Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Xunta Electoral desatende a petición de PSOE e PP para a visita de obras
Impulsaron unha reforma da lei electoral para limitar os actos de propaganda e prohibir as primeiras pedras durante a precampaña, pero despois pediron unha interpretación flexible que permitise as visitas de obras. A Xunta Electoral Central deixou nas pavías a petición de PSOE e PP nese sentido, ao ratificar que, desde que o martes se publique a convocatoria das municipais e ata a súa celebración o 22 de maio, non se poderán inaugurar obras públicas, pero tampouco visitalas.
Aínda que nas instrucións que onte emitiu o órgano arbitral electoral non alude expresamente ás visitas, si suprime o parágrafo dun borrador no que anticipara a súa intención de atender a proposta dos partidos maioritarios para permitir acudir ás obras. Con esta sibilina corrección, a Xunta Electoral vén satisfacer as alegacións que presentaron BNG, PNV, CIU, EU e ERC, aínda que evita ser categórica na prohibición. Este proceder pode dar lugar a reclamacións durante a precampaña, en función da interpretación que os políticos fagan da norma.
As aclaracións afectan á modificación aprobada en xaneiro da norma electoral, que ademais de impedir a participación nas municipais de residentes no exterior tamén incorporou unha serie de medidas para limitar a actividade política durante a precampaña e obrigar aos medios de comunicación privados a seguir o mesmo patrón de proporcionalidade nas informacións que aplican os públicos. A Xunta Electoral Central reafirmouse onte no propósito desta reforma legal de «evitar a incidencia dos poderes públicos nas campañas electorais mediante a realización de campañas institucionais e de inauguración de obras» e «reducir a publicidade e a propaganda electoral durante o período electoral».
Na súa instrución relativa aos límites das campañas institucionais e os actos de inauguración, o máximo órgano electoral insiste en que «queda prohibido realizar calquera acto de inauguración de obras ou servizos públicos ou proxectos destes, calquera que sexa a denominación utilizada, sen prexuízo de que ditas obras ou servizos poidan entrar en funcionamento no devandito período». Xa que logo, os xestores públicos deberán omitir as primeiras pedras e limitarse a pór en servizo as obras que sexa posible.
A prohibición non afecta aos cortes de cinta en eventos de carácter comercial, industrial, profesional, económico, cultural, deportivo ou lúdico, como congresos, feiras de mostras, festivais ou festas populares «que se celebren de forma regular e periódica en datas coincidentes cun período electoral».


MÍRIAM LÓPEZ 2DO BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-03-2011 19:06
# Ligazón permanente a este artigo
Quince países confirmaron xa a súa presenza no salón Vinis Terrae

Un total de quince países confirmaron xa a súa presenza na cuarta edición do salón profesional Vinis Terrae, que se celebrará en Expourense o 27 e o 28 de abril. O comité asesor do certame que promociona os viños e licores galegos de calidade perfilou as actividades dun salón ao que se espera incorporar a novos países, aínda que confirmaron xa representantes de Alemaña, Bélxica, Dinamarca, Estados Unidos, Holanda, Suecia ou Reino Unido, entre outros.

De España confirmouse a presenza de distribuidores de Andalucía, Castela e León, Castela A Mancha, Cataluña, País Vasco, Madrid, Murcia, Valencia, Baleares e Canarias. Expourense informou que se organizará de novo unha xornada formativa orientada ás adegas expositoras para optimizar a súa participación «explicándolles como actuar para sacarlle ou máximo rendemento aos contactos iniciados non salón», segundo detalla unha nota do recinto feira ourensán.

Unha das novidades que se prevé incluír este ano é a celebración dun curso de elaboración de cartas de viños para restaurantes, que explicará como ordenar e clasificar as distintas referencias e os tipos de viño das denominacións de orixe galegas

Borja Pérez,1ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-03-2011 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
A revista Poetry Review achega a poesía galega a 4.000 británicos

O tradutor Jonathan Dunne encargouse do especial ‘Contemporary Galician Poets’, que inclúe un total de 39 poemas
“A tradución chega a máis xente, sen tradución non hai identidade. Se non podo expresarlle ao meu veciño as miñas ideas, o meu pensamento... Que identidade queda?”. Con estas palabras o tradutor Jonathan Dunne iniciou a súa intervención durante a presentación na Cidade da Cultura do suplemento dedicado á poesía galega da revista británica Poetry Review. Baixo o título Contemporary Galician Poets, este monográfico recolle 39 poemas de 19 autores galegos traducidos ao inglés. Dunne, que xa traduciu varias obras de Manuel Rivas e que realizou a primeira antoloxía da literatura galega en inglés, foi o responsable de realizar, xunto coa directora de Poetry Review, Fiona Sampson, a escolma definitiva que se recolle finalmente neste suplemento.
Para levalo a cabo, Dunne realizou un proceso de selección participativo. “Consultei dez expertos, críticos e editores para que me desen nomes dos autores que pensaban que debía incluír e despois escollín os que máis veces foron citados”, explicou Dunne, que estivo acompañado na presentación pola directora da revista, o director xeral do Libro, Francisco López, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo. O tradutor decidiu dese xeito consultar a críticos como Dolores Vilavedra ou Arturo Casas e escritores como Álvarez Cáccamo, Fernán Vello, Manuel Rivas ou Méndez Ferrín.

CEN ANOS DE HISTORIA
A revista Poetry Review, con máis de cen anos de historia, é a revista de maior prestixio literario en Gran Bretaña, polo que o feito de que lle dedique un suplemento especial á literatura galega implica para as letras do país un importante pulo e un relevante camiño de distribución. “Este suplemento foi enviado a 4.000 membros da Asociación de Poesía do Reino Unido. Todos eses socios vanlle dedicar un tempo a ler literatura galega”, explicou Dunne.

Antía Rivas,1ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-03-2011 18:21
# Ligazón permanente a este artigo
Presentan en Londres a primeira antoloxía de literatura en galego e inglés
'Breogán's Lighthouse: An Anthology Of Galician Literature', a primeira antoloxía de literatura galega editada en galego e inglés, foi presentada hoxe en Londres polo responsable de Política Lingüística da Xunta, Anxo Lorenzo.

A obra contén 285 textos de 150 autores, dende a época medieval hata o 2010.

Lorenzo destacou na presentación que 'esta antoloxía ten valor por sí mesma, xa que ofrece unha visión completa e representativa da producción literaria galega e aumenta o seu valor pola súa condición de antoloxía bilingüe galego-inglés', según un comunicado.

A antoloxía foi producida pola editorial Francis Boutle de Londres e estivo a cargo de Antonio Raúl de Toro, e tambén colaboraron a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, e o Instituto Universitario de Estudos Irlandeses.

Andrea Estévez, 1ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-03-2011 18:20
# Ligazón permanente a este artigo
A GALEGOFOBIA DALGUNHAS PERSOAS
Xa o comprobara a Real Academia Galega nun estudio publicado no 2004: boa partes dos mozos e mozas galegos cren que as persoas que falan castelán con acento galego proxectan unha imaxe de “pailarocos” (paleto, palurdo,...) e se viven nas zonas urbanas, e falan o noso idioma, manifestan unha “postura política nacionalista”. Ademais, está máis asociado á ignorancia e ao rural un castelán falante con ortofonía galega, ca un galegofalante con ortofonía castelá.
Os prexuízos cara ó galego mantéñense na mocidade. E un caso paradigmático destes é o de Marta, concursante coruñesa de “Gran Hermano”, que provocou,cunha conversa con outra concursante deste programa na que expresaba as súas opinións sobre o galego, un intenso debate nas redes sociais, non exento de insultos.
Ter unha canle de Gran Hermano as 24 horas do día ten o risco de poder atoparse na televisión con algúns destes sisudos debates que aos seus concursantes levan a cabo.
O último polémico foi o anteriormente citado, que máis que un debate foi un resumo a perfección de todos os tópicos e falsidades que arrodean a lingua galega.
O caso foi que esta concursante GALEGA aseguráballe a outra que o primeiro que lle produce oír a unha persoa nova falar galego é negativo. Dixo que non é habitual que a xente nova fale galego, aínda que en Lugo hai moitos mozos e mozas que o falan , pero que é un galego bruto e feo.Chegou a asegurar tamén que os seus libros de texto na escola eran en galego pero que ela facía trampa e comprábaos en castelán. Segundo ela o galego solo o falan os nacionalistas e os máis exaltados. Contou que unha vez lle presentaran a un mozo e que o escoitou falar galego e que lle deu un baixón. E recoñece a súa falta de competencias neste idioma. Finalmente contradicíndose a si mesma, asegurou que é unha mágoa que o galego se perda, e que os galegos sintan vergoña da súa lingua.

María Áñvarez Álvarez 1ºA Bach
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-03-2011 15:19
# Ligazón permanente a este artigo
Felipe Criado chea coa súa obra o Simeón
Felipe Criado non necesita presentación. A obra do antigo catedrático e académico é dabondo coñecida e a súa traxectoria profesional tan dilatada como rica en recoñecementos. Desde onte pódese gozar do seu traballo dos últimos anos nas tres series que integran «Dende as vivencias 2007/2010». A inauguración (na imaxe, o artista, á dereita, acompañado do presidente da Deputación e do director do Simeón) tivo lugar onte no Centro Cultural.


Alejandro Prieto Ferro 1ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-03-2011 15:18
# Ligazón permanente a este artigo
AS METAS DA DÉCADA 2000-2010 NON SE CUMPREN
Un conxunto de estudios feitos por diversos expertos, no ano 2000, baseábanse en facer unha predicción de como tería que ser a comunidade galega pasada unha década.
Un dos apartados destacados, deses estudios, era o que versaba sobre a lingua galega, no que , entre outros aspectos, pedíase que no ano 2010 o proceso normalizador estivese plenamente instaurado na comunidade. Debería haber unha habilitación completa no uso oral e escrito da lingua galega para todos os cidadáns, Hoxe en día, a gran parte dos lingüistas denuncian que o galego segue sen comportarse como a lingua propio da comunidade e da Administración.
O lingüista Henrique Monteagudo, que participou como relator no apartado que ten que ver con lingua e institucións culturais, ten claro que “hai dez anos non se acertou en moito”. Segundo o secretario do consello da Cultura Galega, “naquel momento, nos pensabamos que no ano 2010 o trilingüismo conviviría nas aulas galegas, pero para nada pensaba que se poría en marcha un proxecto como este agora. No ano 2000, non pensaba que pasados dez anos estariamos indo para atrás na defensa do galego, como agora”.
Os expertos tamén demandaban no ano 2000 que o profesorado estivera capacitado en todos os niveis do ensino para a importación de materias en galego e que se instase os medios a promocionar o uso do idioma. Henrique Monteagudo, manifesta: “Vendo como son as cousas podes pensar que o traballo foi en balde”.
As persoas que participaron naquel proxecto destacan que hoxe en día quedaron sen cumprir moitos obxectivos marcados, agás a petición de levan a cabo un Plan Xeral de Promoción do Galego. Un plan que foi aprobado por unanimidade no ano 2004 polo Parlamento de Galicia e serviu de base para o decreto do galego que puxo en marcha o Goberno bipartido e que posteriormente tan atarado foi polo PPdeG.

María Álvarez Álvarez 1ºA bach
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-03-2011 15:16
# Ligazón permanente a este artigo
A ‘arribada’ do Entroido a Galicia
A festividade coincide en Baiona co 518 aniversario da chegada da ‘Pinta’ a porto
Un ano máis, apurando cada segundo antes da chegada da rosmona de Dona Coresma, o frenesí pagán desbocouse onte en Galicia coa consagración do Entroido. A irreverencia, a esmorga e o escarnio volveron a reinar co visto e prace de Don Carnal. Como en Verín, epicentro galego desta bacanal xunto a Laza, Xinzo e outros municipios ourensáns, onde onte se celebrou o tradicional bautismo dos novos cigarróns, fustrigadores do aburrimento. Ou como no municipio pontevedrés de Baiona, que a pasada xornada lembrou a Arribada da Pinta ao peirao en 1943, recibindo a primicia da descuberta do Novo Mundo .
O festexo contou en Baiona cun aliciente adicional, a súa recente declaración como Festa de Interese Turístico Nacional, recoñecemento do que xa goza o Entroido ourensá. Os baioneses vestíronse de época para recrear a chegada da carabela de Colón, e o viño, as gaitas e o espírito de Don Carnal encargáronse do resto. Ata o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, esbozou un sorriso ante o cantar de cego representado por un dos asistentes.
Coa declaración da Arribada, Galicia conta xa con doce festas de Interese Turístico Nacional, mentres que dispón de cinco eventos nomeados de Interese Turístico Internacional.
Nas cidades galegas o Entroido tampouco se fixo de rogar. En Vigo, o tradicional desfile percorreu as rúas da cidade. En Santiago, o meco foi izado ao pazo de Bendaña, tras o pregón a cargo das Cantareiras de Ardebullo. Na Coruña, grupos de percusión como Batuki amenizaron a cabalgata. En Lugo, as charangas e os concursos de disfraces foron os protagonistas. En Pontevedra, a praza da Ferrería acolleu a festa de Entroido. E, en Ferrol, unha laconada pechou as celebracións.

Ester Fernández Paredes 1ºA BAch
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-03-2011 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
A ‘arribada’ do Entroido a Galicia
A festividade coincide en Baiona co 518 aniversario da chegada da ‘Pinta’ a porto
Un ano máis, apurando cada segundo antes da chegada da rosmona de Dona Coresma, o frenesí pagán desbocouse onte en Galicia coa consagración do Entroido. A irreverencia, a esmorga e o escarnio volveron a reinar co visto e prace de Don Carnal. Como en Verín, epicentro galego desta bacanal xunto a Laza, Xinzo e outros municipios ourensáns, onde onte se celebrou o tradicional bautismo dos novos cigarróns, fustrigadores do aburrimento. Ou como no municipio pontevedrés de Baiona, que a pasada xornada lembrou a Arribada da Pinta ao peirao en 1943, recibindo a primicia da descuberta do Novo Mundo .
O festexo contou en Baiona cun aliciente adicional, a súa recente declaración como Festa de Interese Turístico Nacional, recoñecemento do que xa goza o Entroido ourensá. Os baioneses vestíronse de época para recrear a chegada da carabela de Colón, e o viño, as gaitas e o espírito de Don Carnal encargáronse do resto. Ata o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, esbozou un sorriso ante o cantar de cego representado por un dos asistentes.
Coa declaración da Arribada, Galicia conta xa con doce festas de Interese Turístico Nacional, mentres que dispón de cinco eventos nomeados de Interese Turístico Internacional.
Nas cidades galegas o Entroido tampouco se fixo de rogar. En Vigo, o tradicional desfile percorreu as rúas da cidade. En Santiago, o meco foi izado ao pazo de Bendaña, tras o pregón a cargo das Cantareiras de Ardebullo. Na Coruña, grupos de percusión como Batuki amenizaron a cabalgata. En Lugo, as charangas e os concursos de disfraces foron os protagonistas. En Pontevedra, a praza da Ferrería acolleu a festa de Entroido. E, en Ferrol, unha laconada pechou as celebracións.

Ester Fernández Paredes 1ºA BAch
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-03-2011 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
O Principal reuniu aos Marsillach
O Principal reuniu aos Marsillach
Era a materia pendente da actriz e empresaria teatral Branca Marsillach. E grazas ás novas tecnoloxías puido, por fin, compartir o escenario co seu pai, o recordado Adolfo Marsillach. «Unha noite branca cos clásicos», que así se chama a obra coa que Branca Marsillach está de xira, é un proxecto de Varela Producións e a Compañía de Branca Marsillach que recupera unha obra de Adolfo Marsillach creada en base a textos de autores clásicos e composicións musicais que arrincan das Cantigas de Alfonso X O Sabio e chegan ata nomes como Antonio de Cabezón e Tomás Luis de Victoria . A proxección de escenas nas que aparecía Adolfo Marsillach e a actuación da súa filla Branca reuniu sobre as táboas do Principal aos dous representantes desta saga de actores.
Volve Xerardo Méndez
Tras unha longa espera, por fin os lectores poderán gozar do novo traballo de Xerardo Méndez. «Que cara trae ou día» é unha novela que recrea o Ourense de hai décadas, cun protagonismo especial das cuadrillas no que ao movemento xuvenil refírese.

Alejandro Prieto Ferro 1ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-03-2011 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal