG poderán igualar o soldo fixo do presidente da Xunta
Feijoo presentou na rolda de prensa do Consello da Xunta o decreto que concreta a revisión retributiva para o persoal directivo e membros de consellos de administración dos «chiringuitos» da Administración paralela. O decreto que materializa o compromiso que Feijoo asumiu no debate de política autonómica celebrado a semana pasada establece unha serie de axustes que implicarán un recorte medio nas retribucións do 9 %, pero que chegará nalgúns casos ao 21,7 %.
Para iso, a Xunta establece unha serie de niveis salariais que, unha vez aplicados, impedirán que ningún alto cargo dos entes autónomos superen a retribución fixa do presidente do Goberno galego. No nivel máis alto desa escala situaranse o presidente de Sogama e o director da CRTVG, que serán os únicos cun soldo fixo igual ao do presidente da Xunta, aínda que poderán superar o seu salario global cun máximo de 14 % de retribución variable. Na actualidade, pasan o salario do presidente 14 directivos de varios entes e os 12 conselleiros da compañía da radio e televisión autonómica. Estes últimos verán recortados os seus ingresos nun 40 %.
Na comparecencia posterior ao Consello, Feijoo reiterou que a Xunta non aplicará ningunha taxa por receita médica, en contra da medida adoptada polo Goberno catalán. A preguntas dos xornalistas, abundou en que ese asunto debe tratarse no Consello Interterritorial de Saúde, onde están representados o Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas, para tomar unha decisión conxunta. Feijoo informou que a Xunta segue apostando por medidas de racionalización do gasto como o catálogo de medicamentos, que ampliará con 26 novas agrupacións de fármacos para aforrar 20 millóns máis.

Belén Sotelo, 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-03-2012 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal