Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

24 de Febreiro, día de Rosalía
Non é o primeiro ano que se celebra e conmemora o nacemento dunha das escritoras máis grandes da literatura galega, pero si un dos que máis se extenderon as celebracións a través de música, recitais e todo tipo de actos, sendo as localidades con máis movemento Satiago e Padrón, as máis ligadas á escritora tamén. Tras 181 anos dende o seu nacemento Rosalía segue sendo recordada unha vez ao ano a través de homenaxes por toda Galicia, e onte foi un día dedicado enteiramente á vida e obra desta muller.

En Santiago a mañá do 24 de febreiro iniciouse cunha ofrenda floral, que foi o punto de partida dun día cheo de homenaxes á autora de "Cantares Gallegos". O acto máis destacado do día foi a entrega de "caldo de gloria" aos asistentes, o cal estaba feito coa receita que narra Rosalía no seu poema "Miña casiña, meu lar".

En padrón o cociñeiro Pepe Solla, cunha estrela michelín, foi o ncargado de preparar "caldo de gloria" pola tarde en Padrón, onde tamén o Trío Rosalía ofreceu un concerto no que recompilaron varias pezas baseadas nos poemas desta escritora.

Mª José León Fernández-Reyes 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-02-2018 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
A RAG presenta nun colexio de Pontevedra a ferramenta educativa 'Primavera das Letras', dedicada a María Victoria Moreno
A Real Academia Galega escolleu un colexio de Pontevedra, a cidade de adopción de María Victoria Moreno, para estrear a programación dedicada á escritora, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

Estremeña de nacemento e pontevedresa de elección, María Victoria Moreno viviu con tanta intensidade a literatura como a súa profesión docente. De aí que a programación de actos dedicados á escritora comezase, precisamente, nun centro educativo e coa presentación do proxeto 'Primavera das Letras', un conxunto de ferramentas didácticas a disposición en liña de mestres e das familias.




María Victoria Moreno é a cuarta muller a quen a institución dedica o Día das Letras.





Ángela Itziar
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-02-2018 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
Expediente sancionador a Ponteareas polas verteduras ao río Tea desde a depuradora
Segundo informou o grupo ecoloxista Adenco, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil abriu un expediente sancionador contra o Concello de Ponteareas polas verteduras ao río Tea procedentes directamente da depuradora. O colectivo denunciou reiteradamente nas últimas semanas as verteduras de augas residuais sen depurar que chegan ao río, a través tanto do propio emisario da depuradora como a través do aliviadoiro. Non encanto, criticou que a Xunta e o Concello non responderon as súas denuncias, e os feitos continúan producíndose e as verteduras continúan sen ningún tipo de control, ocasionando un dano severo a unha zona de especial protección da natureza, incluída na Rede Natura 2000.

Sofía Cougil García
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-02-2018 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
Un informe detecta que a canceira de Ourense carece de aloxamento cómodo e seguro
Un informe veterinario asinado o 26 de xaneiro do 2018 pon branco sobre negro as carencias que na actualidade ten as instalacións da protectora de animais de Ourense. Segundo o documento asinado por un veterinario colexiado, unha das principais trabas que se atopa o persoal da instalación é a ausencia dun sistema de dispensación de auga potable. «Os operarios están obrigados a repoñer a auga con envases de variable composición de forma periódica, cos problemas debidos a sucidades e contaminacións que supón», explica. Trátase dun sistema, segundo o experto, que é «imprescindible» nunhas instalacións deste tipo e que supón un «grave problema» de índole hixiénico-sanitaria, ademais dun incumprimento da lexislación vixente. En concreto, fai referencia o informe ao decreto 153/1998 de protección de animais domésticos e salvaxes en cautividade, como á nova lei 4/2017 de protección e benestar de animais de compañía de Galicia.
As carencias non se limitan á ausencia de auga potable. De acordo con este informe veterinario, as instalacións carecen dun aloxamento «suficiente, cómodo, seguro, a resgardo das inclemencias meteorolóxicas, xa que o elevado censo de animais obriga a que moitos vivan comunitariamente nos patios. Estes carecen dos cubículos necesarios para o acubillo dos animais e carecen das suficientes zonas cómodas para o seu descanso».
O informe difundido por Democracia Ourensá destaca tamén a ausencia de material para a realización de tarefas veterinarias e probas diagnósticas, así como a necesidade de inmunizar a todo o censo por vacúas pautadas pola normativa e que poderían afectar o persoal. Ademais, a análise das instalacións situadas en Eiroás conclúe cunha recomendación para a protectora e o Concello de Ourense: «Ante o elevado número de animais e o non menos importante volume de ingresos e saídas débese proceder a un rexistro interno para a mellora da xestión integral do manexo dos animais».





Ana Ramos Gallego
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-02-2018 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
Licitación das obras da estación intermodal de Ourense
Segundo o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, o Consello da Xunta habilitou o crédito necesario para licitar as obras da estación intermodal de Ourense. Segundo Feijóo, as obras serán licitadas este mes de febreiro e iniciaranse este ano.
Na primeira fase de obra executarase a terminal de autobuses e o aparcadoiro subterráneo por un investimento autonómico de algo máis de 9 millóns de euros.
No que atinxe ao aparcadoiro subterráneo, que executará o Adif en cofinanciación coa Xunta, habilitaranse 300 prazas de aparcamento que darán servizo tanto á estación de autobuses como á estación do ferrocarril. Este aparcadoiro subterráneo permitirá unha contorna máis confortable.
Feijóo fixo fincapé en que a Xunta pode dar xa por finalizada as súas tramitacións, despois de facer uso da Lei de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese para sacar adiante o proxecto da estación intermodal, xa que non estaba recollido nas normas urbanísticas que están en vigor no Concello de Ourense.
Tras o remate da primeira fase, comezará a segunda, a cargo do Ministerio de Fomento, que inclúe a adaptación da estación de ferrocarril e diversas actuacións para mellorar a integración urbana, como a comunicación entre os barrios a ambos lados da vía: o da Ponte e o Vinteún.



Lucía Alvarellos Garea
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-02-2018 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
Vida mariña intoxicada a escala planetaria.

Ata agora a maioría de estudos centrouse en saber cal é a magnitude da contaminación por plástico, que se demostrou ser dunha escala planetaria, con importantes rexións de acumulación no centro de todas as concas oceánicas, mares semi-pechados como o Mediterráneo e certos sectores de costa.


A fragmentación dos refugallos plásticos fai que existan no mar fragmentos de todos os tamaños, os cales poden ser accidentalmente consumidos por calquera organismo, desde pequenos invertebrados a grandes mamíferos. Así, documentáronse exemplos de inxes- tión de refugallos plásticos en case a totalidade de formas de vida mariña, pero a importancia ecolóxica deste exemplo era aínda discutida.


O estudo de Oona M. Lönnstedt e Peter Eklövste en Science vén sumarse a outros traballos recentes que demostraron que os microplásticos, os pequenos pedacitos de plástico resultantes da fragmentos de obxectos maiores, reducen a fertilidade e aumentan a mortalidade de animais como os pequenos crustáceos ou as recoiro. Pero este último estudo amplía as consecuencias aos peixes. A preocupación de que a acumulación de residuos plásticos podería afectar o funcionamento dos ecosistemas mariños a gran escala está xa fundamentada.
Lucas Rodírguez
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-02-2018 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
Un voo peculiar
Shane Townley é un pasaxeiro que voaba desde Alemaña ata Estados Unidos, e rexistrou como un neno que viaxaba no seu mesmo avión, non paraba de correr nin gritar durante as oito horas que durou o voo. Townley fixo un resumo de cinco minutos nun vídeo que xa se pode encontrar en calquera rede e o cal xa ten numeras visualizacións, das tediosas oito horas que lle tocaron vivir xunto a outros pasaxeiros nun voo da aerolínea Lufthansa.
Camilo Blanco
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-02-2018 16:29
# Ligazón permanente a este artigo
Xulgan a unha parella acusada de agredir á filla do home tras botala de casa

Ambos negan as lesións e a madrastra asegura que quen pegou foi a moza
Unha parella de 52 e 40 anos foi xulgada onte no Penal 2 de Ourense por un presunto delito de malos tratos no ámbito familiar infligido supostamente á filla do home. A fiscal apoia esta versión e pide unha pena para cada un de 10 meses de prisión máis unha prohibición de aproximarse á vítima, a unha distancia mínima de 200 metros, durante 4 anos.
Os dous procesados, que carecen de antecedentes penais, negan agredir á moza, que tiña 18 anos. A madrastra manifestou mesmo que quen pegou foi a filla do seu noivo. Os tres convivían nun domicilio de Verín cando ocorreron os feitos en xaneiro de 2016.
Segundo a Fiscalía, durante unha discusión os acusados esixiron á moza que abandonase a vivenda pero ela negouse. Presuntamente, a acusada golpeou á moza no brazo esquerdo, e o pai a zarandeó e ameazouna. Consta informe do forense sobre as policontusiones que sufriu a vítima.
Lucía López
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-02-2018 16:28
# Ligazón permanente a este artigo
Para visitar as illas Cíes necesitarase un permiso da Xunta.



As persoas que pretendan visitar as illas Cíes (ría de Vigo) a partir de Semana Santa deberán contar cunha autorización "personalizada e intransferible" emitida pola Xunta.
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio anunciou a posta en marcha deste novo sistema de acceso a partir do próximo mes tras os problemas de sobreaforo detectados no pasado e que supuxeron multas para as navieras. Deste xeito, indica nunha comunicado a Xunta, deberá ser o propio usuario quen solicite permiso para acceder ao arquipélago a través da central de reservas habilitada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ( Amtega), seguindo o modelo vixente para acceder á Praia dás Catedrais (Ribadeo).
Para o acceso ás illas será obrigatoria a obtención dunha autorización a través da páxina web, accesible tamén desde dispositivos móbiles, polo que as empresas que se encargan do transporte marítimo ás illas só poderán emitir billetes a aqueles pasaxeiros que dispoñan da preceptiva autorización de acceso para ese día concreto. Os visitantes poderán reservar ata 25 prazas por solicitude e para cada visitante será necesario rexistrar nome, apelidos, documento de identificación, sexo e ano de nacemento. Unha vez que o visitante dispoña da súa autorización, de carácter persoal e intransferible e dotada de códigos de control QR, número de autorización e nome e apelidos, poderá elixir a naviera coa que desprazarse.
Ao desembarcar nas illas deberá presentar no peirao a autorización personalizada e emitida pola Xunta, tendo en conta que é "o único documento válido para poder acceder ao arquipélago".
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-02-2018 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
MIGUEL CASTILLO, UN OCTOXENARIO DE ERASMUS EN VERONA

O octoxenario Miguel Castillo tres anos despois de empezar a carreira de Xeografía e Historia en Valencia empeza unha nova aventura en Verona como estudante Erasmus.
Notario xubilado, melómano, exfutbolista, pai de tres fillas e avó de seis netos, este valenciano de 80 anos asegura nunha entrevista que elixiu a cidade italiana para estudar o próximo cuadrimestre porque fai 42 anos estivo alí coa súa primeira muller nun concerto de María Calas. Compartirá o seu novo reto coa súa segunda muller e, aínda que confesa que non lle importaría aloxarse nun colexio maior, farano nun hotel as primeiras semanas e logo irán a un apartamento.
Nacido en Llíria nunha familia de labradores, puido estudar, bolseiro, o bacharelato nun instituto de Valencia, onde terminou os seus estudos co Premio Extraordinario. A súa afección ao fútbol levoulle a fichar pola Valencia para os equipos inferiores e, aínda que tentou compaxinalo co primeiro curso de Dereito na Universidade de Valencia, suspendeu todas as materias “por facer o fanfarrón”.
Iso levou ao seu pai a obrigarlle a traballar no campo, pero, e cando tivo a oportunidade, advertiulle que quería estudar e foise a Barcelona. Aínda que a súa vocación era ser profesor universitario e conseguir unha cátedra, non puido facelo tras asinar con outros compañeiros un manifesto en contra do reitor, e entón opositou a notario.
Ao falecer a súa primeira muller, desprazouse a Onda (Castelló), onde chegou a ser nomeado cidadán honorario. Aos 70 anos xubilouse pero até os 75 o seu labor foi a “típica” dun xubilado. Aos 75 anos sufriu un infarto e afirma sobre ese toque: “Talvez foi a luz que alumou un pouco a miña vida. Dixen: ‘Algo máis hai que facer, non me podo quedar parado’, e iso deume ánimo para buscar onde poder estudar”.
Aínda que as súas fillas reaccionaron dicíndolle, “Papá, estás tolo”, os seus netos foron os seus maiores “fans”: “‘¡Avó, contigo a matar!’, dixéronme”. Castillo anima a todas as persoas maiores a que loiten por superar as limitacións.

Alba losada álvarez
1º bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-02-2018 16:26
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal