Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

San Valentine ou Día do amor e da amizade, pero cal é a orixe desta celebración en particular?
Esta festa, asimilada pola igrexa católica, remóntase ao século III en Roma, onde un sacerdote chamado Valentín opúxose á orde do emperador Claudio II, que decidiu prohibir a celebración de matrimonios para os mozos, considerando que as persoas solteiras sen familia eran mellores soldados, xa que tiñan menos lazos e lazos sentimentais. Valentine, en contra do decreto do emperador, comezou secretamente a casar con mozos amantes (de aí que se fixera popular para Valentine ser o patrón dos amantes). Ao decatarse disto, Claudio II condenou a morte a Valentín o 14 de febreiro de 270 alegando desobediencia e rebelión. Por este motivo, o Día dos Namorados celébrase todos os anos.

Valentina Segovia
1º A Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-02-2021 18:35
# Ligazón permanente a este artigo
Lugo estrena sus primeras cabañas para alojarse en plena naturaleza
Verónica Cela y Pablo Yanes son una pareja de emprendedores que, en plena pandemia, han tenido la valentía de dar un paso al frente y montar un negocio de alojamiento. Un proyecto en el que llevaban varios años trabajando y que supondrá toda una novedad en la hotelería lucense. Se trata de un complejo de glamping, es decir, el cámping de toda la vida, pero adaptado a los nuevos tiempos, con construcciones confortables y con una pátina de glamur.
El complejo que Verónica y Pablo han puesto en marcha, y que comenzará a funcionar la próxima semana, se llama Cabanas das Chousas y está formado, precisamente, por tres cabañas de madera (la del Río, la de los Bidueiros y la de los Carballos) levantadas en una parcela de 15.000 metros cuadrados en un espacio idílico como es el bosque de ribeira de O Veral.

Claudia Fernández Blanco
Nº4
1ºA BACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-02-2021 18:33
# Ligazón permanente a este artigo
ENTROIDO 2021
Covid-19 non só nos condicionou no día a día, durante o 2020 moitos eventos e datas designadas víronse afectados pola pandemia. Coa entrada do novo ano, a situación non cambiou e o covid-19 segue forzando a cancelación ou o aprazamento de novas vacacións; agora, o entroido.
Esto é algo moi duro para Galicia, debido a que esta é una festa moi importante para nós, e a cal atrae moito turismo, e xa non é so eso, se non que pasaremos de estar festexando un mes enteiro, como no ano pasado, e en todos os anteriores, a ter que estar na casa, e nin poder sair con xente a cal non se conviva.
Serán unas festas moi diferentes, estaremos cada un só, pero debemos intentar pásalo ben, e seguir levando traxes.
Preocupa moito o feito de que a xente faga festas, ou reunión e que pola súa culpa, os casos aumenten.

Lucía Suárez
1º A Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-02-2021 18:31
# Ligazón permanente a este artigo
Historia dun millonario extraviado
Un gran premio de nada mais que 4,7 millóns , 200 reclamantes , unha búsqueda polémica e un loteiro en plena
investigación .
Así está un gran proceso que dura xa 8 anos para dar co agraciado dunha primitiva na cidade de A Coruña.

Lucía Ferreiro
1º A Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-02-2021 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
O Concello de Ourense regalará un libro
O Concello de Ourense volverá agasallar este verán cun libro a todos os nenos da cidade, de 0
a 18 anos de idade. Será un exemplar, de até 20 euros que poderán retirar en calquera das
librarías da cidade. O Concello dálle continuidade así á campaña realizada o pasado verán, coa
que máis de 8.470 nenos e nenas recibiran este agasallo do Concello como premio aos seus
esforzos durante o confinamento e durante o curso escolar.
Jácome, lembra que é unha iniciativa tremenda porque é boa para o pequeno comercio, boa
para os libreiros, boa para fomentar a lectura. Tamén pon en valor que moitos pais que levan
os nenos á libraría acaban por comprar tamén outro para eles, e toman fidelidade cos
comercios.
O único requisito é acudir a unha libraría e presentar o DNI. Coa ampliación da campaña, o
Concello confía en chegar aos 10.000 nenos e nenas da cidade.

María Ferreiro-4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-02-2021 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
Por primeira vez dende o coronavirus unha persoa é despedida por o uso incorrecto da mascarilla
En Santander por primeira vez dende o coronavirus unha persoa é despedida por o uso incorrecto da mascarilla, tras ser chamada la atención varias veces por levar a mascarilla mal posta. Tivo unha revolta cunha clienta na cadena de supermercados DIA tras amenazala.
Celia Wenfen Varela Losada
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-02-2021 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
Xa está en marcha a nova estación de autobuses de Ourense:
A conselleira de Infraestruturas Ethel Vázquez,
puxo en valor que Ourense inaugure a
intermodalidade en Galicia.
A nova estación de autobuses de Ourense está xa
funcionando desde primeira hora da mañá. Á
posta en servizo acudiu a conselleira de
Infraestruturas, Ethel Vázquez, que puxo en valor
que Ourense inaugure a intermodalidade en
Galicia co “intercambio entre modos de transporte
máis rápido, xa que en 30 segundos faise”.
Con todo, Vázquez sinalou que “nin estamos ante un acto de inauguración, senón de posta en
servizo”, ao altar aínda o aparcamento, que executa Adif, e cuberta vexetal do centro de saúde e
a fonte ornamental.
“Como as dársenas e o edificio de viaxeiros están listos, era o noso deber poñela en marcha”,
explicou a conselleira de Infraestruturas, convencida de que a nova terminal suporá un salto de
calidade para a cidade.
Vázquez instou tamén ao Goberno central a “dar explicacións” sobre a parte ferroviaria.
No acto tamén estiveron o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, e o alcalde de
Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. O gobernante dixo que “gañamos moito poñendo a estación
aquí” pero volveu a criticar ao Goberno central por non planificar unha estación soterrada.
Ana María Cid Borrajo. 4o ESO A.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-02-2021 18:28
# Ligazón permanente a este artigo
Os ¨Cantares Gallegos¨ de Rosalía, da ecoloxía á Galiza nun mapa global
O considerado "monumento inaugural" das nosas letras volve aos andeis das librerías
nunha edición de María do Cebreiro. A súa relectura de ¨Cantares Gallegos¨ propón, por
unha banda, ampliar as coordenadas xeográficas coas que se interpretou o poemario,
repensando a represención dos espazos, e, pola outra, considerar as ¨fondas¨ relacións dos seres humanos coa natureza da que forman parte.
¨A de Rosalía e a de Cantares Gallegos é unha presenza ausente¨, comenta María do
Cebreiro . Pois malia tratarse dunha "obra auroral" da nosas letras non adoita atoparse
no curriculum escolar como lectura obrigada.

Noa Fernández Rodríguez 1°Bach B n°6
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-02-2021 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
Empanada de Noia: sabia combinación de terra e mar
Un dos produtos con maior sona da gastronomía galega é a empanada, cuxas raíces
históricas fannos viaxar ata o Medievo. Precisamente nunha vila cun importante
patrimonio desta época, Noia, podemos atopar unha das preparacións tradicionais que
suscita maiores eloxios entre os padais máis esixentes
A empanada é un prato que destaca pola súa versatilidade. Así, podemos atopar
recheos de carne, vexetais, peixe ou marisco, e masas de fariña de trigo (a máis
habitual) ou de millo.
No amplo abano de preparacións e presentacións que podemos atopar en toda a
xeografía galega, na  localidade coruñesa de Noia  destaca unha especialidade local que
combina, con gran sabedoría, froitos da terra e o mar: a empanada de millo con
berberecho.
Os segredos da empanada de Noia
En Noia podemos atopar unha ampla variedade de empanadas, tanto nas masas como
en recheos. A empanada de trigo ten a peculiaridade de facerse de masa máis gorda
do acostumado. Debido a este maior grosor, durante a súa cocción no forno dáselle a
volta para que quede feita polos dos lados.
En canto á de millo, a máis famosa é a que leva berberechos, bivalvo do que Noia é
tamén un importante produtor. Outras posibles opcións de recheo son o chopo (xiba),
o polbo ou o bacallau, por citar algúns exemplos.
Algúns dos segredos para conseguir unha boa empanada residen na experiencia e
sabedoría de quen a fai, pero tamén no produto que selecciona para a súa
elaboración.
Contar con boa materia prima non é suficiente para a empanada perfecta, traballar
con agarimo e usar un bo forno, a poder ser de pedra.

Certo é que este produto conta con gran recoñecemento na vila, pois cada mes de
agosto se celebra unha festa de exaltación que inclúe un concurso no que participan
profesionais e particulares. Unha oportunidade para degustar toda a ampla variedade
posibilidades que ofrece este saboroso produto.

Empanada e millo: un pouco de historia
Non moi lonxe de Noia existen testemuños de que na Idade Media xa se degustaba
este produto, xa que no Pórtico da Gloria de Santiago de Compostela (finais do século
XII) se atopa a primeira representación coñecida. 
No caso do millo, foi un dos produtos que chegou a Europa tras o descubrimento de
América. Pasará tempo entre a primeira introdución e a expansión do seu uso e cultivo
en Galicia, polo que haberá que agardar ata o século XVII para atopar referencias do
seu uso habitual na alimentación da poboación da comunidade. Nese senso, existe
constancia de que entre 1640 e 1700 xa se comía pan feito deste cereal en poboacións
do litoral.

Silvia Martínez Pedrouzo 4 ESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-02-2021 18:26
# Ligazón permanente a este artigo
Un estafador nunha lotería
Unha lotería ocultou a primitive de 5 millóns de euros ao gañador, mentiu e quixo
recoller o premio. O premio era de 4,7 millóns de euros. Pero Manuel, que traballaba
na lotería, non lle deu ao seu dono, que deixou a administración com 3,5 euros, pero
catro minutos despois o dono do billete volveu a comprovar os catro billetes e
identificou de novo que era o gañador. Estes son datos extraídos pola polcía tras a
investigación.

Daniel Soares Conde
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-02-2021 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0