Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O encaixe de Camariñas, dunha vila galega á pasarela de Nova York.
Se é certo o legado de Baudelaire e a inspiración é traballar todos os días, imaxínense a cantidade de musas que se pasean polo pobo galego de Camariñas, onde desde a Idade Media as mulleres desta vila entréganse á arte de 'palillar'. Contan os mariñeiros que nun dos centos de naufraxios que houbo na Costa da Morte por entón, os camariñáns acolleron aos sobreviventes dun barco italiano, entre os que se atopaba unha dama, que lles devolveu o favor iniciándoos no encaixe de palillos. E daqueles ensinos... esta artesanía.Trátase do 'Encaixe de Camariñas', unha arte con marca rexistrada feita a man sobre un soporte chamado 'almohadilla', no que se vai entrelazando o fío con axuda dos palillos. Os produtos finais teñen diversos usos, desde adornos do ajuar doméstico ata, por suposto, pezas de moda. E son estas aplicacións as que viñeron a presentar a Madrid os seus 'embaixadores' para a 'XXVI Mostra do Encaixe de Camariñas', que se celebrará na vila coruñesa durante a Semana Santa, do 23 ao 27 de marzo. Entre eles atópase Modesto Lomba, deseñador da firma Devota & Lomba e presidente da Asociación de Creadores de Moda de España. "Temos un concepto equivocado do luxo. O luxo é o coñecemento do oficio e do saber facer. Require tempo. E iso é o Encaixe de Camariñas", asegura. Lomba participará, outra vez, na pasarela do encaixe, que tamén conta cun concurso para novos deseñadores, e foi un dos 'apoderados' que levou estes adornos autóctonos ás pasarelas de Nova York.

Martín Pérez Rodríguez, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-02-2016 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia celebra o 150 aniversario do nacemento de Valle-Inclán con actividades literarias, escénicas, cinematográficas, expositivas e artísticas.
Un abano de iniciativas literarias, representacións escénicas, ciclos de cine, exposicións, actuacións multiartísticas, charlas e obradoiros, entre outros, conforman o extenso programa de actividades que se desenvolverán ao longo deste ano en Galicia con motivo do 150 aniversario do nacemento do dramaturgo, novelista, poeta e ensaísta Ramón María del Valle-Inclán, e que hoxe presentou na Cidade da Cultura o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez.
Trátase dunha completa programación colectiva promovida pola Consellería de Cultura e Educación en colaboración coas principais entidades e organismos vinculados dalgún xeito á figura deste dramaturgo universal, como é o caso dos concellos da Pobra do Caramiñal e de Vilanova de Arousa, a Asociación Amigos de Valle-Inclán, a Fundación que leva o seu nome, a Universidade de Santiago a través da Cátedra Valle-Inclán, o Consello da Cultura Galega, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e a Deputación de Pontevedra.
Durante o acto de presentación das actividades, Román Rodríguez amosoulles o seu agradecemento a todas estas entidades polo importante papel que desempeñan para “reforzar o coñecemento da creación valleinclaniana e favorecer o achegamento da cidadanía á figura do creador do esperpento”. Esta programación responde ao mandato aprobado por unanimidade no Parlamento instando a Xunta a impulsar e acompañar as principais iniciativas culturais arredor da celebración dos 150 anos de Valle-Inclán, unha data que -segundo lembrou o conselleiro- forma parte do Calendario do libro e da lectura 2016 canda outras celebracións singulares da cultura galega neste ano, como é o centenario das Irmandades da Fala e do premio Nobel galego Camilo José Cela.
Xunto co conselleiro, interviñeron o presidente da Asociación Amigos de Valle-Inclán e neto do escritor, Xaquín del Valle-Inclán; os alcaldes da Pobra do Caramiñal e de Vilanova de Arousa, Xosé Lois Piñeiro e Gonzalo Durán respectivamente; o vicepresidente da Fundación Valle-Inclán, José Juan Durán; e a directora da Cátedra Valle-Inclán, Margarita Zas.





Ana Rodríguez Diz, 4ºC.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-02-2016 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
Esta tarde e mañá espérase o peor do temporal de neve e frío en Galicia.
Galicia quedou hoxe baixo a influencia dunha borrasca que se move polo Cantábrico achegando aire polar marítimo. As temperaturas e a cota de neve irá baixando segundo avance a xornada. Á primeira hora nevará nunha cota de 1.000 metros que descenderá ata 400 pola noite e na madrugada do sábado.

Ao mediodía xa comezara a nevar nas zonas altas da provincia de Ourense. A circulación viaria é normal por agora, sen estradas afectadas, aínda que o manto branco empeza a cubrir viarios en zonas como o Alto do Rodicio.
Mañá sábado seguirá a inestabilidade e a alerta laranxa por nevadas. Seguirán en alerta laranxa as mesmas zonas que hoxe e ademais estarán en aviso amarelo o interior da provincia da Coruña -con nevadas de ata 2 centímetros en cota de 500-600 metros- e no sur de Lugo -con acumulacións de 4 centímetros-. Será nas zonas de montaña onde máis neve cunha previsión de ata 20 centímetros.

Ademais mañá hai alerta laranxa por fenómenos costeiros adversos en todo o litoral da comunidade galega.

A temperaturas máximas non chegarán mañá sábado aos dez graos e as mínimas achegaranse aos cero graos.



José Javier Nieto Blanco, 4ºB.

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-02-2016 15:55
# Ligazón permanente a este artigo
Morre o galicianista británico David Mackenzie
Mackenzie, nado en Sutton-in-Ashfield, Nottinghamshire en 1943, foi un investigador decisivo na creación e expansión dos estudos galegos no mundo académico anglófono e internacional. Estudou en Oxford e en Nottingham, onde se doutorou coa tese A critical edition with linguistic and historical introduction of the «Corónica de Santa Maria de Iria». Tralo seu paso pola British Library, foi profesor nas Universidades do Ulster, Birmingham e Cork. Fundador dos centros de estudos galegos nestas dúas últimas, foi asemade colaborador habitual do Hispanic Seminary of Medieval Studies na Universidade de Wisconsin-Madison.

Director tamén de diversas teses de mestrado e doutoramento de temática galega, o seu labor de investigación desenvolveuse entre os estudos ibéricos medievais, a lingüística e literatura galegas e a literatura española. O seu mestrado esténdese principalmente entre Europa e Norteamérica, onde desenvolveu o seu labor docente.

O seu compromiso coa cultura galega levouno a ser merecente do Pedrón de Ouro en 1994 e dun Premio da Cultura 2014. Tamén foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega (RAG). Era socio de honra da Asociación Internacional de Estudos Galegos e da Hispanic Society of América.





Candela Fernández del Pon, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-02-2016 15:53
# Ligazón permanente a este artigo
Galiza perde cada día 10 persoas ocupadas no agro e gandeiría.
O ritmo de destrución de emprego en sectores chaves da economía galega non minguou unha miga durante o 2015, o ano no que o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, situou o comezo da percepción pola sociedade da recuperación e do fin da crise económica. O Informe do mercado de traballo presentado esta semana pola central sindical CIG alerta do nivel de perda de empregos no agro e gandeiría: 3.500 só en 2015, unha media de case 10 ocupados menos cada día. “Non debemos esquecer que neste sector a perda dunha persoa ocupada leva implícito na maioría dos casos o peche dunha explotación”, advirten desde a central nacionalista.

A CIG lembra o estoupido da “burbulla na construción” para dicir que, na Galiza, perdeuse “practicamente o mesmo número de traballadores no sector da construción que na agricultura e gandaría”. Agro e gandeiría representaban no 2010 acollía o 6% das persoas ocupadas no noso país, e a finais de 2015 apenas chega ao 4,4%.

Mais durante este período, esa queda afectou a outros sectores, como se recolle no citado informe. Así, no que atinxe a pesca, pasouse de 20.400 persoas traballando a 18.100, o que supón que en apenas un lustro destruíronse 2.300 empregos. En Industria destruíronse 13.200 postos de traballo nese mesmo período (2010/2015), e en servizos, 18.300 ocupados menos. Na construción perdéronse 31.000 traballos nestes cinco anos. Nese mesmo período, no agro e gandeiría a queda superou os 22.000 ocupados. “E problemas como o do leite, lonxe de se resolver”, como lembra a CIG.



Fernando Rodríguez Sousa, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-02-2016 15:20
# Ligazón permanente a este artigo
Primeira ollada aos campos magnéticos do Sol.
Os expertos que analizan o comportamento do gran astro chegou á conclusión de que, aproximadamente cada 11 anos, o sol cambia o seu campo magnético e isto crea un efecto que repercute en todo o sistema solar.
Ademais, aseguran que o estudo destes campos magnéticos é moi importante porque, entre outras cousas, axúdanos a poder predicir toda unha serie de erupciones solares e tormentas. Unha das súas estupendas aplicacións é que poden estudar o que se coñece como eyecciones de masa coronal. Basicamente son unha serie de explosións tan grandes que poderían afectar tanto ás nosas comunicacións como ao campo geomagnético do noso planeta; destruiría as principais fontes de enerxía e é posible que tivésemos que quedarnos na máis absoluta escuridade durante moito tempo.
Desde sempre, todas as civilizacións sentíronse fascinadas polo funcionamento do sol. De feito, en cada unha das sociedades, sempre existiron métodos, máis ou menos rudimentarios, que axudaron a extraer novos datos sobre a estrela que nos dá a vida.
Sen ir máis lonxe, hai tan só algúns meses, o Servizo Xeolóxico de Estados unidos solicitou un aumento do seu orzamento anual co obxectivo de dedicalo para poder analizar dunha forma máis exhaustiva o campo geomagnético do noso planeta. Desta maneira, poderase trazar unha estratexia no caso de que se produza unha tormenta solar masiva que poida afectarnos gravemente.
Debido á gravidade de que isto se puidese chegar a producir, o orzamento aprobouse e xa a teñen á súa disposición nada menos que 1700 millóns de dólares. Encargaranse de facer un completo mapa do campo geomagnético do planeta e, desta maneira, poder prever algún desastre caótico.





Laura Feijoó González, 4ºA.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-02-2016 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DE ROSALÍA NO CONCELLO
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-02-2016 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
Rosas para Rosalía
Os alumnos de 3º ESO fixeron as súas rosas con versos de Rosalía para o 24, día da poetisa.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-02-2016 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
O xuízo de Kesha sacode á industria musical.

Kesha recibiu innumerabéis mostras de apoio e cariño tras unha sentenza que obriga á cantante a seguir cumprindo contrato co produtor que abusou sexualmente dela.

Kesha iniciara un proceso xudicial contra o seu produtor, Dr. Luke, para romper o seu contrato con el e con Sony Music debido a abusos sexuales, verbales e psicolóxicos por parte do produtor. A semana pasada coñecíase a sentencia do xuíz, e o veredicto era desolador: o xuíz resolvía a favor da discográfica, o que supón que a cantante deberá seguir traballando con Sony Music e o seu abusador ata a extinción do contrato, que contempla a saída doutros séis discos.

Estes feitos levantaron un gran revoo nas redes sociais e asociacións de defensa da muller, lanzando a cuestión de "Se isto é o que lle pasa ás persoas con maior recoñecemento, como tratarán ás que teñen menor voz?". Tamén púxose en marcha unha campaña de boicot contra a discográfica de Sony que supera xa as 200.000 firmas.




Ana Rodríguez Diz, 4°C.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-02-2016 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
Preparando o FESTIVAL MISIONEIRO INFANTIL
Os alumnos de 3º de primaria, acompañados por músicos da ESO, participarán este ano no Festival Misioneiro Infantil. O tema titúlase MIL BICOS e esperamos que lle guste a todo o mundo e que disfrutemos do festival. Xa vos seguiremos contando.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-02-2016 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal