Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Decenas de mariñeiros esixen ao Estado que apoie o reclamo das súas pensións a Noruega.
Varias decenas de mariñeiros que estiveron embarcados en mercantes de Noruega protagonizaron unha manifestación en Santiago de Compostela para esixir ao Goberno do Estado que medie e actúe para reclamar ao país nórdico o pagamento das súas pensións.
En Galicia hai preto de 8.000 afectados por esta situación (12.000 en toda España) e que reclaman, a través da Plataforma Long Hope, que o Estado actúe ante o Goberno noruegués para solucionar esta situación “tan grave” que está “constatada e documentada”.
“(o Goberno) Non pode estar baixando os pantalóns ante esta inxustiza social”, sinalou o voceiro Alberto Paz, en declaracións aos medios antes da saída da marcha, na Praza do Obradoiro compostelana.
Tras a recente negativa por parte de Noruega á súa petición, a asociación presentará unha demanda o próximo 9 de febreiro ante o xulgado do distrito de Oslo. Trátase “dun primeiro movemento” para lograr levar o caso a xuízo a finais de verán e de aí ir pasando a outras instancias, como o Supremo noruegués, ata chegar o Tribunal de Estrasburgo de Derechos Humanos.
Paz recoñeceu que non esperan “benevolencia” por parte das autoridades norueguesas, dado que “a cerrazón deles é absoluta”. “Pero a nosa, tamén porque sabemos que o dereito nos acompaña”, insistiu.
Así, demandaron a España que presente unha demanda interestatal contra Noruega no Tribunal de Dereitos Humanos, algo ao que se negaron “por razóns políticas”. Ademais, solicitaron a convocatoria dunha reunión “de alto nivel” entre o Estado e as autoridades norueguesas, que é “primordial”, en lugar de celebrar “encontros puntuais” aproveitando coincidencias de ministros.




Ana Rodríguez Diz, 4°C.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-02-2016 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Feijóo repite a visita a Verín disfrazado cun smóking rosa
Como xa é habitual, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acudiu a súa cita coa noite de comadres en Verín. O xefe do executivo autonómico chegou pasadas as once da noite cun particular atuendo -acorde, iso si, coas datas de Entroido- e acompañado por outros alcaldes e líderes locais do Partido Popular.

Miles de persoas de toda Galicia e doutros lugares de España abarrotaron a pasada noite as principais rúas da localidade ourensá de Verín no popular "Xoves de Comadres", unha das celebracións máis seguidas do Entroido ourensán , e que non se quixo perder o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que apoiou, disfrazado, o Entroido. Considerado o día máis multitudinario do Entroido verinés, xa que a vila chega a duplicar poboación, o titular do Goberno galego participou, un ano máis, nos actos de Comadres logo da súa ausencia o ano pasado por motivos de axenda. Neste día, as mulleres "mandan" na rúa aínda que cada vez máis homes, disfrazados de muller, se suman a esta festa. Flanqueado en todo momento polo exalcalde e senador Juan Manuel Jiménez Morán, Feijóo tamen asistiu á cea privada do Parador verinés -un acto non oficial. Ao finalizar a cea, as autoridades percorreron a pé o camiño real que transcorre desde o Parador ata o municipio de Verín, alumados por centos de candeas. Unha vez na praza Maior, as autoridades procederon á lectura do pregón e recibiron á Raíña do Entroido e ao Entroideiro maior.

Nuria Vázquez Gómez, 1ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 06-02-2016 23:41
# Ligazón permanente a este artigo
Leroy Merlin inviste 22 millóns para abrir unha tenda na Coruña

Leroy Merlin aposta pola cidade para aumentar o seu negocio en Galicia. A contrastada empresa anunciou que o próximo mes de xullo abrirá unha nova tenda na Coruña, a segunda na comunidade autónoma, «que significa unha aposta de continuidade, xa que en Santiago contamos con outro establecemento».

Para o desenvolvemento destas novas instalacións, a marca Leroy Merlin investirá 22 millóns de euros. Ademais, coa posta en marcha desta nova tenda, a empresa garante a creación duns 130 postos de traballo directos. A posta en escena deste establecemento tamén beneficiará «á dinamización económica da zona, xa que se conta que a apertura deste negocio supoñerá dar emprego, de forma indirecta, a unhas corenta persoas», sinalaron desde a firma.

Antía Ramos Gallego, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 06-02-2016 23:37
# Ligazón permanente a este artigo
Catro empresas biotecnolóxicas galegas alíanse para buscar novos fármacos contra o cancro

Catro empresas galegas do sector biotecnolóxico e integradas no Clúster Bioga puxeron en marcha o proxecto Neogalfarma, co obxectivo de buscar novos fármacos cos que facer fronte a distintos tipos de enfermidades oncolóxicas.

Segundo informou Bioga, Neogalfarma dará continuidade ao proxecto Oncogalfarma, unha colaboración entre AMSLab, GalChimia e Oncostellae que deu lugar á primeira Plataforma Galega para o Descubrimento de novos Fármacos en Oncoloxía (Galfarma). Concretamente, as tres biotecnolóxicas uníronse para descubrir novas moléculas con actividade antitumoral. Para iso, GalChimia e Oncostellae colaboran cos seus programas actuais de investigación en cancros de próstata e mama, mentres que AMSLab, como plataforma tecnolóxica, achega as súas capacidades analíticas.

No marco do proxecto Conecta-Peme 2014/15, Oncogalfarma foi financiado pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia (GAIN) e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), o cal deu lugar a un consorcio. A el uniuse este Nanogap, outra biotech galega especializada en nanomateriais con potenciais efectos antitumorais. As catro empresas presentaron a súa solicitude ao proxecto Conecta-Peme 2016/17 baixo o nome Neogalfarma, co que desenvolverán cinco proxectos preclínicos contra diversos tipos de cancros. Os resultados obtidos ata agora polo consorcio son patentables, xa que, por exemplo, se descubriu unha nova serie de potentes antagonistas do Receptor de Andróxenos (AR) para o tratamento do cancro de próstata avanzado, unha enfermidade que non ten cura na actualidade.

Selena González Rodriguez, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 06-02-2016 23:35
# Ligazón permanente a este artigo
Dous mortos na explosión nunha empresa de biodiesel de Algemesí

Dúas persoas morreron e unha terceira resultou ferida moi grave, con queimaduras no 80 % do corpo, a consecuencia da explosión ocorrida na empresa Biocom Enerxía de Algemesí (Valencia), cuxas causas están a ser investigadas. A explosión produciuse sobre as once da mañá nun silo desta empresa de biodiesel, situada no polígono industrial de Cotes do citado municipio valenciano, segundo fontes do Centro de Coordinación de Urxencias da Generalitat.

Unha das hipóteses que se baralla é que a explosión sexa producida durante uns traballos de soldadura, aínda que a Policía Científica e Xudicial iniciou unha investigación para determinar o que ocorreu.

Tamén a Conselleria de Economía Sostible, Sectores Produtivos, Comercio e Traballo, indaga as causas do accidente laboral e para iso inspectores do Instituto Valenciano de Seguridade e Saúde no Traballo (Invassat) desprazáronse ata a industria.

Tras coñecerse o accidente, familiares e amigos dos falecidos e do ferido trasladáronse ata a empresa, onde se viviron momentos de tensión. Segundo explicou a Efe o deputado do Consorcio de Bombeiros da Provincia de Valencia, Josep Vicent Bort, os dous falecidos ían proceder a unha soldadura na parte superior do silo cando se produciu a explosión.

Bort indicou que o silo estaba baleiro de líquido pero no seu interior podería haber gases, o que podería ter ocasionado a explosión e a caída do silo e das persoas que se atopaban alí traballando.

Lucía Vázquez Nóvoa, 1º B de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 06-02-2016 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
As amizades perigosas de Núñez Feijóo
Marcial Dorado é un nome indisolubelmente ligado á biografía política de Alberto Núñez Feijóo desde a publicación en marzo de 2013 dunha información por parte de El País en que se daba a coñecer a relación de amizade que mantiveron a mediados dos anos 90. Na época en que eran amigos e partillaban viaxes en iates, Marcial Dorado xa fora detido dúas veces acusado de contrabandista -en 1990 polo xuíz Garzón dentro da Nécora- e Feijóo era unha figura ascendente no PP e en diferentes chanzos da administración pública, desde a galega á estatal. Feijóo sempre negou que coñecese as actividades ilegais de Dorado.

O Supremo vén agora confirmar a sentenza da Audiencia Nacional a Marcial Dorado en relación ao branqueamento de diñeiro procedente do narcotráfico. Alias, anula a súa absolución polo delito de revelación de segredos. A condena carrexa tamén o pagamento dunha multa por valor de 21,5 millóns de euros.

Manuel Alejandro Fernández Carrasco, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-02-2016 17:13
# Ligazón permanente a este artigo
FAI QUINCE ANOS QUE COMECEI A FACER SURF
A paixón de Javier Rodríguez polo surf fixo que, hai dous anos, abrise as portas de Core Surfing, unha tenda especializada no material técnico necesario para esta práctica e pezas de vestir das principais marcas. "Estaba nun momento no que nin eu nin a miña parella, Lupe, tiñamos unha boa estabilidade laboral, así que decidimos arriscar, asociarnos e buscar un futuro para ambos".

Este mozo emprendedor explica que a súa paixón polo surf comezou cando tiña pouco máis de quince anos e que entón aprender non era tan sinxelo como agora. "Non había tantas axudas e aprendín como puiden, sen traxe de neopreno e só cunha táboa". Posteriormente formouse en hostalería e turismo e, unha vez finalizados os seus estudos, a súa paixón por esta disciplina fíxoo facer as súas maletas e trasladarse a Australia. "Fun alí porque quería aprender inglés e surfear".

Elena Outomuro López, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-02-2016 17:13
# Ligazón permanente a este artigo
Unha discusión de parella acaba cunha muller arrastrada polo chan en A Ponte
Unha forte discusión de parella acaba cun feito insólito na rúa Támega do barrio da Ponte. A Policía Local identificou a un home que, tras manter un airado encontro con outra muller dentro dun coche estacionado, arrincou o vehículo e arrastrou uns metros á súa parella polo chan. A circunstancia, fortuíta, aclara a Policía Local, produciuse no momento en que a muller sae do coche co bolso enganchado.

O condutor deuse a fuga pero foi identificado posteriormente. O suceso non foi denunciado e non constan denuncias previas por malos tratos.

Laura Pérez Madriñán, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-02-2016 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
O Consello de Europa encoraxa a Xunta a promover os medios en galego
O relatorio elaborado polo Comité de Expertos europeo ao fío da cuarta rolda de avaliación do cumprimento da Carta europea de linguas minoritarias ou rexionais, supón un tirón de orellas á política lingüística da Xunta de Feijóo. Neste senso, para alén dos incumprimentos que o goberno galego e o Estado español estarían a cometer en materia de ensino, na xustiza ou na propia administración, senón que dá conta deles tamén noutros ámbitos como os medios de comunicación.

No concreto, en cumprimento do artigo 11 os territorios que subscriben a Carta están obrigados a asegurar a existencia de medios nas linguas propias fomentando e facilitando a súa creación, a formación d@s xornalistas . Porén, segundo recolle o documento publicado polo Comité de Expertos "as axudas públicas dirixidas aos medios en galego foron drasticamente reducidas" o que provocou "o pechamento dos xornais que usaban o galego" como o Galicia Hoxe, Xornal de Galicia, De Luns a Venres e A Nosa Terra.

E é que, na última resolución publicada pola Xunta de Galiza en materia de axudas concedidas a “empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego” e de "axudas concedidas a empresas xornalísticas e de radiofusión" evidencian o resgo da administración en favor das cabeceiras escritas case na súa totalidade en español. Así, unha soa cabeceira, La Voz de Galicia, recibe tres veces máis fondos públicos (681.901 euros) que o conxunto dos 18 medios que publican integramente en galego (201.340 euros). Desde o Comité de Expertos sinalan que na actualidade unicamente existe no noso país un xornal impreso publicado integramente en galego e unha vez á semana, Sermos Galiza.

Ana García Barandela, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 06-02-2016 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
Europa suxire a España un “recoñecemento” do galego nas áreas onde se fala en Castela-León e Estremadura
As autoridades españolas deberían de “considerar estender o recoñecemento” daquelas linguas que xa son cooficiais (galego, vasco e catalán) en determinados territorios a outras autonomías onde sexan faladas, “sempre que haxa un número suficiente de usuarios”. Esta é, informa a web 'Nationalia', unha das recomendacións que o Comité de Ministros do Consello de Europa vén de facer para garantir maior protección a aqueles idiomas diferentes do español.

A suxerencia do Comité, prosegue Nationalia, traduciríase nun posíbel recoñecemento do galego naquelas áreas de León e Zamora onde hai galego-falantes, así como á zona de Estremadura onde aínda pervive o noso idioma. Cómpre lembrar que en León son 25 os concellos con habitantes galego-falantes e en Zamora, 5. O filólogo Henrique Costas calculou que no Bierzo hai por volta de 25.000 persoas que falan o galego e que nas Portelas son unhas 1.500. Na comunidade de Estremadura existe tamén un pequeno núcleo (Val do Xálima) de tres lugares nos que se fala unha variedade da lingua galega: Valverde do Fresno, As Ellas e San Martiño de Trebello. Son, segundo o filólogo e membro da RAG, uns 5.000 falantes. En total, hai por volta de70.000 falantes de galego en 51 concellos de Asturies, León, Zamora e Estremadura.

Porén, esta recomendación non necesariamente se fai a Asturies (Costas fala de 40.000 galego-falantes no Navia asturiano), pois a documentación do Consello de Europa define o idioma que se fala nesa zona como 'galego-asturiano'.

Educación trilingüe

O Comité fai unha outra recomendación o Estado español: que a introdución da educación trilingüe “non afecte adversamente a protección e promoción” das linguas diferentes do español, caso do galego. Hai catro recomendacións máis feitas polo Comité: reforzar as linguas cooficiais na xustiza, administración estatal e servizos públicos en xeral.

Sofía Fernández Martínez, 2º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 06-02-2016 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal