Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Oito de cada dez mulleres que seguen unha dieta para perder peso fracasan
O 81% das mulleres que fan dieta para intentar perder peso fracasaron e tan só o 24% está conforme cos seus quilos, segundo unha enquisa elaborada pola Sociedade Española para o Estudo da Obesidade (SEEDO) cuxos resultados foron publicados este mércores.

Albert Goday, vicepresidente da sociedade, asegurou durante a presentación da enquisa que é moi difícil manter no tempo os hábitos de vida que leva consigo padecer unha enfermidade crónica como a obesidade, xa que cando o peso se estabiliza tras unha dieta saudable e exercicio, a motivación baixa.

Por iso, o 81% fracasara nun intento de perder peso e un 75% fixeran dieta previa, co que, segundo o responsable desta sociedade, "algo está a fallar no sistema que fai que algunhas persoas repetidamente teñan que facer intentos de perder peso con fracaso".

Para non fracasar, os nutricionistas como Carmen Pardos, recomendan, ademais de acudir a un especialista, seguir unha alimentación axeitada e exercicio físico e, aínda que aseguran que non hai unha dieta ideal, manteñen que a mediterránea é un exemplo a seguir.

Os hábitos nutricionais das enquisadas non deixan tampouco lugar a dúbidas: o 65% asegura ter uns hábitos saudables e deles o 60% afirma telos adquirido por si mesmos. Un 68% das enquisadas din tamén que come na casa e en compañía. Por último, o 34% pésase cada semana, algo que, segundo Pardos, non fai falta con tanta frecuencia.

Laura Abad Álvarez, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-02-2014 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
Arqueólogos españois descobren unha momia de hai 3.600 anos

Un equipo de arqueólogos españois descubriu un raro ataúde de madeira que foi elaborado durante o reinado da dinastía 17 de faraóns do Antigo Exipto, hai aproximadamente uns 3.600 anos. O achado produciuse durante uns traballos de escavación na beira oeste de Luxor, na necrópole de Dra Abul Naga, preto da tumba de Djehuty, o encargado de velar polo tesouro da célebre raíña Hatshepsut.

Segundo José Galán, director do equipo de arqueólogos cuxa expedición financia Unión Fenosa, o descubrimento é importante tanto polo seu valor histórico como artístico. "O ataúde é dun período moi antigo, do que se encontraron poucas pezas deste tipo. Naquela época, había dous reinos, Exipto non estaba aínda unificado. O achado achegaranos máis información sobre aquela época", apunta a Galán, que é profesor do CSIC.

O ataúde está decorado con representacións de plumas de aves de diversas formas e tamaños pintadas na súa tapa. De aí que fose alcumado o "Sarcófago das plumas".

"O estilo artístico do ataúde é moi raro. Elaboráronse durante un curto período de tempo, polo que calculo que hai só unha ducia no mundo", apunta Galán, que explica que aínda non abriron o ataúde. Non obstante, a través dunha fenda puideron ver a momia que hai no seu interior encóntrase en moi bo estado.El estudo da peza suxire que o monumento funerario pertence a un alto funcionario, cuxa momia foi encerrada no interior, dixo o ministro Ibrahim. De dous metros de longo e 42 cm de altura, o sarcófago encóntrase en moi bo estado. Na súa escavación, o equipo de arqueólogos encontrou outros dous pozos vacios, cuxos ataúdes cre que foron roubados na antigüidade.

A misión española comezou os traballos de escavación na tumba de Djehuty hai 13 anos, e dende entón encontráronse moitos obxectos elaborados durante diversas dinastías do Imperio Novo.

Sandra Tornero Belloso, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-02-2014 17:36
# Ligazón permanente a este artigo
Os cans guía
Un can guía é un can adestrado para guiar aquelas persoas cegas ou con deficiencia visual grave ou para axudalas nos traballos do fogar. O can guía é un dos tipos de cans de asistencia que existen, posiblemente o máis antigo e máis coñecido. É o único recoñecido legalmente hoxe en día, feito que lle permite uns dereitos e privilexios non recoñecidos entre o resto de cans como, por exemplo, a aceptación obrigatoria no transporte público.

Durante o control dos deficientes visuais o can debe ter capacidade para decatarse de perigos eventuais para o dono debido ás barreiras arquitectónicas, requiríndose unha capacidade bastante alta de intelixencia e nivel de adestramento avanzado do animal.

A pesar de que os cans poden ser adestrados para evitar varios obstáculos, non son capaces de distinguir cores como o verde e o vermello, de forma que non poden interpretar un semáforo.

En España, a maioría de cans guía son adestrados e certificados pola ONCE. Esta organización encárgase do alto custo dun adestramento tan especial. En canto ás razas de cans, tradicionalmente elixiuse o Labrador retriever polo seu carácter apracible e pouco tolo se está castrado dende pequeno. Nos últimos anos emprendéronse varias iniciativas para adestrar cans doutras razas, e mesmo mesturas e guías, como un xeito de solucionar dous problemas sociais á vez: elixir cans das canceiras e protectoras de animais e adestralos para asistir persoas con calquera tipo de minusvalía, incluídas as mentais (sexan permanentes ou non).

Alba Baltar Janeiro, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-02-2014 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
Teléfonos (e só teléfonos) intelixentes
Estar conectado ás nosas contas de Twitter e Facebook a cada momento fainos parecer máis intelixentes, pero en realidade diminúe as nosas capacidades intelectuais, segundo afirma un novo estudo publicado por Royal Society.

As redes sociais constitúen unha fonte primaria de información para moitos usuarios, aínda que algúns estudos afirmen que lemos noticias sen pretendelo e que en realidade sempre nos conectamos para saber que fan os nosos coñecidos. Sexa de casualidade ou non, ler os artigos publicados polos nosos contactos fainos estar ao tanto do que acontece, pero non agudiza o noso intelecto, xa que a sobreinformación á que nos expoñemos a través das redes diminúe a nosa concentración, contemplación e reflexión, demostrou este traballo.

Para obter esta conclusión, os investigadores entrevistaron a un grupo de 100 universitarios divididos en cinco grupos que utilizaban redes sociais diferentes e asignadas ao azar. A metade dos voluntarios estaban conectados con todos os demais, mentres que os restante non tiñan ningún tipo de conexión cos outros. Os científicos someteron aos participantes a unha serie de preguntas baseadas no razoamento analítico para comprobar o seu nivel intuitivo. Os resultados mostraron que os primeiros eran máis propensos a reproducir as respostas correctas dos seus contactos que a razoar as súas propias. As redes sociais axudaban aos voluntarios a elixir mellores respostas, pero eximíanos de aplicar o seu propio razoamento analítico.

A tendencia a copiar "fai que parezamos máis intelixentes cando en realidade cada vez pensamos menos", conclúen os autores do estudo. E é así que nos tempos dos teléfonos intelixentes volvémonos tontos.

Elena Blanco González, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-02-2014 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
Os xoguetes de sempre non se perden
Manuel Villar, propietario dunha tenda de xoguetes, pertence á quinta que creceu sen Nintendo, PlayStation e Wii. Este galego enganchouse a outro xogo que quizais os nenos de agora non valoran, o Scalextric, unha afección na que se iniciou con 9 anos e seguiu ata recompilar, con 58 cumprimentos, máis de 550 automóbiles.

Cando era un neno regaláronlle un e descubriu a súa paixón polos coches en miniatura: "Cando me daban un pouco de diñeiro polo meu aniversario ou por Reis, ía aforrando para comprar un coche novo", recorda.

A súa colección foi crecendo tanto que hoxe en día ostenta unha das maiores de Galicia: posúe máis de 550 automóbiles, con algúns emblemáticos como o Toyota de Carlos Sainz e outros irrepetibles que saíron ao mercado rotulados pero rapidamente foron retirados.

Da súa infancia rememora "aquelas carreiras que faciamos botando na pista cola-cao para que parecese barro ou crema de afeitar coa idea de simular que estabamos a competir na neve". As primeiras unidades de Scalextric son tan escasas que nin a crise económica conseguiu que os coleccionistas as vendan: "Pódense encontrar coches dos últimos, pero o que ten un clásico non o vende, ese é como un tesouro que gardas para ti", revela Villar, quen ve enormes diferenzas entre os gustos dos nenos de antes e os actuais.

Manuel, rexenta na capital de Galicia un bazar de xoguetes que herdou dos seus pais, os que á súa vez relevaran no negocio os seus avós e estes aos seus bisavós. O seu fillo non herdou o gusto polo Scalextric, pero se lle garante o futuro do negocio: "Estudou unha carreira universitaria pero quixo vir a traballar aquí", conta o seu pai.

Villar non cre que os xogos tradicionais, como o parchís, o xadrez ou o monopoly vaian desaparecer no futuro, aínda que si destaca o poder de captación que ten a televisión.

Patricia González Fernández, 1ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-02-2014 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
Con 16 anos descubriu un método para detectar cancro
Jack Andraka ten 16 anos e aos 13 perdeu un ser querido por culpa do cancro. Nese momento, sendo só un neno, comezou as súas investigacións en relación á enfermidade e, tres anos máis tarde, descubriu unha forma de detectala que custa US$0.3 e toma só cinco minutos.

O adolescente naceu en Maryland e está a punto de cambiar a realidade de millóns de persoas co seu invento que é "rápido, simple e efectivo". Trátase dun sensor de papel que custa só US$0.3 e detecta tres tipos de cancro -páncreas, ovario e pulmón- en cinco minutos. A través deste sensor detéctase a proteína mesotelina que se encontra no sangue dos enfermos destes tipos de cancro. Para iso utilizou anticorpos que son entretecidos nunha rede de nanotubos de carbono. Deste xeito obtense un marcador que unicamente reacciona ante a devandita proteína.

Segundo explica, a proba ten 100% de efectividade e, coma se fose pouco, comentou que tería sido desenvolvida fai nada menos que 60 anos. A todo isto se lle suma que presentou a súa investigación a 200 laboratorios e que en todos foi denegado, ata que a Universidade de Johns Hopkins decidiu apoialo no seu desenvolvemento.

Alba Baltar Janeiro, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-02-2014 23:46
# Ligazón permanente a este artigo
Cen anos do pergamiño de Códax
Cúmprense agora cen anos do feliz achado. Corría o ano 1914 cando na madrileña rúa de Mendizábal, un libreiro anticuario de nome Pedro Vindel descubría, formando parte das tapas que encadernaban un volume de Cicerón, De Officis, un pergamiño datado a fins do século XIII, ou comezos do XIV, a conter as sete cantigas de amigo dun poeta galego medieval de extraño apelido: Martín Codax (se ben que habitualmente digamos "Códax", o certo é que non está claro cal sería a verdadeira pronunciación).

Desde 1921 -ano no que, asemade, falece Pedro Vindel- deica 1977,o Pergamiño Vindel permanece en paradeiro descoñecido. Sen embargo, nesa última data reaparece na Biblioteca Pierpont Morgan (Nova York) -cota M 979-, sendo agora accesible para os estudosos.

Sete cantigas de amigo de Martín Codax (ou Códax). Sete cantigas que xa eran coñecidas mediante dous dous grandes cancioneiros -en realidade, copias realizadas en Italia, durante a primeira metade do século XVI, sobre orixinais perdidos- aparecidos durante o século XIX: o Cancioneiro da Vaticana e mais o Cancioneiro da Biblioteca Nacional (tamén coñecido como Colocci-Brancuti). Xa que logo, que ten de particular, que nos aporta o Pergamiño Vindel?

A lírica trobadoresca galego-portuguesa, no seu estado actual, está conformada por un total de 1.689 textos da autoría de 161 un poetas -trobadores e xograres- de nome coñecido, que compuxeron as súas pezas nun arco que vai desde finais do século XII-inicios do XIII deica mediados do XIV. Conxuntamente cos xa citados Cancioneiro da Vaticana e Cancioneiro da Biblioteca Nacional, vén ser un terceiro códice -este,orixinal, datado a fins do século XIII-comezos do XIV- o(s) principal(is) encargado(s) da transmisión das cantigas. Sen embargo, nin o CV nin o CBN; nin tan sequera o CA conteñen a notación musical correspondente a aquelas. No caso do CV e o CBN, tan só se rexistran os textos; canto ao CA, si contemplamos as liñas do pentragrama... baleiras.

Velaí, entón, o extraordinario valor do Pergamiño Vindel. Folla voante -Liderbläter, na terminoloxía filolóxica- única conservada (as "follas voantes"/"Liderbläter" son rolos que recollían un pequeno número de composicións dun único autor e que logo foron integradas nos códices maiores), o pergamiño do cal estamos a celebrar o centario da súa reaparición contén, en efecto, as sete cantigas de amigo de Codax, tal como o CV e o CBN, mais... aportando a música de seis delas!! É dicir: dos 1689 textos que chegaron aos nosos días, tan só dispoñemos da música orixinal desas seis pezas -do total de sete- da autoría do xograr vigués e aínda doutras tantas do rei D. Denís de Portugal conservadas no denominado Pergamiño Sharrer, atopado polo profesor Harvey L. Sharrer no Arquivo da Torre do Tombo (Lisboa). Como ben se bota de ver, estamos, sen ningunha clase de dúbidas, diante dunha xoia de incalculable valor literario e histórico. Para un galego, en xeral, e para un vigués, en particular, un verdadeiro motivo de lexítimo orgullo.

