Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Falece o humanista Umberto Eco aos 84 anos
Umberto Eco, o escritor e humanista italiano, autor de "O nome da Rosa" faleceu onte aos 84 anos en Milán.

O seu pensamento e a súa obra ensaística foron referentes no ámbito da filosofía, da lingüística e da comunicación, e da súa obra literaria vendeu máis de 30 millóns de libros.

Dicía que "un autor debería morrer despois de escribir a súa obra para achanzarlle o camiño ao texto", e con 84 anos Umberto Eco deixounos desde onte as súas obras como a mellor mostra do seu pensamento.

A Idade Media, foi un dos moitos mundos que tivo: para o seu estudo filosófico, estético e tamén para construír sobre ela as súas novelas. A de máis sona: "O nome da rosa" que en 1986 chegaba ao cinema.

Precisamente cuestionar e atopar respostas a todo o que acontecía tamén no mundo moderno foi unha das súas constantes: unha extraordinaria curiosidade que o fixo pioneiro no estudo da semiótica e que o levaría tamén a analizar a comunicación de masas: entre os seus críticos, os Apocalípticos e os seus defensores, os Integrados.

Dicía tamén que "o mundo está cheo de libros preciosos que ninguén le". Non é o caso da súa obra que lle deu recoñecemento como o de doutor honoris causa en numerosas universidades, premios como o Príncipe de Asturias da Comunicación e Humanidades e a consideración de ser un dos pensadores críticos de referencia dos últimos tempos.

Lucía Vázquez Nóvoa, 1º B de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 21-02-2016 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
Emma Watson deixa o cinema para centrarse no feminismo
«Quero escoitar a cantas máis mulleres distintas poida» explica a actriz, que se afastará un ano dos escenarios para dedicarse a defender os dereitos das mulleres.

A actriz británica Emma Watson retirarase do cinema durante un ano para centrarse no movemento feminista, segundo declara hoxe nunha entrevista coa publicación cultural Paper Magazine. «Tomareime un ano sen actuar para centrarme en dúas cousas: o meu desenvolvemento persoal é unha de elas», dixo Watson, que narra como se dedica ao seu propio cultivo intelectual, lendo un libro á semana con especial interese nos estudos de xénero.

Watson, embaixadora de boa vontade de ONU Mulleres, involucrouse recentemente en campañas como HeForShe, que busca sumar o compromiso dos homes para acabar coa desigualdade de xénero antes do 2030. «Pensei en tomarme un ano para facer estudos de xénero, pero entón deime conta do moito que estaba a aprender sobre o terreo, simplemente falando coa xente e lendo», explica a actriz.

«Quero escoitar a cantas máis mulleres distintas poida. É algo que estiven facendo pola miña conta, a través da ONU, na campaña HeForShe e no meu traballo en xeral», repasa Watson.

Watson tamén rememora os seus primeiros pasos como actriz, á idade de 9 anos, co papel da estudante de maxia Hermione na serie cinematográfica Harry Potter, baseada nas novelas de J.K. Rowling sobre o famoso mago. Segundo confesa a intérprete que agora ten 25 anos, nesa época quería aparentar ser unha adolescente «moito máis guay» que o seu personaxe.

Antía Ramos Gallego, 1º A de Bacharelato
Comentarios (1) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 21-02-2016 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
Facebook crea unha páxina para que as ONG recauden fondos.
Facebook quere que as organización non gubernamentais aproveiten a súa presenza na rede para conseguir máis fondos. Acaba de lanzar unha web espec´fica para estas, “Facebook For Nonprofits”, que permite ás organización subir as súas campañas directamente á rede social.

Ademais da información sobre as actualizacións das ONG, a nova páxina está pensada para crear espíritu de comunidade entre os seguidores dunha causa concreta, recoller doazóns e visualizar o seguimento dunha actualización específica. A xente poderá facer una doazón nuns poucos pasos e compartir cos demais o que fixo.

Todas as publicacións que se compartan incluirán o botón de doazón que Facebook lanzou o pasado verán. Trátase dunha función que permite ás organización recibir doazóns directamente desde a súa páxina na rede social, sen ter que acceder ás webs corporativas da ONG.

A páxina web comezou con 37 organizacións, entre elas WWf e a Sociedade de Esclerose Múltiple dos Estados Unidos. Polo de pronto, parece enfocada a organización non lucrativas de EEUU que desfrutan de exención fiscal.





Candela Fernández del Pon, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-02-2016 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
“Hai varias industrias ameazando con deixar de recoller o leite”.
Esta pode ser unha primavera “especialmente difícil” para os produtores galegos de leite, segundo Elías Somoza (Federación rural galega), e o di sendo consciente de que nas explotacións saben ben o que son primaveras, e tamén o resto de estacións, difíciles. Somoza informa que hai “varias industrias” que están a ameazar con deixar de recoller o leite, algo que está a xerar moita preocupación entre os produtores. O mesmo que pasou con Leche Celta e Codegui (a industria con sede en Pontedeume deixou de recoller as 50 explotacións da cooperativa) en xaneiro, non sería un caso isolado. “Clea, que é un primeiro comprador, ameazou con deixar de recoller leite en Galicia nas vindeiras semanas”, indica Somoza, quen indica tamén a que Entrepinares “deixa 43 explotacións”. Unha situación que “había ben tempo que non se producía” e que “está a xerar moita preocupación”.
Nos vindeiros días a Plataforma pola defensa do sector lácteo galego encetará unha rolda de contactos e xuntanzas cos grupos parlamentares galegos. Reunións onde trasladarán os representantes políticas cuestións como os prezos por baixo dos cutos de produción ou como parte da industria non repercute nos gandeiros as subas comprometidas perante o sector pola distribución en decembro.






Fernando Rodríguez Sousa, 4ºB.
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 19-02-2016 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
As aulas de 5º e 6º de Primaria, ESO e Bacharelato están "dixitalizadas" en Galicia.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou este xoves que o seu Goberno impulsa a "dixitalización" no ensino, que chega "xa" a todas as aulas públicas de 5º e 6º de Primaria, ESO e Bacharelato.
Segundo concretou o departamento autonómico de Educación, cunha inversión de case 11 millóns de euros dotáronse de kits dixitais todas as aulas que se corresponden ás devanditas etapas académicas, unha actuación que permite estender a educación dixital a 6.000 aulas de case 900 centros públicos.
Padre e nais de 90.000 alumnos poden empregar xa, ademais, a aplicación 'abalarMobil' para seguir a actividade educativa dos seus fillos.
A día de hoxe 370 centros públicos contan con velocidades de máis de 100 Mbps, que se ampliarán a 430 durante este ano. Feijóo tamén recordou que a Xunta asinou un acordo co Estado para que, en dous anos, "o cen por cento" dos centros públicos dispoñan de acceso a internet de 100 Mbps.
Por outra banda, o Consello da Xunta aprobou axudas concedidas polo Sergas por 6,7 millóns de euros para a realización programas de carácter sociosanitario.




Laura Feijoó GOnzález, 4ºA:
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 19-02-2016 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
O oitavo libro de Harry Potter sairá á venta o 31 de xullo.
O próximo 31 de xullo, Harry Potter cumpriría 36 anos. Para celebralo, a saga literaria retomará o universo máxico ao que J. K. Rowling puxo punto e final fai nove anos, coa publicación de Harry Potter e as Reliquias da Morte, o sétimo e último libro dunha serie que se converteu nun fenómeno editorial primeiro e cinematográfico despois. Logo de case unha década de descanso, a escritora británica anunciou o verán pasado a continuación da historia de Harry, Ron e Hermione en forma de obra de teatro. Agora, a secuela máxica chegará tamén ás librerías.

A obra estrearase en Londres o 30 de xullo. Un día máis tarde e concidiendo co aniversario do mago, aterrará no mercado editorial británico. Pero Harry Potter e o neno maldito, que así é como se chama esta oitava entrega, non estará asinada por Rowling, senón por Jack Thorne. A escritora e creadora do universo de Potter deu, iso si, o seu visto bo ao manuscrito e á súa publicación.

Cristina Rey Pérez, 1ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-02-2016 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
A CRTVG estrea Musigalité, o seu primeiro programa adaptado para televisión, radio e internet

A Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) estreará por primeira vez o próximo mércores, día 17, un programa adaptado para televisión, radio e internet. Trátase dun espazo sobre música actual galega denominado 'Musigalité', que contará con trece programas. Artistas e grupos musicais de Galicia como Iván Ferreiro, Carlos Jean, Triángulo de Amor Bizarro, The Soul Jacket, Miguel Costas, Maryland ou Víctor Coyote mostrarán "a súa música e as súas raíces", acompañándoas de actuacións en directo, segundo explicou a CRTVG nun comunicado. Deste modo, en cada episodio, o público poderá coñecer os procesos creativos e o mundo de tres grupos musicais por capítulo. Así mesmo, Musigalité contará coa súa propia páxina web -www.musigalite.gal-, na que estarán dispoñibles todos os capítulos, así como contidos extra relacionados cos 39 participantes, concertos ou cancións, entre outros. En concreto, Musigalité emitirase na Televisión de Galicia (TVG) os mércores ás 00,30 horas e será redifundido os sábados pola mañá. Ademais, o programa tamén se emitirá os mércores ás 19,30 horas en Radio Galega Música e refundirase na mesma cadea os sábados ás 14,30 horas.

Selena González Rodriguez, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 14-02-2016 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
Pensei que era broma, que os policías eran xente disfrazada
O mozo ourensán , actualmente estudante, manifestouse onte desconcertado con todo o acontecido nunha noite de festa que prometía ser divertida e acabou converténdose en algo que está desexando esquecer, segundo confirmou á Rexión. M. S.R. acudiu á Praza Maior para gozar do Entroido ourensán que ofrecía esa noite baile con orquestra. Escolleu un disfraz conectado coa actualidade: a detención e encarceramento de dous actores en Madrid por representar unha obra de títeres onde se exhibía o cartel "Gora Alka-ETA". "Considerei que era un tema do que se estaba a falar moito, que se estaba esaxerando, e que podía ser apto para a sátira", di o denunciado, quen recalca que o seu propósito non ía máis aló. "O Entroido é sátira e escarnio no que a xente ridicualiza absolutamente todo, e os que somos de Ourense o sabemos por longa tradición", explica. M.S.R. asegura que o episodio policial excedeulle por completo. Non en balde, recoñece que un principio ata creu que os "sete ou oito" policías que o levaron desde o centro da praza, "ateigada de xente", ata un furgón aparcado nas inmediacións eran persoas disfrazadas. "Dixéronme que tiña que ir con eles pero pensei que era xente disfrazada. Colléronme o pao co cartón e un deles agarroume ou brazo por detrás. A xente estaba flipando! Baixáronme cara ou furgón e xa me decatei de que ía en serio", relata. E non só o identificaron senón que tamén lle examinaron a mochila, na que levaba a carteira e as pinturas da cara. Os policías foron a por el porque recibiran varias chamadas de persoas que se sentían molestas co disfraz e o cartel. Ao seu entender, segundo comentou, esta situación está propiciada por unha "alarma social favorecida polos medios capitalistas". Neste caso, insiste en que se trata dunha sátira contextualizada no Entroido ourensán, non máis. Aínda así se mostra preocupado polo acontecido, sobre todo pola súa familia, "a quen lle contei todo dende un primeiro momento".

Nuria Vázquez Gómez, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (1) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 13-02-2016 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
O último día de San Valentín da floraría do can «Ney»

Pecha o local no que se criou o animal da praza de Lugo. Ney xa non está. Pero si o seu espírito, as súas imaxes e ata unha escultura na rúa peonil. Na floraría Harmonía, situada na praza de Lugo, lémbraselle cada día. Ata Coco, o can que agora se deixa ver pola tenda, parécese a el.

Mañá Marisol Paz, a dona do negocio, vivirá o seu último San Valentín como florista, empezou en 1984 e procedía dun ámbito diferente pero fixeron invernadoiros e empezaron a vender a outras florarías. Ata que chegou un momento no que decidíu establecerme alí. E no medio de todo iso apareceu Ney, un precioso golden retriever que namorou a centos de persoas. No centro, nos barrios e fóra da Coruña o animal fíxose soado. «Para min aínda está aquí. Eu sígoo vendo», di sinalando á estatua de Miguel Couto que foi construída coa achega de 12.000 euros dun doante anónimo.

O artista dixo que ao ensinarlla Marisol emocionouse «Cando vin á dona de Ney chorando souben que había acertado» dixo para un xornal. Agora Marisol goza de Coco. Tamén se gañou o agarimo de todos. «Este apareceu por casualidade. Estaba reservado para min», di Marisol. «A verdade é que é moi bo, seguro que a xente o botará de menos».

Antía Ramos Gallego, 1ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 13-02-2016 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
Ata 27 vehículos resultan implicados nunha colisión múltiple na A-52 en Toén

Seis presentas resultaron feridas, tres delas graves, nunha colisión múltiple que tivo lugar onte pola tarde na A-52, entre as localidades de Toén e Ourense, e na que se viron implicados 27 vehículos, segundo o último balance da Garda Civil. O aparatoso do accidente facilitou a confusión dos primeiros datos. Nun primeiro momento creuse que estaba implicados preto de 40 vehículos e que ata 25 persoas habían resultado feridas

O sinistro, que tivo lugar ás 20.45 horas no quilómetro 233,6, obrigou a cortar os dous carrís da autovía e desviar o tráfico desde o quilómetro 240 pola N-120, o que provocou grandes retencións importantes. Á primeira hora quedou aberto á circulación o carril esquerdo en sentido Benavente e espérase que ao longo da mañá tamén se poida recuperar o dereito.

O punto exacto da colisión múltiple foi o termo municipal ourensán de Toén, á altura do túnel de Alongos, a un quilómetro da entrada norte da capital ourensá.

Tráfico aclara que a colisión múltiple se orixinou tras a inicial saída de vía dun turismo que se foi cara á a barreira de protección do marten dereito. A este incidente sucedeulle un choque en cadea no que se viron implicados 14 vehículos, tanto por alcances como por raspados. Foi neste sinistro no que resultaron feridas seis presentas.

Unha vez detida a circulación, prodúcese un novo accidente por alcance, con tres turismos implicados e danos materiais nestes vehículos. De novo, coa circulación parada, ten lugar un terceiro choque, tamén a 50 metros do anterior, que afectou a 7 turismos e a un vehículo articulado. Neste novo choque só houbo danos materiais.

Aínda se produciu un cuarto choque, a 250 metros do lugar do primeiro accidente. Nesta colisión víronse implicados dous turismos, tamén con danos materiais.

Os bombeiros de Ourense acudiron con dúas dotacións por si fose necesario o rescate dalgunha persoa atrapada e para axudar na evacuación, aínda que fontes municipais aclaran que non se ha ter que realizar excarceración algunha.

Os servizos de urxencias trasladaron a varios feridos do accidente ao hospital de Ourense.

Lucía Vázquez Nóvoa, 1º B de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 13-02-2016 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal