Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Apagón en Galiza

Un total de 64.394 usuarios continúan en Galicia sen subministración eléctrica a causa do temporal de vento e choiva que afecta á comunidade, segundo os datos actualizados por Unión Fenosa Distribución pasadas as 12:00h do mediodía. Á primeira hora da mañá a cifra ascendía ata superar os 68.000 afectados. EN Pontevedra son un total 20.622 clientes os que se atopan sen subministración. No caso de Vigo, a Policía Local explica que durante a noite recibiron numerosas chamadas por cortes de luz, aínda que desde a compañía apuntan que ao mediodía non hai constancia de problemas na subministración, polo menos no centro urbano.
Alba gonzalez
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 05-02-2017 20:53
# Ligazón permanente a este artigo
Suaves ata o final

A finais dos anos 70, paralela ás bandas das movidas madrileña e viguesa, nacía en Ourense Los Suaves. O grupo estaba formado por Yosi, Charly e Javier Domínguez (vocalista/guitarrista, baixista e batería), aínda que Javier estaría moi pouco tempo, ós que despois se lles unirían Ramón Costoya e Ángel Ruíz, ámbolos dous guitarristas. A primeira gran oportunidade da banda foi no ano 1981, na compaña do grupo Los Ramones n´A Coruña. A pequena actuación foi moi exitosa, de feito, Dee Dee Ramone felicitounos. Gracias a esta presentación, Los Suaves foron contratados pola productora galega Edigal. O resto, é historia.
As especulación sobre a posible retirada do grupo non é cousa nova, xa que, fai un ou dous anos o tema atopábase en boca de moitos fans da banda. A todo isto, a banda contestou do seguinte modo: "Se os Rolling Stones poden tocar até que lles aguante o corpo, nós tamén".
Esperemos que todos estos rumores non se fagan realidade e Los Suaves sigan sendo a figura máis representativa do rock ourensano.
Lucas Rodríguez
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 05-02-2017 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
O turismo en Galicia bateu récords no 2016 ao rexistrar máis de 10 millóns de pernoitas, das cales preto do 23% foron internacionais

O pasado ano 2016 foi un ano de récord para o Turismo en Galicia. Segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), a nosa comunidade recibiu un total de 4.935.323 viaxeiros rexistrando os seus establecementos regrados máis de 10 millóns de pernoitas, cifras que supoñen máximos históricos.
Galicia rexistrou, así, no 2016 un incremento do 7,4% na súa cifra de viaxeiros e do 9,2% nas súas pernoitas en relación ao ano 2015.
O turismo internacional da comunidade incrementou nun 10,2% o seu volume de pernoitas e nun 7,8% a súa cifra de viaxeiros. Esta mellora supuxo que o mercado internacional acadase no pasado ano máximos históricos tanto de volume, con preto de 1,38 millóns de viaxeiros e 2,28 millóns de pernoitas, como de peso no conxunto da demanda representando o 27,9% dos viaxeiros e o 22,7% das pernoitas totais.
O turismo nacional da nosa comunidade subiu, nun 8,9%, consecuencia dun maior volume de viaxeiros españois aloxados nos establecementos regrados de Galicia que incrementáronse nun 7,2% -. Grazas a este incremento o turismo nacional rexistrou na nosa comunidade preto de 3,6 millóns de viaxeiros aloxados, acadando tamén un máximo histórico.
O turismo internacional incrementou a súa cifra de viaxeiros aloxados nun 10,1% e as súas pernoitas nun 9,6%, neste caso, acadando os niveis máis elevados desde o 2007.
Lucía Alvarellos Garea, 4ºB ESO
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 05-02-2017 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
Rescatados os 12 tripulantes do 'Gure Uxua' con síntomas de hipotermia sen gravidade

Os 12 tripulantes do pesqueiro galego 'Gure Uxua' foron rescatados na tarde deste venres polo operativo mobilizado por Salvamento Marítimo.
Os mariñeiros presentan síntomas de hipotermia, segundo confirmaron fontes de Salvamento Marítimo.
Sete dos tripulantes foron recollidos polo helicóptero de salvamento xixonés e foron trasladados á base no porto do Musel, mentres que os outros cinco foron rescatados polo 'Pesca 2' e foron levados ao porto galego de Viveiro.
Por mar mobilizáronse as embarcacións 'Guardamar Concepción Arenal', a 'Salvamar Capella', así como un terceiro buque, xunto a un mercante que se atopaba na zona próxima ao afundimento.
Sofia 4B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 05-02-2017 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
FORTE TEMPORAL EN GALICIA CON VENTOS DE 140KM/HORA
O tren de borrascas que está a sacudir o norte da Península estes días vai continuar polo menos ata o luns. Galicia e as comunidades do Cantábrico permanecen en alerta polo forte temporal marítimo, que ao oeste da Península, en alta mar, xa rexistrou ondas de 16 metros.
A Axencia Estatal de Meteorología (Aemet) avisa de refachos de vento que poderían superar os 140 km/h. Por iso emitiu un aviso vermello por risco extremo en todo o litoral galego.
Nalgúns puntos de Galicia poderían acumularse 200 litros por metro cadrado.
Protección Civil recomenda afastarse da costa e evitar riscos absurdos por tratar de captar imaxes espectaculares que poden custar a vida.
Nas vivendas, os expertos recomendan asegurar os obxectos que puidesen caer sobre a vía pública e manterse afastado de cornixas, árbores, muros ou edificacións en construción e guindastres que poidan desprenderse.
Aos condutores, Protección Civil pídelles que extremen as precaucións, especialmente na saída de túneles, adiantamentos e cruzamento con vehículos pesados en estradas de dobre sentido, e que presten especial atención ante a posible presenza de obstáculos na estrada.

ALBA LOSADA ÁLVAREZ
4º B ESO
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 05-02-2017 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
Traballadores contra incendios forestais demandan a fin da precariedade laboral e un servizo público e profesionalizado
Todos os anos, na temporada de alto risco de incendios en Galiza, cando se producen os combates máis duros contra as lapas, xogan un papel determinante centos de traballadores que se implican a fondo nunha loita nada doada. Máis de catrocentos destes traballadores veñen, a finais do ano pasado, de agruparse en Atrifoga, a Asociación de traballadores de incendios forestais de Galicia. Son operarios de diferentes categorías (de brigadas heli-transportadas a vixiantes fixos, condutores de motobombas ou emisoristas) que optaron por constituír esta asociación e fano en torno a dúas cuestións básicas e cansos do “desamparo legal fronte á administración”. Por unha banda, ter contratos dignos, superando a actual situación de precariedade. Por outro, achegar o grao de area para reverter o proceso de privatización da loita contra o lume e pular por un “servizo de incendios único e público” en Galiza.

Luís D. González, membro de Atrifoga, explica que os seus contratos son de tres meses como máximo, limitados aos meses de verán. “Non se nos permite facer substitucións o resto do ano, nin realizar traballos de prevención”, comenta en conversa con Sermos Galiza. Isto limítaos, afirma, a acceder a diversos subsidios de paro, algúns plans formativos, para alén de ficar excluídos do Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta.


Esta situación prodúcese nun escenario de progresiva privatización da loita contra os incendios. “Neste sector hai empresas privadas que contratan xente por períodos de 6 meses mais nós, que somos empregados públicos non podemos facelo máis de tres”, denuncia. Explica que non están a pedir ningún favor nin privilexio. “As siglas do servizo, SPDCIF, inclúen a palabra prevención, porque iso tamén é loita contra incendios, mais a consellaría só se centra na extinción”. De asumir en serio a prevención, manteñen desde Atrifoga, iso reduciría os incendios e as súas consecuencias. Ademais, de se tomar a serio a administración a prevención, iso permitiría ampliar o contrato destes traballadores máis alá dos 3 meses de verán. Prolongaríase así os meses de traballo destes operarios ao tempo que se diversificarían as súas tarefas e se realizaría unha acción contra os incendios máis eficaz e baseada na prevención.

Estes argumentos xa llos expuxeron á conselleira de Medio Rural nunha xuntanza. “Amosou boa disposición”, afirma Luís D. González, “mais por agora foron so palabras”. Teñen pendente outra xuntanza.

“Hai traballadores que levan case 20 campañas nesta situación”, lamenta. Defende que no colectivo hai experiencia e profesionalidade e que unha correcta estratexia contra os incendios forestais implica actuar todo o ano e non só cando se producen os incendios. Para iso a mellor ferramenta é un servizo público e único, sostén. É neses marcos, indica González, onde colle sentido a súa petición de prolongación dos contratos a nove meses anuais e ter así a consideración de fixo discontínuo.







Candela Fernández del Pon, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-02-2017 20:13
# Ligazón permanente a este artigo
Morren cinco novos nun accidente de tráfico en Cartaxena
Outras tres mozas están feridas de gravidade tras chocar dous turismos na estrada que une as localidades da Palma e Torre Pacheco.

Cinco novos, de entre 19 e 21 anos e veciños de Torre Pacheco, faleceron esta madrugada e tres mozas resultaron feridas de gravidade ao chocar dous turismo no termo municipal de Cartaxena.
Segundo informaron fontes do Centro de Coordinación de Emerxencias, o suceso tivo lugar preto da medianoite no quilómetro 4,400 da estrada RMF36, que une as localidades da Palma e Torre Pacheco.
Ao parecer, o turismo no que viaxaban catro dos falecidos, todos homes, saíuse da vía e invadiu o carril contrario, tras o que chocou frontolateralmente co coche que circulaba nese momento en sentido contrario. Nese segundo vehículo viaxaban catro mozas, unha das cales perdeu a vida tamén a consecuencia do sinistro, mentres que as outras tres, de entre 20 e 24 anos, resultaron feridas de gravidade.

Segundo informaron a efe fontes do hospital Santa Lucía de Cartaxena, onde se atopan ingresadas, dous delas, N.D.S, de 21 anos, e M.G.M, de 24 anos, están na Unidade de Coidados Intensivos con múltiples contusións e politraumatismos.






Carlos Sánchez Cao, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-02-2017 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
Un libro recompila 270 cartas do expresidente da RAG Sebastián Martínez-Risco con galegos no exterior
Unha obra recompila 270 cartas escritas ou remitidas entre os anos 1942 e 1947 por Sebastián Martínez-Risco, xurista e expresidente da Real Academia Galega, con diversos galegos no exterior, entre os que se atopan figuras do talle de Eduardo Blanco Amor, Xosé Neira Vilas ou Luis Seoane, ademais de Isaac Díaz Pardo, entre outros.

Así o expuxeron en rolda de prensa o propio Xesús Alonso Montero, presidente da RAG, e o autor desta edición, o profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato, os que destacaron que a publicación busca un "recoñecemento" ao que foi responsable da institución académica entre os anos 1969 e 1977.

"Foi un pai da patria no sentido de patria da nobreza", resumiu o presidente da RAG. De feito, a presentación da publicación coincidiu coa homenaxe ao xurista que terá lugar esta tarde na sede da institución académica.

Xunto a eles, estiveron o vicepresidente da Deputación de A Coruña, Goretti Sanmartín, entidade que se encargou da edición da obra. A responsable provincial subliñou que este libro reflicte "o traballo que se fixo dende o exterior pola cultura galega".

O autor do libro remarcou, ademais, que a correspondencia foi tamén con persoas que "actuaban como embaixadores de Galicia no mundo, pero tamén con franceses ou ingleses que sentían cariño" pola cultura galega".






Lucía Gómez Cibeira, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-02-2017 20:04
# Ligazón permanente a este artigo
A pobreza acurta a vida.

Unha revisión de estudos financiada pola Comisión Europea revelou que as baixas condicións socioeconómicas poden condicionar a esperanza de vida e acurtala en máis de dous anos, un impacto similar ao que causa o sedentarismo e superior a outro factor de risco como o consumo elevado de alcol.


O traballo, publicado na revista «The Lancet», é o primeiro que compara a esperanza de vida entre persoas de diferente status socioeconómico e a correlaciona con outros factores de risco que a Organización Mundial da Saúde (OMS) xa asocia a unha maior mortalidade. Con todo, o status socioeconómico non é considerado aínda como un factor relevante pola institución internacional.
«Sabíase que a educación, a renda e o traballo afectan á saúde, pero poucos estudos examinaron a importancia destes factores socioeconómicos», engadiu Mika Kivimaki, profesor do University College de Londres que participou no estudo.
En concreto, o factor de risco que máis pode acurtar a vida é o consumo de tabaco, ata 4,8 anos de media, seguido da diabetes (3,9), a inactividade física (2,4), o status socioeconómico (2,1) e o consumo de alcol (1).

«As pobres circunstancias sociais e económicas parecen matar á xente ao mesmo ritmo que os poderosos factores de risco como o consumo de tabaco, a obesidade e a hipertensión», recoñeceu a investigadora Silvia Stringhini, do Hospital Universitatio de Lausana (Suíza) e principal autora do estudo.

Para a súa investigación analizaron datos de 48 estudos de cohortes independentes do Reino Unido, Italia, Estados Unidos, Australia, Portugal, Suíza e Francia, que en total incluíron datos de máis de 1,7 millóns de persoas adultas.

Todos os participantes sometéronse a un seguimento medio de 13 anos e o status socioeconómico mediuse co último posto de traballo coñecido, explicou a investigadora.

Stringhini admite que na súa análise observáronse diferenzas entre os países incluídos no estudo aínda que non cre que se deban ás características dos seus sistemas sanitarios. Igualmente, admite que non se analizou que enfermidades foron as causantes desa menor esperanza de vida ligada a un menor status socioeconómico.

Con todo, admite que estudos previos xa demostraron que as persoas cun baixo nivel socioeconómico son máis propensas a ter peor saúde polas condicións nas que viviron durante os seus primeiros anos de vida, por unha maior tensión psicosocial ou falta de apoio social, e por un menor acceso aos sistemas sanitarios, entre outras cuestións.

De igual modo, aínda que tampouco foi obxecto de estudo neste traballo, Stringhini recoñeceu que outros estudos tamén apuntaron a unha «sinerxia entre factores de risco cando se concentran nun mesmo individuo».

Os autores confían en que a partir destes achados as autoridades sanitarias teñan en conta o baixo nivel socioeconómico como un factor prognóstico para predicir a mortalidade prematura, xa que é un factor de risco modificable a través de políticas a nivel local, nacional e internacional.







Laura Feijoó González, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-02-2017 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
Noruega acusa a Rusia dun ciberataque
O Ministerio de Relacións Exteriores noruegués, as Forzas Armadas e outras institucións foron vítimas recentemente dun ciberataque por parte dun grupo sospeitoso de vínculos coas autoridades rusas, informaron este venres os servizos de intelixencia noruegueses. O grupo, coñecido como APT 29, xa fora denunciado por interferir na campaña electoral estadounidense o ano pasado.

"Nove contas email foron atacadas mediante o que se coñece como 'spear phishing', noutras palabras correos electrónicos maliciosos", explicou Arne Christian Haugstoyl, un axente dos servizos de intelixencia PST, en declaracións á cadea televisiva TV2. "É difícil saber cal era o obxectivo" da operación, afirmou. Noruega foi alertada do ataque por un país aliado.

O alto responsable describiu a APT 29 como un grupo "relacionado coas autoridades rusas". Un portavoz de PST, Martin Bernsen, citado polo diario Verdens Gang (VG), indicou que "non hai razóns para crer que se ha pirateado información clasificada en conexión co ataque".

O ataque, cuxa data non foi desvelada, tamén afectou á axencia de protección contra as radiacións, unha escola e o grupo parlamentario do Partido Laborista, actualmente na oposición. O país celebra eleccións lexislativas o 11 de setembro, aínda que non se estableceu ningún vínculo entre o ataque e a votación.






Sara Araújo Sánchez, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-02-2017 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal