EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O líder de ERC: «Hai centos de imputados en todos os partidos e non dimite ninguén»
O líder de Esquerra Republicana de Cataluña (ERC), Oriol Junqueras, asegurou onte en Santiago que hai centos de imputados, acusados e condenados en todos os partidos e non dimite ninguén. E o partido protéxeos a todos. Junqueras realizou esas manifestacións antes de participar nun acto sobre a soberanía de nacións sen Estado no que estaba acompañado polo portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez. Junqueras referíase á dimisión, sen estar imputado, do número dous da súa formación, Josep Carrapiço, tras ser chamado a declarar na operación Manga, derivada da Pokémon.

«A diferenza entre ERC e o PP ou o PSOE é que a un dos nosos chámano a declarar simplemente, nin sequera está imputado, presenta a súa dimisión e o partido acéptaa preventivamente», afirmou.
Para o líder de ERC, trátase dunha «diferenza evidente» que, na súa opinión, explica en moito a diferenza de cultura democrática duns e outros.

O caso Currás

Preguntado polo alcalde de Santiago, Ángel Currás (PP), que con dúas imputacións segue no cargo, Junqueras dixo que son os galegos quen poden valorar mellor esa situación, aínda que «tampouco fai falta valoralas moito para entender que está a pasar».

Ao caso de Santiago referiuse tamén Guillerme Vázquez, quen dixo que a situación en Santiago «é insostible, mírese como se mire». O líder do Bloque engadiu que o caso «empeora cada día» e indicou que lle chama a atención que o líder do PP, Alberto Núñez Feijoo, «non toma decisións, senón que mira para outro lado». Na súa opinión, o actual alcalde debería dimitir e, se non, celebrar eleccións anticipadas.

Julián Rey Pérez - 2º BACH - A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-02-2013 19:42
# Ligazón permanente a este artigo
O elefante que esmaga á monarquía.
De seguro que moitos de vostedes recordan aquel 23 de febreiro do ano 1981 no cual heroicamente, Xoán Carlos I salvou a España dun segundo franquismo, e cousas da vida, hoxe no mesmo día e no mesmo mes pero de diferente ano, atopámonos coa declaración ante o xuíz José Castro, do seu xenro imputado Urdangarín, acurralando deste xeito, novamente a figura do monarca. Trinta e dous anos despois, o mesmo home que supostamente salvara España, está no punto de mira do maior dos embates da casa real.
Tódolos periodistas falan da desexada por algúns abdicación do rei, pero de momento este garda silencio. Silencio que se converte no cancro da monarquía, cancro que xa foi vencido coa comparecencia do Borbón, no chamado por algúns "Caso elefante", e se por entón o monarca pediu perdón pola cacería do pobre animaliño, o caso que adestora nos ocupa ten a "trompa" moito máis grande, e o monarca nin "pío", apoleirado na Zarzuela.
Quizais chegou o momento do cambio, ou quizais a este naufraxio da monarquía española aínda lle queda un último salvavidas ó que aferrarse.
A pretendida exemplaridade da casa real converteuse agora nun modelo, do que unha familia non debe facer, porén o pobo do común perde a confianza na institución.
O rei que anos atrás mostrou que non era un cagán, nestes intres, amósase rodeado de lixo familiar, que come se fose un enfermo dióxenes é incapaz de desfacerse do cheirento compañeiro, por apego familiar.
E todo esto, pola aparición nos medios de comunicación da "feitorías da fundación Nóos", culme da costa pola que esvara a monarquía, e da cal tres dos seus dirixentes, o señor Torres e a súa cónxuxe e mailo señor Urdangarín, os tres imputados, pero... recordemos, que é da infanta Cristina?, esa é a pregunta que todos nos facemos, porqué non está imputada se é a dirixente que falta?, será que o seu apelido Borbón é o opio dos xuizes?.
Agardemos acontecementos, pois semellante temporal non pode pasar inadvertido, chegarán os refugos cando o ceo esclareza...
Como bo demócrata, teño a confianza de que a xustiza actuará en consecuencia ó seu nome, por que o rei pode ser inimputábel ante a xustiza, pero non ante o pobo.
O resultado deste caso pode ser a chegada do soño republicano de tantos españois, como, outro deses paródicos episodios, propios da prensa rosa española.

Serxio María Rodríguez Álvarez, 1º Bacharelato. Coordinador.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-02-2013 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
A praia das Catedrais, en Ribadeo, elixida a mellor praia de España e das mellores do mundo.
A praia galega de As Catedrais, en Ribadeo, e a praia balear de Ses Illetes, en Formentera, foron premiadas a nivel mundial, situándose en sexta e duodécima posición, respectivamente, no listado dos Travellers Choice Playas 2013, presentado por TripAdvisor.Estas praias foron galardoadas tamén a nivel europeo, sendo a As Catedrais a segunda mellor praia de Europa e Ses Illetes a cuarta."Para aqueles que planean as súas vacacións de verán, ou que simplemente están a buscar unha escapada de fin de semana xunto ao mar, esta selección pode servir de inspiración", sinalou a responsable de comunicación de TripAdvisor, Blanza Zayas. Outras tres praias españolas que tamén foron premiadas como as mellores de Europa son: a Praia da Concha de San Sebastián, no posto undécimo, e as praias andaluzas de Bolonia e Zahara de los Atunes, nos postos 14 e 23, respectivamente. En relación ao Top 10 das Mellores Praias de España, a Praia das Catedrais posiciónase en primeiro lugar, seguida de Ses Illetes en Formentera e a praia da Cuncha, San Sebastián, en terceiro lugar. As praias andaluzas de Bolonia, en Tarifa, e Zahara de los Atunes atopan en cuarto e quinto lugar, en sexto a praia Colofe, en Fuerteventura.Séguenlles a Praia da Lanzada, en Pontevedra e Cala Bassa, en Ibiza. O ranking péchase coa praia de Es Tranc, en Mallorca, en noveno lugar e a praia das Canteiras, en Grande Canaria, a décima mellor praia do país. Estes premios baséanse nas opinións de millóns de viaxeiros de todo o mundo e recoñeceron a un total de 276 praias situadas en África, Asia, o Caribe, Centroamérica, Europa, Oriente e EE.UU.

Alexandre Sueiro Paz, 1º B Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-02-2013 23:55
# Ligazón permanente a este artigo
Vigo converterase na primeira cidade de Galicia en prohibir os circos con animais.
O Concello apela a cuestións de sanidade e seguridade para evitar que caravanas e carpas instálense en parcelas municipais non poderá impedir que o fagan en leiras privadas.
A instalación de circos con animais en Samil pasou á historia. Vigo aprobará hoxe na Xunta de Goberno Local unha proposta da Concellería de Medio Ambiente para evitar que calquera parcela municipal poida acoller carpas e caravanas con animais. Con esta decisión, convértese na primeira cidade de Galicia que prohibe esta actividade, unha resolución que recientemente tomou a localidade lucense de Viveiro, e únese a unha corrente que ha calado especialmente en Cataluña.
O informe municipal sobre os prexuízos que causan a instalación de circos na cidade apunta aos vertidos de augas residuales e os riscos de seguridade nas instalacións, pero no caso de Samil tamén menciona a proximidade a un espazo especialmente sensible desde o punto de vista medio anmbiental.Desta forma, o Concello inclúe a medida na súa política en favor do benestar e protección dos animais ao entender que en ocasións "moitos animais non poden conseguir un estado de benestar adecuado neste tipo de establecementos" pola falta de recursos. "Inexistencia dun ambiente adecuado, aloxamentos reducidos e pobres, transporte constante e repetitivo, excesivo contacto con humanos e reiterado adestramento pode conlevar estados angustiosos" para o animal son algunhas das consideracións tidas en conta.
En calquera caso, a lexislación actual non outorga potestade ás administracións locais para prohibir a instalación de circos con animais, pero si se pode impedir que utilicen parcelas municipais. Desta forma, non se podería evitar que se utilizasen leiras privadas, algo moi improbable dadas as características do espectáculo circense.

Fernando Rodríguez González, 1º B Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-02-2013 23:51
# Ligazón permanente a este artigo
O patrimonio de Feijóo: 577.381,24 euros
O valor dos bens do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, ascende a 577.381,24 euros, segundo publica este venres o Diario Oficial de Galicia (DOG), o que supón que aumentou a súa riqueza un 11,7 por cento --60.613,38 euros-- con respecto ao 30 de decembro de 2010, data coa que se corresponden os 516.767,86 euros que declarou en decembro de 2011, segundo fontes da Xunta.

O DOG publica este venres as declaracións de bens tanto do presidente coma dos restantes membros do Executivo autonómico que, no seu conxunto, roldan os 1,6 millóns de euros. Esta cifra total está moi lonxe dos 15,6 millóns que declarara en decembro de 2011, cando se fixeron públicos por primeira vez estes datos, o exconselleiro de Economía e empresario vigués Javier Guerra.

A decisión de volver publicar estes datos responde ao compromiso de "transparencia" adquirido por Feijóo, o membro do Executivo galego que declara un maior patrimonio e que tamén prevé dar a coñecer ao longo desta xornada as súas declaracións da renda dende antes de ser presidente.

A semana pasada, cando fixo o anuncio, Feijóo defendeu que existen "mecanismos de control" sobre o patrimonio dos integrantes do seu gabinete, posto que hai que dar conta deste ben ao rexistro do Parlamento --no caso dos conselleiros que conservan a acta de deputados-- ou á Dirección Xeral de Función Pública. Con todo, interpretou que se "deben reforzar" mediante o seu "coñecemento público".

"Darei este paso porque a confianza dos cidadáns se viu minada nos últimos meses e porque determinadas actitudes de membros de todos os partidos esixen un esforzo de transparencia máis intenso de todos os dirixentes políticos e gobernantes", esgrimiu, antes de lamentar que haxa "circunstancias que acreditan" que os cidadáns "non confían" nos dirixentes políticos e que hai que paliar.

REDUCE A DÉBEDA

En canto aos datos de patrimonio non especifica a tipoloxía dos bens dos membros do Goberno galego e limítase a constatar que, no caso dos 577.381,24 euros que declara Feijóo, un total de 76.727 euros inclúense no apartado contable pasivo, relativo a empréstitos, créditos ou débedas.

Os datos publicados no apartado de pasivo en decembro de 2011 -- correspondentes a decembro de 2010, segundo a Xunta-- revelaban débedas, créditos e empréstitos por 99.031 euros.

Agora, dos 577.381,24 euros que publica o DOG, constátase que o presidente galego posúe bens inmobles (segundo o valor catastral) por 151.223,39 euros, mentres que os restantes 426.157,85 euros se corresponden a "outros bens".

O DOG recolle que, en virtude do acordo do consello de la Xunta, os seus membros completaron e presentaron as súas declaracións, que foron recibidas no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

Tamén precisa que, tal e como consta no modelo autorizado, non se inclúen seguros de vida e, no suposto de bens indivisos, indícase o valor que corresponde segundo a porcentaxe de participación do declarante no ben ou dereito patrimonial.


Jorge Vázquez 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-02-2013 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
O Lugo e a sua minicrise.
O mes de febreiro non está a ser venturoso para o Lugo. No penúltimo mes do inverno, ao que aínda lle quedan 9 días, o equipo non sabe o que é gañar. Tres derrotas seguidas, e catro nas últimas cinco xornadas. Parece ter sido golpeado pola adversidade. Lesións, molestias musculares acrecentadas pola non disposición de campos de herba natural para adestrarse, expulsións controvertidas... Todo contribuíu a deixarse recortar parte da vantaxe que acumulara sobre os postos de descenso. O equipo loita contra a fatalidade para regresar a unha situación de normalidade.
Lesións.
Condicionados pola superficie de adestramento. No Lugo mírase ao ceo coma se de agricultores tratar. Espérase o bo tempo, o fin das choivas que lles permita recuperar o maltreito céspede do Ángel Carro e o campo de herba natural da Campiña, pertencente ao presidente, José Bouso. A peregrinación polas superficies sintéticas da Cheda e Cospeito resulta contraproducente para a situación muscular dos xogadores do persoal. Son varios os que se viron afectados de diferentes molestias (hai dúas semanas, Óscar Díaz tiña que parar nun adestramento por unha sobrecarga), e a recuperación dos lesionados vese condicionada. Iván Pérez está descartado para recibir ao Recreativo pola súa rotura muscular; Rubén Durán segue o seu proceso de melloría dos seus problemas de pubes. José Juan, Fran Pérez, Belfortti, Javi Rey , Pablo Álvarez ou Guayre estarán a disposición do técnico, pero todos eles pasaron por diferentes problemas que os limitaron no seu rendemento.
Expulsións.
Tres partidos seguidos cun menos. Desde que subiu a Segunda B , e tamén tras o salto a Segunda A, o Lugo caracterizouse por ser un conxunto limpo. Ou o que é o mesmo, unha escuadra adoitada a recibir faltas, pola súa forma de xogar, e non a cometelas. Non hai violencia nas súas accións, e sempre foi un candidato aos premios ao fair play. E con todo, nas tres últimas xornadas non puido acabar cos once futbolistas os seus partidos. Casualidade ou non, Víctor Marco foi expulsado en Córdoba, ao cortar un contragolpe local xa case ao final, e o equipo perdeu por 1-0. Na seguinte, ante o Sporting no Ángel Carro, o árbitro dixo escoitar como o insultaba Fernando Seoane, e o Lugo quedou sen el para catro partidos, dos que lle restan tres por cumprir. E Pita, antonte, viu dúas amarelas por sendas faltas; unha, bastante discutible, a ollos dos branquivermellos.

Samuel Vázquez González, 1ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-02-2013 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
Un dos nosos.
Loquillo, nado en 1960 en Barcelona, foi unha icona da "movida" madrileña nos anos 80. Co seu rock and roll ao máis clásico estilo dos anos 50, este "showmen" ten unha carreira de máis de 30 anos encima dos escenarios e tamén un bo número de fans.
Ariel Rot, nado en 1960 en Bos Aires, Arxentina, liderou a escena rock arxentina nos anos 80, con Tequila, e nos anos 90 con Los Rodríguez. Este guitarrista conta, tamén, cunha carreira de máis de 30 anos no mundo da música.
Leiva, nado no ano 1980 en Madrid é un dos máximos representantes da escena rock española actual, primeiro co grupo Pereza, e despois en solitario. Ademáis de ser un bo cantautor, este madrileño é tamén un bo guitarrista, baterista e un dos baixistas máis virtuosos do país.
Dúas nacionalidades, dúas xeracións e tres homes. Este, "Un dos nosos", é o proxecto de estes artistas, tres citas no vindeiro mes de xuño, o día 6 en Madrid, o 8 en Barcelona e o 28 en Málaga.
Leiva, o máis mozo dos tres, intentou explicar cal é a situación :"Aos tres gústannos Bob Dylan, Elvis Presley ou os Rolling Stones, pero ainda non temos claro que é o que imos tocar ou se faremos versións", e tamén deu algunha pista sobre as actuacións :"A idea é que non sexan tres concertos distintos, senón un gran espectáculo conxunto de tres artistas".
Tamén deron lugar ás bromas. Ariel Rot declarou :"Xa o temos pensado, Leiva ocuparase das mozas, eu do viño e Loquillo de ensinar".
As entradas están xa á venta, por 38 euros, e existe a posibilidade de que se faga e edite un DVD con contidos das tres actuacións.
Ano tras ano vemos como novos grupos sacan discos, vellos grupos saen de xira..., pero é complicado que tres artistas de dúas xeracións distintas se xunten para facer algo de este estilo, algo que, seguramente, será de gran calidade musical.

Xabier González Sobrado, 1ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-02-2013 23:02
# Ligazón permanente a este artigo
O anteproxecto da LOMCE
Seguindo a tendencia tan común neste país volveuse propor outra reforma da lei de educación, de tal xeito que en aproximadamente dez anos xa se sucederon dúas leis de educación (LOCE, LOE), e proponse unha nova LOMCE.Como estudante resulta certamente interesante o coñecemento deste proxecto, así como a reflexión a nivel individual en contraste coa realidade da que formo parte.

Deste xeito comeza a proposta:



“La educación es el motor que promueve la competitividad de la economía y el nivel de prosperidad de un país. El nivel educativo de un país determina su capacidad de competir con éxito en la arena internacional y de afrontar los desafíos que se plante en en el futuro."



Resulta un tanto confuso ler que a educación promove a prosperidade dun país cando se recorta un 21,9% no orzamento en educación e cultura. Este curso comezou en Castilla La Mancha con máis de 8.000 interinos menos, dos cales 4.752 afectarán a primaria e 4.244 a secundaria; mentres en Andalucía están pechadas as oposicións para a educación secundaria, so o pretexto do aforro. Habería que preguntarlles a todos os docentes, profesionais cualificados, qué supón aumentar o número de alumnos por aula, e tamén as súas horas de traballo, así como as repercusións a nivel do alumnado. Como proxecto que ten como finalidade a mellora da calidade educativa, non semella moi coherente a realidade que se está a vivir, unha realidade que ten como constantes a redución do profesorado, de bolsas de axuda para o estudantado e un incremento das taxas universitarias.
Outra sección que me chamou especialmente a atención foi a referente ó profesorado na que se dispón o seguinte:



“[...] El Gobierno, previa consulta a las Comunidades Autónomas, establecerá las condiciones y los requisitos de titulación, formación o experiencia para que, durante los cinco años siguientes a la fecha de la entrada en vigor de esta ley orgánica, las Administraciones educativas, por necesidades de servicio o funcionales, puedan asignar el desempeño de funciones en una etapa o, en su caso, enseñanzas distintas de las asignadas a su cuerpo con carácter general, al personal funcionario perteneciente a alguno de los cuerpos docentes recogidos en la disposición adicional séptima de esta ley orgánica.”



Suponse que existen as diferentes especialidades ou graos universitarios para a especialización dos docentes, garantindo deste xeito a calidade e a competencia dos alumnos nos diversos campos do coñecemento. Non sei qué calidade podemos ofertar propondo que os profesores, que lembro son profesionais cualificados en cadanseu campo de coñecemento, sexan asignados a ensinanzas distintas das súas propias.


Non só merecen os puntos anteriores a nosa atención senón todos eles, xa que debemos coñecer como membros dunha sociedade aquilo que afecta ás bases do noso futuro, a educación. Pórlle fronteiras ó acceso á cultura é a mutilación dunha sociedade. Coloquemos a educación no lugar que merece, e deixemos de tratar ós docentes como meros transmisores de información. Que a finalidade da educación sexa chegar a todos, que volvan os valores e que cesen os recortes con segundas intencións. A educación é un dereito, non un privilexio.


Alba Muñoz López (Estudante de Grao en Lingua e Literatura Galegas)
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-02-2013 19:34
# Ligazón permanente a este artigo
«Palíndromos visuales» de Pedro Croft, en Palexco
Cita con frecuencia unha frase: «Os artistas son os que pasan a súa vida ligando pedazos soltos do mundo». Desde onte á noite mostra na sala municipal Palexco da Coruña algúns deses pedazos na exposición Tres puntos non alienados. José Pedro Croft (Porto, 1957) exhibe as súas esculturas de ferro, cristal e espellos, algunhas expostas por primeira vez. E tamén «un debuxo do 2003 que fai ponte co pasado», apuntou o artista, ao inaugurar a exposición. O comisario, David Varro, lembrou que Croft provén da arquitectura, destacou «como rompe coas disciplinas» e cualificou as súas obras como «palíndromos visuais». Barro, que lembrou a vinculación do artista con Galicia desde 1997, é o autor do libro «máis que un catálogo» presentado onte e que recolle, segundo indicou Croft, até un dos seus últimos traballos internacionais que é «unha obra feita en xaneiro en México».


Elena Corral Fernández
2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-02-2013 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
O Vaticano di que se quere presionar os cardeais
A Secretaría de Estado da Santa Sé publicou este sábado un comunicado no que rexeita os "intentos de condicionar os cardeais, con vistas ao conclave coa difusión de noticias a miúdo non verificadas ou verificables e polo tanto, falsas, con gran dano a persoas e institucións".

"A través dos séculos, os cardeais tiveron que facer fronte a múltiples presións á hora de elixir pontífice por parte de diferentes poderes, afrontando lóxicas de tipo político e mundano" continuou a nota da institución vaticana que preside o cardeal Tarcisio Bertone. Segundo o comunicado, o modo actual no que se intenta influír nos cardeais cambiou e, na actualidade, "inténtase alterar á opinión pública mediante argumentos e valoracións que non recollen o sentir espiritual que a Igrexa está vivindo"."É deplorable que, segundo se achega a data do conclave, se multiplique a difusión de noticias a miúdo non verificadas que causan un gran dano á institución e aos seus integrantes", concluíu.

Pola súa banda, o voceiro vaticano, o xesuíta Federico Lombardi, tamén denunciou a existencia desas mesmas presións para condicionar o libre exercicio de voto no conclave, xa que na súa opinión varios cardeais están a ser "considerados indesexables por unha razón ou por outra". Lombardi asinou este sábado un editorial na Radio Vaticana, no que subliña que "o camiño da Igrexa nas últimas semanas do pontificado do Papa Benedicto XVI, ata elección do novo Papa a través da "Sede Vacante" e o conclave, é "moi difícil, dada a novidade da situación".

Ademais, compareceu ante os medios cunha breve rolda de prensa no vaticano. Durante esta, o xesuíta asegurou que non todos os medios de comunicación poden ser acusados de publicar rumores, pero indicou que é o caso dalgúns italianos e de varios estranxeiros que continúan difamando con noticias que falan dunha "forma negativa e premeditada". O voceiro vaticano chamou aos medios de comunicación a informar con mesura sobre todo o que acontece na Igrexa católica, e aludiu aos que fan "unha presión inaceptable" para condicionar o exercicio do dereito a votar por un ou por outro membro do Colexio de cardeais, considerados indesexables por unha razón ou pola outra".

E agregou que "quen ten en conta en primeiro lugar o diñeiro, o sexo e o poder, está afeita a ler con estes parámetros a realidade, e non é capaz de ver nin sequera á Igrexa, porque a súa mirada non é capaz de dirixirse cara ás alturas ou descender en profundidade e comprender as dimensións espirituais da existencia". Persoalmente engadiría que aqueles que levan séculos vendo o ouro, a corrupción e o veto legal tampouco son moi dados a sinceridade espiritual, os santos non son tan santos e non estamos na Idade Media para esixir un tratamento especial os ministros da Igrexa.


Alba Salgado Parente 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-02-2013 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal