Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O cine galego despega este ano co estreno de doce filmes
Máis dunha ducia de largometraxes de ficción, con produción ou coprodución galega, accederán ás pantallas comerciais españolas ao largo do 2011, sobre todo no segundo semestre, se conseguen superar a dinámica adversa dun mercado que penaliza o cine de segundos e terceiros países en favor do procedente de Hollywood.
Predominan os temas dramáticos sobre as comedias e o fantástico, e movense en presupostos de produción oscilantes entre o millón e os seis millóns de euros, cunha grande porcentaxe de participación institucional a través do ministerio, a consellería, TVG, TVE, e Sempre Cinema, participando por o Igape e o Consorcio Audiovisual de Galicia.
A primeira en asomar será Secuestrados a partir de hoxe, que aspira a ser un éxito de público dende a sua boa acollida na pasada edición de Sitges e o premio recibido en Austin (Tejas) na categoría de terror. Coa produción mayoritaria da coruñesa Vaca Films e realizada pr Miguel Angel Vivas, é un suspense centrado nunha familia víctima dun secuestro exprés e nunha línea concordante con Funny Games, de Michael Haneke. A mesma produtora roda actualmente en Galicia Lobos de Arga un filme fantástico de Juan Martínez Moreno coa idea de estrenalo coincidindo coa noite de Halloween no próximoo Outubro. O 8 de Abril tendrá o seu estreno masivo en Galicia a singular comedia Crebinsky, do coruñés Enrique Otero, coa produción de Control Z, Chevere Vision e Zircocine. Recrea a singular road movie dos irmáns Crebinsky xunto a sua vaca Muchka, cun amplio reparto encabezado por Miguel de Lira e Sergio Zearreta, con Luis Tosar, Farruco Castromán e Yolanda Muíños. Para Maio, entorno o Día das Letras Galegas, Filmanova e Zircocine presentarán Doentes un drama realizado por Gustavo Dalza con Manuel Olveira, Pico e Antonio Durán, Morris.


Laura Iglesias 1º Bach A
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 09-03-2011 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
Tosar: "Os escritores precisamos da prensa"
O premio Puro Cora, que cada ano concede o Grupo Progreso, foi entregado o venres pola noite ó escritor e presidente do PEN Club de Galicia, Luís González Tosar, entre eloxios do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen chamou a seguir o seu exemplo e traballar por Galicia "cunha obra fecunda e activa". González Tosar recibiu o referido galardón polo artigo "Indianos", que publicou nos diarios El Progreso e De Luns a Venres o 26 de abril de 2010 e co cal se fai eco "da realidade da diáspora", tal e como apuntou Fejóo, para quen este escritor é un "poeta brillante, con luz propia".
Tras incluír a González Tosar entre os xornalistas, escritores e artistas que "nacidos aquí e alá" destacaron nos círculos culturais de países de recepción da diáspora galega, como Luis Seoane, Laxeiro, Colmeiro, Castelao, Rafael Dieste ou Curros Enríquez, o presidente galego definiunos como persoas que "mantiveron e manteñen viva a unidade do país" e representan os valores do pobo galego "por calquera lugar do mundo".
Feijóo aproveitou tamén para animar o diario El Progreso a seguir atopando personalidades "que nos guíen a todos" e resaltou o papel dos medios de comunicación para "configurar a base social da autonomía" e colaborar na difusión de referentes "que fan que Galicia se senta orgullosa de si mesma". O gañador recoñeceu a necesidade que os escritores como el teñen de escribir para a prensa: "Os poetas tamén axudamos a crear a prosa literaria, non podemos estar na nosa torre, temos que mollarnos e participar sen estar esperando a que nos visite a gloria, temos que implicarnos na sociedade cunha posición estética de denuncia constante"•, sinalou. O artigo premiado foi seleccionado entre 65 textos publicados en 30 medios de comunicación.


Samuel Gallego 1º bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-03-2011 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
REDE Verín réndese o «Compadreo»
Exaltación do capuchón e a mascarita. Este converteuse no principal obxectivo da celebración do «Venres de Compadreo», tras a resaca do longo Xoves de Comadres. Máis dun milleiro de persoas congregáronse nas rúas e prazas do centro histórico de Verín para celebrar o día máis gastronómico do ancestral Entroido do municipio. Desde as sete da tarde foron moitos os que se achegaron ata o barrio de San Lázaro para acompañar, durante o seu percorrido, aos dous «Carros do Compadreo» que realizaron unha decena de paradas estratéxicas destinadas a «gozar do Entroido e degustar produtos típicos dá zona de Verín», segundo indica Víctor Baladrón Lamas, concelleira de Festas de Verín.
Caldo, embutidos, empanada, xamón ou bica, todo iso regado por viño e licor café, foron algúns dos manxares que puideron degustar o escuadrón de capuchones, mascaritas e os máis variados disfraces que participaron, ao longo de tres horas, neste particular percorrido.
Durante o mesmo foron acompañados polas charangas Garrafón e Támega que lle puxeron a nota musical a esta velada, nacida no 2008 para exaltar a dous dos elementos carnavalescos, capuchón e mascarita, tipicamente verineses. Do primeiro, unha especie de sotana negra ou estampada que cobre a cabeza cunha capucha, xa se ten constancia no ano 1914, do mesmo xeito que das mascaritas -antifaces ou caretas pequenas- cuxa presenza se mantivo nas últimas décadas. Para terminar esta xornada, queimada na praza Edesio Fuentes, e verbena popular con orquestra.

Sara García Dopazo 2DO BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-03-2011 14:49
# Ligazón permanente a este artigo
Inagúrase a web oficial do escritor Lois Pereiro, homenaxeado en 2011 co día das Letras Galegas
A rede conta desde este xoves co sitio oficial do poeta e escritor Lois Pereiro, un lugar que pretende servir de medio comunicativo de todo o relacionado co escritor monfortino, ao que se lle dedica o día das Letras Galegas de 2011.
A web serve ao mesmo tempo para dar a coñecer a obra de Lois Pereiro e as influencias que deixa na doutros artistas e para publicitar os distintos actos que se vaian programando con motivo da homenaxe que se lle rende este ano. Así, conta xa con varios eventos axendados para os meses de marzo, abril e maio na sección 'Convocatorias'. Na sección 'Contidos' pódense consultar extractos da obra de Pereiro e outros autores como os deseños Séchu Sende, as fotografías de Xurxo Lobato, etc.
Tamén se pode interactuar no espazo dedicado a comentarios ou enviar calquera traballo ou comunicación cos editores da web para achegar á figura deste autor.
A documentación achegada e o compoñente multimedia atraen ao usuario cara a unha páxina que busca traer á superficie a obra dun literato que, a pesar da súa curta vida, deixou selo propio dentro da literatura galega polo peculiar do seu ciclo vital, amosado na súa obra poética ou nas publicacións que puxo a andar ou nas que escribiu.

Noemy Dopazo González, nº11 2º bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-03-2011 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
Presumindo de ser de Ourense
É, segundo confesou o alcalde, un exercicio de autoestima o que propuxo o Concello de Ourense coa exposición de grandes imaxes que mostran a realidade da cidade. Está instalada no Paseo e quere ser, ademais, un punto de referencia para que o Pacto Cívico por Ourense, que o 5 de marzo aprobou a corporación local, sexa formalmente asumido e referendado con firmas dos ourensáns.
A campaña «Ourense é ti» trata de impulsar o Pacto Cívico que define a cidade «na súa esencia e valores como unha cidade integradora de amplo contido cultural, porta e ponche de Galicia, cidade viva e saudable, cidade de natureza, e educadora, entre outros valores», como resaltan o goberno local.
Converterse en anuncios
O rexedor, que agradeceu o apoio de Novacaixagalicia para financiar esta iniciativa e tamén a exposición sobre orixinais do fotógrafo Mani Moretón, invita aos ourensáns a converterse en anuncios de cidade que ten moito que ofrecer. Non deixou de aludir Francisco Rodríguez á receptividade da cidade e a boa disposición demostrada para acoller aos miles de inmigrantes que se instalaron en Ourense. A mostra preséntase nun formato de once cubos de catro caras, cada un deles de dous metros de alto e un metro de ancho. As imaxes aluden a aspectos como a historia, a riqueza monumental, termalismo, gastronomía, maiores, deportes, cultura, barrios, educación, zonas verdes e voluntariado. O acto de apertura da mostra foi seguido da firma do Pacto Cívico por parte de políticos, invitados e cidadáns que camiñaban polo Paseo e atopáronse co acto, que comezou sobre a unha do mediodía. Na convocatoria resultou moi significativa a presenza de representantes dos dous partidos que sustentan o goberno local e a ausencia de edís da oposición.

Uxía Paz 2ªA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 05-03-2011 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
O popular entroido da comezo!
Hoxe da comezo o popular Entroido, aínda que xa levamos dúas semanas con pequenos festexos, hoxe comeza. Por diferentes sitios de Galicia sairan as comparsas para comezar o seu esperado festexo.
Días como hoxe o menu principal é o esperadísimo Cocido.
Os sitios mais populares de Galicia como Laza, Verín, Maceda, Xinzo de Limia teran como principal arma festexadora, diferentes formas.
En sitios como estes sairan as rúas os Peliqueiros, Cigarróns, Felos ou Pantallas, todos para que nos esquezamos en que tempo estamos, xa que o entroido é un tempo de lecer para todos e para pasalo o mellor que se poida, asi que:
¡ VIVA O ENTROIDO !

Elena Fernández 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 05-03-2011 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal