Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Día de Rosalía

Celebraremos tamén o Día de Rosalía no Concello de Ourense. Ás 12 da mañá terá lugar alí un encontro de alumnos de diversos centros concertados de Ourense para facerlle a nosa homenaxe a Rosalía.
Asistirán 8 alumnos do centro (2º e 3º ESO) acompañados polo profesor Elías, para cantar e recitar versos de e para Rosalía.
Xa vos amosaremos o resultado!
Comentarios (0) - Categoría Actividades EDLca - Publicado o 22-02-2016 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
Un galego, rescatado do interior dun pozo tras saír desorientado dun club de alterne

Un galego, veciño da localidade de Ordes (A Coruña), tivo que ser rescatado do interior dun pozo tras saír desorientado dun club de alterne. O home acudiu a unha casa de citas que hai na carretara N-550 na madrugada do luns e, ao saír, prexudicado polo alcol empezou a andar en dirección contraria á súa casa. No local estivo ata a unha da madrugada, onde lle serviron "veleno puro", explica a 'La Voz de Galicia'. Veleno a base de cervexas e uns gintónics, conta. "Creo que me deron garrafón, e por iso despisteime", razoa, aínda que admite que esta situación xa lle "pasou máis veces". Unha argumentación coa que algúns lembraron ao tamén galego José Tojeiro, o falecido autor da frase: "Botáronme 'droja' no Cola Cao".

Despistado como andaba, as pernas aguantáronlle uns dous quilómetros -en dirección contraria-. O frío fíxolle buscar un acubillo e atopouno preto dunha casa, nun pequeno pozo, máis ben un lavadoiro. O home, sexagenario, caeu dentro e non foi capaz de saír. Aí permaneceu ata que o propietario da vivenda alertou á policía local despois de escoitar os berros de Manolo, o descoidado cliente habitual dun club de alterne da N-550. O dono da casa pensou que lle querían roubar ata que saíu dela e viu que o home estaba "remamao", explica á Telvisión de Galicia.

Sara Fernández, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 21-02-2016 22:51
# Ligazón permanente a este artigo
As aulas de 5º e 6º de Primaria, ESO e Bacharelato están "dixitalizadas" en Galicia
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou este xoves que o seu Goberno impulsa a "dixitalización" no ensino, que chega "xa" a todas as aulas públicas de 5º e 6º de Primaria, ESO e Bacharelato.

Segundo concretou o departamento autonómico de Educación, cunha inversión de case 11 millóns de euros dotáronse de kits dixitais todas as aulas que se corresponden ás devanditas etapas académicas, unha actuación que permite estender a educación dixital a 6.000 aulas de case 900 centros públicos.

Padre e nais de 90.000 alumnos poden empregar xa, ademais, a aplicación 'abalarMobil' para seguir a actividade educativa dos seus fillos.

A día de hoxe 370 centros públicos contan con velocidades de máis de 100 Mbps, que se ampliarán a 430 durante este ano. Feijóo tamén recordou que a Xunta asinou un acordo co Estado para que, en dous anos, "o cen por cento" dos centros públicos dispoñan de acceso a internet de 100 Mbps.

Por outra banda, o Consello da Xunta aprobou axudas concedidas polo Sergas por 6,7 millóns de euros para a realización programas de carácter sociosanitario.

Selena González Rodríguez, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 21-02-2016 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
Unha viaxe polos versos de Manuel María

A quinta edición do programa de dinamización lingüística "FalaRedes 2016" escolleu Ourense como punto de partida para espallar por toda a xeografía galega a obra do poeta chantadino Manuel María, ao que este ano se lle dedica o día das Letras Galega.

O éxito foi tal que os máis cativos negábanse a que a música cesase cando chegou o momento de despedirse. Para romper o xeo, o trío musical elixiu un poema no que María evoca a natureza e a maxia do río. Xa a ritmo de vals, o público infantil afondou na faceta máis sentimental do poeta, que chegou incluso a dedicarlle uns versos, cunha métrica precisa e envexable.. Diferentes políticos e personalidades como o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez; o rexidor da cidade, Jesús Vázquez; a concelleira de Educación, Belén Iglesias ou o secretario de Política Lingüística, Valentín García, entre outros, non se quixeron perder esta oportunidade única para render homenaxe ao poeta e, sobre todo, para amosar o seu apoio á conservación e transmisión da lingua galega entre as novas xeracións. "Estamos tratando con nenos e o que pretendemos é promocionar entre eles o emprego da lingua materna", explicou Román Rodríguez.

Nuria Vázquez Gómez, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 21-02-2016 22:43
# Ligazón permanente a este artigo
Vilar comeza a rodaxe de “Sicixia” en Costa da Morte
O director Ignacio Vilar (cuxo selo levan producións como A Esmorga, Vilamor ou Pradolongo) iniciará mañá en Costa da Morte a segunda fase da rodaxe da súa nova longametraxe: Sicixia.

Esta "historia para escoitar a vida na Costa da Morte", como a define Vilar, rodarase integramente en galego e estará protagonizada por Monti Castiñeiras e Marta Lado. A historia contará ademais con outro protagonista moi especial: a Costa da Morte. A rodaxe prolongarase ata Semana Santa. Durante cinco semanas, o equipo estará a rodar en Carnota, Dumbría, Fisterra, Muxía, Camariñas, Cabana de Bergantiños, Carballo, Cee e Cerceda. Así mesmo, tamén está previsto rodar algunhas secuencias no Gaiás e no Arquivo Sonoro de Galicia (en Santiago).

Irene Iglesias Bastos, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 21-02-2016 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
Morre Harper Lee, a autora de «Matar a un reiseñor»
O falecemento da gañadora do premio Pulitzer de 1961 en ficción por Matar a un reiseñor foi confirmada por diversas fontes de Monroeville. A autora sufrira unha apoplejía en 2007 e desde entón atravesaba graves problemas de saúde. O deceso da autora foi confirmado pola editorial HarperCollins ao diario The New York Times, aínda que sen dar a coñecer detalles.

Matar a un reiseñor foi o seu único e gran éxito. Unha obra publicada en 1960 e coa que gañou o premio Pulitzer un ano máis tarde. O libro saltou ao cinema tamén con gran éxito en 1962 nunha cinta dirixida por Robert Mulligan. A película fíxose con tres premios Óscar da Academia de Hollywood en 1963 dos oito aos que estivo nomeada. Entre os galardóns estivo o de mellor actor protagonista para Gregory Peck pola súa inesquecible interpretación de Atticus Finch.

Antía Corral, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-02-2016 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
NAROA, A CADELA DAS VÍTIMAS DA VIOLENCIA MACHISTA
Naroa é unha cadela labradora de 7 anos que, desde finais do pasado ano, axuda ás menores vítimas de violencia machista a controlar e xestionar as súas propias emocións nun programa piloto, pioneiro en España, que impulsa a Generalitat e desenvolven membros de iDogs, intervencións asistidas con cans.
"Os cans son catalizadores de emocións, potenciadores da autoestima e da comunicación efectiva, e axudan a mellorar a calidade de vida das persoas", asegura a EFE Mar Gómez, traballadora social e técnica en terapia asistida con animais que en 2010 creou iDogs como unha inquietude persoal e profesional.
Agora dispoñen de catro cans cos que realizan intervencións asistidas para persoas maiores con Alzheimer, no ámbito educativo, para tratar fobias ou o que iniciaron hai poucos meses en Valencia con menores que foron vítimas da violencia de xénero.

Patricia González, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-02-2016 19:12
# Ligazón permanente a este artigo
Morre Umberto Eco.
O escritor, ensaísta, semiólogo e profesor universitario Umberto Eco morreu este venres no seu propio cuarto, segundo publicou a prensa italiana citando fontes próximas á familia. O escritor sufría un cancro desde hai tempo. A súa obra máis famosa, O nome da rosa, publicada orixinalmente no ano 1980, foi levada ao cine polo director Jean-Jacques Annaud e protagonizada por Sexan Connery, o que aumentou aínda máis a súa popularidade Nacido en Alessandria, na rexión do Piamonte, o pasado 5 de xaneiro cumprira os 84 anos. Eco foi galardoado co Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades no ano 2000 e estivo en numerosas ocasións entre os candidatos ao Nobel de Literatura.

Martín Pérez, 2º Bach.


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-02-2016 19:06
# Ligazón permanente a este artigo
#EnGalegoSempreGañas: a campaña da Mesa que nos pon a correr por relevos polo galego
Unha idea de Diego Ameixeiras, música de Caxade e vídeo de Exorara dan forma a 'Asóciate', un convido a sumar polo idioma propio do País. Vídeo no interior.
“Que tañen en común un xubilado, un comerciante, unha consultora, unha gandeira, unha estudante e unha crianza?” pregúntase nas redes sociais Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. E el propio dá a resposta ligando o vídeo 'Asóciate', gravado por Xaora en base á idea do escritor e guionista Diego Ameixeiras e con música de Caxade. Un traballo que xa está a rular polas redes sociais e co que é un chamamento a sumar a prol do galego e a afiliarse á Mesa. No vídeo, varias persoas de diferentes idades de zonas do país van pasándose un relevo unhas a outras, simbolizando o galego. “Non son actores, son persoas reais que cren no futuro do noso idioma”, sinala Marcos Maceira a Sermos Galiza. Unha gravación coa que, di o presidente da MNL, “queremos facer ver que para que o galego viva ten que haber un proceso de transmisión”. E para iso tamén é preciso que haxa “organizacións que traballen”, como A Mesa. “Diego Ameixeiras deu a idea, e a partir de aí fixemos o traballo”, explica Maceira, que destaca a música de Caxade, o bo facer de Xaora e a participación das diferentes persoas que sen no vídeo.

Sandra Tornero Belloso, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-02-2016 18:57
# Ligazón permanente a este artigo
O abandono da historia galega.
En 1891 varios colectivos da emigración e do país decidiron, nun acto de afirmación nacional, co consentimento da familia de Rosalía de Castro, trasladar os restos da poeta desde o cemiterio de Adina de Iria Flavia á igrexa de San Domingos de Bonaval para honrar a poeta. Hoxe, 125 anos despois e con cinco persoeiros máis alí soterrados, o Panteón de Galegos Ilustres é propiedade da Igrexa católica e non ten sequera un sinal no exterior que anuncie a súa existencia. 

Andrea Marquina, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-02-2016 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal