Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Cen minutos de terror, acción e o Ourense fantástico
"As bruxas de E'lente" é o poder da industria cinematográfica local para converter a súa propia contorna nun escenario propio de "O señor dos aneis". O proxecto estreou hoxe o seu trailer coas primeiras escenas da película, gravada ao 100% na provincia de Ourense, en paraxes como San Amaro, Piñor de Cea, Carballiño, a Ribeira Sacra ou Melón.
A produción de Simón Vázquez narra a historia de E'lente, o fillo do demo, recluído na memoria de Eva, unha internada que quere recuperar á súa irmá da tiranía paterna á que está sometida. Cinema con marca ourensá que xa conta os días para iniciar a súa andaina polas salas de cine españolas e de Galicia. 110 minutos de "fantasía, terror e acción".

Laura Pérez Madriñán, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-02-2016 16:06
# Ligazón permanente a este artigo
A POBRA RECUPERA O TEATRO ELMA EN TODO O SEU ESPLENDOR
"Estou seguro de que moitas dás lembranzas felices da infancia e a xuventude dos veciños que hoxe nos acompañan están ligadas a este patio de butacas, a secuencias e escenas de antigas películas que quedaron gravadas para sempre nas súas retinas", dixo onte o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, durante a inauguración do remodelado Teatro Elma da Pobra.

O edificio, que foi sometido a unha profunda modernización 63 anos despois da súa inauguración, retoma agora a súa actividade tras permanecer pechado varios anos por obras.

Neste sentido, González Formoso expresou o seu desexo de que "a partir de hoxe, unha nova xeración de pobrenses creza tamén gozando das súas vivencias non ámbito cultural neste edificio".

Elena Outomuro López, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-02-2016 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
Recordo musical de Manuel María
‘Uxía canta a Manuel María’ é un traballo musical sobre poemas de Manuel María realizado por Uxía. A cantora arroupa a poesía do chairego coa delicadeza das melodías que foi atopando nos camiños, coa luz, a beleza, a paixón, e o ‘latexar sincero da emoción’ que emana dos seus poemas e amando cada palabra, cada verso e cada nota para poñer en valor o seu valiosísimos e prezado legado. O traballo musical vai percorrendo os diversos camiños e temáticas poéticas do escritor, desde a amorosa e intimista, á paisaxística e popular, a máis transcendente e metafísica, até a defensa da natureza ou a defensa da lingua.

O traballo presenta 15 cortes entre os que, ademais das novas composicións, se inclúen adaptacións de temas tan emblemáticos como ‘O Carro’, cantada no seu día por Fuxan os Ventos e o ‘Manual do Señorito’ por María Manuela. Como di a propia Uxía ‘Manuel María é o gozo de vivir e eu fixen un pacto con el no disco anterior e que agora manteño, para completar a tarefa urxente, fermosa, nidia e necesaria de gastar o meu corpo e a miña voz nos camiños ata ser po, seixo ou silveira’.

Manuel Alejandro Fernández Carrasco, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 27-02-2016 14:20
# Ligazón permanente a este artigo
Francia confirma que un antiepiléptico causou malformacións en polo menos 450 bebés.
O antiepiléptico Dekapine e outros medicamentos derivados administrados a mulleres embarazadas causaron malformacións en entre 425 e 450 nenos nados en Francia entre 2006 e 2014, segundo unha estimación da Inspección Xeral de Asuntos Sociais (Igas).

Nun informe encargado en xullo pola ministra de Sanidade, Marisol Touraine, e publicado este martes, 23 de febreiro, a Igas fixo unha proxección dos datos obtidos do estudo realizado na rexión Ródano-Alpes.

O ácido valproico comercialízase en Francia desde 1967, con prescrición médica con diversas marcas como Dekapine, Micropakine, Depakote ou Depamide, pero en decembro pasado a Alta Autoridade de Sanidade emitiu unha ficha con restricións. En concreto, precisou que non debe receitarse a mozas, adolescentes, ou mulleres en idade de procrear "salvo en caso de ineficacia ou intolerancia aos medicamentos alternativos existentes". A Fiscalía de París abriu unha investigación para determinar eventuais neglixencias cometidas polo grupo farmacéutico Sanofi que o fabrica, polas autoridades sanitarias ou polos médicos.

A asociación de vítimas de Depakine, Apesac, di contabilizar, pola súa banda, un milleiro de casos.

Laura Abad Álvarez, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-02-2016 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
Morre o galicianista británico David Mackenzie
Mackenzie, nado en Sutton-in-Ashfield, Nottinghamshire en 1943, foi un investigador decisivo na creación e expansión dos estudos galegos no mundo académico anglófono e internacional. Estudou en Oxford e en Nottingham, onde se doutorou coa tese A critical edition with linguistic and historical introduction of the «Crónica de Santa Maria de Iria». Tralo seu paso pola British Library, foi profesor nas Universidades do Ulster, Birmingham e Cork. Fundador dos centros de estudos galegos nestas dúas últimas, foi asemade colaborador habitual do Hispanic Seminary of Medieval Studies na Universidade de Wisconsin-Madison.

Director tamén de diversas teses de mestrado e doutoramento de temática galega, o seu labor de investigación desenvolveuse entre os estudos ibéricos medievais, a lingüística e literatura galegas e a literatura española. O seu mestrado esténdese principalmente entre Europa e Norteamérica, onde desenvolveu o seu labor docente.
O seu compromiso coa cultura galega levouno a ser merecente do Pedrón de Ouro en 1994 e dun Premio da Cultura 2014. Tamén foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega (RAG). Era socio de honra da Asociación Internacional de Estudos Galegos e da Hispanic Society of América.

Sofía Fernández Martínez, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-02-2016 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
Novos fármacos logran «espertar» aos linfocitos para acabar coa células canceríxenas
«Estamos nun momento doce da oncoloxía». A frase é de Rafael López, xefe do servizo de oncoloxía do CHUS. E o motivo é a inmunoterapia, un novo tratamento que se aplica en Galicia, como noutros centros sanitarios, nalgúns tipos de cancros avanzados, e que aumenta a supervivencia e reduce a toxicidade doutros como a quimioterapia.

López, acompañado polo responsable do Centro Oncolóxico de Galicia e presidente da sociedade galega desta especialidade médica, Manuel Ramos, explicou nunha xornada celebrada en Santiago como funcionan estes novos fármacos, que agora se aplican en melanoma avanzado e nun tipo de cancro de pulmón, o máis frecuente, cando xa fallou outro tratamento. Os linfocitos son as células que defenden o organismo de axentes externos e internos, como poden ser as células cancerosas. Nalgún momento estas células son capaces de «durmir» aos linfocitos, e a inmunoterapia «esperta» ao linfocito para que ataque ao tumor. «É fisiolóxico, e por iso ten tan pouca toxicidade porque a quimioterapia arrasa con todo», apuntou López de forma coloquial.

Antía Álvarez Ferro, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-02-2016 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
Cáritas loita contra a exclusión social con 240.000 euros
Cáritas Interparroquial de Santiago dispón dun orzamento anual de 242.000 euros para atención primaria, é dicir, para actividades con persoas en risco de exclusión social, dos que 100.000 (41 %) son achegados por Rajoy. Así o explicou onte o director da entidade, José Antonio Beiroa, durante a visita que a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, realizou ás instalacións que a institución benéfica ten no Concello.

A edil santiaguesa coñeceu as dependencias destinadas a atender a persoas en risco de exclusión social. Así, visitou acompañada de Beiroa o centro Abeiro, para familias monoparentais, situado en Fontiñas; o Centro de Traballo e Cultura, situado nunha casa próxima ao colexio La Salle; o centro de día Vieiro, en Costa Vella; e a sede da rúa Hospitaliño, onde está o servizo de Atención Primaria e o programa Cativos, que inclúe aulas.

Irene Iglesias Bastos, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-02-2016 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
#EnGalegoSempreGañas: a campaña da Mesa que nos pon a correr por relevos polo galego
“Que teñen en común un xubilado, un comerciante, unha consultora, unha gandeira, unha estudante e unha crianza?” pregúntase nas redes sociais Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. E el propio dá a resposta ligando o vídeo 'Asóciate', gravado por Xaora en base á idea do escritor e guionista Diego Ameixeiras e con música de Caxade. Un traballo que xa está a rular polas redes sociais e co que é un chamamento a sumar a prol do galego e a afiliarse á Mesa. No vídeo, varias persoas de diferentes idades de zonas do país van pasándose un relevo unhas a outras, simbolizando o galego. “Non son actores, son persoas reais que cren no futuro do noso idioma”, sinala Marcos Maceira a Sermos Galiza. Unha gravación coa que, di o presidente da MNL, “queremos facer ver que para que o galego viva ten que haber un proceso de transmisión”. E para iso tamén é preciso que haxa “organizacións que traballen”, como A Mesa. “Diego Ameixeiras deu a idea, e a partir de aí fixemos o traballo”, explica Maceira, que destaca a música de Caxade, o bo facer de Xaora e a participación das diferentes persoas que saen no vídeo.

Ana García Barandela, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 27-02-2016 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
Os Rolling Stones actuarán na Habana en marzo
O equipo da emblemática banda británica The Rolling Stones e o Instituto Cubano da Música manteñen conversacións para concretar detalles organizativos dun concerto que se celebrará na Habana a finais de marzo próximo, informaron medios locais.

Hai semanas especulábase sobre ese posible concerto, rumores que este xoves tomaron forma real cunha publicación do Noticiero Cultural da televisión estatal cubana na súa páxina de Facebook, na que sinalan que o concerto terá como escenario os «terreos contiguos» á Cidade Deportiva da capital cubana, información publicada despois por outros medios oficiais da illa.


Antía Corral Álvarez, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-02-2016 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
OURENSE MÁXICA, ENTRE AS PÁXINAS DE DRAGAL
"Alguén cre nos dragóns?", e tras a abafadora resposta negativa dun paraninfo abarrotado de mozos lectores, a xornalista e escritora Elena Gallego Abad presentou as historias de Dragal. Presentada Elena Gallego Abad, de pé fronte ao auditorio, explicou como naceran estes libros que definiu como "os meus fillos literarios".
Comezou a súa narración mostrando imaxes de distintas representacións de dragones. "Hainos chineses, cataláns, galegos. Polas miñas viaxes descubrín dragóns en moitos sitios, así que se cadra si que existen", aseguraba Gallego aos estudantes.
Proseguiu explicando cal foi a orixe da historia de Dragal, da cal está a preparar xa o quinto libro. "Ao meu fillo encantáballe a fantasía e os dragones, e cando lle preguntei por que non lía ningunha en galego, díxome que non había. Así que lle comentei que eu lle ía a escribir unha historia, e díxome que estaba tola", lembrou a autora.
Explicou tamén, acompañada durante toda a conferencia por un power-point con imaxes, que "todo existe na vida real, está documentado ou está dentro da tradición de Galicia" e revelou un pequeno secreto, "cando inventei o instituto ao que vai estudar Adrián, fíxeno precisamente pensando neste, no Otero Pedrayo".
Animou aos futuros lectores a buscar os dragóns en Ourense: "Existen. De feito, dise que as augas quentes das Burgas son as perlas do dragón de Montealegre".
Elena Galego realizou un percorrido polo universo de dragóns existentes nas tradicións e lendas galegas e engadiu os elementos máxicos. Mostrou un medallón antidragóns que deixou circular entre os alumnos e nomeou tamén a personaxes históricos que aparecen na saga, como Gaudí ou Dá Vinci. Finalizou explicando a traxectoria da saga, anunciou a existencia dunha película que adapta a historia, e deixou claro que "Dragal serve para demostrar que Ourense é máxica e tamén Galicia". A quenda de preguntas foi desde saber cantas páxinas tiña o libro para querer coñecer cando sairá o quinto.


Patricia González Fernández, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-02-2016 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal