Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As nosas promesas culinarias
Cinco emerxentes da gastronomía galega miden as súas forzas na páxina web de “La Voz”, onde os lectores poderán votar aínda ata o día 18 polos seus favoritos. Os candidatos son estes: Lucía Freitas (A Tafona, de Santiago), Diego López (A Muiñeira, de Lalín), Daniel Guzmán (Nova Restaurante, de Ourense), Diego Bello (Alborada, da Coruña) e Álvaro Villasante (Paprica, de Lugo).

Todos eles fixeron méritos máis que sobrados para conseguir o premio Cociñeiro do Ano. O nome do vencedor darase a coñecer o próximo domingo 23 no Fórum Gastronómico Coruña'14 e sairá precisamente das votacións de Internet.

Todos aqueles lectores que se animen a participar poderán gañar un dos cinco premios sorteados: unha comida para dúas persoas en cada un dos restaurantes dos xefes de cociña que optan a este galardón.

Os cinco finalistas estánxa no máis alto da gastronomía galega e obtiveron numerosos premios e recoñecementos profesionais. Antes de que se saiba cal deles se alza co triunfo, todos dispoñerán de 20 minutos no Fórum coruñés para mostrar as súas habilidades e dar a coñecer as súas creacións máis representativas nun espectáculo gastronómico que promete un alto nivel.

Non obstante, este showcooking non terá incidencia no resultado do concurso, que se terá decidido de antemán por votación popular, o día 18.

Carlos Seoane Martínez, 1ºB Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-02-2014 18:03
# Ligazón permanente a este artigo
40 colexios foron xulgados xa en España por obviar casos de acoso escolar

Se chaman tanto ó despacho de González é porque este letrado madrileño consiguió que o colexio privado Amor de Dios de Alcorcón (Madrid) indemnizara con 24.000 euros a unha familia tras incumplir o "deber de coidado" dun alumno de 10 anos ante "unha situación de acoso que toda a clase e os profesores coñecían", como especifica a sentenza. E este mes de xaneiro logrou que o colexio concertado Ramar de Sabadell (Barcelona) accedera a compensar con 30.000 euros a outra familia por un caso idéntico.

En España xa existe xurisprudencia na la responsabilidade civil dos centros educativos ante o acoso escolar. Os centros poden ser condenados por omisión do deber de coidado e ó menos corenta colexios viron sentarse á dirección no banquillo dos acusados por mirar para outro lado ante as situacións de acoso. Moitas escolas recibiron sentenzas condenatorias, outras elixiron a conciliación e evitar o proceso xudicial. Na sua maioría son centros concertados ou privados. Os litixios coa escola pública dirimense no contencioso administrativo, un ámbito máis complexo para reclamar.

Para determinar se un colexio foi neglixente na súa actuación é preciso demostrar que o acoso foi persistente no tiempo, de suficiente gravedad e no ámbito de vixilancia e control do centro escolar.

Beatriz Pereiras López, 1ºB Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-02-2014 17:27
# Ligazón permanente a este artigo
Pode estudarse a felicidade?
'O valioso non será o que posuirás senón na persoa tan valiosa en que te terás convertido'... É un dos alicerces da psicoloxía positiva, unha rama de recente aparición que propón gozar do camiño mentres se avanza cara aos obxectivos persoais e profesionais. Por cada artigo sobre felicidade que atopamos publicado hai 21 sobre tristura, crise e depresión. Podemos cambiar esta visión negativa das nosas vidas e todo o que as rodea? A resposta achámola na prestixiosa Universidade de Harvard, onde o posgrao máis demandado é a busca da felicidade.

"Hai moita xente que desexa ser rica, pero aínda hai máis xente que desexa ser feliz". É a máxima do 'Edutaining', a mestura de educación e entretemento que forma parte das materias de Psicoloxía Positiva e Liderado que o profesor e escritor americano-israelí Tal Ben-Shahar imparte en Harvard. Estas optativas comezaron con oito alumnos matriculados e actualmente superan o millar. En cifras, o curso 'Éxito e Felicidade' alcanzou os 1.400 alumnos matriculados por semestre.

A psicoloxía positiva calou no ámbito empresarial durante a última década. Futuros dirixentes buscan a "ponte entre a súa torre de marfil e a crúa realidade do día a día", como o define o apoderado Santiago Pérez-Castillo. Esas vidas "exitosamente infelices" foron virando, coa axuda do positivismo, en crecemento persoal, laboral, ético e educativo, sen descoidar a saúde para completar o desenvolvemento e facer fronte aos problemas. Soa ben, raiando a utopía, pero para iso están os paladíns da psicoloxía positiva, executando en clases, conferencias e grupos de traballo o diagnóstico dunha sociedade con demasiadas barreiras á felicidade.

Carlos Seoane Martínez, 1ºB Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-02-2014 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
A neve deixa sen clase a 987 alumnos de 43 centros educativos das provincias de Ourense e Lugo

A presenza de neve na rede viaria deixou sen clase este mércores a un total de 987 alumnos de 43 centros educativos das provincias de Ourense e Lugo.
Segundo informou a Consellería de Educación a Europa Press, en catro dos 26 centros ourensanos afectados as clases foron suspendidas, en concreto en Carballeda de Valdeorras, Montederramo, A Veiga e Calvos de Randín.
Mentres, nos outros centros a presenza de neve na rede viaria afectou a liñas do transporte escolar en municipios da zona de montaña, como A Gudiña, Viana do Bolo e Pobra de Trives. En total, 603 alumnos ourensanos non puideron acudir ás aulas.
En canto á provincia de Lugo, resultaron afectados 14 centros de municipios de montaña e tres da zona centro, quedando sen clase 384 estudantes.
Dos 17 centros afectados na provincia de Lugo, segundo precisou Educación, nun de montaña suspendéronse as clases esta xornada.
Este mércores a montaña ourensana e de Lugo permanecen en alerta amarela por acumulación de máis de cinco centímetros de neve e no Sur de Ourense por acumulacións de máis de dous centímetros

Beatriz Pereiras López, 1ºB Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-02-2014 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
Falece un grande do fútbol, Luis Aragonés.
O mundo do fútbol en particular e a sociedade española en xeral chora a morte aos 75 anos de Luis Aragonés, exseleccionador nacional de fútbol, a causa dunha leucemia.

Unha clara coincidencia existe entre todos os que o coñeceron e traballaron con el, e entre os que sen ter un contacto tan directo seguen o fútbol e saben da súa traxectoria. Luis foi o grande impulsor dun cambio histórico, o que levou á selección española a rematar con 44 anos de desencantos, os que transcorreran dende 1964 ata 2008.

O 29 de xuño dese ano, no estadio Ernst Happel de Viena, Fernando Torres puxo a guinda á mutación española, habituada ás decepcións e fracasos, ao anotar o tanto da vitoria ante Alemaña, o gol que lle deu a España a Eurocopa.

Luis, que dirixiu á selección durante o periplo 2004-2008, foi o artífice de todo, o creador do novo Vermello, o inventor do xogo de toque, o que substituía á antiga furia.

Vicente del Bosque, o encargado de tomar o relevo no banco da selección, á que levou logo ao título Mundial en Sudáfrica 2010 e a outra Eurocopa en Polonia e Ucraína 2012, destacou que Luis Aragonés marcou o camiño dos "éxitos da selección española" e recordou que cando el asumiu o cargo nunca quixo "borrar ningunha pegada deses catro anos magníficos" e explicou que non van "esquecelo nunca".

Por suposto, todos os futbolistas están afectados polo falecemento de Luis Aragonés, pero sobre todo, os xogadores que viviron con el momentos inesquecibles nesa Eurocopa na que lograron o triunfo, son os que recibiron esta noticia con moita máis dor. En concreto Xavi Hernández escribiu unha carta na que expresa os seus sentimentos e o grande que foi para el Luis Aragonés: "Luis foi fundamental na miña carreira . Sen el nada sería o mesmo, imposible. Con el comenzou todo". "Fixemos a revolución, cambiamos a furia polo balón e demostramos ao mundo que se pode gañar xogando ben".

Patricia González Fernández, 4ºB da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-02-2014 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
Falece en Madrid aos 76 anos o escritor Félix Grande
O poeta, narrador e ensaísta Félix Grande faleceu o pasado 30 de xaneiro en Madrid aos 76 anos de idade a causa dun cancro de páncreas.

Grande (Badaxoz, 1937), Premio Nacional das Letras en 2004 e considerado todo un experto en flamenco, é considerado un dos grandes renovadores da poesía posterior á guerra civil: a xeración dos 50 e o que se denominou do 68 ou Grupo Poético dos 70.

Entre os seus poemarios destacan 'Las piedras' (1963), 'Taranto. Homenaje a César Vallejo' (1971) e 'Las rubáiyatas de Horacio Martín', que lle valeu o Premio Nacional de Poesía en 1978. En narrativa destaca a novela curta 'Las calles', Premio Eugenio D'Ors en 1965 e 'La balada del abuelo Panlancas', 2003.

Sandra Tornero Belloso, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-02-2014 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Dúas amigas descobren que son fillas do mesmo doador anónimo de esperma
Dúas mozas estadounidenses que se fixeron amigas na universidade descubriron que son fillas do mesmo pai biolóxico, un doador anónimo de esperma procedente de Colombia.

Mikayla Stern-Ellis e Emily Nappi, estudantes de primeiro ano na Universidade de Tulane, en Nova Orleans, coñecéronse nas redes sociais mentres buscaban compañeiros de piso para vivir na residencia universitaria, segundo recolleu o xornal da universidade, o Tulane Hullabaloo.

Ao final, estas dúas mozas non foron compañeiras, pero si que se chegaron a coñecer, e a amizade entre elas apareceu pronto, incluso ata o punto de bromear sobre que eran "irmás separadas fai moito tempo". E resultou que esta hipótese fíxose realidade, segundo publicou o periódico "New York Post".

Pronto se decataron de que tiñan algúns trazos físicos e gustos en común. As investigacións realizadas polas dúas mozas e os pais dunha delas demostraron que ambas as dúas foron xeradas con esperma do mesmo doador.

As dúas mozas, emocionadas polo descubrimento, empezaron a colgar o seu resultado nas redes sociais, e estas son as palabras que unha delas puso no seu Facebook: "Un fío invisible conecta aqueles que están destinados a encontrarse, sen importar o tempo, o lugar nin a circunstancia. O fío pódese estirar ou enredar, pero nunca romperá".

Casos coma este son os que cada día axudan a moita xente a crer no destino, porque cada un debemos ter un fío conectado a algo, que non sabemos que é, que descubriremos tarde ou cedo, xa que o fío non se vai romper.

Laura Abad Álvarez, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-02-2014 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
Non hai praza para tanto médico
España ten máis facultades de Medicina por millón de habitantes que Reino Unido, Francia, Italia... En realidade, ten máis que calquera outro país grande-máis de 20 millóns de habitantes- do mundo, coa excepción de Corea do Sur. En apenas oito anos, os centros nos que se pode estudar esta carreira pasaron de 28 a 41. Cos alumnos de novo ingreso acontece outro tanto: de 4.250 a máis de 7.000. Conclusión: sobran estudantes de Medicina.

O paro entre os facultativos, algo insólito na última década, e a crecente emigración en busca de oportunidades laborais, empezan a evidenciar o desaxuste entre o número de especialistas e os postos de traballo que ofrece o sistema.

"O número de estudantes ten que estar axustado aos hospitais que están acreditados para formalos de forma axeitada. Agora temos aproximadamente 1.000 estudantes máis de Medicina que a formación que podemos ofrecerlles. Hai unhas 7.000 prazas para cursar a carreira, e unhas 6.000 de MIR", di o presidente da Organización Médica Colexial, Juan José Rodríguez Sendín. "Polo tanto, é pura matemática, hai 1.000 cos que non sabemos que vai pasar, porque non se van poder formar. O aumento de facultades é un disparate".

"A eses 1.000 estudantes que sobran, os que non van ter praza MIR, non lles espera outra cousa que o éxodo, marchar a outro país onde si se necesiten os seus servizos", sinala Enrique Lázaro, presidente do Consello Estatal de Estudantes de Medicina (CEEM). "Non é congruente desbaldir o diñeiro que custa formarnos dese xeito. É un investimento do que logo non vai haber froitos", engade.

O catedrático Félix Grases dá a razón ás organizacións que piden que o Goberno poña freo á multiplicación de facultades: "Creáronse estudos con toda a alegría do mundo, e con isto hai que ser moi prudentes para non saturar o mercado".

David Cebreiros López, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-02-2014 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
As babas de caracol axudan a calmar a dor
Para aliviar a dor, segundo sexa o caso, é empregada comunmente a morfina (unha substancia controlada, utilizada en premedicación, anestesia e analxesia). Pero de acordo ás novas investigacións da Universidade de Queensland, en Australia, a saliva de caracol contén elementos químicos que xerarían o mesmo efecto curativo.

A partir da saliva de caracol mariño, os científicos crearon un produto de administración oral que demostrou grande efectividade no control das dores.

O caracol utiliza a súa saliva para atrapar e adormecer ás súas presas, principio empregado na creación do novidoso fármaco aínda non certificado.

De acordo aos investigadores, este produto consegue calmar a dor nas persoas con neuropatía periférica, aínda que mostrou un efecto moito máis baixo que os medicamentos actualmente existentes.

Cada vez atopamos máis remedios naturais aplicables na medicina e, aínda que este non sería un exemplo claro porque ten que ser tratado antes de usalo como tal, si é unha forma máis sinxela de obter beneficios para a saúde.

Elena Blanco González, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-02-2014 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
A principal dúbida dos Simpson
Os Simpson é unha serie estadounidense de comedia, en formato de animación, creada por Matt Groening para Fox Broadcasting Company e emitida en varios países do mundo.

Esta serie viute medrar. As súas personaxes fixéronte rir ata dicir basta. Sabes cantaruxar a súa canción. Mesmo pode que sexas capaz de recitar de memoria algúns dos seus diálogos.

Pero probablemente algunha vez fixécheste esta pregunta: Por que os personaxes son amarelos?

Hai dúas posibles respostas a esta curiosidade. Por un lado, o anterior director di que como o pelo de Bart, Maggie e Lisa é amarelo, parecería que as súas cabezas son unha serra se a pel fose doutra cor e o pelo amarelo. Pero tamén se comenta que a primeira vez que Matt Groening debuxou a familia fíxoa nun post-it amarelo. Gustoulle tanto que nun folio branco non lle facían graza.

Alba Baltar Janeiro, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-02-2014 17:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal