Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

5º aniversario do terremoto de Haití
Preto de 80.000 persoas seguen vivindo en 105 campamentos de desprazados cinco anos despois do desbastador terremoto de Haití, que deixou máis de 200.000 falecidos e 300.000 feridos, e afectou a outros 2 millóns de haitianos, dos que 1,5 millóns se viron obrigados a desprazarse.

O sismo, de 7,3, aconteceu o 12 de xaneiro de 2010 e obrigou a poñer en marcha unha das maiores operacións humanitarias da historia. Non obstante, un lustro despois un total de 79.397 persoas aínda residen en 105 campamentos para desprazados, situados na zona metropolitana de Porto Príncipe.

Gregoire Goodstein sinalou que «á comunidade internacional non debe esquecérselle as case 80.000 persoas que continúan esperando a súa oportunidade de reconstruír as súas vidas cun teito digno».

Cruz Vermella Española subliñou que en Haití «continúa sendo necesaria» a axuda humanitaria cinco anos despois do terremoto para que o país supere as dificultades derivadas do terremoto e outras relacionadas coa súa situación de pobreza. Grazas ao Movemento Internacional da Cruz Vermella, nestes últimos cinco anos máis de 1,36 millóns de persoas beneficiáronse de novas infraestruturas sociais, escolas e centros de saúde reconstruídos.

Save the Children indicou que unha gran parte de nenos haitianos aínda teñen un acceso limitado á educación, algúns son sometidos á explotación e violencia sexual, e moitos continúan mostrando signos de estrés emocional e psicolóxico e necesitan asistencia e protección. Hoxe, tres millóns de haitianos non saben onde obterán a súa seguinte comida.

Pola súa posición xeográfica, Haití é altamente vulnerable aos desastres naturais, como furacáns, inundacións, derrubas e secas. Mesmo un acontecemento de impacto moderado pode traducirse en fame para moitas persoas simplemente debido á pobreza.

Alba Baltar Janeiro, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-02-2015 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
Traxedia do Alvia: o informe pericial do enxeñeiro de Camiños ve "deficiencias" na sinalización da curva da Grandeira
A xuízo do perito, a colocación de sinais de limitación permanente de velocidade "podería servir para alertar ao maquinista da redución de velocidade" e "podería producir unha recuperación da súa atención".

Ao analizar a decisión de eliminar o sistema ERTMS-ASFA analóxico do proxecto inicial e substituílo polo ASFA dixital, o perito indica que "non produciu unha diminución de seguridade, é dicir, o sistema ASFA dixital no tramo Ourense-Santiago proporciona unha seguridade análoga á do sistema ERTMS-ASFA análogo ao inicial".

Así mesmo, engade que, "xa que se fixo un investimento custoso nos dous sistemas" ASFA e ERTMS, e que xurdiron "problemas importantes na transición dun a outro. Poderían utilizarse os dous simultaneamente, xa que iso mellorase aínda máis a seguridade".

Con todo, o estudo realizado "revela que tras o sistema de supervisión automático, manter un alto nivel de atención do maquinista é o máis importante para aumentar a seguridade fronte a pases indebidos de sinais luminosos e excesos de velocidade". Neste sentido, celebra a decisión "xa tomada" de "prohibir conversacións telefónicas co maquinista salvo en casos de emerxencia", como "boa medida para reducir os accidentes".

Nas súas conclusións, despois de realizar unha comparación de risco do accidente, considera que "aínda que a seguridade mellorase notablemente co funcionamento ERTMS, cubrindo erros no cambio de velocidade máxima na zona da Grandeira, a seguridade desta liña o día do accidente atopábase dentro duns límites razoables, en comparación co conxunto das liñas ferroviarias españolas".

Co prazo vencido, tamén se coñeceron os outros dous informes periciais reclamados polo xuíz para antes do 31 de xaneiro deste ano. Un deles, é o emitido polo enxeñeiro de telecomunicacións César Mariñas Dávila, e nel conclúese que co sistema de control de velocidades ERTMS instalado e activo como estaba previsto no proxecto inicial da liña Ourense-Santiago, o accidente do Alvia "non se produciu".

Pola súa banda, o enxeñeiro industrial José Manuel Lamela apoia, no seu informe, o material rodante, xa que as autorizacións de posta en servizo e de circulación obtidas polos trens 'Alvia S7300', segundo a súa análise, "axustáronse e cumpriron, en todo momento, coas normas reguladoras". Con todo, este experto recomenda a participación "externa" dun organismo de certificación nestes procesos.

Iván Blanco Lage, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-02-2015 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
O vilán nazi de «A Lista de Schindler» ten unha neta de raza negra.

Unha muller alemá de raza negra descubriu que o seu avó era o criminal nazi Amon Goeth, inmortalizado no filme de Steven Spielberg A Lista de Schindler polo actor británico Ralph Fiennes segundo informa o diario israelí 'Haaretz'.

Jennifer Teege, concibida durante unha breve relación entre a súa nai e un home de orixe nixeriana, naceu en 1970. Foi enviada a un fogar católico cun mes de idade, onde perdeu todo contacto coa súa familia biolóxica.
Teege, interesada polo seu pasado, en 2008 atopou un libro cunha fotografía da súa nai, Monika Hertwig, filla do comandante do brutal campo de concentración polaco de Plaszow.

Teege, no libro, titulado inicialmente Amon, decidiu verter o seu achado. Foi publicado o ano pasado en Alemaña e verá a luz o próximo mes de abril en inglés, baixo o nome: “O meu avó disparoume: unha muller negra descobre o pasado nazi da súa familia”.
Teege, tras descubrir o seu pasado, decidiu someterse a tratamento psicolóxico para aliviar a súa carga. O certo é que Goeth xamais coñeceu á súa filla Monika, á súa vez froito dunha relación extramatrimonial coa secretaria da Wehrmacht, Ruth Kalder, a quen coñeceu precisamente a través de Oskar Schindler, o protagonista do filme de Spielberg.

Lucía Vázquez Nóvoa, 4º ESO A.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-02-2015 14:26
# Ligazón permanente a este artigo
O NOSO CORPO NON NOSPERMITE FACERNOS CÓXEGAS A NÓS MESMOS.

Para poder sentir cóxegas é imprescindible que alguén nos toque. Cando se produce un roce inesperado por parte doutra persoa, o noso corpo reacciona tentando apartarse e evitar o contacto. Especialmente se é unha zona vulnerable como o pescozo ou o abdome. Se eres dos sensibles, probablemente comeces a rir a gargalladas ou a pegar saltiños histéricos.

Facernos cóxegas a nós mesmos é como un “spoiler” xa que estamos avisando ao noso cerebro do que vai ocorrer a partir dos comandos motores. El predice as consecuencias sensoriais, polo que non hai sorpresa e queda nunha simple caricia.

Selena González Rodríguez, 4º ESO B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-02-2015 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
Morre Fernando Quintela, presidente da Fundación Alexandre Bóveda
Con 98 anos finou o presidente da Fundación Alexandre Bóveda, o galeguista Fernando Quintela que ocupara o cargo máximo da entidades despois da morte de Manuel Beiras. Odontólogo de profesión, Fernando Quintela manifestara desde novo a súa inmensa querencia por Galiza e o seu profundo galeguismo que o levaron despois a participar activamente nas Fundacións Castelao e Alexandre Bóveda, figuras polas que sentía grande admiración. Tamén Núñez Búa ou Aquilino Iglesias formaron parte do entorno de Quintela, do galeguismo de Vilagarcía de Arousa do que participaba.

Marcado polo golpe militar de 1936 que obrigou a ir ao exilio ao seu irmán socialista Armando, Fernando Quintela é un dos protagonistas da vaga de recuperación da memoria histórica por volta dos anos oitenta, no seu caso, de maneira especial a través do seu traballo nas Fundacións nas que desenvolveu un intenso traballo.

Sandra Tornero Belloso, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-02-2015 14:22
# Ligazón permanente a este artigo
CÓDIGO A113
Víchelo innumerables veces, aínda que pode que non te deses de conta. Aparece en escenas concretas de distintas películas de animación de Pixar ou Disney, e tamén chegou a aparecer en Padre de Familia, Los Simpson, Los Vengadores ou Los Juegos del Hambre. A113 repítese ao longo das pantallas como un código oculto. Que mensaxe oculta leva entón o A113? É unha homenaxe, un chiste interno entre animadores que saíu á luz moitos anos despois. Simboliza a orixe de todo e é un recordatorio de que algunha vez, cando eran moi novos, compartiron unha aula que lles impulsou ao éxito.

Aínda que para a maioría de nós é algo intranscendental, no que pode que non nos fixásemos nunca, para os que pasaron pola aula bautizada con eses famosos carácteres, en CalArts, a universidade situada ao norte de Los Ángeles, ten un valor sentimental importante, un selo que creceu da man de xente como John Lasseter, peso pesado en Pixar e director de títulos como Cars e Toy Story, ou de Brad Bird, responsable de Los Increíbles.

A marca A113 apareceu nun bo puñado de fitas de Disney, en todas as películas de Pixar e en multitude de espazos de TV, incluíndo Los Simpson, onde tamén traballou Bird. «É unha das pequenas cousas que tes que buscar», dixo Lasseter en referencia ao pequeno aceno á súa universidade. Pero o certo é que resulta difícil encontrar estes «Easter Eggs» ao longo das longametraxes, e moitas veces hai que mirar con lupa para encontralo. O que está claro, é que esta xa formalizada tradición continuará mentres os xenios da aula A113 sigan querendo contar historias.

Patricia González Fernández, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-02-2015 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
Irregularidades no Alvia sinistrado
Aparecen novos dados técnicos sobre o sinistro ferroviario de Angrois. No decorrer da investigación xudicial un novo informe pericial salienta irregularidades que poderían ter a ver co accidente.

Neste senso, o documento presentado polo enxeñeiro industrial José Manuel Lamela e que recolle esta sexta feira o xornal La Voz de Galicia, apunta que o Alvia carecía de freos nunha das oito rodas do comboio. No concreto, a roda dereita do terceiro eixo da máquina. Un feito, sinala, que tería reducido a capacidade de freado as prestacións do tren.

O enxeñeiro aclara no seu informe que a ausencia das zapatas "non se considera consecuencia do descarrilamento" senón debido a unha "fixación incorrecta" das mesmas durante as tarefas de mantemento.

Así as cousas, determinar o grao de implicación desta carencia nas consecuencias do sinistro fica pendente de ser esclarecido por un outro estudo que está a elaborar o Centro de investigación en tecnoloxías ferroviarias (CITEF) pertencente á Universidade Politécnica de Madrid. Ora ben, só unha das 44 rodas do Alvia se atopaba nesta situación, segundo o enxeñeiro Lamela.

Porén, o informe tamén salienta outras sete carencias como "resultado das actividades de mantemento" do comboio que, no entanto, non terían a ver nin no seu conxunto nin por separado co descarrilamento do 24 de xullo de 2013.

No marco da instrución do caso esta semana tamén foi remitido a Renfe un "apercebemento por desobediencia". O xuíz reprendeu a entidade por non ter presentado aínda a documentación que lle foi solicitada hai 8 meses. Neste senso, outorga un prazo de 15 días para que sexa achegada por parte da empresa pública responsábel da xestión ferroviaria.

Manuel Alejandro Fernández Carrasco, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-02-2015 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
Diego García Rodríguez: «Dirixir unha representación de

Dende que era moi pequeno, Diego García Rodríguez (Escarabote, 1976) soubo que o seu era o mundo da arte. «Toda a vida escoitei música na casa. E de aí ven a paixón. Comecei a estudar solfexo e piano, logo continuei fóra e empecei a espertar un interese polo mundo da orquestra», explica dende Madrid a través do teléfono. Porque aínda que agora vive en Eslovaquia, este director de orquestra estará na capital polo menos ata o domingo codirixindo como invitado, xunto a Paul Daniel, a ópera Hansel e Gretel no Teatro Real.

-Dirixir no Teatro Real unha obra coma esa, estreada no ano 1893, con uns dos mellores cantantes do momento débelle de por un anel no estómago. ¿Ou non?-Dende logo é un orgullo. Porque aínda que non é a primeira vez que traballo no Teatro Real, está é a primeira que son codirector. Neste caso con Paul Daniel co que xa traballei outras veces. Como tal tiven que dirixir unha das representacións. Dende logo é algo grande, un gran momento.

Martín Pérez Rodríguez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-02-2015 21:21
# Ligazón permanente a este artigo
Unha muller de raza negra descobre que o seu avó era o vilán nazi de 'A Lista de Schindler'.
Unha muller alemá de raza negra descubriu que o seu avó era o criminal nazi Amon Goeth, inmortalizado polo actor británico Ralph Fiennes no filme de Steven Spielberg 'A Lista de Schindler', segundo informa o diario israelí 'Haaretz'.

Jennifer Teege naceu en 1970, concibida durante unha breve relación entre a súa nai e un home de orixe nixeriana. Cando contaba cun mes de idade, foi enviada a un fogar católico onde perdeu todo contacto coa súa familia biolóxica.

Interesada polo seu pasado, Teege encontrou en 2008 un libro cunha fotografía da súa nai, Monika Hertwig, filla do comandante do brutal campo de concentración polaco de Plaszow. Teege decidiu verter nun libro a historia do seu achado. O libro, titulado inicialmente 'Amon', foi publicado en Alemaña o ano pasado e verá a luz en inglés o próximo mes de abril, baixo outro nome: 'O meu avó teríame disparado: unha muller negra descobre o pasado nazi da súa familia'.

Tras descubrir o seu pasado, Teege decidiu someterse a tratamento psicolóxico para aliviar a súa carga. O certo é que Goeth xamais coñeceu á súa filla Monika, á súa vez froito dunha relación extramatrimonial coa secretaria da Wehrmacht, Ruth Kalder, a quen coñeceu precisamente a través de Oskar Schindler, o protagonista do filme de Spielberg.

Laura Abad Álvarez, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-02-2015 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
Os “compadres” quentan a festa en Verín.
Os "compadres" deron onte o pistoletazo de saída ao Entroido de Verín. A festa comezou pasadas as 21,30 horas coas típicas ceas dos homes (os compadres) nos restaurantes da vila e bisbarra. Boa parte deles acudiron como manda a tradición con sombreiro, chaleco e máis dun con capa española.

Tras a cea, a festa continuou na rúa, primeiro co estrondo dos típicos petardos, que obrigou a moitos a camiñar pola rúa con tapóns nos oídos para minimizar o ruído das explosións. Sobre a media noite comezou o xuízo ao "maragato", (un boneco de teas) que foi transportado nun carro polas rúas máis céntricas da vila, acompañado de numerosos "compadres", que entre cánticos xa foron aventurado o seu final, arder, en torno ás catro da madrugada, nunha gran cacharela no parque da Alameda.

A queima desencadeou un auténtico espectáculo pirotécnico, dado que o "maragato" tiñan incrustados numerosos petardos entre as súas roupas. A festa continuará o próximo xoves, neste caso coa coñecida noite das "comadres".

Andrea Marquina Rodríguez, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-02-2015 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal