Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha morea de razóns para falar galego
A campaña ‘Gústame o galego’ desenvolveuse este mércores en CCSS e da Comunicación da Universidade de Vigo.
Un pousadoiro permite fotografarse con diferentes lemas en apoio do idioma.
Existen infinidade de razóns para falar galego e apoiar o uso do idioma. Un bo feixe delas atópanse nesta xornada a disposición da comunidade universitaria que se acheguen pola Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación en forma de suxestivos lemas, cos que fotografarse no photocall ou pousadoiro instalado no marco da campaña Gústame o galego! Coa idea de facer visible o apoio individual de profesorado, alumnado e do resto da comunidade universitaria ao idioma, esta iniciativa propón a todos eles que posen diante da cámara xunto a frases como 'Gústame aprender e ensinar en galego e que as clases sexan maXistrais' ou 'Gústame que non me traduzan o café con leite'.

En total, son preto de corenta os lemas entre os que se pode escoller para participar nesta campaña, á que esta mañá se sumou a vicerreitora do campus de Pontevedra, Antonia Blanco, que tras posar ante a cámara destacou “o valor que teñen estas accións para fomentar o uso do galego, xa que axudan a visibilizar as actuacións nas que estamos a traballar desde o interior da Universidade para potenciar o idioma no ámbito administrativo e docente”. A pesares de que recoñeceu que é “unha mágoa que aínda fagan falla campañas como esta”, Blanco puxo o acento na contribución de iniciativas como esta á promoción do idioma, “polo que agradecemos que hoxe estea aquí no campus”.

Xunto á vicerreitora, tamén participou esta mañá nesta iniciativa o decano de Ciencias Sociais e da Comunicación, Juan Manuel Corbacho, que tamén se felicitou pola chegada ao campus, da man da Área de Normalización Lingüística e da Vicerreitoría, desta campaña promovida pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, que busca favorecer que persoas de todas as idades se posicionen a prol do fomento do galego e provocar unha reflexión sobre a necesidade de fomentar o uso do idioma en distintos ámbitos. Non en van, “a lingua é cultura é a cultura é coñecemento”, salientou Corbacho, que concluíu que “defender o idioma desde a Universidade é fundamental".

Beatriz Pereiras López, 1º Bach. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-02-2014 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
A CÁMARA-PÍLULA
Tras varios anos intentándoo, conseguiuse aprobar en Estados Unidos o uso dunha pílula á que se engade unha cámara que pode cambiar algúns métodos de diagnósticos clínicos, como unha colonoscopia.
A  Administración de Alimentos e Drogas (FDA) de Estados Unidos decidiu aprobar un novo método para que as molestas colonoscopias pertenzan ao pasado. Trátase dunha pequena pílula cunha cámara incorporada que se toma oralmente.
Esta cámara, chamada PillCam, toma durante oito horas fotografías durante todo o traxecto que recorre a pastilla dentro do organismo. Estas imáxenes son transmitidas a un dispositivo incluido nun cinturón especial que leva o paciente e de ahí son extraídas para analizalas e así detectar signos tempranos do cancro de colon.
Este método lleva xa varios anos empreándose en varios países, pero Estados Unidos foi o último en incorporarlo aos seus procesos médicos. A pílula pretende acabar coas colonoscopias que levan un proceso un tanto incómodo para a maioría dos pacientes que se teñen que someter a elas.
A PillCam só está a ser medicada a aqueles pacientes que teñen problemas para someterse ao procedemento tradicional ou para pacientes que experimentaron unha "colonoscopia incompleta", traducido nuns 750.000 pacientes aproximadamente, según expresou a empresa creadora da PillCam.
O cancro de colon é a segunda causa de morte nos Estados Unidos, polo que as investigacións médicas para frear esta enfermidade son cada vez máis abundantes.

Diego López Guerrero Navarro; 2º BACH. A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-02-2014 20:22
# Ligazón permanente a este artigo
Análise do Lugo.
Só dous equipos teñen unha produción ofensiva menor que o Lugo nesta tempada en Segunda, o Alcorcón, que acaba de cambiar de adestrador (Bordalás ), e o Mirandés. O gol é a gran materia pendente nos branquivermellos, que non son capaces de concretar o seu bo xogo na zona de perigo.

Tras o partido de Xaén, dícese que o Lugo a duras penas conseguiu dar tres pases seguidos. E que nas súas mellores opcións de ataque, faltoulles o acerto no último e definitivo, para concretar as xogadas. Unha constante da tempada. O Lugo adoita tocar con comodidade ata chegar á zona onde se desenvolven os seus tres mediapuntas. Canto máis arriba, os rivais pechan os espazos e aumentan a presión, e se a lucidez coa pelota non é óptima e a circulación non alcanza a velocidade de cruceiro, créase unha desconexión coa punta. Nas últimas xornadas, tanto na fase sen gañar como agora que chegan as vitorias, os branquivermellos alternaron días de apagamento, con outras brillantes. Atopar a fluidez e a continuidade é a meta.

A pesar das aparentes dificultades arriba, non é o Lugo un dos que menos xute. A pesar de perderse sete partidos, Rennella, máximo realizador, é capaz de estar cos mellores do campionato.

Samuel Vázquez González; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-02-2014 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
Adeus a Philip Seymour Hoffman.
O pasado 2 de febreiro, un home entra no piso do actor Philip Seymour Hoffman en New York e atopa o corpo sen vida ás 11.30, hora local. Confirmouse así un medo existente, a posibilidade de que a heroína acabase coa vida dun dos mellores actores secundarios dos últimos tempos. Hoffman naceu en Fairport, estado de New York, Estados Unidos. Durante a súa mocidade asistiu a clases de teatro co que colleu gana e afán pola interpretación. A súa carreira como actor comezou na serie de televisión "Law & Order", na que interpretou o papel dun abogado defensor. Ao longo da súa carreira Hoffman ten interpretado roles moi carismáticos, así coma ten comprobado o ben que fai caer as personaxes ao público. Un caso é o seu papel de Brandt en "The Big Lebowski", película dos irmáns Cohen. Personalmente destacaría a súa interpretación do crítico musical dos anos 60 e 70 Lester Bangs, na película "Almost Famous", dirixida por Cameron Crowe. Neste filme, Hoffman non aparece durante moito tempo, pero o pouco que o fai inclina ao espectador a sentir aprezo por Bangs. Tamén é, practicamente obrigatorio, destacar a súa interpretación do xornalista e escritor Truman Capote na película biográfica, Capote, que lle valeu un premio Oscar ao Mellor Actor.
Volvendo ao fío do asunto. A policía de New York abriu unha investigación para aclarar cales foron as causas exactas do pasamento, ainda que o máis probable, segundo afirma o xornal The New York Post, é que a causa fose unha sobredose de heroína, droga á que o actor era adicto, mesmo facía un ano que estivera a pasar unha tempada nun programa de rehabilitación de heroinómanos.
Unha vez máis por desgraza a droga leva a unha gran estrela, será recordado como o excelentísimo actor que foi.

Javier González Sobrado; 2º BACH. A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-02-2014 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
GALICIA AO MUNDO CON XANTAR
Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia afirmou este mércores a consolidación de Xantar como 'feira internacional' para 'abrir Galicia ao mundo', ensalzando o apoio do goberno galego ao sector alimentario ofrecendo calidade, como indicou na inauguración da 15º edición do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo que ten lugar en Expourense, ademais de referirse á súa longa traxectoria.

Recordou que a gastronomía é o segundo motivo por o que os visitantes acoden a Galicia, ademais de polo turismo, polo que incidiu na importancia de seguir potenciando este importante sector mediante a internalización para “abrir Galicia ao mundo”, para atraer ao turismo ofrecendo calidade.

Resaltou ademais a presencia de Cuba como país invitado, que dará moitos motivos de satisfacción, despois da visita de Nuñez Feijóo fai uns meses, contribuíndo a favorecer a relación cos galegos na diáspora, os “nosos mellores embaixadores”, pois é necesario manter un vínculo cultural e económico cos galegos do exterior e Nava Castro, responsable de Turismo de Galicia, resaltou o carácter “transversal” desta feira internacional, destacando a importancia da gastronomía para Galicia, “o segundo motivo polo que o turista nos elixe como destino”.

UXÍA GARCÍA VÁZQUEZ; 2ºBACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-02-2014 20:04
# Ligazón permanente a este artigo
Que fará Facebook cos datos de usuarios de Whatsapp?
Expertos alertan dos "infinitos usos" que a rede social de Zuckerberg podería facer de devandita información
"Non sabemos se os datos de Whatsapp van pasar a Facebook, se vai ser ao revés ou que vai pasar con eles", confesou a Efe o vicepresidente de ENATIC en relación ao problema para a privacidad dos usuarios que a operación podería supoñer.
"Non se tería por que facer un mal uso destes datos, pero as empresas estranxeiras non adoitan cumprir coas garantías de privacidad neste sentido", sinalou Pérez, que tamén indicou que históricamente o uso máis estendido da información do usuario por parte de Facebook relacionouse coa publicidade.
Do mesmo xeito, dende a asociación de expertos cualificaron como "necesaria" a reforma da Lei de Propiedade Intelectual, aínda que o representante da abogacía dixital admitiu que é unha lei "controvertida".
Os cambios a nivel global propiciados polo desenvolvemento de internet e as novas tecnoloxías afectan a todos os ámbitos profesionais e o da abogacía non ía ser menos.
Whatsapp foi fundada en 2009 por dous ex enxeñeiros de Yahoo, Jan Koum e Brian Acton. Desde entón, o servizo de mensaxería alternativo ao tradicional SMS conseguiu un crecemento brutal, xa que actualmente conta con máis de 450 millóns de persoas que utilizan a aplicación cada día.
Moitos son os que vían a Whatsapp como unha ameaza para o negocio de Facebook. A diferenza da rede social, Whatsapp non gaña diñeiro a través dos anuncios. É de uso gratuito durante o primeiro ano e logo cobra 0.99 dólares en EE.UU -0.89 euros en España- para continuar coa suscripción da aplicación no dispositivo.
A aplicación de mensaxería alcanzou os 419 millóns de usuarios nos seus primeiros catro anos. Estes datos fixéronse públicos a través dunha gráfica publicada por Forbes, onde se compara o crecemento de Whatsapp, Facebook, Twitter, Gmail e Skype durante ese periodo.

Fernando Rodríguez González; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-02-2014 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
A segunda persoa máis lonxeva de Galicia sopra 108 velas en Cartelle
A centenaria Josefa Álvarez, a segunda persoa de máis idade de Galicia e unha das máis lonxevas de España -ocupa o posto 27-, celebrou este mediodía, rodeada de parentes e traballadores, o seu 108 aniversario.

Fíxoo no centro de maiores A Nosa Señora do Mundil, en Cartelle, onde reside dende hai 13 anos, e no que este domingo se recordou que o récord galego o ostenta outra muller, Avelina Mouzo Leis, unha veciña de ponte do Porto, en Camariñas (A Coruña), que cumpriu 109 anos a última Noiteboa.

Tras degustar unha suculenta porción, esta ourensana non dubidou en mostrar as súas habilidades para a música, ante a presenza dos medios de comunicación alí congregados.

A pesar de nacer en febreiro de 1906, o seu espírito mantense tan activo que hoxe, ademais de soprar as velas e charlar cos familiares, se animou a cantar, unha das súas afeccións.

Coas súas 108 primaveras, Josefa Álvarez rememora que outra ourensana, a 'avoa de Galicia' Francisca Barracel, natural de Allariz, faleceu en xullo do ano pasado cando tiña 111 anos,

Tampouco se lle escapa outra Francisca, neste caso de Xaén, 'a avoa de España', que ten 112 anos e é a quinta persoa viva máis lonxeva de Europa.

Por iso entre os seus principais ocupacións estaban "facer a labranza", e logo tiña vacas, atendía as galiñas, coidaba os seus pais e vendía periódicos para poder gañar diñeiro".

"Era e é unha persoa marabillosa en todos os aspectos", afirmou Claudina Álvarez, quen mostrou a súa sorpresa polo feito de que chegase a esta idade. "Ela pasouno moi mal. Había moita miseria, non como agora, e nunca pensou que ía durar tantos anos," argumentou.

David Cebreiros López, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-02-2014 21:37
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia perde 15.558 habitantes en 2013

A poboación empadronada en Galicia situábae a 1 de xaneiro de 2014 en 2.765.940 persoas, 15.558 menos que fai un ano, o que sitúa a baixada deste índice no 0,56%, según os datos do Padrón difundidos este venres polo Instituto Nacional de Estadística. Neste sentido, en Galicia estaban empadronadas a 1 de xaneiro do ano pasado, 2.655.978 españois, un 0,5% menos que fai un ano; e 109.962 extranxeiros, un 1,98% menos que o 1 de xaneiro de 2012. Por sexos, a poboación galega rexistra 1.420.818 mulleres e 1.335.122 homes.

Tengo en conta os grupos de idade, en Galicia están empadronadas 935.621 persoas entre 20 e 45 anos, 755.053 entre 45 e 65 anos, 640.263 persoas de máis de 65 abis e 435.003 persoas de menos de 20 anos. O grupo de idade con máis habitantes, 228.494 persoas, é o de entre 35 e 39 anos. En Galicia estaban empadronados ó inicio de 2013 un total de 109.962 extranxeiros, dos que 55.389 eran homes e 54.573 eran mulleres. Deles, 39.408 residen en Pontevedra, 39.373 en A Coruña, 16.417 en Ourense e 14.764 en Lugo.

Nerea Rial Conde; 1º Bach. B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-02-2014 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
Os escandinavos toman Galicia: buscan vellas casas de pedra abandonadas para restaurar.
Cidadáns de Escandinavia e de países do norte de Europa buscan en Galicia, aproveitando un clima comparativamente máis benigno, casas tradicionais en aldeas, un mercado que uns anos atrás atraía principalmente británicos.

Xustamente un británico, Mark Adkinson, propietario dunha firma inmobiliaria no municipio lucense de Rábade, sinala que os seus paisanos continúan interesados en comprar propiedades en zonas rurais galegas, pero apunta que debido á crise, que afectou duramente ao seu país, e á depreciación da libra esterlina, se produciu un "elevado descenso" de clientes.

Chegan a Galicia pola tranquilidade que non atopan no sur de España " Esta semana teño a tres clientes británicos de visita, entre eles unha familia con nenos que busca unha casa grande preto de Pontevedra, aproveitando que alberga unha escola internacional", comenta Adkinson, que reside en Galicia dende hai corenta anos. O axente inmobiliario, que di dedicarse a ese negocio pola imposibilidade de exercer calquera das súas dúas carreiras, que xa nin menciona, destaca que "hai semanas nas que non hai ningún cliente británico”, algo inusual "non hai tanto tempo", antes das vacas fracas.

Comenta que algúns dos que si lle consultan son británicos que habitaron no sur de España, onde compraran unha residencia "pensando soamente en pasar máis de trescentos días do ano ao sol", ata que se decataron de que estaban moi ben pero non podían vivir sen un ventilador e aire acondicionado".


O mesmo Adkinson adquiriu no norte, unha "casa abandonada en ruínas" de 550 metros cadrados que el e a súa esposa reconstruíron mantendo un estilo tradicional galego. A casa "fora utilizada polo chofer de Franco e polos mouros que o escoltaban con cabalos cando ía de vacacións ao pazo de Meirás", afirma, e opina que esa anécdota histórica "ten a súa graza".

O axente inmobiliario Franck Gómez, ao igual que Adkinson, alude ao "considerable cambio" do mercado nos últimos anos, e amenta o filón de Escandinavia e o descenso da clientela británica.

Carlos Seoane Martínez; 1º BACH. B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-02-2014 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
A Policía Nacional lanza a maior campaña contra o acoso escolar en España

O director da Policía, Ignacio Cosidó, xunto a Íker Casillas presentaron esta mañá a campaña "Todos contra o acoso escolar" na que colaboran profesionais do mundo da comunicación, o deporte ou a televisión coma Dani Mateo, Andrés Iniesta, Xabi Alonso, Alberto Chicote, Risto Mejide, Cristina Pedroche, el Hombre de Negro, Maxim Huerta ou protagonistas de series como "Águila Roja", "Aída" ou "Cuéntame"

Accións nas redes sociales; vídeos de concienciación; carteis en colexios; charlas para alumnos, profesores ou pais; a implicación de Facebook, Google, Tuenti e outras plataformas dixitais ou a creación da conta seguridadescolar@policia.es e un e-mail específico para denunciar este tipo de violencia nas aulas, son algunas das medidas que integran esta campaña

A inmensa maioría das víctimas de acoso escolar nunca llo contaron a un adulto

O uso de smartphones, tablets e aplicacións como whatsapp ou snapchat trasladan rápidamente unha pelea no patio aos entornos dixitais, convirtíndose nunha ferramenta peligrosa de bullying.

O primeiro paso ante unha situación de acoso é comunicarllo a un adulto, se fose grave e non se solucionase no entorno escolar, a Policía Nacional dispón de axentes especializados para axudar á vítima e actuar en caso de delito.

Beatriz Pereiras López; 1º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-02-2014 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal