Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

“O xermolo das Irmandades da Fala que plantou Villar Ponte cumpre un século”
«A cerna dun movemento social de reivindicación da lingua e da identidade nacional galega que mostrou unha nova forma de concibir o país, en tanto colocou por vez primeira a Galicia como centro de decisión e como suxeito do seu devir social, cultural e político». Así son cualificadas as Irmandades da Fala no acordo da Deputación Provincial da Coruña, tomado hai uns días para declarar o 2016 como o Ano das Irmandades da Fala. O xermolo do que naceu esta organización plantouno hai un século, tal día como hoxe, Antón Villar Ponte (Viveiro, 1881-A Coruña, 1936), cun artigo publicado neste xornal. Curiosamente, o texto estaba escrito en castelán, levaba por título “El cimiento de la afirmación gallega e un lema”.

Antía Álvarez Ferro, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 06-02-2016 17:08
# Ligazón permanente a este artigo
"Estamos conseguindo dar a coñecer o Entroido dos Xenerais da Ulla"
O Concello de Touro está preparado para a chegada do Entroido. A parroquia de Bama acolleu este domingo o primeiro atranque dos Xenerais da Ulla. Nunha entrevista en Radio Obradoiro, o alcalde de Touro salientou a "vistosidade" desta festa que data do século XIX. Ignacio Codesido lembrou que os personaxes máis importantes do Entroido da Ulla son os xenerais e correos a cabalo, que percorren as parroquias ao longo do día dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun “exército” de abandeirados, coros, comparsas e troulas. Segundo dixo, rematan escenificando un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, "especialmente sobre nós, os políticos". Codesido sinalou que os concellos de Vedra, Teo, Vila de Cruces, Silleda, A Estrada, Santiago, Boqueixón e Touro defenden cadansúa festa, pero xuntos, dixo, "estamos conseguindo dar a coñecer o Entroido da Ulla".

Irene Iglesias Bastos, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-02-2016 17:07
# Ligazón permanente a este artigo
bROTHERS iN bAND na Coruña.

Tras encher auditorios e teatros nas principais ciudades españolas durante o pasado ano, bROTHERS iN bAND –a mellor banda tributo a dIRE sTRAITS-, presentará en A Coruña novo espectáculo, “The very best o dIRE sTRAITS” o día 20 de febrero no Palacio da Ópera.

“The very best of dIRE sTRAITS” é un novo show no que se reviven os grandes éxitos da mítica banda de Mark Knopfler, cunha posta en escea única.

Este concerto na Coruña inclúese nunha xira que logrou grandes éxitos por toda Españao ano pasado, e que xa ten confirmados para este 2016 concertos en ciudades como Badajoz, Cáceres, Mérida, Santander ou Salamanca.

Considerada como a mellor banda tributo a dIre sTRAITS, bROTHERS iN bAND está fromada por nove músicos que interpretarán as cancións do grupo entre os anos 1978 e 1991, chegando a un nivel de recreación tan alto que o propio Guy Fletcher, teclista de dIRE sTRAITS e Mark Knopfler desde 1984, chegou a confundir o grupo co orixinal nun concerto en Granada.

Tras o éxito do seu anterior espectáculo “On The Night Show”, onde a banda recreaba a última xira da banda antes da súa disolución, chega á Coruña “The very best of dIRE sTRAITS”, o seu novo show que nos tranportará na súa máquina do tempo particular, tras dun seleccionado e coidado repertorio que pertence xa á memoria colectiva de varias xeracións.






Candela Fernández del Pon, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-02-2016 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
Europa suxire a España un “recoñecemento” do galego nas áreas onde se fala en Castela-León e Estremadura.
As autoridades españolas deberían de “considerar estender o recoñecemento” daquelas linguas que xa son cooficiais (galego, vasco e catalán) en determinados territorios a outras autonomías onde sexan faladas, “sempre que haxa un número suficiente de usuarios”. Esta é, informa a web 'Nationalia', unha das recomendacións que o Comité de Ministros do Consello de Europa vén de facer para garantir maior protección a aqueles idiomas diferentes do español.

A suxerencia do Comité, prosegue Nationalia, traduciríase nun posíbel recoñecemento do galego naquelas áreas de León e Zamora onde hai galego-falantes, así como á zona de Estremadura onde aínda pervive o noso idioma. Cómpre lembrar que en León son 25 os concellos con habitantes galego-falantes e en Zamora, 5. O filólogo Henrique Costas calculou que no Bierzo hai por volta de 25.000 persoas que falan o galego e que nas Portelas son unhas 1.500. Na comunidade de Estremadura existe tamén un pequeno núcleo (Val do Xálima) de tres lugares nos que se fala unha variedade da lingua galega: Valverde do Fresno, As Ellas e San Martiño de Trebello. Son, segundo o filólogo e membro da RAG, uns 5.000 falantes. En total, hai por volta de 70.000 falantes de galego en 51 concellos de Asturies, León, Zamora e Estremadura.

Porén, esta recomendación non necesariamente se fai a Asturies (Costas fala de 40.000 galego-falantes no Navia asturiano), pois a documentación do Consello de Europa define o idioma que se fala nesa zona como 'galego-asturiano'.

O Comité fai unha outra recomendación o Estado español: que a introdución da educación trilingüe “non afecte adversamente a protección e promoción” das linguas diferentes do español, caso do galego.Hai catro recomendacións máis feitas polo Comité: reforzar as linguas cooficiais na xustiza, administración estatal e servizos públicos en xeral.





Fernando Rodríguez Sousa, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-02-2016 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
Nós podemos, eu podo.
Este xoves 4 de febreiro celébrase o Día Mundial da Loita contra o Cancro. "É unha enfermidade que se caracteriza por ser un proceso de crecemento de células malignas. Pode aparecer en calquera lugar do corpo, define a Organización de Nacións Unidas nun comunicado. Os expertos aseguran que moitos tipos de tumores malignos poderíanse previr, evitando, por exemplo, o fume do tabaco. Ademais, unha porcentaxe importante de cancros poden curarse mediante cirurxía, radioterapia ou quimioterapia, especialmente se se detectan nunha fase temperá", explican desde a ONU. Máis do 60% dos casos concéntranse en África, Asia, América Central e do Sur. Esas rexións rexistran o 70% das mortes a nivel global, principalmente pola falta de detección temperá da enfermidade e o acceso a tratamentos, engaden. O lema deste ano 2016 é Nós podemos. Eu podo.
O último Informe Mundial do Cancro da Organización Mundial da Saúde (OMS) informa de que en 2012 rexistráronse 8,2 millóns ¬os mesmos habitantes da cidade de Nova Iork de novos casos e estima que esa cifra subirá a 22 millóns anuais nas próximas dúas décadas.
Pola súa banda, a Unión Internacional contra o Cancro (UICC) suxire medidas sinxelas para previr a enfermidade, como deixar de fumar, comer menos carne vermella e procesada, facer exercicio regularmente e reducir o consumo de alcol". A UICC é a maior organización internacional de loita contra o cancro, con máis de 900 organizacións membro en 155 países. Neste momento, está a liderar 700 actividades de concienciación sobre a enfermidade en




Laura Feijoó Gonzáelez, 4ºA.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-02-2016 15:56
# Ligazón permanente a este artigo
24 de febreiro. Día de Rosalía

Desde o Equipo de Dinamización lingüística do galego teremos no vindeiro día vinte e catro de febreiro, unha humilde homenaxe á poetisa por excelencia das nosas letras.

Agardamos que este recordo e saúdo merecido nos sirva para reflexionar sobre a importancia desta muller emprendedora ao servizo da defensa dos galegos e da súa lingua.

Contaremos coa colaboración dalgúns alumnos da 3º e 4º da ESO neste ano MANUEL MARÍA.

De paso, lembramos que estamos no 2016, o centenario do nacecemento da IRMANDADE DA FALA cos irmáns Villar Ponte, Ramón Cabanillas, Lugrís Freire, Portela Garea entre outros.

Comentarios (0) - Categoría Actividades EDLca - Publicado o 02-02-2016 08:02
# Ligazón permanente a este artigo
Entroido!

E chegou a pausa e folía do Entroido e o Colexio engalanouse e disfrazouse para a ocasión. Desde a Etapa Infantil, cos seus traxes reciclados de chineses mandarins e cantones ata os maiores da ESO e bacharelato, embutidos en batas brancas de galenos e non sei cantos complementos.

Os mandados do Meco, sinalados na fotografía embaixo foron bastante ben obedecidos e agora só queda troulear e correr o Entroido por Ourense coa comparsa do colexio, moita sorte para a súa viaxe e que o tempo acompañe, así como toda a provincia, engalanada coas súas máscaras tradicionais e rituais.

Longa vida ao Entroido ourensán e boa cachuchada para todos!
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 01-02-2016 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
O mandado!

Comentarios (0) - Categoría Actividades EDLca - Publicado o 01-02-2016 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
O mandado do Meco

Comentarios (0) - Categoría Actividades EDLca - Publicado o 01-02-2016 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal