EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Co Debate a voltas
Os nosos compañeiros Carlos Seoane, Elena Blanco, Ana Arias e David Cebreiros, de 1º de Bacharelato conseguiron clasificarse entre os oito primeiros na V Edición da Liga de Debate para Bacharelato do Parlamento Xove, pero, antes de poder desputar a fase final, que terá lugar no mes de abril en Santiago de Compostela, en concreto, na Sede do Parlamento Galego con outro tema distinto; deberán pasar outro debate co tema da fase clasificatoria para poder desempatar co IES Becerreá 2 e poder acceder á fase final, pois ambos equipos teñen 91.50 puntos. Esta puntuación foi obtida polos nosos compañeiros por gañar dous debates, un contra IES DE MUGARDOS 2 , co que sacaron 35 puntos; e outro contra o equipo do colexio IES XOÁN MONTES LUGO, co que obtiveron 28, 00; e perderon contra o IES LAXEIRO LALÍN 2 , co que obtiveron 28,50 puntos. O debate que pode levalos á fase final ten como tema “Sofren as novas xeracións un retroceso sexista e na tolerancia ás diferenzas persoais?”; no que tanto o profesor como os alumnos esforzáronse por recabar información sólida e os alumnos “debatentes” contaron co apoio dos seus compañeiros sempre na procura de argumentos de autoridade e que non puideran ser negados polos seus contrincantes.

Por último, esperamos que este laborioso proceso de esforzo a favor da dinamización do noso idioma permita a súa entrada na fase final. O debate terá lugar nunha zona neutral, en concreto na cidade de Santiago, zona de manisfestación actual do galego hoxe en día, o vindeiro día 28 de febreiro. “Alea jacta est”, moito ánimo e sorte!

Carolina Outomuro López; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 24-02-2014 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe ao poeta Sabino Torres na Casa de Galicia
O Grupo Bilbao de poesía galega en Madrid organizou esta semana na Casa de Galicia da capital española, sede ademais da delegación da Xunta, unha homenaxe ao editor, poeta, xornalista e escritor pontevedrés Sabino Torres Ferrer.

No acto interviñeron, en representación do colectivo poético, Miguel Barrera, Fermín Bouza, Yolanda López, Pilar Mera, Manuel Pereira, Begoña Regueiro, Marga Vázquez e Rafa Yáñez, ademais de Antonio Bonet Correa, Inés Canosa, Laura Mundo Torres e Ricardo Pichel, entre outros, informa a Casa de Galicia.

O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, destacou a personalidade do homenaxeado. Seguidamente, o poeta e escritor Vicente Araguas presentou o acto, no que sostivo que Sabino Torres é "todo un símbolo e ségueo sendo" cada vez que o ve unha vez ao mes no café Comercial "co paso firme e decidido, como o dandi que segue sendo".

David Cebreiros López, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-02-2014 00:41
# Ligazón permanente a este artigo
Novas medidas ante a violencia escolar en Arxentina
Os escolares dun colexio da provincia arxentina de Misiones (nordés) terán que usar mochilas transparentes para controlar que non introduzan nin armas nin drogas no centro.

Por acordo entre a dirección do centro e os pais dos alumnos da Escola Normal Superior 2 da localidade misioneira de Montecarlo, o uso de mochilas transparentes será obrigatorio para o curso 2014 que comeza nas próximas semanas en Arxentina.

Esta medida pretende evitar episodios de violencia escolar «a través dun control máis exhaustivo dos elementos que portan» os alumnos porque se poderá «verificar a simple vista que non ocultan armas ou drogas», explicou a directora do centro Nora Argüello, en declaracións a Infobae.

A medida, que comezou a aplicarse no último semestre de 2013, converterase en obrigatoria para o curso 2014, tras constatar que a súa implantación reduciu «notoriamente os feitos de violencia», segundo Argüello.

A directora informou que haberá mochilas transparentes a prezos accesibles confeccionadas por microemprendedores da zona.

É a segunda escola que impulsa o uso das mochilas transparentes na provincia de Misiones, despois de que outro centro na localidade de Eldorado o fixese en 2013.

Segundo datos de Unicef, nos últimos anos unha media do 66% dos alumnos arxentinos presenciaron situacións de humillación entre eles mesmos, en tanto que ao 23% lle preocupaba resultar vítima dun episodio de violencia ou acoso.

Patricia González Fernández, 4ºB da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-02-2014 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
Marc Márquez fractura o peroné facendo Dirt Track
O vixente Campión do Mundo de MotoGP, Marc Márquez, fracturou o peroné mentres estaba a practicar Dirt Track en Lleida, modalidade que usa para entrenar durante o parón invernal. Foi trasladado rápidamente ao Hospital Universitario Quirón Dexeus de Barcelona onde o Dr. Xabier Mir confirmaba a súa fractura, o que lle dá unha baixa de tres ou catro semanas, dependendo da súa resposta co tratamento.

A defensa do título non comeza da mellor maneira para Márquez, xa que por culpa do incidente vai ter que perderse toda a pretempada. Pola contra, dentro da gravidade da lesión e do contratempo que supón, Marc pode dar as grazas xa que non afectou aos ligamentos nin houbo dislocación, polo que non tivo que pasar polo quirófano. Co obxectivo de recuperarse para a primeira carreira do Mundial en Catar, comezou a súa rehabilitación mágnetica pasiva e tardará uns 15 días en traballar activamente na súa lesión.

Agora, o 93 terá que afrontar unhas semanas duras, pero ten sorte, xa que a lesión non chegou na metade da tempada, o que sería un completo desastre para lograr os seus obxectivos. Pero non todo son malas noticias para o piloto, xa que a moto coa que pilotará este mundial é moi similar coa que gañou o título a tempada pasada, e neste ano, perdéndose a pretempada, non vai comezar dende 0 como fixo no 2013.

Laura Abad Álvarez, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-02-2014 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
Salvade os peixes
Personaxes famosos de distintos ámbitos únense para pedir restricións á pesca en augas profundas.

A actriz Gillian Anderson e o deseñador Kenzo, o músico Thomas Dutronc, a actriz Caroline Ducey, a modelo Bárbara Cabrita, o actor Nickolas Grace e a cantante Joanna Bergin, entre outros, decidíronse a pousar na última edición da campaña Fishlove, que pide restricións á pesca en augas mariñas profundas.

Os activistas critican que hai unha sobrepesca que leva a moitas especies á extinción e esixen prácticas que non destrúan ecosistemas como os do mar do Norte ou o océano Atlántico.

Fishlove naceu en 2009. Ese ano, o restaurador Nicholas Röhl, dono do restaurante xaponés Moshimo en Brighton, e a actriz Greta Scacchi impulsaron esta campaña. Na edición deste ano, as fotografías foron captadas por Denis Rouvre.

Sandra Tornero Belloso, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-02-2014 21:16
# Ligazón permanente a este artigo
Outro paso adiante contra o quentamento global
O quentamento global fai que os investigadores agudicen o enxeño con exemplos como facer que as nubes creen chuvia.

Este método utilízase xa en Israel, China ou os Estados Unidos para aliviar secas, axudar na extinción de incendios ou simplemente despexar o ceo de nubes, provocando chuvia de xeito artificial. O método exportado polos israelís e que non se utilizou aínda na Unión Europea, consiste na utilización de avións bimotores que botan sobre a parte inferior das nubes ioduro de prata.

Outra posibilidade é cubrir unha superficie cun material térmico que absorbe a luz do sol. Así aumenta a temperatura do aire, e xéranse nubes que acaban provocando precipitacións.

O quentamento global é un dos maiores problemas dos nosos días polo que debemos buscar alternativas para impedilo. Nos últimos anos os avances contra isto foron significativos (reciclaxe, coches eléctricos...) mais aínda queda moito por mellorar.

Elena Blanco González, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-02-2014 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
Marte achegarase aos seus máximos á Terra en abril
Os telescopios de todo o mundo prepáranse para observar a Marte en todo o seu esplendor. Durante o próximo mes, o planeta vermello irase achegando pouco a pouco á Terra ata alcanzar a súa máxima proximidade o próximo 8 de abril. Entón o planeta vermello estará a 92 millóns de quilómetros.

É cada dous anos cando Marte pasa xunto á Terra. Isto débese a que, aínda que ambos os dous planetas xiran arredor do Sol, a Terra o fai de forma case circular e máis rápida, mentres que o planeta veciño ten unha órbita máis elíptica e tarda o dobre de tempo en completar unha volta.

En canto á súa observación, os expertos recordan que a simple vista só se poderá ver un pequeno punto avermellado brillante no ceo, que, como o Sol, sae polo leste e se pon polo oeste. Aqueles que queiran observar o mundo vermello con detalle deberán utilizar un telescopio.

Alba Baltar Janeiro, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-02-2014 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
O equipo, no bo camiño.
Logo de recibir o apoio dos seus compañeiros os membros do Equipo de debate do Colexio plurilingüe Divina Pastora 2014, dirixíronse a capital do país coa Intención de chegar á fase final.
Os debates sucedéronse e tanto Carlos, Elena, David como Ana avanzaban con paso firme. Definitivamente como moitos de vós saberedes clasificámonos para a final, con dous de tres debates ó noso favor.
Outro ano teremos o pracer de representarvos a todos vós, nesta nova edición do de Parlamento Xove 2014, neste 75 aniversario do noso Colexio. Pero antes loitaremos por desempatar co IES de Becerreá 2, polo séptimo posto. Seguiremos traballando e Avanzando con paso firme. Adiante!

Por Serxio María.
Equipo de Debate en web.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-02-2014 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
Pekín reaciona contra a contaminación

Se non fora polas aplicacións para os teléfonos móbiles intelixentes que dan a medida da calidade do aire e polo olor que a menuda flota no ambiente, calquera diría que Pekín é a cidade da néboa eterna, cando o que se converteu nos últimos anos é na cidade do casi eterno 'smog', esa mestura de contaminación, néboa e pó que obligou ás autoridades municipais a decretar este venres por primeira vez alerta laranxa (o segundo nivel máis alto dun máximo de catro) pola polución. Prevese que a situación de perigo dure ó menos tres días.

A alerta laranxa aconsella a colexios e garderías que cancelen as actividades deportivas no exterior e a nenos e anciáns que non saían á rúa, pero non suspenden as clases nin prohíben a libre circulación dos vehículos gubernamentais, medidas que están reservadas para a alerta vermella, a máxima.

A alerta chega despois das intensas críticas recibidas nos medios de comunicación estatais e foros de Internet, por non solucionar un problema que empeorou o número de casos de cáncer de pulmón na capital, que se disparou nunha década. Expertos do Hospital do Cáncer de Pekín afirman que o cáncer de pulmón está moi relacionado co estilo de vida e que fumar sigue sendo a causa principal, pero admiten que a contaminación é tamén un factor.

Nerea Rial Conde, 1º Bach. B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-02-2014 17:08
# Ligazón permanente a este artigo
Dous Papas na Basílica de San Pedro
O Papa Francisco abrazou hoxe ao Papa emérito Benedicto XVI na Basílica de San Pedro, nunha cerimonia pública para o nomeamento de 19 cardeais na que, por primeira vez na Historia, se atopan dous pontífices.

Joseph Ratzinger, vestido cun abrigo branco sobre sotana da mesma cor e co solideo branco, situouse na primeira fila, ao lado dos postos dos membros do Colexio cardenalicio.

O papa emérito foi saudado "con afecto e veneración" polo novo cardeal e Secretario de Estado, Pietro Parolin.

No discurso inicial, Parolin díxolle: "encantados da súa presenza ente nós", unhas palabras que provocaron un longo aplauso entre os presentes na Basílica vaticana.

O próximo día 28 de febreiro cúmprese un ano da renuncia de Benedicto XVI ao pontificado e dende entón vive no convento Matter Eclesiae xunto ao seu fiel secretario e discípulo, o arcebispo Georg Ganswein, e as catro laicas consagradas da comunidade "Memores Domini" que se ocupan do seu apousento, da súa correspondencia e de recibir as súas escasas e discretas visitas.

O papa emérito que leva "unha vida oculta ao mundo" encontrouse catro veces con Francisco "oficialmente", polo que a súa presenza hoxe en Basílica de San Pedro resultou a gran sorpresa da cerimonia da nomeamento de cardeais.

Carlos Seoane Martínez, 1º Bach. B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-02-2014 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal