Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Convocada unha 'Marea Cidadá' para o 23-F contra o 'golpe de estado financeiro'

A colectivo Marea Ciudadana convocou diversas manifestacións o vindeiro sábado 23 de febreiro para protestar contra o que cualifican de golpe "de estado dos mercados, 32 anos despois do golpe militar" e para esixir "unha verdadeira democracia contra os recortes".
Así se expresaron hoxe nunha rolda de prensa virtual representantes dalgúns dos 143 grupos de protesta que forman parte deste colectivo, como a marea verde da educación, a marea branca de sanidade, varias asembleas do 15-M ou a partidos IU e Equo, entre outros. En total, Marea Ciudadana anunciou 50 manifestacións e concentracións ao longo do país, que coincidirán coas catro marchas convocadas onte en Madrid para esa xornada, ás que tamén se uniron.

Como noutras ocasións, na capital haberá varias cabeceiras, que sairán desde Vallecas, Sol, Embaixadores e Colón, e que confluirán na praza de Cánovas del Castillo, ao redor da fonte de Neptuno. No seu manifesto, que leron diversos representantes das mareas, reclaman deter o "golpe de estado financeiro" e primar os dereitos sociais sobre os intereses das elites económicas. Baixo a lema Non debemos, non pagamos, tamén esixiron acabar coa corrupción e realizar unha auditoría da débeda para eliminar a que consideran "ilexítima", aquela que non supón un beneficio público, como os "rescates aos bancos". Os portavoces definen este movemento como "inclusivo e non violento" e rexeitan o "status quo" da sociedade actual, especialmente nos ámbitos político e económico.


Sara Álvarez González

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-02-2013 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
A reforma local deixará o 82% dos concelleiros sen soldo e os alcaldes de vilas de menos de mil habitantes
A reforma da administración local que impulsa o Goberno deixará o 82 por cento dos concelleiros do país sen soldo, así como os alcaldes de municipios menores de mil habitantes. Os ingresos do rexedor das cidades maiores non poderán superar aos dun secretario de Estado, nómina que irá baixando por tramos de poboación ata os municipios de mil a dous mil veciños, cuxo alcalde cobrará un 20 por cento desa cantidade.
Así se fixa no informe sobre esta reforma revisado hoxe polo Consello de Ministros. O texto fixa a lista de competencias propias dos municipios e a desaparición das chamadas impropias, aquelas de titularidade autonómica, que os concellos viñan exercendo. A partir de agora, isto só poderá acontecer cando esa competencia vaia acompañada de financiamento abondo e se a autonomía non a paga en tempo, Facenda lle descontará o diñeiro da súa participación nos ingresos do Estado.
A norma conterá tamén importantes novidades para a vida municipal, como unha limitación no salario dos seus funcionarios, fixada cada ano nos Presupostos do Estado, ou o regreso de interventores e secretarios ao corpo de funcionarios estatais, o que concederá independencia á xestión financeira municipal.
Ademais, todas as entidades locais e as súas empresas e organismos deberán cumprir uns estándares de calidade e de eficiencia, e render contas en tempo e forma. As que non cumpran estes parámetros, ou desaparecerán (mancomunidades e sociedades municipais) ou deberán ceder as súas competencias ás deputacións (para os municipios de menos de 20.000 habitantes).

Marta Dacal
2ºBach-B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-02-2013 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
A receita electrónica alcanza unha implantación do 97% en Galicia

A preinscrición de receita electrónica alcanzou en Galicia un 96,72 por cento de implantación, o que para a Xunta "supón un fito histórico na Comunidade", polo que tan só o 3,28 por cento restante foi emitido en papel.

Así mesmo, segundo os datos achegados polo Goberno galego nun comunicado, o gasto farmacéutico en xaneiro de 2013 reduciu o seu gasto 8,04 millóns de euros respecto ao mesmo mes do ano anterior, o que supón un descenso do 11,81 por cento.

O gasto medio por receita en xaneiro situouse en 11,63 euros, o que tamén se traduce nun descenso do 1,7 por cento respecto ao valor do mesmo mes de 2012.

En 2009 o número de farmacias con e-receita era de de 386, mentres que en 2012 a totalidade das farmacias galegas --1.358-- conta con este servizo.

Así, a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde destaca a aposta pola racionalización na Comunidade galega ao pasar dun 10,7 por cento de prescrición de xenéricos en 2009 a unha implantación do 36,47 por cento do momento actual.


Magdalena Sepa Vázquez

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-02-2013 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Quen teme á filosofía?
Diversos colectivos entre os que se encontra a propia Facultade de Filosofía da USC, protestan contra os recortes presupostarios que provocan a supresión de dúas de tres materias obrigatorias que viñan compondo o ciclo completo dos estudos de Filosofía na Educación Secundaria. As protestas van acompañadas dun comunicado conxunto que se reproduce a continuación: "Ante o anteproxecto da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), a Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, a Sociedade Galega de Filosofía (SOGAFI), a Aula Castelao de Filosofía e o Grupo Doxa de Filosofía, súmanse ás iniciativas promovidas pola Rede Española de Filosofía (REF) en defensa da Filosofía no Ensino Secundario e consideran necesario informar á opinión pública do seguinte:
1. A LOMCE elimina dúas de tres materias obrigatorias que viñan compondo o ciclo completo dos estudos de Filosofía na Educación Secundaria (a “Educación Ético-Cívica” de 4º de ESO e a “Historia da Filosofía” de 2º de Bacharelato), e deixa só unha materia obrigatoria (a “Filosofía” de 1º de Bacharelato), o que supón unha redución do 66,6% do currículo de Filosofía. É o recorte máis duro e inxustificado que sofren os estudos de Filosofía en toda a historia da democracia española e destrúe o que foi un alicerce básico do sistema educativo español durante o tres últimas décadas.
2. Este recorte entra en contradición cos obxectivos formativos declarados no preámbulo da LOMCE e contradí tamén as recomendacións da UNESCO, que no seu informe A Filosofía, unha escola de liberdade (2007), atribúe á Filosofía un papel formativo fundamental e por iso considera que debe formar parte do currículo básico do alumnado en todos os sistemas educativos do mundo.
3. Os estudos de Filosofía proporcionan ao estudante catro tipos de formación: a) unha formación instrumental no uso rigoroso da linguaxe oral e escrita, e na comprensión de conceptos e problemas, o que lle axuda a mellorar as súas capacidades de razoamento e comunicación; b) unha formación transversal e interdisciplinar, que lle permite conectar os diversos saberes do currículo e desenvolver unha maior capacidade de xuízo para afrontar a complexidade do mundo contemporáneo; c) unha formación histórica básica sobre os grandes sistemas de pensamento que configuraron e seguen a configurar a identidade cultural de Occidente; d) e, por último, unha formación integral que lle axuda a conciliar o coñecemento, a moral e a sensibilidade, e que é imprescindible para a súa maduración persoal e cualificación profesional.
4. Diversos estudos empíricos revelan que o alumnado que cursa estudos de Filosofía obtén mellores resultados académicos nas probas de avaliación de competencias. Así o poñen de manifesto as probas de acceso ao posgrao que se realizan en Estados Unidos (Graduate Record Examinations). E o mesmo sucede na Educación Secundaria: os países que mellor puntuación obteñen no informe PISA (Finlandia, Canadá, Nova Zelandia e Xapón) conceden gran importancia á formación en Filosofía.
5. Por tanto, a supresión desas dúas materias filosóficas suporía frustrar unha formación integral do estudante e minguar a súa capacitación persoal e profesional, e comportaría, en contra do que pretende a mesma LOMCE, unha diminución da calidade do sistema educativo español.
6. Ademais, a súa supresión pode asestar un duro golpe ao exercicio da profesión filosófica en España: causaría un dano enorme ao seu actual profesorado de Ensino Secundario e reduciría notablemente as novas vocacións profesionais en Filosofía, de modo que a medio prazo acabaría producíndose o peche de moitas titulacións e Facultades de Filosofía. Isto suporía unha perda gravísima para a cultura española, para a liberdade de pensamento e para a calidade democrática deste país.
7. Rexeitamos que a Filosofía sexa utilizada unha e outra vez, polos sucesivos Gobernos de España, como un comodín que se estira e se encolle caprichosamente con cada nova reforma educativa; como unha arma arreboladiza na loita ideolóxica entre os partidos políticos; e, no caso da Ética, como unha moeda de cambio susceptible de ser intercambiada polo ensino da Relixión. A Filosofía ten unha longa e sólida tradición académica, independente das diversas ideoloxías políticas e das distintas confesións relixiosas, e constitúe un trazo de identidade imprescindible da cultura occidental.
8. Por todo iso, pedimos ao Sr. Ministro de Educación, Cultura e Deporte que a futura Lei de Educación manteña o tres materias obrigatorias de Filosofía no tres últimos cursos da Educación Secundaria (4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato), de maneira que quede garantido un ciclo formativo completo e coherente en Filosofía, academicamente equiparable ao das outras materias que foron recoñecidas pola LOMCE como troncales de Bacharelato: Lingua, Matemáticas, Historia e Inglés.
9. Por último, manifestamos o noso apoio ao profesorado de Filosofía de Ensino Secundario e ofrecémonos a colaborar coas Asociacións profesionais que integran a Rede Española de Filosofía (REF), en todas as iniciativas destinadas á defensa, renovación e dignificación da educación e a profesión filosófica en Galiza e España."


Isabel Fernández
2ºBach-B
Comentarios (2) - Categoría Xeral - Publicado o 17-02-2013 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
“Chamamento polo galego” os galegos queremos solucionar nós, os problemas da nosa lingua.
O manifesto presentado este mércores, de carácter cidadán, solicita que o Goberno nacional galego non presente o recurso perante o Tribunal Supremo, contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o decreto do plurilingüismo.

Un grupo de cinco persoas; Henrique Monteagudo, académico e profesor ademais de militante no partido galeguista Compromiso por Galicia; Valentina Formoso, profesora; Marilar Aleixandre, escritora e profesora; Mariló Candedo, pedagoda e profesora, e Alba Nogueira, profesora e xurista, presentaron en Santiago un “Chamamento cidadán polo galego” mediante o que se lle pide á Xunta que non leve o conflito da noso idioma fóra de Galicia. De xeito concreto, a plataforma solicita que o Goberno autonómico non presente o recurso, perante o Tribunal Supremo, contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sobre o decreto do plurilingüismo.
No fallo xudicial, o TSXG considerou contrarios a dereito os artigos 5.2 e 12.3, que sinalan que a lingua materna predominante do alumnado será determinada de acordo co resultado dunha pregunta que se lles fará ós pais e que os alumnos poderán usar o idioma da súa preferencia nas comunicacións oral e escrita.
As persoas que presentaron o chamamento na Galería Sargadelos de Compostela, insistiron en que se trarta dunha iniciativa cidadá, plural, na que conflúen diferentes sectores e sensibilidades, especialmente representadas dende os mundos xurídico e do ensino e que engadiron, conta con adhesións de diversos políticos.
O obxectivo central desta iniciativa, que xa está aberta ás adhesións a través dun espazo web e que xa conta con preto de 200 apoios, é a retirada do recurso por parte da Xunta, e os promotores expresaron a súa convición de que a presión cidadá pode obrigar ó Goberno autónomo á reconsideración da súa postura. Indicaron que xa lle solicitaron unha entrevista ó presidente, Alberte Núñez Feijóo, e pretenden presentarlle as adhesións conseguidas.
Os promotores do chamamento consideran escandaloso que se pretenda levar fóra de Galicia o asunto da lingua, xa que segundo eles isto implica unha ladrase ó idioma, un desprezo ás nosas institucións e unha descualificación da propia autonomía. Aseguran que isto é un tema de Galicia que hai que resolver en Galicia e salientan que esta pode ser unha boa ocasión para abandonar unha liña xudicial que vai prexudicar máis ao galego e para intentar remediar este clima de fracaso e rebaixar a crispación con xestos, para conseguir un tempo novo buscando consenso e colaboración en lugar de conflito. "Non presentar ese recurso pode ser xa un xesto", dixo Henrique Monteagudo.
O manifesto, que se reproduce abaixo, di que a sentenza do TSXG sobre o decreto do plurilingüísmo debe ser acatada pola Xunta. Considera incomprensible a oferta do Executivo, que condiciona a non presentación -ou no seu caso a retirada- do dito recurso a que “os recorrentes e a oposición” acepten a proposta formulada polo presidente da Xunta, segundo a cal, estes deben dar o seu aval ao devandito decreto do plurilingüismo, unha vez depurado dos aspectos que o TSXG estima contrarios á legalidade.
"É incomprensible que o Presidente da Xunta pretenda condicionar unha rectificación imposta xuridicamente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a que as partes interesadas dean o seu respaldo a un decreto desaxeitado, que xa foi descualificado polas devanditas institucións así como pola maioría dos expertos e da comunidade educativa."

Serxio María Rodríguez Álvarez, 1º Bacharelato. Coordinador.

Podes asinar este manifesto pinchando no texto de abaixo:
MANIFESTO

A XUNTA DEBE ACATAR A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALIC
IA

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia acaba de anunciar os trámites previos á presentación dun recurso de casación diante do Tribunal Supremo contra as sentenzas ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o decreto do plurilingüismo aprobado pola Xunta en 2010. Na nota oficial en que dá conta deste desacerto, a Consellería afirma que condiciona a non presentación -ou no seu caso a retirada- do dito recurso a que “os recorrentes e a oposición” acepten a proposta formulada polo presidente da Xunta, segundo a cal, estes deben dar o seu aval ao devandito decreto do plurilingüismo, unha vez depurado dos aspectos que o TSXG estima contrarios á legalidade.
Resulta lamentable que o goberno e o Partido Popular non tirasen as conclusións derivadas das sentenzas do TSXG, en tanto que estas desautorizan aspectos básicos dun decreto no seu día aprobado pola Xunta a pesar dos informes negativos do Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega, o Consello Escolar e o Consello Consultivo. Agora, no canto de aproveitaren a ocasión para reconducir unha liña de deslexitimación, desoficialización e desprestixio do idioma do país (e de paso, da propia autonomía e as súas institucións), o Partido Popular e o goberno de Feijoo teiman en botar máis leña ao lume.

É incomprensible que o Presidente da Xunta pretenda condicionar unha rectificación imposta xuridicamente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a que as partes interesadas dean o seu respaldo a un decreto desaxeitado, que xa foi descualificado polas devanditas institucións así como pola maioría dos expertos e da comunidade educativa, ademais de contestado masivamente pola cidadanía. Pero o que provoca escándalo é que o goberno do Partido Popular, escudándose nos resultados electorais (como se estes validasen calquera decisión) e nunha adaxe xurídica (que o recurso ao Tribunal Supremo pecha a vía xurisdicional) pretenda que un tribunal alleo a Galicia dea a última palabra nunha materia xa xulgada polo TSXG e que o Estatuto de Autonomía de Galicia reserva como competencia exclusiva á nosa autonomía (art. 27, 20 do EAG). ¿Acaso o goberno pretende pasar unha outra lexislatura enredando en leas que só deitan máis prexuizos para o galego no canto de exercer as competencias que o obrigan en materia de defensa e promoción do idioma galego?

O que lle corresponde á Xunta é seguir as recomendacións do propio TSXG verbo do cumprimento das previsións de avaliación da competencia lingüística do estudantado, adaptando a presenza das linguas á obriga de garantiren igual competencia das dúas linguas oficiais. O que ao idioma galego lle cómpre son políticas activas de apoio e promoción no ensino e nos demais ámbitos, políticas que deben fundarse nun amplo consenso político e social, como o plasmado no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega aprobado polo Parlamento de Galicia en 2004. Este mesmo Parlamento pode ser un lugar apropiado para fraguar as bases para tal consenso, non o Tribunal Supremo con sede en Madrid.

O que Galicia precisa é un Presidente e un goberno que confíen nas nosas propias institucións, que crean no autogoberno e que miren por riba de todo polos nosos intereses colectivos. Alberto Núñez Feijoo debe renunciar de vez a continuar cun obsceno xogo partidista -ou peor aínda, personalista- a custa do noso idioma e da nosa dignidade. A Xunta de Galicia cometería unha infamia arrastrando o idioma galego ao Tribunal Supremo.
Comentarios (1) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 16-02-2013 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
David Cal e Suso Morlán rumbo a terra dourada do Brasil.
David Cal, o deportista galego con máis medallas olímpicas, está a un paso de facer as maletas para irse a Brasil. A decisión da Federación Española de Piragüismo de recortar o soldo do seu adestrador, Jesús Morlán, foi a pinga que colmou o vaso, e o técnico pontevedrés está disposto a aceptar a oferta que lle expuxo o Comité Olímpico de Brasil para dirixir ao seu equipo estatal de canoa levándose con el ao padeeiro cangués.
Durante os Xogos de Londres, a delegación brasileira xa mostrou o seu interese por contar co técnico pontevedrés. Pero entón, tanto Morlán como Cal decidiron tomarse un tempo para decidir.
A finais de ano, ambos anunciaron a súa intención de continuar ata os Xogos de Río de Xaneiro, aínda que coa condición de que contasen cos mesmos medios. «Non pedimos nin un euro máis, só que non nos tocasen o que tiñamos», aseguraron entón. E os máximos responsables do deporte español celebraron a decisión, destacando a importancia de coidar con David Cal.
Con todo, pouco despois Morlán coñeceu a intención da federación de recortar o seu soldo ao redor dun 17 %, debido a redución orzamentaria sufrida por este organismo que anteriormente xa lle aplicou unha tesoirada do 14 %. E todo iso despois de que o propio David Cal recibise o importe da súa bolsa con sete meses de atraso.
Pouco despois, a federación brasileira volveu contactar co técnico pontevedrés, que viaxou a San Paulo para coñecer en detalle a oferta. Morlán quedou impresionado co proxecto deportivo e coas instalacións nas que traballaría, tanto en Sao Paulo como en Río de Janeiro. Pero desde o primeiro momento impuxo a súa condición fundamental: poder seguir adestrando a Cal. «Sen David non hai oferta», avisou. A proposta non supuxo ningún inconveniente. O comité brasileiro aceptou inmediatamente.
Ao volver a España, Morlán falou co padexeiro, que se mostrou disposto a acompañarlle. O técnico comunicou entón ao presidente da federación española a súa decisión, ao que Juan José Román Mangas apenas mostrou oposición. Non en balde, a renuncia de Morlán suporía un aforro para as arcas federativas.

Samuel Vázquez González, 1ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-02-2013 21:14
# Ligazón permanente a este artigo
Claro favorito para o campeonato de WRC.
A segunda posición que logrou en Monte Carlo a estela de Sébastien Loeb valeulle para situarse dende o comezo do campionato como virtual líder do mundial, na cabeza do pelotón de pilotos que, verdadeiramente, van xogarse a
coroa.
En calquera caso, grazas a súa vitoria no Rally de
Suecia e aos 3 puntos que añadiu extra na primeira PowerStage da temporada.
Ogier pode dicir sen ningún tipo de
medo que é, de feito, o novo líder do Campionato do mundo.
Pola súa parte unha vez completada a primeira metade do programa de catro rallyes que vai a disputar no 2013, Loeb
ocupa a segunda posición na xeneral do certamen, a tres tantos do seu pupilo, tengo en conta que finalizou o Power
Stage coas mans valeiras, xa que, a non ser que cambei de idea, cosa bastante improbable, non volverá a deixarse ver
polo campionato ata maio no rally de arxentina.
Polo tanto o piloto que máis cerca esta agora mesmo de Ogier dos que aspiran o mundial é Mads Ostberg. O xefe das filas de M-Sport, sexto no seu debut en Monte-Carlo e teceiro en Suecia tras unha igualada pelexa con Latvala, marcharase a México con vintedous tantos de desvantaxe con respecto o líder. Sordo ten 9 menos que Ostberg xa que abandonou en Suecia tras un accidente apoiándose na neve e levándose por diante unha pedra.

Esteban Gómez Cerdeira, 1ºBacharelato.
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 16-02-2013 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
"El Camino" cara ao éxito.
O pasado 10 de febreiro realizouse, no Starples Center de Los Ángeles, a 55ª entrega dos premios Grammy da música, correspondentes a este ano 2013. A noite transcorreu coma outra entrega calquera, os nominados esperaban, impacientes, a pronuncia do grupo ou artista gañador ou gañadora en cada unha das candidaturas. Moitos destes nominados esperaban recibir un que outro premio, pero, quizais fosen os que menos esperaban os que máis e mellor recibiron, estes foron The Black Keys.
The Black Keys é un grupo de rock formado en Ohio, Estados Unidos, polo guitarrista, vocalista e productor Dan Auerbach e o seu compañeiro, o batería Patrick Carney. A súa música sóese enmarcar dentro do movemento indie, pero nótanse bastante as influencias que o blues e o rock and roll dos anos 50 teñen nestes dous rapaces.
Como ía dicindo, The Black Keys estaban nominados en varias categorías, todas polo seu último álbum "El Camino", ou por algún produto do mesmo, coma o single "Lonely Boy".
Ao longo da ceremonia, The Black Keys subiron a recibir un premio en catro ocasións, Mellor Disco de Rock, Mellor Canción de Rock, Mellor Interpretación de Rock e Mellor Productor, premio que recibiu Auerbach.
Tras os premios desatouse unha polémica entre o batería do grupo, Patrick Carney e o ídolo adolescente, só para algúns, Justin Bieber, xa que moitas fans deste último estaban en desacordo coa nula nominación de Bieber aos Grammy, ao que Carney contestou: "Os grammy son cousa de arte e música, non de cartos, Bieber gaña cartos, debía estar contento", pouco despois, Bieber arremeteu contra o batería coas seguintes palabras: "Patrick Carney debía ser esbofeteado", amosando, unha vez máis, a súa inmadurez.
Finalizando: Moitos artistas coma Robert Plant (Led Zeppelin) ou Kirk Hammet (Metallica) alabaron a música deste grupo procedente de Ohio, e, se o din dous xenios e artistas coma Robert e Kirk, é que é certo.

Xabier González Sobrado, 1ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-02-2013 20:56
# Ligazón permanente a este artigo
Unha neozelandesa morre pola súa adición á Coca-Cola.
Inxería ata dez litros diarios desta bebida, o que lle causou unha disfunción no ritmo cardíaco.
Unha muller en Nova Zelandia morreu por mor da súa adición á Coca-Cola, segundo ditaminou un xuíz. De acordo coa súa familia, a muller, que no 2010 cando faleceu tiña 30 anos, bebía ata dez litros diarios desta bebida gasosa. Hai tres anos, morreu por unha disfunción no ritmo cardíaco. Nos países anglosaxóns é común que sexa o xuíz o que estableza a causa da morte. E o seu ditame realízase tras consultar a varios expertos. De acordo co maxistrado, a moza non morrese de non ter bebido tanta Coca-Cola. A nai de oito fillos tiña ademais varios problemas de saúde. “Estamos contentos de que todo termine”, dixo o viúvo nun vídeo que foi publicado no portal de noticias stuff.co.nz “Finalmente temos unha resposta”, agregou.
Os medios do país austral indican que Coca-Cola criticou a sentenza e que un perito contratado pola empresa cuestionou o ditame de que esta bebida causase a morte á muller. “A seguridade dos nosos produtos é para nós de máxima importancia”, citan os medios ao portavoz da multinacional. Tamén recalcan que esta bebida non provoca adición, xa que aseguran que os aditivos que esta bebida pode chegar a conter non son suficientes para poderle crear una adición a una persoa adulta. Tras reafirmarse nestes datos insisten en que a norte non foi debida a inxesta de ese produto, por moito que as probas o determinen.

Fernando Rodríguez González, 1º B Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-02-2013 20:53
# Ligazón permanente a este artigo
Queren vivir no Courel!
O Apalpador -personaxes que a noite de Reyes deixa agasallos tras ter tocado a barriga dos nenos para comprobar que coman ben- tivo bastante traballo este ano en Froxán, unha parroquia de Folgoso do Courel. Aínda que hai xa seis anos que volveu deixarse caer pola aldea, xusto cando Toño -que naceu na Pendella- e Susana -cuxa nai é da Campa- regresaron desde Barberá do Vallés (Barcelona) co seu fillo maior para quedar, o pasado Nadal foron bastante máis atarefadas. Porque ademais das barrigas dos fillos doutra parella de Tarragona que se asentou aí no verán, tivo que «apalpar» con coidado o pequeno ventre de Clara. A pequena, nacida o pasado 23 de novembro, é o primeiro bebé que vén ao mundo en Froxán en 28 anos. Con ela chegou tamén a esperanza para un concello no que o 40 % dos seus habitantes teñen máis de 65 anos. «Ogallá que o nacemento dalguén aquí na montaña non fora noticia», explica Susana.

O que lle gustaría a ela e ao seu marido Toño é que a súa pequena puidese crecer en Froxán. Pero non é fácil criar a un bebé dun mes nunha aldea do Courel porque, para ter os mesmos servizos que outros teñen á beira de casa nas cabeceiras de comarca, eles teñen que percorrer quilómetros por estradas de montaña. «Cando viñemos para aquí o cambio foi abismal, viñamos dunha zona industrial, pero queriamos criar aos nosos fillos no Courel e viñemos para quedarnos. Primeiro mercamos unha casa, restaurámola e agora temos unha casa de turismo rural, Casa da Eira», explica Susana.

Mentres fala óese o ruído da auga do río Lor que cae entre os guijarros ou se ve aos gatos pasear entre os tellados de aquí cara alá.

E Toño, que está sentado ao seu lado, di que as Administracións falan de manter a poboación no rural, pero non fan ningún esforzo para logralo. «Queren que isto non quede despoboado, pero non hai facilidades para poder quedar aquí. Pagamos os mesmos impostos que calquera galego e non temos os mesmos servizos. Os fondos europeos que viñeron para aquí foron todos para plantar pinos, pero nada para manter profesores ou asentar poboación», explica. Ademais pregúntanse como habendo os mesmos quilómetros desde Froxán a Quiroga que a Monforte, á pequena Clara déronlle pediatra no primeiro concello, «onde o pediatra unicamente vai dúas veces á semana, mentres que en Monforte está tódolos días», dice el padre.

Pero esta familia non só vive pendente de que a súa filla teña cercar un especialista, tamén han de estar pendentes do que ocorre no centro escolar de Seoane do Courel. Cada principio de curso enfróntanse á mesma incógnita: ¿haberá profesores, reagruparán aos alumnos para outro centro, quitarán a ESO? Queren vivir no Courel, pero todo depende de que os seus fillos teñan o mínimo imprescindible alí. «No caso de non ter servizos -conclúen- teremos que ir a onde os hai».

Sara Carroceda González, 2ºA Bacharelato
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 16-02-2013 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal