Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Somos o mar
Somos o Mar é a nova plataforma dixital da Voz de Galicia que acaba de comezar.
Consiste nunha plataforma online adicada a transmisión das noticias marítimas de Galicia,
debido a que as actividades realizadas no mar ocupan unha gran porcentaxe no traballo dos
galegos.
Esta plataforma iniciada hoxe, contará con imaxes, noticias, reportaxes, entrevistas e
opiniones relevantes relacionadas co ámbito marítimo. Que servirán de axuda para persoas
que traballan no mar como o público en xeral.
Abril Conde- 4º ESO A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-02-2021 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
A resistencia entroideira levántase en armas nunha fin de semana 3.0
Aínda que en núcleos como Seixalbo sairán á rúa
as súas figuras representativas, os Entroidos da
provincia viviranse este ano con diferentes
actividades nas redes.
O covid-19 impide este ano celebrar o Entroido
con grandes eventos e reuníndose cos amigos e
familiares. Sen embargo, desde algúns concellos
ou colectivos organizaron actos na rede para
manter vivo o espírito desta celebración na
provincia que, pese a todo, deixouse sentir á pé de canón. Concursos fotográficos, eventos
online, ou vídeos, entre as alternativas para recordar unha cita imprescindible na provincia.
A continuación, algunhas das actividades que se poden gozar do Entroido ourensán esta
fin de semana:
Ourense
As Pitas, nas redes: na súa conta de Youtube emitirase este sábado un dos vídeos que
monte a organización cos vídeos enviados polos veciños.
Paquita e Nicanor: as figuras representativas do Entroido en Seixalbo recorrerán a partir
das 17,00 horas, sen comitiva e solo acompañados de Vicentiño e o servizo do orde, este
domingo as rúas deste núcleo urbano. Os veciños poderán saudalos desde o balcón das
súas casas.
Frei Canedo: Hoxe e mañá, a partir das 20,00 horas, haberá un programa dunha hora para
recordar a celebración en anos anteriores na conta de Facebook da organización. Así como
sorpresas, humor e maxia.

Ana María Cid Borrajo. 4o ESO A.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-02-2021 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
Un premio para o Dígochoeu!
Carlos Amado, xornalista e director do Dígochoeu recolleu o PREMIO PARAUGAS DE
COMUNICACIÓN 2020 na categoría de mellor execución de Idea, nunha gala virtual celebrada
o pasado venres.
Este proxecto fixo un ano o pasado 1 de xaneiro e segue a bater marcas de seguimentos nas
redes sociais, chegando a 7,7 millóns de visualizacións na rede social TikTok. Atrae os máis
novos cun formato moi divertido, no que a xornalista Esther Estévez convida a falar mellor en
galego nun breve vídeo.
En cada capítulo propón unha palabra incorrecta de uso común, e ofrece sinónimos e consellos
para darlle unha volta a esas expresións.

María Ferreiro- 4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-02-2021 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
Os 3 piares sobre os que se asenta o éxito do queixo de Arzúa Ulloa
O queixo de Arzúa Ulloa é o que máis se produce e consume en Galicia. Un éxito que
provén dos principais atributos que definen este produto de tradición secular: a
suavidade do seu sabor e a súa textura cremosa é especialmente ben acollido por
moitos padais.
Pero, como se conseguen estas características concretas? O éxito dos queixos de
Arzúa Ulloa aséntase sobre tres piares fundamentais: o lugar onde se producen, a
materia prima que empregan e a forma de traballala. Aínda poderiamos engadir un
cuarto elemento clave no seu triunfo: a gran cantidade de posibilidades gastronómicas
a través das que se pode degustar.
Os requisitos da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Arzúa Ulloa determinan
unha área xeográfica moi determinada para a elaboración do produto e a súa materia
prima, o leite de vaca. Esta comprende concellos das comarcas de Arzúa, a Terra de
Melide, A Ulloa, Chantada, O Deza e zonas limítrofes, nas que se debe producir tanto o
queixo como o propio leite.
En xeral, trátase de lugares situados en puntos con relativa elevación sobre o nivel do
mar e onde as temperaturas e precipitacións medias permiten manter prados de boa
calidade e estables.
Estas pradeiras, que marcan a paisaxe de toda a terra do queixo de Arzúa Ulloa,
servirán de alimento ás vacas que producirán o leite a partir do que se fará o
elaborado. Dentro da DOP, débese empregar leite natural e enteiro de exemplares
das razas rubia galega, parda alpina ou frisona.

Silvia Martínez Pedrouzo 4 ESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-02-2021 19:48
# Ligazón permanente a este artigo
FINLANDIA TRASLÁDASE
A culpa de que Améscoa teña a maior concentración de saunas en Euskal Herria por habitante (5 para 1.500 residentes), non é a Unesco, que o pasado decembro a declarou como un activo inmaterial da Humanidade. Non. O culpable é Joseba Ossa e a súa viaxe a finais dos oitenta en Finlandia. "Fun tres meses e ao final estiven tres anos. Alí namoreime da miña parella, Mia Rissanen, tamén da sauna e de toda a cultura que xira ao seu redor". Hoxe esta parella é propietaria e vive no cámping Artaza. Un claro exemplo de dous tempos tan difíciles que estamos a piques de atravesar, algúns de moita sorte e hai que aproveitalo.
Pablo Rodríguez González
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-02-2021 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
Fogares de Castellón en paro
Na provincia de Castellón o 20% de fogares teñen polo menos un membro en paro . Nesta provincia hai 33.400 familias con alobliguén en desempleo e 11.600 fogares onde todos están en paro, 300 máis que antes do Covid. .A afección da pandemia no mercado laboral da provincia de Castellón segue avanzando rapidamente da forma inparable . Os datos pormenorizados da Enquiza da Poboación Activa do cuarto trimestre de 2020 tamén desvelan outra preocupante situación , o aumento das familias que teñen alguén en desempleo. Os datos mais severos que se comenzaron a percibir foron os do pasado xaneiro, con caída da ocupación , aumento do paro e subida do número de persoas afectadas por Expedientes da Regulación Temporal de desempleo (ERTE). Cabe recordar que non foi ata xaneiro deste ano cando se tomaron as medidas maís restrictivas por parte da Generalitat para intentar conter a terceira ola da pandemia. co cierre total da hostelería e da baixada da persiana a las 18:00 horas para todo o comercial non esencial. Ante esta situación , dende a CEV recalcan ca magnitude da crisis xerada por esta situación da pandemia obliga a manter as medidas xa adoptadas para evitar mais peches e despidos e negociar aquelas que favorezan a atracción de inversiones , aumenten a confianza empresial e eviten a pérdida de competitividade do texido empresarial da Comunidade.
O papel clave da economía : Sebastián Pla , presidente CEV Castellón , afirma que estos sectores , tan castigados pola crisis, xogan un papel clave na nosa economía e son fundamentais para recuperarse .
Persoalmente paréceme unha tomadura de pelo dende o principio da pandemia a forma de organizar as cousas do Goberno . Tantas incongruencias como son as restriccións , podes ir ao mitin dun partido franquista pero non podes ir ao funeral dun ser querido... Queren ter xente traballando para o Estado e producir e recuperar a Economía do país , pero unha poboación enferma non produce , non é rentable . O mellor sería primeiro preocuparse da saúde dos cidadáns e logo da riqueza do país .
Andrea Suárez Freire
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-02-2021 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
O valor das pequenas tendas do rural
O peche perimetral eleva as vendas nalgúns ultramarinos das aldeas galegas

En toda aldea que se prece existe unha pequena tenda de ultramarinos. Pode ser o bar de toda a vida, que ofrece tamén a posibilidade de facer a compra, ou a tenda tradicional que evolucionou en pequeno supermercado. E aínda que moitos veciños non aprecian a proximidade deste servizo, o confinamento deixou ver o valor destes pequenos establecementos. Agora que todos os municipios galegos están afectados o peche perimetral, estes negocios volven pórse en valor. Porque, nalgúns casos, constitúen a única alternativa para facer a compra. Todos reivindican a proximidade do servizo que ofrecen e aseguran que os seus prezos non distan tanto dos das grandes superficies.

Miguel Ángel Balsa Casa Balsa (Ourol). Con 995 veciños, o concello mariñán de Ourol tampouco se libra do peche perimetral fixado no territorio galego para intentar frear a pandemia do covid-19. Miguel Ángel Balsa ten nese municipio un céntrico negocio de bar, ultramarinos, estanco e loterías, e asegura que non nota que se incrementou a clientela tras decretarse a limitación de mobilidade, o que teoricamente debese impedir o desprazamento para facer compras no veciño municipio de Viveiro. «Nótase pouca cousa. Ademais, eu non vexo controis na carreteira para vixiar se a xente segue indo ou non comprar a Viveiro», explica o propietario do establecemento que, pola contra, si constatou un repunte de vendas na primeira onda da pandemia. Ao ter varios negocios no seu local comproba que as vendas no ultramarinos non compensan as perdas de ter o bar pechado. Confía en que a situación mellore, pero non oculta certo pesimismo. «Levo aquí desde as oito da mañá e non sei se atendería a seis ou a sete clientes», asegura Miguel Ángel sobre as dez da mañá. Tamén cre que as restricións de servizo nas entidades bancarias non axudan a dar vida no pobo.


Paula Vázquez 2ºB nº17
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-02-2021 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
Unha ferrolá, á fronte dun «market» europeo de marcas éticas
«Por cada compra que se realice en Saatxa plantamos unha árbore con TreeSisters». É parte da filosofía que reflicte o espírito de Saatxa, un market online posto en marcha pola ferrolá Sara Cartelle desde Londres, onde reside desde hai cinco anos.«Sempre quixen emprender en algo relacionado coa moda. Hai uns anos empecei a ver moitos documentais sobre o impacto do fast fashion e a cambiar os meus hábitos. Chegou o covid, tiña moito tempo e decidinme a abrir unha plataforma onde os eixos son os valores que quero promover, que o que se promociona sexa slow fashion, unha produción baixa, que sexa eco-friendly, é dicir, que utilice materiais reciclados e que non teñan un impacto no medioambiente tan grande, e, principalmente, que sexan produtos éticos», explica.

Coa idea en mente comezou a buscar marcas que se adecuasen aos valores que quería promocionar. «Empecei a buscar, sobre todo en Instagram, marcas máis chiquititas que sigan estas idea», lembra. E, en outubro, tras seis meses de traballo, lanzou Saatxa. «É como un pequeno Amazon, un market a través do que venden estas marcas. Elas, para estar en Saatxa, deben ter, polo menos, dous dos valores, que estou a promover», explica.


Miguel Arias nº1
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-02-2021 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
A vacinación do persoal sanitario considerado de primeira liña está a piques de concluír en Galicia
A vacinación do persoal sanitario considerado de primeira liña está a piques de concluír en Galicia, porque nos últimos días inxectouse a segunda dose a quen recibiran a primeira. A partir da próxima semana, din fontes que coñecen estes plans, comezará a vacinación de todo o resto do persoal sanitario galego, o denominado de segunda liña.Será, se todo vai segundo o previsto, a partir do xoves. Isto inclúe a preto de vinte mil profesionais, estiman fontes do sector. De entrada hase inmunizado ao persoal das plantas e ucis covid, así como urxencias, microbioloxía, toda a atención primaria e dalgúns servizos de hospital que teñen que manipular a boca ou garganta dos pacientes (otorrinolaringología e maxilofacial). Tamén aqueles que traballan con enfermos especialmente delicados (oncoloxía, hematología ou nefrología).Pero queda un amplo continxente de profesionais que están en situación de risco eles mesmos ou que traballan con persoas que o están, como o persoal de quirófano ou as matronas, que traballan en contornas onde se poden xerar aerosois. Quedan, tamén, todos os sanitarios que atenden directamente a pacientes sen saber se poden estar contaxiados. A eles espérase chegar coa vacinación desde finais desta semana.Pero non todo o persoal de primeira liña recibiu aínda a pauta completa. Un total de 1.800 sanitarios das áreas de Vigo, Santiago e Ourense foron picados coa vacina de Moderna. A segunda dose da de Pfizer ponse cunha separación de 21 días desde a primeira, pero no caso de Moderna son 28.Ademais, están todos os traballadores que cando comezou a campaña de inmunización estaban enfermos de covid ou ben se atopaban en corentena por ser contactos de infectados polo coronavirus. Para todos eles se fará unha repesca esta mesma semana. A vacina só se inxecta nas persoas que contraeron o covid cando teñan unha proba negativa.

Raquel González Castro
Segundo B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-02-2021 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
A vacinación dos sanitarios galegos de segunda liña comeza en poucos días:


A finais de semana completarase todo o colectivo, no que quedan uns 20.000 profesionais aínda non inmunizados.
A vacinación do persoal sanitario considerado de primeira liña está a piques de concluír en Galicia, porque nos últimos días inxectouse a segunda dose a quen recibiran a primeira. A partir da próxima semana, din fontes que coñecen estes plans, comezará a vacinación de todo o resto do persoal sanitario galego, o denominado de segunda liña.

Será, se todo vai segundo o previsto, a partir do xoves. Isto inclúe a preto de vinte mil profesionais, estiman fontes do sector. De entrada hase inmunizado ao persoal das plantas e ucis covid, así como urxencias, microbioloxía, toda a atención primaria e dalgúns servizos de hospital que teñen que manipular a boca ou garganta dos pacientes (otorrinolaringología e maxilofacial). Tamén aqueles que traballan con enfermos especialmente delicados (oncoloxía, hematología ou nefrología).

Pero queda un amplo continxente de profesionais que están en situación de risco eles mesmos ou que traballan con persoas que o están, como o persoal de quirófano ou as matronas, que traballan en contornas onde se poden xerar aerosois. Quedan, tamén, todos os sanitarios que atenden directamente a pacientes sen saber se poden estar contaxiados. A eles espérase chegar coa vacinación desde finais desta semana. Pero non todo o persoal de primeira liña recibiu aínda a pauta completa. Un total de 1.800 sanitarios das áreas de Vigo, Santiago e Ourense foron picados coa vacina de Moderna. A segunda dose da de Pfizer ponse cunha separación de 21 días desde a primeira, pero no caso de Moderna son 28.

Ademais, están todos os traballadores que cando comezou a campaña de inmunización estaban enfermos de covid ou ben se atopaban en corentena por ser contactos de infectados polo coronavirus. Para todos eles se fará unha repesca esta mesma semana. A vacina só se inxecta nas persoas que contraeron o covid cando teñan unha proba negativa.

Finalmente, está próxima a comezar a vacinación doutro dos grupos prioritarios, como é o dos maiores de 80 anos, que sufriron boa parte das mortes atribuídas ao coronavirus. O presidente da Xunta anunciou o venres que este colectivo recibirá as primeiras doses a partir do 18 ou 20 de febreiro. Dentro de dúas semanas debería comezar esta fase. Considérase que a inmunización comeza sete días despois de recibir a segunda dose.

Noa Varela
2ºB / nº16
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-02-2021 22:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0