Sandra Tornero Belloso, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-02-2014 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
Os recén nacidos de nais novas con sobrepeso teñen risco de ter maior peso ao nacer
O 50 por cento das mulleres novas dos países desenvolvidos teñen sobrepeso ou obesidade, o que repercute en que os seus fillos tamén poidan herdar a enfermidade e que teñan unha menor esperanza de vida, segundo afirmou o profesor do 'Nestlé Nutrition Institute' en Suíza e do departamento de Pediatría da Universidade de Viena, Ferdinand Haschke.

Este profesor, que participou na II Conferencia Internacional sobre Nutrición e Crecemento celebrada en Barcelona, tamén asegurou que estes nenos son máis propensos a nacer con sobrepeso, pois o ambiente intrauterino dunha nai con máis peso do que debe se converte nun factor de risco para o bebé.

Outros dos factores que afectan aos nenos no período de xestación é a desnutrición. Segundo Nestlé, "máis do 10 por cento da poboación feminina mundial en idade fértil sofre desnutrición"; e, en países de medio e baixo poder adquisitivo, entre "o 30 e 40 por cento dos nenos son de talle baixo para a idade, o que dificulta o seu crecemento durante os primeiros dous anos de vida".

Deste modo, esta empresa sinalou que é "vital apoiar os programas de redución de peso, previr o incremento de peso durante o embarazo e controlar a diabete gestacional para reducir o número de bebés con sobrepeso durante o período gestacional".

Laura Abad Álvarez, 4ºA da ESO.


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-02-2014 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
Coca-Cola lanzará cápsulas para elaborar a bebida na casa
Coca-Cola poderá servirse a xeito de cápsulas de café a partir de finais de 2014 ou inicios de 2015. Estas cápsulas introduciranse nun aparato que os consumidores poderán comprar, segundo publicou Financial Times.

O mércores, Coca-Cola anunciou a compra do 10% de con Green Mountain Coffee Roasters, o fabricante da popular cafeteira Keurig dunha soa cunca. A noticia disparou as accións de Green Mountain máis dun 40% nas operacións despois do peche o mércores.

A compañía de Coca-Cola non é a primeira en pensar utilizar este método para o consumo da súa bebida, xa que a empresa israleí SodaStream, que utilizou a Scarlett Johansson como imaxe do seu anuncio prohibido na super Bowl, vende un dispositivo similar.

David Cebreiros López, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-02-2014 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
Día Mundial contra toda mutilación xenital feminina non médica
Nunha mensaxe a propósito da xornada que se celebra dende 2003, o presidente da Asemblea Xeral da ONU, John Ashe, cualificou de "devastadoramente daniño" a ese procedemento, o cal se concentra nuns 30 países de África e o Oriente Medio.

A mutilación xenital feminina constitúe unha severa violación dos dereitos humanos de mulleres e nenas, e unha forma de violencia extrema contra elas, advertiu. Para o diplomático de Antiga e Barbuda, trátase dunha práctica que ameaza de xeito moi serio a saúde reprodutiva e psicolóxica das féminas afectadas.

"Este Día é outra oportunidade para que a comunidade internacional se una e traballe en función de deter este abuso, o cal se converteu nun problema global, que require unha solución inmediata," expuxo.

Ashe convocou a perseguir a meta de erradicar a mutilación xenital para a próxima xeración, en prol de axudar a millóns de mulleres e nenas arredor do planeta a vivir unha vida máis saudábel e plena.

A Asemblea adoptou en decembro de 2012 unha resolución que insta a celebrar cada 6 de febreiro o Día Internacional de tolerancia cero coa mutilación xenital feminina.

De acordo coa Organización Mundial da Saúde, ese tipo de mutilación comprende todos os procedementos consistentes na resección parcial ou total dos xenitais externos femininos, e outras lesións dos devanditos órganos por motivos non médicos. Esta práctica afecta a entre 100 e 140 millóns de mulleres e nenas.

Elena Blanco González, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-02-2014 16:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal