Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
As máscaras deixarán de ser obrigatorias nos espazos públicos a próxima semana |
|
A ministra de Sanidade anunciou que este martes levará a medida ao Consello de Ministros
A ministra de Sanidade, Carolina Darias, anunciou que o martes da próxima semana o Goberno eliminará o uso obrigatorio de máscaras ao aire libre despois de que este luns se debata este asunto no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.
"Confirmo que o próximo martes levaremos ao Consello de Ministros o Real Decreto en virtude do cal eliminaremos o uso obrigatorio de máscaras no estranxeiro", dixo a ministra nunha entrevista esta mañá. Esta medida entrará en vigor o xoves 11 de febreiro "se todo vai ben", unha vez que se publique no BOE.
A aprobación en Consello de Ministros prodúcese despois de que o Goberno validase o pasado 1 de febreiro o real decreto lei que devolveu o uso obrigatorio da máscara ao aire libre, salvo nos casos de práctica de deportes individuais ou estar en espazos naturais.
A imposición da máscara no estranxeiro acordouse na Conferencia de Presidentes do 22 de decembro para frear o avance da variante omicron na poboación.
MARIA FERREIRO RODRIGUEZ
|
|
|
|
Roteiro por Córgomo para lembrar a Florencio Delgado Gurriarán |
|
O principio do mundo para Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo, Vilamartín, 1903-Fair Oaks, EEUU., 1987) foi un lugar de Valdeorras que o marcou fondamente. Alí foi xermolando a onda expansiva que rematou por cristalizar no colectivo As Letras de Florencio e que logrou que a Real Academia Galega dedicase ao escritor o Día das Letras do 2022. Na comarca están a traballar para crear un programa específico para poñer en valor a figura do poeta e avogado que se tivo que exiliar en México. Córgomo converterase no espazo de referencia onde encetarán as actividades.
O próximo domingo bota a andar coa organización dun roteiro guiado. Esta semana foron as Candeas -a festividade de inverno do lugar-, circunstancia que servirá para “coñecer mellor a aldea que tanto o inspirou” Aberto ao público sen inscrición previa, o roteiro comezará dás 16.30 horas, e parte da praza Casa do Pobo. A Ruada con Florencio polas Candeas consistirá nunha visita guiada por Fernando Santalla, veciño e familiar do poeta. Emparentado co autor de Galicia infinda, axudará “a mirar cos ollos do Florencio máis mozo , descubrindo episodios históricos e persoeiros da aldea”.
A coordinadora do colectivo Débora Álvarez , lembraba hai días que están a ultimar os proxectos a desenvolver na comarca para festexo das Letras. Algúns déronse a coñecer ao presentar o acordo de colaboración coa Deputación de Ourense longametraxe , documental, sinalización específica no Camiño de Inverno e material didáctico sobre o autor e xa se presentou tamén o proxecto de Jorge Moral, poeta que fará podcasts sobre o escritor.
Emma Xu Somoza Penela 1°BACH-A
|
|
|
|
JOSÉ LUIS MASCAREÑAS PARTICIPOU NA SEMANA DA CIENCIA DO COLEXIO DIVINA PASTORA, ONDE LLE PUXERON O SUE NOME A UN LABORATORIO |
|
O catedrático de Química Orgánica, profesor e investigador José Luis Mascareñas (Allariz, 1961) xa ten un laboratorio co seu nome. E non está na Universidade de Santiago de Compostela, onde se formou e da que depende o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) no que traballa e dirixe. Tampouco está nas universidades de Stanford, Harvard, Cambridge ou no Instituto Tecnolóxico de Massachusets, por onde foi pasando ao longo da súa traxectoria. Ese laboratorio está no colexio ourensán Divina Pastora e supón un agradecemento da comunidade educativa a súa colaboración desinteresada cos programas científicos que, como ten ocurrido esta semana, organizan no centro das franciscanas. «Estou moi emocionado. É a primeira vez que me fan esto, e ademais nun colexio da miña terra. E é moi ilusionante porque unha das nosas labores mais importantes é a formativa a todos os niveis. Non só é crear e facer ciencia; tamén temos que ser capaces de transmitir a nosa inquietude pola ciencia e pola curiosidade e formar ás futuras xeracións de científicos, dende os que xa están traballando con nós ata estes pequenos de bacharelato e secundaria», dicía o investigador. Para logralo, Mascareñas recoñece que os científicos teñen que saber rebaixar o nivel técnico do seu discurso para poder chegar aos máiss xoves. «Ó principio costa. Resulta máis doado dar una conferencia en Harvard que unha charla nun colexio», recoñece. De feito, está convencido de que habería que facer o mesmo para chegar ós cidadáns en xeral e aumentar así a cultura científica da sociedade. Algo que, matiza, axudaría en situacións complexas como a que se orixionou coa pandemia, evitando a proliferación, por exemplo, de movementos antivacunas.
Carla Mascareñas Miranda 1º A Bacharelato |
|
|
|
As máscaras deixarán de ser obrigatorias nos espazos públicos a próxima semana |
|
 A ministra de Sanidade anunciou que levaría a medida ao Consello de Ministros o martes.
A ministra de Sanidade, Carolina Darias, anunciou que o martes da próxima semana o Goberno eliminará a obrigatoriedade do uso das máscaras en exteriores despois de que o luns sexa debatido este asunto no seno do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.
“Confírmolle que o próximo martes levaremos ao Consello de Ministros o Real Decreto en virtude da cal eliminaremos a obrigatoriedade do uso das máscaras en exteriores”, sinalou a ministra nunha entrevista esta mesma mañá. Esta medida entrará en vigor o xoves 11 de febreiro “se todo vai ben”, unha vez sexa publicada no BOE.
A aprobación no Consello de Ministros prodúcese despois de que o Goberno convalidara o 1 de febreiro o real decreto lei que devolveu a obrigatoriedade do uso das máscara en exteriores, excepto en casos da práctica de deporte individual ou encontrarse en espazos naturais
Ana María Cid Borrajo.
1º de Bacharelato A.
|
|
|
|
|
|
|
|
|