Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Podería resolverse o enigma da expansión do Universo?
Segundo a Relatividade Xeral de Einstein, os planetas, as estrelas e as galaxias están nunha rede coñecida como espazo-tempo, que é deformada pola masa e que explica así a existencia dos campos gravitatorios. Esta teoría baséase na idea de que a materia lle di ao espazo como curvarse e o espazo dille á materia como moverse. Fano por medio dunha fórmula moi importante e coñecida como « ecuación de campo de Einstein». Esta ecuación, similar en importancia á famosa «E= mc^2», vén dicir que a curvatura dunha zona do espazo é proporcional á cantidade de materia (e enerxía) que encerra. Por tanto, se os planetas viran ao redor do Sol é porque a nosa estrela «afunde» o espazo-tempo de modo que os planetas caen cara a el, polo camiño máis curto.
Pouco despois de propoñer a súa ecuación de campo, en 1915, Einstein descubriu que definira un espazo-tempo que podía estirarse ou contraerse, como unha goma, pero que non podía permanecer estático. Isto indicaba, nin máis nin menos, que o Universo non era fixo, eterno nin invariable, o que, por entón, ía contra o consenso científico. Así que en 1917 Einstein retocou a súa ecuación de campo e introduciu un parámetro ou variable, que aseguraba que o Universo estaba en equilibro grazas a unha especie de forza antigravotatoria. A este parámetro chamóuselle constante cosmológica. Segundo Einstein, esta constante debía estar a expresar a acción dunha forma de enerxía exótica, unha especie de gravidade repulsiva, que tería o efecto contrario á forza da gravidade. Grazas a ela, o Universo estaba en equilibrio e era estático, tal como consideraban os astrónomos por entón.
Con todo, en 1929 Edwin Hubble asegurou, en base ás súas observacións, que o Universo se estaba expandindo. A partir de entón tamén foi resultando máis evidente que o Universo era moito máis extenso que nosa propia galaxia, e que había un número inmenso doutras galaxias. Así que Einstein declarou que o seu constante cosmológica, que mantiña estático ao Universo, fora o maior erro da súa carreira. E o seu parámetro caeu no esquecemento.


Ricardo Alberto Ferreiro de Aguiar
1ºBACH A/Nº13

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-02-2019 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
Seísmos en Galicia
Segundo a información que recolle o Instituto Xeográfico Nacional, o primeiro dos sismos produciuse precisamente na capital de Galicia. Santiago rexistrou ás 03,10 horas da madrugada do sábado un tremor de magnitude 2,2 e localizado a 9 metros de profundidade. A partir de aí, os seguintes terremotos xa se concentraron na provincia de Lugo. Ás 11,34 horas do sábado, Triacastela sufriu un tremor de magnitude 2,5. Durante o resto do día a provincia mantívose en calma ata que cara á noite rexistráronse ata tres tremores. Triacastela tremeu de novo, con magnitude 2,2, ás 23,35 horas, en sismo rexistrado nunha profundidade de 6 metros. O seguinte foi en Baralla, a 23 metros de profundidade e o de maior intensidade, alcanzando unha intensidade de 3.0 puntos, ás 23,38 horas. En Becerreá rexistrouse o seguinte, de ata 2,9 puntos, ás 23,52 horas. E finalmente, ás 00,16 horas, xa neste domingo, As Nogais, na mesma zona, tamén rexistrou un tremor de 1,9 puntos.


Rodrigo Míguez Fernández
1ºBACH B /Nº5

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-02-2019 15:04
# Ligazón permanente a este artigo
Cortan un carril da A-52 para poder recoller a un mastín que foi abandonado polo seu dono

O animal, que carecía de microchip, corría o risco de ser atropelado ante a elevada circulación.

A Garda Civil de Tráfico tivo que cortar esta tarde un carril na A-52,á altura do punto quilométrico 266,900, en Melón , pola presenza dun can abandonado na calzada e para poder retiralo con seguridade debido á elevada circulación.

Era un mastín e para collelo reclamouse que acudise o lacero da Deputación, que se fixo cargo do can para trasladalo ao floco, xa que se descoñece a identidade do seu dono por carecer de microchip.

Para levar a cabo este operativo foi necesaria a presenza dun equipo de atestados e outro de motoristas da Garda Civil de Tráfico, do destacamento de Ourense, ademais de persoal de mantemento.

Paula Vázquez 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-02-2019 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
QUERER VIVIR NA ALDEA… E NON PODER
Polo agarimo co que tratan a Chiqui, o seu perro, queda claro que a Lara Santiso, de 43 anos, e a Miguel Ángel Río, de 46, encántanlles os animais e a natureza.

Pero dedícanse profesionalmente á música, non son agricultores nin gandeiros, e, por estraño que pareza, esa circunstancia fai que a Lei do Solo lles impida construír unha casa no lugar dos seus soños, unha leira que compraron fai uns catro anos na parroquia de Moucide, no Valadouro, o municipio da Mariña duns 2.000 habitantes de onde é orixinario el.

« Temos un terreo moi bo, con entrada privada e que conta cos servizos de electricidade, auga e sumidoiros, pero todo son problemas e non pódese facer nada, porque está catalogada como zona rústica destinada a explotacións gandeiras ou agrícolas.

Algo que xusto aquí é absurdo, porque ao carón e ao outro hai casas que non teñen explotacións», razoa con tristeza o home, cuxo testemuño reflicte ben como hai xente que está a desexar vivir nunha Galicia rural que perde poboación a pasos axigantados e non pode facelo ou atopa grandes dificultades para conseguilo.

«Parece que en lugar de apoiar á xente nova a vivir no rural queren que nos vaiamos».
«Hai xente nova que marcha porque nos terreos de seus pais e de seus avós non poden facer nada»


ALBA MILLLÁN BORRAJO 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-02-2019 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
UN PUNTO DE LUZ NO ALMACÉN PUIDO DESENCADEAR O INCENDIO DO HOTEL BAHÍA

Aínda que non causou feridos nin cuantiosos danos materiais,a Policía Nacional iniciou unha investigación para esclarecer as causas que provocaron o incendio orixinado na madrugada do pasado xoves no hotel Bahía.Todo apunta a que o lume se habería desencadeado nun punto de luz no almacén,tal e cómo precisou a directora da hospedaxe.”Indicáronnos que a causa parece ser accidental”,manifestaba Ana María Esperón.
Con respecto aos danos orixinados no almacén, Esperón aseguraba que só será necesario unha adecuación desta estancia.
Lucía Forneiro Meréns 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-02-2019 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
As tensións entre Rusia e EEUU podrían supoñer o rearme armamentístico
O principal acordo que mantiña a orde e o consenso das armas nucleares dende o final da Guerra Fría, o INF (Intermediate-Range Nuclear Forces), caeu. Liberados do tratado a tensión entre ambas potencias reiniciase. Tentándoa a iniciar unha nova carreira bélica cargada de armas máis modernas e poderosas que poderían desencadear unha crise global que desestabilizaría a actual e futura orde mundial.

Mentres ambos xigantes adicanse a acusarse polo incuplemento do pacto, observan como China aumenta a súa industria militar.

O esquema da Guerra Fría non sirve. O taboleiro xeoestratéxico actual e moito máis variado e perigoso que durante os anos de crise entre o bloque capitalista e o oriental comunista, liderados o primeiro polos EEUU e o segundo pola Unión Soviética.

Os danos dunha nova carreira armamentística poderían ser incalculables, debido a que nun tempo de tensións crecentes e unha industria de defensa con arsenais modernos, dispositivos rápidos e variados,e múltiples axentes que compiten por bloques un contra os outros, un novo conflito empeoraría a situación actual.
´

Lucía Nieto Cancho
1ºBACH B/Nº6


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-02-2019 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
Unha precampaña marcada polo medo á ultradereita e ao independentismo

Quedan máis de dous meses para que se celebren as eleccións xerais, pero a estas alturas queda claro que a campaña electoral deses comicios estará baseada máis en axitar o medo á ultradereita por unha banda e ao independentismo por outra, máis que na presentación de propostas. O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, deixou xa clara esta estratexia no acto de anuncio do adianto electoral coa súa advertencia de que o PSOE é o único capaz de servir de dique de contención para evitar que o próximo Goberno de España estea condicionado pola ultradereita que representa Vox e que, ao seu xuízo, obrigou ao PP e a Cidadáns a radicalizar as súas propostas. Un argumento que tamén secunda Unidos Podemos, aínda que no seu caso arrogándose non o papel da moderación centrista, senón o da loita radical contra a extrema dereita. Pola contra, tanto a campaña do PP de Pablo Casado como a Albert Rivera en Cidadáns estará centrada en pedir o voto para evitar que España quede en mans duns independentistas aos que o Goberno está disposto a seguir facendo concesións.


Iago Fuentes Aller
4º ESO B

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-02-2019 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
A MULLER DEPORTISTA COMO OBXECTO. OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
Boas queridas e queridos amigos.
Fago un inciso, espero que breve, nesta tarde de estudo domingueiro para deixar o meu gran de area neste blog.
Hoxe tería moitos temas dos que falar ou debater pero este non é lugar para iso. Quizais esta sería unha cuestión que o coordinador xeral deste blog debería de pensar. Sen menosprezar o labor realizado, podería expor a posibilidade de lanzar un tema semanal e que os que participamos deste blog deixemos a nosa opinión, as nosas suxestións, comentarios e debatamos que, sempre dentro dos límites da boa educación e o respecto, son enriquecedores.
Pero volvamos á cuestión que se non me alongo moito.
Hoxe preparando un tema dunha exposición para ximnasia, tratei sobre a imaxe que a muller deportista presenta nos medios de comunicación.
Resumo: “… o lugar da muller nos Xogos Olímpicos é para adornar ao vencedor coa coroa de loureiro”. Barón Pierre de Coubertin, impulsor e creador dos Xogos Olímpicos Modernos.
É penoso comprobar como as mulleres que profesionalmente se dedican ao deporte, saen nos “mais media” polo seu físico e non polas súas fazañas deportivas. E o máis penoso é comprobar como deixan que esas imaxes continúen na internet porque o que deberían facer é solicitar incluso xudicialmente se fose necesario, a súa retirada. Porque degradan á muller e fannos retroceder aos anos das películas do falecido Alfredo Landa e o “desembarco das suecas” en España. As mulleres que practican deporte parecen invisibles; non venden, a non ser que promocionen uns bodis ou uns shorts dunha coñecida marca de roupa deportiva.
A imaxe que se proxecta da deportista nos medios de comunicación masiva, é a dunha muller nova identificada como obxecto sexual que non ten nada que ver coa súa traxectoria vital ou profesional. O máis penoso e síntoo así, é que moitas mulleres seguen a corrente e están presentes en programas de murmuración e telelixo. Que ao final, é o que vende porque é o que se ve nas tardes e noites da televisión Española.
Cultura señoras e señores, fagamos cultura!
As mulleres falamos continuamente de conseguir a igualdade ou o que aínda é mellor, a equidade entre xéneros e resulta que os medios de comunicación prexudícannos e case maltratan. Teñen o poder de influír na sociedade en xeral co que presentan, escriben ou emiten. A sociedade copia literalmente os comportamentos que se visualizan na televisión, escóitanse na radio ou aparecen no medio de comunicación universal que é internet e así nos vai. Cando aparecen fotos ou noticias referentes ao deporte feminino son negativas para a imaxe da muller.
Doutra banda, non sei se vos fixaredes en que o seguimento deportivo polos profesionais xornalísticos, difire se se trata de competicións masculinas ou femininas. No ano 2006, onde os campionatos do mundo se celebraron en Xapón o masculino, e en Río de Janeiro o feminino, quedou patente dita diferenza (multitude de medios en Xapón –antes de quedar campións do mundo – e só 2 – TVE e Xigantes – en Río). Ademais, destacar a diferenza en cobertura televisiva; mentres que as televisións “se pegaban” por poder retransmitir o Eurobasket 2007 masculino – finalmente conseguiuno a Sexta -, quen tivo os dereitos para facelo co feminino - a Sexta – declinou retransmitilo e só cando o equipo conseguiu chegar á final, interesoulle a retransmisión.
E así poderiamos seguir ata o infinito…
En conclusión, direi que as mulleres desde a antigüidade víronse relegadas non só na participación deportiva senón na presenza nos medios de comunicación, a pesar da evolución actual do deporte feminino.
Aínda por riba, os medios reproducen os valores máis androcéntricos quizais porque están ao servizo do gran poder das federacións e clubs e ofrecen escasa información deportiva e, como xa dixen, a que ofrecen, de baixa calidade.
A solución. A solución ao meu modo de ver, debería comezar por unha formación resolutiva en materia de igualdade, pois se non te pos as lentes da equidade, o mundo vese con ollos de miope. O segundo paso sería a autocrítica. Non debemos de consentir que se nos recoñeza ou se nos critique polo noso corpo e non polas nosas fazañas e non debemos de participar do circo mediático en que se converte a miúdo e por poñer un exemplo, algo tan natural como o feito de ser nai.
Estou convencida que se nós cambiamos, os medios de comunicación non terían máis remedio que acompañarnos e, en pouco tempo, poderiamos gozar da ansiada sociedade inclusiva. O reto da igualdade efectiva entre homes e mulleres é unha realidade en todos os ámbitos e como non, no deportivo tamén. Unha visibilización adecuada das mulleres implicadas neste campo deportivo a calquera nivel, tamén nos postos directivos, e en calquera área, debe ser o reto para conseguir.
Isto é to, isto é to, isto é todo amigXs.
Non sei por que, véuseme á cabeza o meu ben querido amigo da infancia Porki.


Clara María Domínguez Iglesias
1ºBACH A/Nº8
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-02-2019 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
O ébola
A epidemia de Ébola que foi declarada o 1 de agosto no noreste da República Democrática do Congo (RDC) xa alcanzou 829 casos e morreron 521 persoas, cunha taxa de mortalidade do 63%. Por agora, o brote continúa afectando as provincias de Kivu do Norte, onde xurdiu o brote, e Ituri e, en particular, nas últimas semanas está moi enfocado nas áreas de saúde de Katwa e Butembo. A Organización Mundial da Saúde (OMS) o venres convencido a acabar coa epidemia, que terá "varios meses" e dixo que é un brote de "intensidade moderada", pero cun risco "moi elevado "De expansión nacional e rexional, é dicir, países limítrofes.
Complicacións derivadas da presenza Ébola nunha zona onde decenas de grupos armados, como a existencia de límites para acceder as áreas de persoal de saúde, operar segue sendo un dos grandes retos que o dispositivo lanzado afronta a rematar con este brote. O Goberno congolés activou a fase tres resposta á epidemia, esta semana, segundo a OMS, que precisa de preto de 131 millóns de euros a seren alocados sobre todo para deter a transmisión nas dúas provincias afectadas e evitar a súa propagación a Uganda, Sudán do Sur e Rwanda.
Durante o mes de xaneiro o índice de novas infeccións dobrou, de 20 a 40, un sinal claro de que a epidemia aínda está fóra de control. O director da Save the Children na RDC, Heather Kerr, atribuíu o aumento á presenza de grupos armados, pero tamén para a persistencia de "desinformación" entre a poboación, que chega a interromper enterramentos seguros ameazando voluntarios da Cruz Vermella levar o corpo e practicar un enterro tradicional.
Os intentos de conter o brote levaron a OMS a aumentar os seus esforzos aos países veciños, o lanzamento de campañas de vacinación en Uganda, Sudán do Sur e Ruanda, incidindo sobre todo sobre os traballadores de saúde e funcionarios que realizan as comprobacións en publicacións fronterizas. Non obstante, a OMS rexeitou ata agora a epidemia como unha emerxencia internacional de saúde pública, considerando que o risco de que se estenda máis alá desta rexión de África é baixa.


Adrián Osorio Míguez
1ºBACH B/Nº8


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-02-2019 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
Mentres que Pablo Casado mostrouse partidario de derrogar a actual normativa de prazos e volver á de supostos aprobada en 1985 polo Goberno de Felipe González, a alto cargo do Goberno de Alberto Núñez Feijóo defendeu que "a situación legal actual da Lei do Aborto é adecuada".

"Cada persona ten que tomar a súa decisión, é dona do seu corpo, e tamén hai que respectar ás persoas, tomen a decisión que tomen", respondeu López Abella a preguntas dos xornalistas durante un acto en Ourense para explicar as axudas e subvencións ás entidades locais para a promoción da igualdade.

Na súa opinión, a lexislación do aborto e a baixa natalidade non se poden vincular. "Nada ten que ver unha cousa coa outra", proclamou. Con todo, o presidente do seu partido dixera: "Se queremos financiar as pensións e a saúde debemos pensar en como ter máis nenos e non en como os abortamos".


Beatriz Ribeiro Pereira
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-02-2019 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal