Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O colectivo galego LGTBI condena a agresión homófoba de Santiago e carga contra

O colectivo Ultreia LGTBI condena a agresión homófoba de Santiago e carga contra "o machismo e o heteropatriarcado"

O colectivo Ultreia LGTB condenou este venres, fronte ao Concello de Santiago, a agresión homófoba do pasado luns nun supermercado compostelano da rúa Galeras. Tras relatar a agresión homófoba que sufriu a parella, Alberto Hernández, voceiro da asociación, instou á sociedade a loitar contra a "discriminación da comunidade LGTB", o "machismo" e o "heteropatriarcado". Tamén denunciou que a lei 2/2014 non supón ningunha agravante para estes casos e que, polo tanto "queda en papel mollado totalmente". Por iso, instou ás administracións a implicarse moito máis. Así mesmo, subliñou que o problema é "moi claro", xa que a parella acudiu ao hospital e denunciou a situación: "A denuncia está aí, a agresión está aí, hai unhas testemuñas". Sobre este tema, o alcalde de Santiago, quen estivo presente na concentración, mostrou a súa "condena enérxica" ante esta agresión. "Non son situacións de recibo nunha sociedade que se di transixente e integradora", remarcou.

Así mesmo, indicou que el mesmo contactou coa parella que sufriu a agresión e que o Concello puxo á súa disposición os recursos pertinentes. De igual modo, precisou que a Casa do concello falou coa Policía Local acerca deste tema, a pesar de que é un asunto que investiga a Policía Nacional. Cuestionado acerca de que os agresores non pasaran por comisaría, o alcalde de Santiago opinou que "a simple vista" dá a "sensación" de que os motivos son "bastante inconsistentes". "Non estamos a falar unicamente do incidente e da agresión directa e homófoba que houbo no barrio de Galeras, senón que estas dúas persoas reiteraron o seu intento de agresión no centro hospitalario de referencia (onde foi atendida a parella)", sinalou. A liña seguido, indicou que non ten información de cáles son as razóns baixo as cales a Policía Nacional está a actuar así.

Pola súa banda, o voceiro de Ultreia asegurou que a Comunidade galega "camiña unida contra a LGTBIfobia" e mostrou o seu agradecemento ao Concello de Santiago polo "apoio" mostrado. De feito, na concentración estaban presentes o alcalde, Martiño Noriega, así como concelleiros dos grupos da oposición. Tamén estaba o exalcalde de Compostela Xosé Bugallo.






Ana Rodríguez Diz, 4°C.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-02-2016 22:56
# Ligazón permanente a este artigo
Sargadelos abre a porta a crear unha 'marca branca'.
Sargadelos fechou 2015 cun beneficio de 70.000 euros, agarda incrementar beneficios neste 2016 e en 2017 iniciar novas liñas de produto, abrindo as portas a crear unha 'marca branca'. "Podería ser", dixo o conselleiro delegado de Sargadelos, Segismundo García, que expuxo estas liñas na súa comparecencia para dar conta de que sairon do concurso de acredores, cunha débeda de 5 millóns de euros, á que deberán facer fronte nun prazo de entre 5 e 12 anos.

A empresa, e as divisións inmobiliarias das entidades financeiras, pon á venda edificios emblemáticos, como a tenda que posúe en plena zona vella compostelá ou o edificio do IGI, o Instituto Galego de Información, na estrada que une a capital de Galiza co aeroporto de Lavacolla. O IGI foi recado por Díaz Pardo, un dos refundadores de Sargadelos, en 1977. A taxación profesional deste inmble é de 7 millóns de euros, e o da tenda compostelán, 4. Mais Saegadelos está aberto a rebaixar os prezos.

García considera que co convenio asinado -con diversas quitas na débeda por valor de máis dun millón de euros- hai posibilidade de que a empresa sexa “viable”, engadindo que para iso as cousas teñen que se facer “ben”. Sargadelos tiña poucos acredores tradicionais, que aceptan con este acordo un 50% de quita da súa débeda (menos do 20% dos créditos dos bancos eran ordinarios). No caso da parte privilexiada, a maioritaria, a quíta varía en cada un dos casos - tanto en bancos coma na Seguridade Social e na Axencia Tributaria - entre ningunha, o 30% e o 50%, segundo explicou o conselleiro delegado.




Candela Fernández del Pon, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-02-2016 15:39
# Ligazón permanente a este artigo
Becerreá: máis unha vítima mortal da violencia machista en Galiza.

Unha muller de 40 anos de idade foi asasinada sobre as seis da tarde do xoves en Herbón, na parroquia de Tortes, no concello de Becerreá (Ancares), por disparos dunha escopeta de caza. Axentes da Garda Civil detiveron no lugar dos feitos a un varón de 29 anos, parella da muller, como presunto autor do asasinato. A muller tiña dous fillos dunha relación anterior. Un deles, de 16 anos, resultou ferido nunha man.

Após coñecerse máis un crime machista na Galiza, o primeiro de 2016, na localidade de Becerreá, o movemento feminista convocou concentracións nas principais cidades galegas.

Seguindo o protocolo que se vén desenvolvendo no país, dous días despois de se confirmar o asasinato machista de Ana Gómez Nieto, organizacións e colectivos feministas saen ás rúas para amosar a súa repulsa polo crime mais tamén, sinalan, "para denunciar a violencia machista instalada na nosa sociedade".

As cifras oficiais da violencia machista na Galiza ascenden formalmente a 8 casos na Galiza en 2015 após un xulgado de Ferrol ordenar o ingreso en prisión do marido de C.P., a muller asasinada o 29 de decembro en Narón. A xustiza recoñece así que se trata dun caso de "violencia de xénero" polo que se procedeu á detención do home. Após pasar a disposición xudicial decretouse o seu encarceramento.





Fernando Rodríguez Sousa, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-02-2016 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
As ondas gravitacionales de Einstein.
O equipo do Observatorio de Interferometría Láser de Ondas Gravitacionales (LIGO, polas súas siglas en inglés) confirmou o xoves a detección das ondas gravitacionales, cuxa existencia vaticinara Albert Einstein hai 100 anos na súa Teoría da Relatividade Xeral. As ondas gravitacionales son unha sorte de curvaturas no tecido espazo-tempo que se forman como consecuencia de enormes fenómenos cósmicos, como a colisión de dous buracos negros supermasivos. Xa empezan a oírse rumores de Nobel de Física para os membros de LIGO, liderado polos institutos tecnolóxicos de California e Massachusetts (Caltech e MIT) e cuxo director executivo é David Reitze. O mesmo día do descubrimento, o físico británico Stephen Hawking cualificouno como un "achado que revolucionará a astronomía".





Laura Feijoó González, 4ºA.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-02-2016 15:25
# Ligazón permanente a este artigo
Forenses da pintura
Este ano conmemórase o quinto centenario da morte do Bosco, un dos pintores máis orixinais e influentes da historia da arte occidental, reunindo a maioría das súas obras nunha magna exposición que pola súa excepcionalidade require dun catálogo razoado que non só inventarÍe a totalidade da súa produción, senón que mesmo analice nas súas máis pequenos detalles cada unha das pezas e revise a súa verificación. O labor foi encomendada a un comité de expertos internacionais, especialistas en pintura holandesa, que velando pola autenticidade das creacións chegou á conclusión de que A extracción da pedra da tolemia, As tentacións de San Antonio Abad e A mesa dos pecados capitais, cadros do Museo do Prado, non están pintados polo mestre senón por algún dos seus discípulos. A mesma comisión ha autentificado, en cambio, O xardín das delicias, A adoración dos Magos e O carro de heno, tamén propiedade da institución madrileña. Como era de esperar, desde O Prado rexeitan o estudo alegando falta de rigorosidade e intereses encubertos.


Antía Corral Álvarez, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-02-2016 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
Freo aos refuxiados
A Unión Europea quere frear a entrada de persoas refuxiadas en territorio comunitario. Após as 850 mil que accederon por vía marítima ou terrestre na Unión durante 2015 e das máis de 46 mil que cruzaron o Mediterráneo tan só en xaneiro de 2016, as institucións europeas buscan a maneira de evitar que esta situación continúe.

Así pois, valora diversas opcicións sobre as que traballan as súas autoridades. Para alén das negociacións para que Turquía se converta nun tapón e da posibilidade de expulsar Grecia de Schegen facendo retroceder a área de libre circulación, o Consello europeo tamén está a deseñar unha política que puna e persiga "todas as formas de contrabando de migrantes".

Neste senso, as institucións europeas tratan indistintamente o que até o momento eran considerados dous delitos distintos: o contrabando e o tráfico de persoas. Unha mudanza legal neste sentido podería rematar por criminalizar calquera persoa que axude refuxiados ou migrantes na súa odisea cara Europa. Até o momento, ficaban excluídas desta consideración as organizacións ou persoas que desenvolvían axuda humanitaria á fin de evitar mortes.


Andrea Marquina, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-02-2016 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
O xermolo das Irmandades da Fala que plantou Villar Ponte cumpre un século.
«A cerna dun movemento social de reivindicación da lingua e da identidade nacional galega que mostrou unha nova forma de concibir o país, en tanto colocou por vez primeira a Galicia como centro de decisión e como suxeito do seu devir social, cultural e político». Así son cualificadas as Irmandades da Fala no acordo da Deputación Provincial da Coruña, tomado hai uns días, para declarar o 2016 como Ano das Irmandades da Fala. O xermolo do que naceu esta organización plantouno hai un século, tal día como hoxe, Antón Villar Ponte (Viveiro, 1881­A Coruña, 1936), cun artigo publicado neste xornal. Curiosamente, o texto estaba escrito en castelán, levaba por título El cimiento de la afirmación gallega e un lema, o que hoxe se chamaría cliché, moi xornalístico.

Martín Pérez, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-02-2016 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
140 anos de “O Tío Marcos d’A Portela”
O 7 de febreiro de 1876 saía á rúa o primeiro número do periódico O Tío Marcos d’A Portela, o primeiro escrito integramente en galego. Comezou tendo unha periodicidade quincenal, mais en poucos meses pasou a ser semanal. Así continuou até a súa derradeira etapa, na que volveu saír cada 15 días.

A súa popularidade na época fixo que se acadasen tiraxes de até 4.000 exemplares, que foron vendidos nas feiras e mediante subscricións tanto na Galiza como alén do Atlántico. Xermolaba así unha escola de xornalismo galego que tivo repercusión en todo o país.

Sandra Tornero, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-02-2016 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
30 ANOS CON PIXAR
É só un pequeno e flexo que dá botes, pero o público xa identifica a Luxo Jr. saltando sobre as letras de Pixar como un sinónimo de cinema de calidade e cegadoras fantasías animadas grazas ao traballo da compañía pioneira da animación dixital, que cumpriu hoxe 30 anos. Case tan reconocible como o ruxido do león que anticipaba os filmes do estudo Metro Goldwyn Mayer, a lámpada Luxo Jr., o logo de Pixar, serviu de introdución nos últimos anos a algunhas das películas máis fascinantes e recoñecidas da historia da animación, como "Toy Story", "Up", "Buscando a Nemo" ou a recente "Inside Out".

A compañía non só foi unha visionaria á hora de abrir camiño para a animación dixital e os efectos producidos por computadores senón que ademais soubo atraer habilmente a espectadores de todas as idades, xa que tanto nenos como adultos caeron rendidos aos encantos das súas películas.


Patricia González, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-02-2016 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
O teatro Jofre acolle o musical “BYE BYE, HONEY”, inspirado na crise do naval nun barrio da bisbarra de Ferrol
O Teatro Jofre de Ferrol acollerá o sábado 6 de febreiro a partir das 20,30 horas a representación do musical 'Bye bye, honey', da compañía 'Obras Públicas', peza gañadora de dous premios María Casares que relata unha historia "proletaria, crúa e dos baixos mundos" que "traslada" o público aos barrios obreiros de Ferrolterra.

Así o asegurou este xoves o seu autor, o director naronés José Luís Prieto, que participou na presentación que tivo lugar no Concello de Ferrol, coa presenza do concelleiro de Cultura de Ferrol, Suso Basterrechea (FeC). As entradas para esta obra, a un prezo de 8 euros, xa están dispoñibles na páxina web de teatro municipal.

Durante a presentación, o concelleiro de cultura ferrolano asegurou sentir "unha especial ilusión" por poder poñer en escena no Teatro Jofre este musical, "un dos máis premiados dos últimos tempos" e que "inclúe elementos dramáticos a pesar de ser un musical".

Pola súa banda, o director, José Luís Prieto, declarou que esta obra é xurdida das súas "vivencias nun barrio de Narón, nada amable, senón máis ben ao contrario, dura, crúa, de baixos mundos e con conexión á crise do sector naval" dun xeito xenérico.

Nesta representación reflíctese unha aposta escénica "moderna, rebelde e musical" que conta a historia de Marta --interpretada por Iolanda Muíños--, unha moza de barrio que decide deixar a súa casa e emprender un camiño incerto e perigoso. Ademais, na repartición tamén participan César Goldi, actor con máis de 20 anos de experiencia, e Carlos Mosquera "Mos",actor, músico e compositor.


Xeila Crespo, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-02-2016 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal