Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Sanidade enfría as expectativas sobre a reapertura da hostalería
Non hai moitas cousas claras sobre os plans que manexa a Consellería de Sanidade para a reapertura gradual da
hotalería , a cal comezará a próxima semana , según dixo Alberto Núñez Feijoo.
A directora xeral de Saúde Pública , insistíu nesa línea :” Estamos lexos de poder falar dunha situación óptima e é necesario ser prudentes e cumprir coas restriccións “

Lucia Ferreiro
1º A Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-02-2021 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
A chegada a Marte
A NASA fíxoo de novo. A axencia espacial volveu colocar un vehículo na superficie marciana coa chegada este xoves do rover Perseverance a Marte. O rover forma parte da misión Marte 2020, o décimo da NASA que pisou con éxito o planeta vermello.
O rover despegou o 30 de xullo do ano pasado nun foguete Atlas V-541, aproveitando que Marte estaba especialmente preto da Terra. Aínda así, foron 480 millóns de quilómetros os que percorreu Perseverance durante os sete meses que durou a súa viaxe.
O vehículo da NASA agarda agora polo menos dous anos de traballo na superficie marciana onde buscará sinais que indiquen se a vida floreceu no planeta veciño. O rover estudará biomarcadores nas rochas.
Marte 2020 foi a terceira misión en chegar a Marte en febreiro. A sonda Hope dos Emiratos Árabes Unidos logrou entrar en órbita o martes 9. Todo un logro para o país, que aínda non alcanzara o planeta veciño. China fixo o mesmo ao día seguinte coa misión Tianwen-1 que xa está a dar voltas ao planeta. Os asiáticos tamén poñerán un rover na superficie ao estilo da NASA. A perseveranza terá así un novo compañeiro a partir da primavera.


Valentina Segovia
1 BACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-02-2021 23:11
# Ligazón permanente a este artigo
A borrasca Karim déixanos inundacións por toda a comunidade
A constante chuvia das últimas semanas xa provocaba a subida dos ríos galegos, pero Karim puxo a guinda do pastel. O temporal que arrasou especialmente a comunidade o sábado deixou imaxes de ríos desbordados na zona de Bergantiños, e outros a piques de facelo. Existe preocupación en moitas partes do interior sobre como serán os próximos días.
O caso máis grave, segundo o CIAE 112 Galicia, produciuse en Ponteceso, onde os servizos de emerxencia despregaron bombas de achique para aliviar a auga acumulada en vivendas e outros edificios debido ao desbordamento do río Anllóns. A Xunta mantén activo o Plan Inungal debido á posibilidade de rexistrar desbordamentos. O centro de emerxencias fai un chamamento aos cidadáns para que actúen con precaución, especialmente nas estradas ante a posibilidade de atopar petos de auga e inundacións.
En Ourense, as chuvias inundaron as zonas próximas aos ríos. Cos encoros ao 84% e desaugadoiro, o Miño ao seu paso pola capital ourensá cubría algunhas zonas, aínda que os paseos levaban varios días pechados ao tráfico de persoas. O río Avia en Ribadavia, que inundou parte da súa área recreativa e o Arnoia en Baños de Molgas, tamén preocupou polo seu exceso de caudal.
Candela Vidal- 4º ESO C
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-02-2021 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
XeraWord: a nova ferramenta de xeración automática de galego e portugués
A ferramenta piloto de xeración automática da frase nominal simple en galego e
portugués XeraWord xa está dispoñible na  páxina web do Instituto de Lingua
Galega  (ILG). Elaborada no marco dun proxecto dirixido pola profesora da USC, María
José Domínguez Vázquez, XeraWord baséase na tradución automática de léxico extraído
da base de datos do idioma inglés WordNet.

Para o desenvolvemento deste simulador foron deseñados unha ferramenta de
tradución do caudal léxico paradigmático a partir dos datos extraídos de xeito
automático do WordNet, así como un flexionador nominal. O prototipo recorre á
integración de datos lingüísticos e á interoperabilidade entre recursos xa existentes.
Como prototipo xera datos para cinco substantivos en galego e portugués, en concreto:
gl. aumento | pt. aumento, gl. discusión | pt. discussão, gl. fuxida | pt. fuga, gl. olor | pt.
cheiro e gl. presenza | pt. presença.

“A escolla destes cinco substantivos xustifícase polo seu papel de representantes de
diferentes escenas cognitivas ou campos semánticos”, explica a profesora Domínguez.
Este prototipo senta as bases para o futuro desenvolvemento de ferramentas de
xeración argumental máis complexas.

A ampliación das unidades analizadas polo xerador permitirá o seu uso por parte de
estudantes de galego e portugués como linguas estranxeiras ou segundas linguas. No

seu estado actual, XeraWord presenta unha metodoloxía de análise que pode ser
extrapolada a outras linguas e recursos.

“Unha vez seleccionada a lingua e o substantivo, o acceso aos datos é de carácter
onomasiolóxico, de modo que podemos obter información sobre as
diferentes realizacións argumentais dunha categoría ontolóxica, explican dende o
equipo investigador. Realizada a escolla, o recurso mostra as diferentes realizacións da
categoría semántica. Aplicando a selección e premendo en xerar frases, a ferramenta
xera datos de combinatoria simple argumental. Asemade, os datos poden ser
descargados en formato CSV e JSON. Isto permite a súa integración e reutilización
noutros recursos.

Silvia Martínez Pedrouzo 4 ESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-02-2021 18:36
# Ligazón permanente a este artigo
Facebook prohíbe a publicación de noticias en Australia
Este mércores Facebook publicou un comunicado no seu blog no que afirmaba que habería "cambios para compartir e ver noticias" na rede social en Australia. En concreto, a empresa de Mark Zuckerberg restrinxirá aos editores e persoas do país de Oceanía compartir ou ver contido de noticias australianas e internacionais.
Para que é isto? A medida responde á nova lei de negociación de medios proposta por Australia, que quería obrigar a Google e Facebook a pagar aos editores de medios o dereito de amosar ligazóns a contido de noticias nas súas aplicacións e sitios web.
Abril Conde- 4º ESO A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-02-2021 18:35
# Ligazón permanente a este artigo
A provincia de Ourense dobrega a terceira ola:
28 hospitalizados menos e os casos activos
baixan a 734.
O área sanitaria reduciu en 130 os seus casos,
que baixan a 734, mentres os ingresos por covid
descenden a 68, 28 menos que onte.
O área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco
continúa dobregando a terceira ola da pandemia.
Os datos actualizados este sábado por Sanidade
reflexan a boa tendencia da provincia, que
continúa reducindo os casos activos e as
hospitalizacións. En canto aos positivos, Ourense suma unha nova xornada de baixada, e xa
son 22 días seguidos, tras notificar 130 casos menos con respecto á xornada anterior, o que
deixa a cifra total en 713, un dato que non se alcanzaba desde o pasado 6 de xaneiro, cando
había 734 casos activos.
A tendencia positiva afecta tamén os hospitais, onde se produciu un descenso de 28 pacientes.
Agora mesmo hai 68 persoas hospitalizados por covid, das cales 60 están en planta (-23 con
respecto a onte), e 8 na unidade de críticos, cinco menos con respecto á xornada pasada. A
última vez que os indicadores hospitalarios tiveron un rexistro similar foi o pasado 16 de
xaneiro, cando había 69 pacientes covid nos hospitais ourensáns.
En canto aos novos contaxios, na última xornada detectáronse 25 novos positivos a través de
23 probas PCR, o que eleva o total a 14424. Neste sentido, a provincia realizou 200422 PCR
desde o inicio da pandemia, 573 nas últimas horas.
Sanidade informou de que no último día 155 persoas superaron o virus na provincia, o que
incrementa a 13313 o total de curados. Ademais, a provincia suma a súa cuarta xornada
consecutiva sen notificar ningún descenso.

Ana María Cid Borrajo. 4o ESO A.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-02-2021 18:33
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a vacinación de maiores de 80 anos en Galicia
A vacina que se lles vai administrar é a da Pfizer, que reporta unha inmunidade do 95 %, pero
que ten certas complicacións loxísticas porque ten que ser transportada a moi baixa
temperatura. De aí esta xornada de probas, que se está desenvolvendo con éxito en toda a
área sanitaria de Santiago de Compostela.
De aquí a comezos de maio terán que quedar inmunizados os case 230.000 galegos e galegas
que teñen máis de 80 anos, pero que aínda non foran vacinados porque non viven en
residencias de maiores.

María Ferreiro 4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-02-2021 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
A violencia machista , a peor pandemia.
A directora da ONU mulleres, Phumzile Mlambo-Ngcuka , considera prioritario conseguir máis posicións de liderazgo feminino para avanzar hacia a igualdade. Esta muller de 65 anos, nacida en Sudáfrica leva no pasto dende 2013 , cando xa contaba cunha extensa experiencia en romper teitos de cristal. É licenciada en Educación pola universidade de Lesoto dende 1980 e elexida membro do parlamento 14 anos despois .

Este 2021 afronta un dos desafíos mais díficiles : liderar o Foro Xeneración Igualdade , que non puido facelo o ano pasado debido a pandemia e aínda con data por determinar . Facelo durante unha crise sanitaria e económica lle quitaría aínda mais protagonismo do pouco que ten o feminismo. Os dereitos da muller pasaron a un segundo plano político cando , segundo a ONU, encóntrase en serio perigo. Nesta entrevista que lle fixeron por videoconferencia , contestou a preguntas como que o progreso era moi lento e ahora a pandemia va a revertir algúns avances . Ela explicou que ningunha pandemia é neutral ao xénero e esta menos . As mulleres experimentaron o impacto desproporcionadamente . Por exemplo, na economía , dous tercios dos postos perdidos eran femininos , esto débese a que elas traballan nos sectores mais afectados pola pandemia , como o da hostelería . En moitos casos , tan sequera un contrato legal e con maioría no sector informal . Polo tanto , non se puideron beneficiar dos mecanismos de axuda cos gobernos deseñaron.

Outro problema é a violencia contra a muller , que aumentou sobre todo nos confinamientos . Moitos gobernos tomaron medidas para abordar esta situación e para que estas se mantengan mais alá da pandemia , para non ter que volver ais niveis de violencia anteriores . O índice de mulleres xoves embarazadas subiu moito durante o encerro .Ao que se suma a escasa representación e liderazgo feminino nas decisións que teñen que ver coa pandemia , non só no sector da saúde , sino en todos as aspectos .

Estima que a este ritmo teremos que esperar máis alá de 2050 para alcanzar a paridade nas xefaturas do Estado . Tamén confirmou que os homes todavía teñen un papel dominante coa configuración da cultura e as decisións cas mulleres poden tomar.
- Andrea Suárez Freire
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-02-2021 16:06
# Ligazón permanente a este artigo
Demi Lovato sufriu un infarto e tres ictus tras unha sobredose
Demi Lovato revelou onte que sufriu un infarto e tres derrames cerebrais despois da sobredose pola que estivo hospitalizada no 2018 e tras a que case perde a vida. “Os médicos dixeron que só tiña 5 ou 10 minutos máis de vida”, afirma a cantante no tráiler do documental Dancing with the Devil, que chega o 23 de marzo en catro entregas en Youtube.

A artista estadounidense de ascendencia mexicana regresou aos escenarios na celebración dos Premios Grammy do ano pasado tras un período de rehabilitación despois de sufrir unha sobredose por consumo de fentanilo no verán do 2018, que aínda ocasiona secuelas na súa saúde.

“Quedei con dano cerebral e aínda estou a lidar cos efectos. Non podo manexar vehículos porque teño puntos cegos na vista. Durante moito tempo non puiden ler”, explicou a estrela nunha chamada con representantes de medios de comunicación para presentar o documental.

“Estou agradecida por eses recordatorios, pero dou as grazas por ser alguén que non tivo que facer moito para rehabilitarse. Estou moi orgullosa da persoa que son agora”, dixo. No documental abordará toda a historia e contará a súa experiencia en primeira persoa.
-Marco Antonio Toledo López 1º BAC B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-02-2021 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
Google pagará por amosar as novidades dos xornais News Corp.
Google e News Corp, unha empresa editora de titulares como The Times, The Sun, The Wall Street Journal e The New York Post, anunciaron o mércores un acordo polo que o xigante de internet pagará por amosar o seu contido na sección de novas do motor de busca. .
Nun comunicado, as dúas empresas cualificaron o acordo de "histórico", dados os conflitos que Google leva anos con editores de todo o mundo precisamente por este motivo, e aseguraron que a alianza "terá beneficios substanciais para o xornalismo e a sociedade.
-Pablo Rodríguez González
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-02-2021 15:43
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [14]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0