Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Atopada por primeira vez unha estratexia para previr a leucemia infantil

A leucemia linfoblástica aguda de células B (B-ALL, polas súas siglas en inglés) é a forma máis común de cancro infantil, así como a maior causa de morte en relación a este en crianzas. No camiño para paliar os seus devastadores efectos, un equipo internacional con investigadores do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) demostrou por primeira vez en ratos unha novidosa estratexia que prevén o desenvolvemento da doenza.

Este traballo, no que participou o grupo do investigador Isidro Sánchez-García, do Centro de Investigación do Cancro (CISC-Universidade de Salamanca) e Carolina Vicente, investigadora vinculada ao grupo de pediatría clínica do Instituto de Investigación Biomédica de Salamanca (IBSAL-Hospital de Salamanca), foi desenvolto en colaboración co St. Jude Children’s Research Hospital (EEUU) e o Novartis Institute for BioMedical Research (Suíza).


Silvia Martínez Pedrouzo
1º - Bach-A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-02-2022 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
A máscara xa non será obrigatoria nos patios dos colexios
A partir deste xoves a máscara deixará de ser imprescindible nos recreos escolares.
O Consello de Ministros acorda eliminar a partir deste xoves o uso de máscaras ao aire libre, e remata o seu uso en recreos e patios escolares, sempre que se respecte a distancia de seguridade e non haxa aglomeracións.
A medida que entrará en vigor este xoves, tras a súa publicación mañá no Boletín Oficial do Estado, "foi posible grazas á responsabilidade de todos no exercicio da vacinación e coidados". Non obstante, engadiu, seguirán sendo obrigatorios en interiores e tamén nos actos organizados, aqueles que sexan ao aire libre, como un concerto, e nos que non se poida garantir a distancia de seguridade.


VALENTINA FDEZ. COLMENERO 1ºA BACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-02-2022 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
Restricións en Galicia | Hostalería e lecer nocturno recuperan os horarios de antes da pandemia
As discotecas volverán tamén ao seu horario tradicional.
Núñez Feijóo anunciou o fin das restricións, aínda que se manterá a obrigatoriedade de presentar o certificado covid
Máis vale máscara que curar
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou onte que se dá un paso máis na desescalada de restricións activadas polo covid-19 e, en vista da boa evolución epidemiolóxica, eliminaranse as limitacións horarias para a hostalería galega.
De tal forma, desde os bares, ata os restaurantes e locais de lecer nocturno, así como outros establecementos como as salas de xogo ou salóns de voda, recuperarán, “sen distincións”, o horario que recolla a súa licenza en cada un dos casos.
“A partir das 00,00 deste sábado 12 de febreiro, volveremos aos horarios normais en toda a hostalería galega”, aseverou o mandatario autonómico, quen previamente proclamara, en relación ao uso da máscara, que “chegou o momento de eliminar prohibicións e centrarse nas recomendacións”.
Iso si, á marxe dos horarios, o presidente galego subliñou que o comité “tamén foi clarísimo” respecto diso de defender que se manteña a esixencia do certificado covid, un elemento que, engadiu, “molesta pouco aos cidadáns” porque “o teñen no móbil” e é positivo “para a actividade en lugares de risco”.
A noticia foi recibida de modo dispar pola hostalería e lecer nocturno ourensán. O presidente da Asociación de Hostalaría e Restauración Ourensá, Pepe Vilachá, afirmou que “está moi ben que se abran vos horarios”, aínda que se mostra cauto sobre os efectos que esta medida poida ter, xa que “a noite xa non estaba a funcionar, sobre todo en cafeterías e bares”.
No lecer nocturno non tomaron con demasiado optimismo o fin das restricións, xa que consideran que se verán prexudicados polos bares, que agora poderán abrir ata as 2.30 horas durante a semana e ata as 3.00 a fin de semana. Critican que estes locais exercen “competencia desleal”, xa que poñen música a pesar de non ter permiso para iso. “A nós non cámbianos nada cos novos horarios, cámbianos que imos comezar a traballar máis tarde porque a xente vai quedar nos bares que poñen música”, destacou Hugo Figueiras, representante do lecer nocturno en Ourense.
As discotecas volverán ser as últimas en baixar as persianas (poderán abrir ata as 6.30 horas en fin de semana), unha situación que esperaba con ansia Javier Pardo, xerente da Luxus. “ Sempre e bo voltar ó noso horario, era unha cousa moi importante para nós. Agardamos que a xente volva facer ou que facía antes, saír ata estas horas e cun ambiente bo non noso local”, destacou.


Nerea Formoso Requejo
1º - Bach A

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-02-2022 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
Luz verde para a futura residencia de maiores O Pino
A futura residencia contará con 120 prazas e dará traballo a máis de 100 persoas. Ocupará o antigo recinto da estación de autobuses ourensá do Pino. o.

Esta infraestrutura contará con 120 prazas deseñadas pola Xunta e será financiada e construída pola Fundación Amancio Ortega. Ata o de agora o pleno non fora quen de aprobar a modificación necesaria no plan urbanístico para poder construír a vivenda nese solar.
Unha construción que o Goberno autonómico considera importante xa que suporía un investimento de 12 millóns de euros e a creación de 110 postos de traballo.

O acto xerou unha gran expectación entre os veciños da zona, algúns deles mesmo portaban pancartas que apoiaban a súa construción. O líder do PSOE ourensán, Rafael Villarino, confirmou que agora votarán a favor do proxecto no pleno extraordinario do Concello de Ourense deste venres "despois de ver como se cumpren as demandas veciñais".

A conselleira tamén afirmou que se manterá un diálogo constante cos veciños para que as rúas que rodean a futura residencia cumpran coas súas expectativas e expresou o seu desexo de que "a terceira vaia a vencida" e que o pleno extraordinario do Concello de Ourense este venres , 11 de febreiro, desbloquea a situación da residencia.


MARÍA FERREIRO 1º-BACHA

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-02-2022 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
Unha nova técnica médica fai que tres parapléxicos volvan camiñar
A estimulación eléctrica personalizada da medula espiñal, mediante "patas de electrodos" deseñadas especificamente para as lesións medulares, tivo éxito na restauración a curto prazo dos movementos motores independentes en tres pacientes con parálise sensoriomotora completa, publicou onte a revista Nature Medicine.
Esta técnica, desenvolvida por investigadores suízos, mostra que os tratamentos de estimulación deseñados para cada paciente dan como resultado "unha maior eficacia e actividades motrices máis diversas" mesmo nas lesións medulares máis graves. Este enfoque permitiu restaurar nun só día a capacidade de camiñar de forma independente outras actividades motrices, com pedaleando e nadando, nos tres pacientes, que presentan parálise completa nas pernas. Unha neurorrehabilitación posterior serviu para que estes tres homes puidesen realizar estas actividades de forma independente, coa axuda dunha tableta, fóra do laboratorio. Os investigadores din que o seu estudo abre a porta para poder axudar a persoas con unha ampla gama de lesións medulares.



Emma Xu Somoza Penela 1°BACH-A

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-02-2022 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
O CINEASTA GALEGO LOIS PATIÑO CONVERSA COA MORTE NO TREN DE SOMBRAS DE TOKIO
Aínda que non se levou premio oficial, a naide lle pasou inadvertida o rastro que deixou na Berlinale liminar do 2020 Lois Patiño coa súa abrumadora inmersión nas gorxas de H. P. Lovecraft titulada Lúa vermella. Por eso, despois de que Cannes seleccionase en xullo Sycorax, un corto que Patiño realizou xunto ao arxentino Matías Piñeiro, non pode deixar de verse a presenza na sección de cortometraxes deste ano de O sembrador de estrelas como un interese de Berlín por atraerse ao realizador galego como nome da casa.
É O sembrador de estrelas un traballo no cal Patiño orientalízase, non só por rodar dende a oscuridade dun Tokio noctívago senon porque introduce nos diálogos a estructura do haiku para dar forma a unha conversación do ser humán con outra voz que pronto sabremos que é a Morte. Coma no El séptimo sello, é unha parca filósofa, desexosa de conmocionar ás seguridades instaladas no home. E tamén é unha serpenteante ladroa de citas. Porque nos seus requebros ao pobriño falador recorre, entre outros, a Borges, Beckett, Paul Celan, Victor Hugo, Antonio Gamoneda, Susan Sontag, Valente, Merleau-Ponty ou Machado.
A partir da fonte da oscuridade acuífera onde a morte desafía no seu parlamento ao humán afirmándolle que «a verdade emerxe cando me miras de fronte», cara as alturas, nun estrato superior, ademáis de rascaceos e metrópoli, conformase un tren de sombras, unha elevación de ascensores na negrura que semellan expedicións ao cosmos. Unha construcción estética que rehúe calquera pirotecnia efectista e reivindicar como a escalada dende un submundo ao fin da noite con santo e seña ideados por ese creador de soños que éPatiño.
No El sembrador de estrellas convive o buscado cripticismo dun universo oriental acendrado no seu territorio zen cos fogonazos verbales que -non menos impactantes que os lumínicos- estalan reveladores en citas que resonan como perturbadores desafíos: «Onde hai perigro crece o que salva».
Nesa emanación da profundidade do verbo cara as alturas, onde a luz transita como bala cara o ceo ou coma vagóns colgantes do vacío, esta obra respírase como unha nova cosmogonía -sempre mesmerizante en Patiño, cada vez reinventada na súa voracidade polos espazos e os tempos- tan poderosa que volve a invitarnos a concluir que a poética do visual deste autor avanza a cada paso. E esta vez cree nese fastuoso valor da palabra significante, dun Patiño como ávido ladrón de orquídeas que acada un equilibrio entre a oscuridade e o infinito da luz. Entre o peso do verbo enfatizado polo pulso entre a humanidade trémula e a ingravidade da morte que te fala de tú a tú neste Tokio que interpela ao sentimento tráxico ou existencial da trémula beleza.


Carla Mascareñas Miranda
1º A Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-02-2022 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
A Xunta pide prorrogar o uso do certificado covid ata o 26 de febreiro
A actualización actual finaliza o 12 deste mes.
A Xunta solicitou ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) prorrogar o uso do certificado covid-19 ata o próximo 26 de febreiro en tódolos ámbitos vixentes actuais. A autorización actual finaliza o 12 deste mes. Actualmente, é preciso en: establecementos de restauración, hostalaría, ocio nocturno e de xogo que contén con servizos de hostalaría e restauración; visitas a persoas hospitalizadas, así como acompañantes nos hospitais de día para tratamentos
oncolóxicos ou de diálisis; visitas e acompañantes en centros sociosanitarios, residenciais de maiores e de persoas con discapacidade; albergues turísticos;
práctica da actividade física e deportiva non federada en centros ou instalacións deportivas pechadas e piscinas cubertas; eventos multitudinarios ou aqueles que teñan autorizada a venta de alimentos ou bebidas para o seu consumo durante os mesmos.
En declaracións aos medios este mércores, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que a Galicia “lle vai ben” o certificado covid e recordou que é a “primeira comunidade” en vacunación en case todos os grupos de idade.
“Non está indo ben, pedimos unha prórroga porque non terminamos a terceira dosis”, explicou Feijóo, en referencia a que aínda falta parte dos adultos maiores de 18 anos por reforzar coa dosis de recordo, ao que hai que sumar as segundas dosis dos menores de netre 11 e 5 anos -aos que se lles suministrou cunha pauta máis larga no tempo, oito semanas-.



Ana María Cid Borrajo.
1º de Bacharelato A.


Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-02-2022 20:26
# Ligazón permanente a este artigo
“Blanco y Mahmood representarán a Italia en Eurovisión tras ganar en Sanremo"
O dúo formado por Blanco e Mahmood, coa súa canción Brividi (Calafríos) representará a Italia no próximo Festival de Eurovisión, tras gañar en Sanremo, o gran certame da canción lixeira italiana no que a española Ana Mena acabou penúltima, na vixésimo terceira praza.

Foron os grandes favoritos desde o comezo do festival, Blanco, de 18 anos, e Mahmood, de 29, impuxéronse con autoridade tras a cuarta xornada cunha canción que xa está á fronte da clasificación mundial de streaming.

«Que bonito, tres xeracións no podio», dixo o veterano Morandi, un dos cantantes italianos máis populares das últimas décadas, que gañou en 1987 no mesmo festival, que presentou tamén no 2011 e o 2012.

Blanco e Mahmood, este último gañador no 2019 e segundo no Eurovisión daquel ano, suceden no palmarés ao grupo Maneskin, que, tras impoñerse en Sanremo, gañaron Eurovisión o ano pasado e convertéronse dun dos fenómenos musicais do ano en todo o mundo.

O dúo gañador da 72 edición de Sanremo, que destacou polas súas voces pero tamén polos seus estilismos, representará a Italia no próximo festival de Eurovisión, do 10 ao 14 de maio en Turín despois do triunfo de Maneskin, que devolveron a Italia un «micrófono de cristal» inédito desde o seu último triunfo, o de 1990.

Entre os participantes desta edición de Sanremo, na que mesturaron mocidade e experiencia, figuran nomes clásicos da musica italiana, como Massimo Ranieri ou Iva Zanicchi, xunto a Achille Loureiro, coñecido polo seu estilo vangardista, os modernos da Rappresentante dei Lista, ademais do dúo vencedor.

Como noutras edicións deste festival fundado en 1951, as súas cinco xornadas estiveron cheas de invitados de todo tipo, desde estrelas do cinema e a música a escritores como Roberto Saviano.
Sen esquecer as homenaxes, que na última xornada dedicáronse a Lucio Dalla e Raffaella Carrà, coa preestrea do musical Explota Explota, coas cancións da estrela da televisión falecida en xullo do ano pasado.



Clara Nieto Cancho 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-02-2022 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiras visitas guiadas ao interior do Convento de Santa Clara, en Pontevedra
A Concellaría de Patrimonio Histórico de Pontevedra anunciou que o 18 de febreiro abrirá o prazo de inscrición para as visitas das fins de semana de marzo. O alcalde e o concelleiro Xaquín Moreda comprobaron o estado de execución da rampla que fará accesíbel a igrexa que se converterá en espazo cultural da cidade.

Este sábado comezaron as primeiras visitas ao Convento de Santa Clara de Pontevedra, recentemente adquirido polo Concello. Durante o mes de febreiro 640 persoas poderán percorrerán o edifico e a horta ao conseguir inscribirse a través da web municipal.

Esta primeira visita contou coa presenza do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e do concelleiro de Patrimonio Histórico, Xaquín Moreda. Ambos comprobaron o estado de execución da rampla que dará acceso á igrexa e explicaron ás persoas asistentes o proxecto no que colabora a Deputación provincial, a través do Museo de Pontevedra.

Neste primeiro mes o Concello ofreceu 640 prazas que se cubriron en media hora. As visitas serán nas fines de semana de febreiro (sábado e domingo), con catro quendas cada día. Cada grupo está formado por 20 persoas que garanten tanto as medidas de seguridade como a calidade da visita.
Os participantes poderán coñecer espazos como a Igrexa, os dous coros, refectorio, locutorios, salas de traballo ou os dormitorios entre outras estancias. Tamén se achegarán ao exterior para ver horta, xardín e Bosque da man dun guía.

Visitas para marzo

O Concello activará o vindeiro 18 de febreiro o sistema para proceder coas reservas das visitas de marzo. A día de hoxe existe a posibilidade de se apuntar para a listaxe de agarda das visitas de febreiro, mais esa listaxe non serve para as visitas de marzo.
O concelleiro de Patrimonio Xaquín Moreda xa indicou que a estes dous primeiros meses de visitas poderá seguirlles outros máis, xa que se segue existindo interese por parte dos pontevedreses e pontevedresas para coñecer o convento, ofreceranse máis visitas guiadas nos vindeiros meses.

Rampla de acceso á igrexa

O alcalde e o concelleiro Xaquín Moreda aproveitaron a visita para ver o estado de execución da rampla de metal e madeira que o Concello está a instalar no exterior da igrexa do cenobio e que estará rematada a semana vindeira.
A idea é facela accesíbel xa que está previsto que a igrexa se incorpore como espazo cultural e de encontro da cidade.



Lucía Nogueiras Vergara 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-02-2022 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
Estudan os 16 primeiros casos en Galicia do novo tipo de variante ómicron
Olaboratorio de microbioloxía do Hospital Meixoeiro (Complexo Hospitalario Universitario de Vigo) detectou o primeiro caso en Galicia da subvariante ómicron BA.2 do coronavirus, que algúns medios alcumaron como ómicron silenciosa ou sigilosa (un nome que dá a entender que non é detectable coas probas convencionais, aínda que si o é, exactamente igual que o resto de variantes). A persoa contaxiada reside na área sanitaria de Vigo. A análise de augas residuais da depuradora de Bens, na Coruña, xa avisara da probable circulación desta subvariante fai dez días. En España só se confirmaron tres casos ata o 31 de xaneiro.
Ademais do caso secuenciado, están a estudarse outros quince, que están relacionados co primeiro. Forman parte do mesmo brote. Aínda non finalizou a secuenciación, pero dáse por feito que pertencen tamén a esta subvariante. Trátase de persoas das áreas sanitarias de Vigo e Santiago que padecen o covid-19. Segundo informa o Servizo Galego de Saúde, «vos pacientes presentan síntomas semellantes a unha gripe leve e ningún deles está hospitalizado». Son, polo tanto, os 16 primeiros casos de Galicia desta nova versión do coronavirus.
A subvariante BA.2 fíxose dominante en Dinamarca e está a crecer no Reino Unido. Dela sábese que é máis transmisible que a ómicron dominante en España. Hai estudos que estiman esa maior transmisibilidad nun 25 % máis que a ómicron clásica e en Dinamarca elévano ao 50 % máis. Pero non hai nada que indique que esta nova ómicron provoque unha enfermidade máis grave ou que teña maior escape do efecto das vacinas ou dos anticorpos xerados por infeccións previas.
O alcume de ómicron silenciosa débese a unha cuestión técnica. Para saber a que variante pertence unha mostra é necesario facer a secuenciación completa do seu código xenético, é dicir, obter todos os seus compoñentes, que se representan nun texto de case 30.000 letras. Con ese proceso, non hai dúbida, porque se compara todo o xenoma co orixinal de Wuhan e vese onde están os cambios (mutacións). Pero é un procedemento longo e especializado, que pode durar tres días por mostra, nun momento no que se require información rápida e veraz.
Existe outro método para pescudar cal é a variante. É menos preciso pero máis rápido. Trátase dunha PCR específica para captar mutacións. A variante ómicron clásica ten unha mutación moi específica que facía que as PCR non detectasen un xene (xene S). A variante delta, que era a que circulaba antes de forma maioritaria, non ten esa mutación. Desta forma, os microbiólogos podían ter un alto índice de certeza de que se nunha PCR o xene S fallaba, a mostra era ómicron; e que se o xene S aparecía, era delta. Isto era interesante sobre todo en decembro, cando a ómicron estaba a empezar a desprazar á delta. O que ocorre coa BA.2 é que non ten todas as mutacións da ómicron normal. Nela, o xene S non falla nas PCR. Polo tanto, a primeira vista é imposible distinguilo da variante delta. Por iso alcumouse ómicron silenciosa.
Pero iso non significa que sexa indetectable para as probas. O é igual que calquera outra variante, tanto para as PCR como para os test de antígenos.
A gran dúbida na comunidade científica é se logrará imporse á ómicron normal, como está a facer en Dinamarca. No último ano hai variantes que parecían ter vantaxes sobre outras e non lograron imporse. Foi o caso da beta, detectada orixinalmente en Sudáfrica e que practicamente non saíu de alí, ou o gamma, detectada no Brasil. En Galicia houbo algúns casos destas versións do coronavirus, pero non foron a máis. Segundo os últimos datos do Ministerio de Sanidade, neste momento a variante ómicron representa o 99 % dos casos que se detectan en Galicia.



Noa Lagos González 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-02-2022 00:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0