Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ASÍ PRESUMIU A XUNTA EN EUROPA DE APOIAR AOS MEDIOS EN GALEGO.
O pasado xaneiro o Consello de Europa volvía expresar serias dúbidas sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias e, como xa fixera en anteriores informes, instaba á Xunta a velar máis e mellor pola lingua propia, a comezar por unha petición "encarecida" a respecto do galego no ensino. Ese diagnóstico da institución europea producíase malia a visión netamente optimista que a Xunta lle transmitiu ao Comité redactor do informe, o mesmo ante o que, a través do Goberno de España, presumiu abertamente de promocionar os medios de comunicación publicados en lingua galega, mesmo gabándose dalgúns que xa non existen como tales.

Xeila Crespo, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-02-2016 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
Covadonga é o principal centro fixo de venda de droga.

A pesar da vixilancia e ás operacións antidroga da policía e a Garda Civil, a venda de sustancias estupefacientes é aínda un negocio lucrativo. Históricos traficantes caeron pero outros seguen ao pé do negocio e aparecen substitucións para facerse cargo dun mercado no que predomina o trapicheo a pequena ou mediana escala.

Na provincia, a Garda Civil afirma non ter detectado ningún punto fixo de droga actualmente. A mobilidade dos vendedores é característica do negocio, ademais de buscar a discreción de domicilios particulares ou dalgún local de hostalería. Recentemente, a Policía Local do Carballiño descubriu a un vendedor con cocaína, haxix e marihuana dentro dun coche aparcado no polígono industrial da Uceira onde supostamente estaba trapicheando. Moitas das últimas detencións e incautacións de droga realizáronse cando os supostos traficantes estaban in itínere, transportando as sustancias ilegais. A Policía Nacional capturou en outubro a dous presuntos traficantes da comarca do Carballiño que tiñan máis de 800 gramos de coca e sustancias de corte.

Na capital, durante o ano 2015, realizáronse un dez por cento máis de incautacións de droga que no exercicio anterior e tamén aumentou o número de detidos por tenencia de sustancias ou tráfico. Na cidade, a Policía Nacional ten controlados varios puntos de venda, aínda que co matiz de novo de que os camelos cambian de lugar frecuentemente para non ser detectados. O barrio de Covadonga segue sendo o punto de referencia para este tráfico ilegal. Na rúa Júpiter hai portais abertas coa finalidade de fornecer droga e aínda que, segundo fontes policiais, continuamente practícanse detencións, os traficantes de sempre e outros herdeiros do negocio reaparecen para tomar a substitución.

A comisaría mantén un plan de vixilancia na contorna dos colexios, pois en parques ou prazas próximos aos centros detectouse a presenza de trapicheros con pequenas cantidades para vendelas aos clientes máis novos. Os arredores do instituto 12 de Outubro, os centros de secundaria das Lagoas, o parque de Concello, preto de Salesianos, xunto a outros IES como o Ferro Couselo ou Xullo Prieto Nespereira son zonas nos que a policía ourensá ha detectado nalgún momento presencia de vendedores. Todo a pequena escala e ofrecendo fundamentalmente haxix.

A cocaína, polo seu maior prezo, adóitase mover doutra maneira e é o propio vendedor quen a leva ao seu destinatario, sen esperar na rúa, segundo fontes policiais. En outubro, caeu un grupo que operaba nun pub da rúa Vale Inclán e que tiña ramificacións nunha vivenda da estrada de Parada de Piñor e na comarca de Monterrei. Incautáronlles 2,7 quilos de marihuana e 164 gramos de cocaína.

COVADONGA

O supermercado da droga na capital. Na cidade, o principal punto de venda segue estando no barrio de Covadonga. Na contorna da rúa Júpiter, hai varios pisos abertos a determinadas horas para a venda de estupefacientes controlados por traficantes. A policía practica detencións con certa frecuencia pero non está desmantelado. fotos santi m. amil

CONTORNA DE INSTITUTOS

Trapicheo de haxix. A policía mantén un plan de vixilancia na contorna de centros escolares (na imaxe, o instituto 12 de Outubro) para detectar a presenza de vendedores, normalmente trapicheros a pequena escala.

PRAZAS E PARQUES

Lugares de encontro variables. O camelo adóitase mover para non ser detectado, pero parques como o de Concello ou a contorna da praza 500 son puntos onde se lles viu, segundo fontes policiais.

ZONA VELLA

Rúa e locais. No casco antigo existen puntos onde conseguir droga. A policía vixía zonas como a praza da Estrela. Tamén no centro da cidade, en outubro desmantelouse un punto de venda na rúa Vale Inclán.

PROVINCIA

Sen puntos concretos. Segundo a Garda Civil, non constan zonas fixas de venda. No Carballiño, a policía detivo en outubro a dous homes con 800 gramoso de coca. Vendían nun pub da pista Roxa e nun piso da vila.

RAIRO

Caravanas moi transitadas. Na zona de Rairo ou Cuña de Arriba caeron xa polo menos dous traficantes que foron condenados por vender droga nunha caravana e nunha caseta de madeira na leira A Marquesa. Ao máis recente atopáranlle 3,4 gramos de heroína en 18 bolsitas despois de que a policía vise saír en xaneiro a unha consumidora. Ao vendedor da caseta capturárono comprando 49 gramos de heroína de escasa pureza en Salceda de Caselas. fotos miguel villar

Máis necesario o cambio da persoa adicta, antes que evitar a contorna
En Cruz Vermella, organización que ten un grupo para traballar a redución do consumo de drogas na prisión provincial de Pereiro de Aguiar, realizan terapias con politoxicómanos para axudarlles a deixar a adicción, sobre todo para cando estean en liberdade. O coordinador do programa, Pablo Villarino, sostén que, unha vez fóra, a persoa ten que cambiar os seus hábitos para ser capaz de volver vivir na súa contorna habitual sen recaer. «Ás veces tense a fantasía de que se se van a outra cidade poderán evitalo; quizais durante un tempo non saben onde se pilla, pero se queres pódelo saber nun par de horas», explica Villarino. En canto ás sustancias máis consumidas, no Comité Antisida constatan un descenso da heroína. Na prisión, desde Cruz Vermella sinalan que o cannabis, o alcol e a cocaína son o máis usado
.




José Javier Nieto Blanco. 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-02-2016 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
Un asteroide aproximarase á Terra o 5 de marzo.

Un pequeno asteroide que fai dous anos pasou a 2 millóns de quilómetros da Terra repetirá visita nunhas poucas semanas, pasando moito máis preto -non se sabe canto-, aínda que sen risco.

Durante o seu periplo o 5 de marzo, o asteroide 2013 TX68 podería pasar a unha distancia de entre 14 millóns de quilómetros ou tan só 17.000 quilómetros do noso planeta. A variación entre as posibles distancias de aproximación débese á ampla gama de posibles traxectorias do asteroide, que xa estivo sendo seguido por un curto tempo logo do seu descubrimento.

Científicos do Centro de Estudos da NASA para obxectos próximos á Terra (CNEOS), no Laboratorio de Propulsión a Chorro en Pasadena, California, determinaron que non hai posibilidade de que este obxecto poida impactar contra a Terra durante o sobrevoo.

Con todo, identificaron unha oportunidade moi remota de que este pequeno asteroide puidese impactar o 28 de setembro do 2017, aínda que cunha probabilidade de 1 entre 250 millóns. O sobrevoo do asteroide ao planeta terra dos anos 2046 e 2097 ten unha probabilidade de impacto ata menor.

O asteroide 2013 TX68 estímase que ten ao redor de 30 metros de diámetro. En comparación, o asteroide que se separou na atmosfera sobre Chelyabinsk, Rusia, fai tres anos, tiña 20 metros. Si un asteroide do tamaño de 2013 TX68 entrase na atmosfera da Terra, é probable que producise unha explosión no aire con aproximadamente o dobre da enerxía do evento de Chelyabinsk.

Cando o programa Catalina Sky Survey, que patrocina a NASA, descubriu o asteroide o 6 de outubro do 2013, o corpo rocoso atopábase no ceo nocturno. Con todo, tres días despois de iniciar o seguimiento, o asteroide cruzou ao ceo diurno e non puideron continuar co seu rastrexo. Por ese mesmo motivo, os científicos non poden predecir a súa órbita ao rededor do Sol, aínda que están seguros de que non afectará á Terra durante o seu achegamento do próximo mes.

Cristina Rey Pérez, 1ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-02-2016 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
Unha nena de 6 anos recada 90.000 dólares vendendo limoada para curar ao seu irmán
A síndrome de Angelman, producido por unha desorde xenética, causa deficiencias neurolóxicas e físicas. En 2014 Na'ama Uzan tiña 4 anos e o seu irmán Nadav foi diagnostico desta enfermidade xenética. Desde aquel momento o principal propósito de Na'ama foi recadar fondos, destinados á investigación desta síndrome que afecta a entre 12.000 e 20.000 persoas no mundo.

A historia comezou coa instalación dun pequeno posto de venda de limoada fronte á residencia da familia. Máis tarde ampliaron a oferta poñendo á venda doces enfornados, segundo conta 'FoxNews'. Por mor desta iniciativa coa que conseguiu recadar ao redor de 90.000 dólares. 'CBC News' conta que a pequena, que agora ten seis anos, foi convidada a unha conferencia sobre a Síndrome de Angelman en Chigago.

Este luns, en Toronto, celebrouse un partido de hockey benéfico polo día mundial desta patoloxía. Na'ama acudiu ao evento cun gran cargamento de doces para vender e recadar diñeiro para a investigación. "Temos cupcakes e muffins", anunciaba a pequena en Toronto. Durante este evento deportivo, recadaron outros 7.219 dólares, segundo contan na súa páxina de facebook. Grazas aos esforzos desta nena e a súa familia, conseguiron que o diñeiro alcance para contratar a un investigador doutoramento que traballa na procura dunha cura para Angelman.

A nai de Na'ama asegura que "é moi inspirador" o saber que o investigador ou a investigadora que estará cada día buscando unha solución, coñecerá que o seu salario "vén dunha nena pequena que estivo vendendo limoada a 50 centavos cada vaso". Na'ama dixo a 'CBC News' que o seu obxectivo, polo que realmente traballou todo este tempo, é que o seu irmán "sexa capaz de falar, de patinar e, quizá algún día, sexa capaz de xogar ao Hockey".

Laura Abad Álvarez, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-02-2016 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
A realidade dos refuxiados franceses
Ana Miranda, portavoz do Bloque en Bruxelas e integrante da Alianza Libre Europea --EFA, nas súas siglas en inglés-- visitou esta segunda feira o campo de persoas refuxiadas de Calais (Francia). Un lugar coñecido como 'a Xungla' no que moran "5 mil persoas", entre elas "200 menores sós", sinalou Ana Miranda, nunhas "condicións de miseria" apenas a "dúas horas de París" e "tres de Bruxelas".

Calais, o maior campo de toda Europa "é un vertedoiro", afirmou a nacionalista, "un lameiro de 18 hectáreas" situado a carón do Canal da Mancha no que as persoas refuxiadas agardan para cruzar até o Reino Unido.

Após visitar as instalacións da man de persoas voluntarias e as ONGs que traballan prestando axuda, Ana Miranda sinalou que as autoridades francesas non están a prestar asistencia sanitaria nin servizos básicos. Un traballo que realizan @s voluntari@s de maneira "admirábel" fronte á "inacción dos gobernos". “Estamos nunha Europa que presume de valores e amosa unha terríbel deshumanización". "Europa perdeu o sentido da solidariedade e non hai valados que poidan conter as ansias de supervivencia", dixo a nacionalista.

Manuel Alejandro Fernández Carrasco, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-02-2016 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
Unha praga de formigas invade o edificio xudicial
O despacho dos procuradores do novo edificio xudicial amenceu onte infestado de formigas. Así o informaron os profesionais, quen asegurou que "cando chegamos estaban por todos lados: desde os folios ata os teclados dos computadores".

A estancia, situada na planta subterránea do edificio, non foi a única afectada. Desde principios desta semana, a oficina de atención ao cidadán, o despacho de avogados e o de servizo lingüística tamén foron invadidos por estes insectos. Os técnicos do servizo de mantemento fumigaron onte as dependencias. O mesmo fixeron os días anteriores, desde o martes, cando os funcionarios decatáronse desta praga.

Laura Pérez Madriñán, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-02-2016 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
GRAVES ERROS DE SEGURIDADE CONVERTEN DÚAS DISCOTECAS DE SANTIAGO EN “BOMBAS DE RELOXERÍA”
"Dúas bombas de reloxería". Isto é o que detectaron practicamente tres decenas de efectivos do Corpo Nacional de Policía e da Policía Local que participaron nun operativo que se desenvolveu durante a madrugada de antonte na capital de Galicia e incluíu a inspección de polo menos tres establecementos de lecer situados en distintos puntos do Ensanche, concretamente o Apolo, Metrópoles e Tita. O Apolo triplicaba con fartura o aforamento máximo que ten autorizado, que é de 300 persoas; mentres que o Metrópoles, con permiso para 170, duplicábao, "o que supón un risco moi grave para calquera cliente destes establecementos".

Responsables deste operativo das Forzas de Seguridade matizaron que se propuxeron para sanción o Apolo e o Metrópoles por exceder o aforamento máximo permitido e incumprir a normativa de seguridade vixente e outras fontes puntualizaron, neste sentido, que o segundo destes establecementos tamén tiña as saídas de emerxencia inutilizadas, os extintores baleiros e cableado eléctrico ao aire, sen ningún tipo de protección.

Elena Outomuro López, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-02-2016 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
O tradutor de Google incorpora corso, frisio e gaélico-escocés, superando os 100 idiomas

O tradutor automático en liña de Google vén de incorporar trece novas linguas, entre elas o corso, o frisio, o hawaiano, o curdo ou o gaélico-escocés. Con esta engádeda, a ferramenta de tradución supera a barreira das 100 linguas dispoñíbeis. O samoano, o lexemburgués, o amárico (falado no norte e dentro de Eiopía) ou o xhosa (lingua de case 8 millóns de sud-africanos) tamén foron incorporadas estes días á ferramenta en liña de tradución.

Os criterios para escoller as novas linguas son que sexan idiomas escritos e que exista un “número significativo” de traducións no novo idioma en internet. Así, segundo Google, as máquinas poden “aprender” a lingua pois escanean en internet millóns de textos xa traducidos e identifican patróns estatísticos a unha gran escala. A dispoñibilidade ou non destas traducións preexistentes explica que nunha mesa ampliación se incorporen idiomas con moitos falantes (curdo, máis de 30 millóns) ou con menos forza (corso, 200.000). En Google translate xa figuran outras linguas 'minorizadas' como son o galego, o euskera, o catalán, o galés, o maorí ou o gaélico-irlandés.

Sofía Fernández Martínez, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-02-2016 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
Morre Harper Lee
Harper Lee (Monroeville 1926 - 2016) morreu esta sexta feira no mesmo lugar que a viu nacer, unha vila de Alabama cuxa sociedade racista tan ben describiu en ‘Matar un reiseñor’ (1960) e en ‘Vai e pon un centinela’, unha secuela da anterior que foi publicada en 2015.

Amiga de Truman Capote na infancia, sempre se mantivo afastada da atención mediática que lle deu ‘To kill a mockingbird’. Grazas a este ‘best-seller’, clásico xa da literatura norteamericana, gañou o premio Pulitzer ao ano seguinte da súa publicación. E en 1962 foi levado cinema por Robert Mulligan nun filme co mesmo título que lle valeu o Oscar de mellor actor a Gregory Peck. Foi traducido a máis de 40 linguas e vendeu máis de 30 millóns de copias en todo o mundo.

Lee volveu ser noticia o ano pasado ao recuperarse ‘Go set a watchman’, unha obra previa a ‘Matar a un reiseñor’ que a autora cría perdida e que foi publicada máis de 50 anos de ser escrita, logo de ser rexeitada por varias editoriais no seu tempo. Este regreso supuxo un dos acontecementos literarios de 2015.

Ana García Barandela, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-02-2016 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
“Non se imaxinan a ilusión que temos", din os rostros dunha campaña estatal de Cruz Vermella
Manuel Rozas segue esperando a chegada dos luns coa «ilusión dun neno», porque o primeiro día da semana acode á súa casa Silvia Vázquez, a voluntaria de Cruz Vermella que lle ofrece charla e compañía, pero «sobre todo fai que me senta útil. Ela é moi boa, pon moito interese, que é o importante». A súa é unha relación que arrincou no 2014. Silvia, de Bandeira e residente durante o curso académico en Santiago, acode a casa de Manuel todos os luns para «seguir aprendendo a cociñar», comenta a nova estudante. E, aínda que a repostería é a escusa, Silvia achega a Manuel oxíxeno para manterse activo aos seus 90 anos, e Manuel a Silvia regálalle consellos, non só de cociña, acumulados na súa longa vida.

Esta historia, contada en La Voz de Galicia en setembro do 2015, espertou o interese dos responsables de Cruz Vermella Española, que decidiron elixilos como protagonistas dunha campaña de captación de socios, que comezará a emitirse en televisión e nas redes sociais nas próximas semanas. «Non se imaxinan a ilusión que me fai. Séntome feliz, quen me ía dicir a min, cos meus anos, que acabaría na televisión. E con Silvia, que é unha gran moza», comenta emocionado Manuel.

Antía Álvarez Ferro, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 21-02-2016 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal