EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Víctor Freixanes, premio das irmandades do libro

O escritor Víctor Freixanes gañou a modalidade de autor na vixésima edición dos Premios Irmandades do Libro que organiza a Federación de Libreiros.

A novela premiada nesta edición foi Cabalo de Ouros editado por Galaxia, editorial da que Victor F. Freixanes é director. Tras anos de silencio narrativo, o autor alzouse co premio con moi boa acollida por parte da crítica.

As restantes modalidades deste premio (Libro do ano 2010, Obra Editorial do Ano 2010, centro de Ensino, Libraría,Institución e Fomento da Lectura) coñeceranse o día 2 de abril a partir das 21h na última reunión do xurado na localidade de Narón.

Fátima Carballo Río 2ºbach B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-03-2011 22:34
# Ligazón permanente a este artigo
Recuperar as 'Cartas a Lelo'
Galaxia reedita a obra para incluíla na Biblioteca Neira Vilas


A editorial Galaxia reedita Cartas a Lelo, un dos grandes éxitos de Neira Vilas, no ano que se celebra o cincuenta aniversario da publicación de Memorias dun neno labrego, o grande éxito de vendas da literatura galega. Lelo era o amigo querido de Balbino –o neno protagonista das Memorias– que acaba por emigrar coa súa familia. Non obstante, o autor quixo recuperar a figura de Lelo e crear así unha continuación o seu libro máis afamado. Non obstante, o gran pano de fondo nesta ocasión está na emigración, non na dura vida do campo galego.


Con esta reedición, Galaxia inclúe un segundo volume na súa Biblioteca Neira Vilas. A colección abriuse coa reedición de Memorias dun neno labrego no seu 50 aniversario. O autor destas obras está a recibir varios recoñecementos e ve como as súas obras seguen a ser lidas por novas xeracións.

María gonzález, 2ºb bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-03-2011 06:47
# Ligazón permanente a este artigo
''O pintor do sombreiro de malvas'' de Marcos Calveiro e ''Contos para nenos que dormen de seguida'' de Pinto e Chinto, seleccionados para o The White Ravens 2011
O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro e ilustrado por Ramón Trigo, foi seleccionado para a exposición The White Ravens 2011. Do mesmo xeito, o libro Contos para nenos que dormen de seguida, do dúo formado por Pinto (David Pintor, ilustrador) e Chinto (Carlos López, escritor).

Desde 1996, a Internationale Jugend Bibliothek de Munchen selecciona, de entre os miles de libros publicados cada ano, 250 infantís e xuvenís en máis de 30 idiomas e uns 50 estados para organizar a exposición The White Ravens, que cada ano se inaugura na Feira do Libro per Ragazzi de Boloña.

O pintor do sombreiro de malvas, gañador do Premio Lazarillo de 2009 e Fervenzas Literarias de 2010, foi publicado este año por Xerais na colección Fora de Xogo e xa vai pola terceira ediciones.

Contos para nenos que dormen de seguida é unha colección de 28 relatos curtos acompañados de ilustracións, que procuran humor e divertimento para os máis pequenos da casa, como o título indica, para antes de durmir. A edición corresponde á galegaKalandraka.

A outra representante galega na lista é a editora OQO, cunha obra editada en castelán.



Noemy Dopazo González, 2ºB bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-03-2011 06:44
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe en día o inglés e a lingua mais utilizada no mundo e Nova York converteuse na capital do Mundo.Se alguén non sabe empregar en inglés unha sei de palabras esta anticuado. A nosa sociedade entón poderíase considerar moderna, xa que compramos tickets, asentimos con O.K. comemos sandwichs es saimos de Pubs e usamos estes termos sen darnos de conta. Esta situación ocorre tamén nos medios de comunicación. Agora non se fan entrevistas se non interviews e preséntanse magazines e no medio non poñen anuncios se non spots ou video-clips ese isto non nos interesa facemos zapping.¿De verdade e necesario empregar todas estas palabras? ¿Non deberíamos estar orgullosos da nosa lingua e unas o noso propio idioma?

Cristina colino, 2ºB bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-03-2011 06:40
# Ligazón permanente a este artigo
Allariz investirá 30.000 euros en limpar a zona arqueolóxica de Armea
O alcalde de Allariz, Francisco García, anunciou onte que o Concello tomará a iniciativa de achegamento aos novos restos arqueolóxicos atopados en Armea, na parroquia de Santa Mariña de Augas Santas, que segundo os expertos, poderían tratase dun santuario castrexo.
O Concello de Allariz ten en marcha a primeira intervención na zona, a través dunha proposta incluída no programa Leader, cun orzamento de 29.671 euros, que inclúe a limpeza xeral do espazo, sinalización completa á existente e a realización de diferentes catas que permitan realizar o traballo que establece o plan director.
Na actualidade o Concello presentou un proxecto de intervención arqueolóxica en Armea, un plan director que parte dun informe e valorización do conxunto arqueolóxico e histórico da Cibda de Armea, que desenvolveu o laboratorio de arqueoloxía da Universidade de Vigo e que fixa os obxectivos principais e as fases de execución.

O rexedor afirmou que esta intervención «non só pretende dar coñecemento do noso pasado, senón que achegará, dinamización económica para Allariz, concretamente para a parroquia de Santa Mariña» engadindo que «Armea é unha xoia aínda por descubrir, que por si mesma xa ten importante relevancia pola existencia dás Piocas, ou Forno dá Santa, a Atalaia, ou Castro ou restos identificados ata ou momento».
O Concello de Allariz propúxose unha clara aposta de recoñecemento, dinamización económica e posta en valor do patrimonio da zona. A parroquia de Santa Mariña de Augas Santas está situada nunha situación privilexiada, nun cruzamento de camiños, onde os diferentes pobos que alí habitaron deixaron o seu sinal. Por esta razón a zona conta cun rico patrimonio histórico e artístico que se ve traducido nas existencia de numerosos ritos, lendas e cultos.

Uxía Paz 2ºA
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-03-2011 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
O filólogo Xosé Luís Regueira, novo académico da RAG
O plenario da Real Academia Galega (RAG) acordou nomear este venres académico ao filólogo e lingüista Xosé Luís Regueira Fernández, que ocupará a vacante producida tras o falecemento da académica numeraria Olga Gallego Domínguez.
Na mesma sesión do plenario da RAG acordouse o nomeamento da xornalista e profesora da Universidade de Buenos Aires (UBA) Débora Campos Vázquez, como académica correspondente.
Xosé Luís Regueira Fernández (nacido en Goiriz, Vilalba, en 1958) é un destacado investigador no ámbito dos estudos fonéticos, gramaticales e onomásticos da lingua galega, cun "merecido recoñecemento na lingüística internacional e membro da International Phonetics Association e da Asociación Internacional de Estudos Galegos, entre outras, segundo destaca a RAG na súa nota oficial.
Pola súa banda, Débora Campos Vázquez (Buenos Aires, 1973) é filla de galegos e naceu no Centro Galego de Buenos Aires. Licenciouse en Ciencias da Comunicación na facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Buenos Aires (UBA). É directora do blogue Fíos invisibles.
O académico electo Xosé Luís Regueira era xa, desde 2002, correspondente da RAG, cuxa revista 'Cadernos de lingua' coordina desde 1990 tamén foi director do departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago.

Noemí Nieto 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-03-2011 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
La Región agasalla o domingo 'Voume', de Vidal Souto
O pintor José Manuel Vidal Souto que asinou o cuarto da colección de arte a cada entrega do domingo para a rexión libre pola edición do xornal. "Voume ', pintado en 2002, presta homenaxe á cor. Entre Ourense pinceladas do artista, o espectador pode percibir unha certa influencia de Bielorrusia pintor Marc Chagall.

O contido da caixa consiste nun fondo claro de crítica social que é recibido pola maior surrealista elementos mitolóxicos traída de Galicia profunda. Sen dúbida que a primeira vista, non é suficiente para captar a esencia do que Souto Vidal procura transmitir co seu traballo. Love, de celebración e divertidos personaxes preséntanse como unha peza que parece prevalecer na paisaxe cotiá

José Manuel Vidal Souto (Ourense, 1948) representa a brotes artísticos experimentados pola cidade despois do éxito de "Eu artistiñas 'grupo ó que pertencía, entre algúns outros como Manzano Acisclo escultor, pintor e Jose Luis Xaime Quessada de Deus cuxas obras foron entregados por este xornal na recolección de follas. O autor vén agora ", voume", comezou el, expoñendo así o inicio dos anos 70. Xunto con outros grandes pintores, como Luis Seoane ou Fernández Virxilio Souto Vidal participaron na recolección de man de serigrafía galego Álvaro Álvarez Blázquez.

Cora Saburido 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-03-2011 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
O Derrame Rock xa está aquí
Levaba tempo anunciando a súa chegada, pero non o fixera aínda deste xeito. O que ata a data eran plans e xestións comezou onte a tornarse realidade. A presenza do festival Derramo Rock en Ourense foi anunciada, como non podía ser doutro modo, con música.
Renegados e Ruxe, Ruxe foron os encargados de poñer banda sonora ao anuncio das dez bandas que aínda non se coñecían do cartel definitivo do certame.

Os días 23, 24 e 25 de xuño, Expourense será o epicentro da música rock. Ademais dos 32 grupos aos que o público xa puxera cara, entre eles Los Suaves, Sinistro Total, Molotov, Def con Dos ou Sociedade Alkohólika, polo recinto feiral pasarán os onte anunciados: M.Clan, Morodo, Koma, Albertucho, Trashtucada, Os Tres Trebóns, Sonotones, Skama La Rede, Guerrilla e La Leñera. Péchase así o cartel de bandas profesionais, pero aínda faltan 11 máis. Delas, seis resultarán dun concurso de conxuntos noveis de Ourense no que participaron un total de 35, aos que sumarán os cinco resultantes das categorías galega e estatal. Pero a composición do cartel final non foi a única novidade que se coñeceu de onte.

O organizador do Derramo Rock, Enrique Granda, anunciou que hoxe mesmo saen á venda os pases diarios, para aqueles que non queiran asistir ás tres xornadas do festival. Ademais, agora que cada un dos grupos asistentes foi confirmado, a directiva decidiu prolongar a venda de aboamentos a 47 euros ata final de mes. Tanto en abril coma en maio este prezo ascenderá ata 55 euros. A páxina web do evento, completamente actualizada cada día, contén o horario detallado de cada xornada cos seus grupos participantes.

Polo Xesteira pasaron tamén parte de Los Suaves ou Lamatumbá. Os músicos ourensanos coincidiron en sinalar o alto nivel do cartel. Tamén a concelleira de Cultura, Isabel Pérez, incidiu no 'orgullo' que supón para a cidade albergar un festival de tal envergadura, para o que xa, como sinalou a edil, non queda tanto como parece. Por iso, o responsable da empresa Sonorde, Antonio Pérez, destacou os avances da parte técnica que a el lle corresponde. Así, escenarios ou sons comezaron a perfilarse esperando que todo estea listo para acoller o que Granda define como 'o Derramo Rock máis potente da historia'.

María Gutierrez 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-03-2011 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia será centro musical en 2011
Galicia será o "grande escenario musical" de 2011, declarado pola Xunta Año de la Música, con máis de mil actos e un investimento de seis millóns de euros para conformar unha programación que contará con artistas galegos como Xoel López e internacionais como Daniel Barenboim ou Pete Doherty.O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, presentou hoxe na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura o Ano da Música de Galicia, que aspira a potenciar a creación musical e as industrias culturais galegas co obxectivo, ademais, de apoiar a este sector "estratéxico" nuns momentos difíciles.
A Comunidade contará en 2011 cos primeiros Premios da Música de Galicia como unha nova canle de promoción e proxección da produción musical galega; o Ciclo nos Concellos, outra iniciativa con máis de cen concertos e un investimento dun millón de euros; ou Galicia ao Vivo, que reúne vinte dos festivais máis representativos da Comunidade."Renovaremos e reforzaremos a nosa aposta pola música de base popular", sinalou Varela na súa intervención, durante a que aludiu ao "talento musical innato" de Galicia, que é unha "auténtica potencia e referencia" neste ámbito.
Citó además iniciativas como Sónar Galicia, Vigo Transforma, Via Stellae, Galicia Classics, Festival Sinsal, Galicia Importa o Espacios Sonoros que "siguen creciendo y consolidándose".
El Año de la Música quiere ser la continuación de la banda sonora del Xacobeo 2010, con más de 750 actos y tres millones de asistentes, explicó el gerente de la S.A. Xestión del Xacobeo, Ignacio Santos, quien destacó que Galicia afianza año a año su consolidación en el plano musical y seguirá recorriendo "el camino de la música, tan gallego y universal, como las rutas xacobeas".Berrogüetto, Luar na Lubre, Mercedes Peón e Xoel López serán os embaixadores de Galicia e son "parte importante" do espírito da Declaración do Ano da Música, que describe á Comunidade como unha melodía, terra plural e aberta, cunha cultura única e lingua e tradición musical propias."O pobo galego ten unha inclinación e un talento musical innato que foi cultivado xeración tras xeración e que nos converte nunha auténtica potencia e nunha referencia internacional no ámbito da música", aseverou o conselleiro.Entre ás actuacións previstas están ás do director de orquestra Daniel Barenboim e a Orquestra Estatal de Berlín ou ou cantante británico Pete Doherty, se ben ou "maior protagonismo será para vos músicos galegos", continuou Varela.Máis de 4.000 persoas viven da música na Comunidade, polo que o recoñecemento de Ano da Música é "unha garantía de futuro" e "o primeiro paso para visibilizar o sector", explicou o director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Juan Carlos Fernández, durante a presentación

Elena Fernández 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-03-2011 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
O artista galego Noaipre destaca no "Taste of Sonar"
O coruñés Rohe Rodríguez presentOU na capital británica o seu «bass music» con «beats electrónicos», coa que encandilou a más de 1.200 espectadores. O artista galego Noaipre protagonizou unha das actuacións máis destacadas da séptima edición de A Taste of Sonar, un aperitivo do festival de música avanzada, que se celebrou en Londres.
O festival Sonar, que por segundo ano consecutivo celebrarase simultáneamente en A Coruña e Barcelona, celebrarase entre o 17 e o 18 de xunio e nel participarán referentes artísticos internacionais como Shackleton, James Holden e The Gaslamp Killer, que formarán parte desta programación xunto a M.I.A., Magnetic Man, Underworld, Die Antwoord, Cut Copy, Boys Noize o Buraka Som Sistema.
O talento galego estará representado en Sónar Galicia por Colectivo Oruga, Caino & Zinqin, DJ Ino & La Keise Band, ademáis dos djs' Judah, Galis 115, Dj Sith, Dr. Think, Vasilkoski y Ningunos Djs.


Laura Iglesias 1º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 28-03-2011 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal