Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Consello de Ministros recorre ante o Constitucional o catálogo de medicamentos da Xunta
O Consello de Ministros acordou hoxe a interposición dun recurso de inconstitucionalidade contra a lei galega sobre racionalización do gasto na prestación farmacéutica e o seu catálogo priorizado de medicamentos.
O Goberno entende que ambas as disposicións vulneran as competencias que atribúe a Constitución ao Estado en materia de coordinación xeral da Sanidade, lexislación sobre produtos farmacéuticos e réxime económico da Seguridade Social.

O vicepresidente primeiro e ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, dixo, na rolda de prensa posterior á reunión do Executivo, que a normativa galega «invade» as competencias exclusivas do Estado, que é o que ten que decidir os medicamentos que se inclúen na prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde.

No entanto, confesou que «sempre é mellor un acordo que un preito», polo que non descartou retirar o recurso se se alcanza o consenso co Goberno que dirixe Alberto Núñez Feijoo.

Segundo a referencia do Goberno, o catálogo galego exclúe 427 medicamentos que non en todos os casos poden substituírse por outros equivalentes, o que pode crear problemas de saúde para os galegos e para aqueles cidadáns que se despracen a esa rexión.
Ademais, a Avogacía do Estado sinala respecto diso que se Galicia aproba un catalogo priorizado de produtos farmacéuticos, aínda que sexa dentro dos límites fixados polo nomenclátor estatal, estar a sentar as bases para que existan tantas listas de produtos farmacéuticos como Comunidades Autónomas.

Cada Comunidade podería priorizar os produtos do seu catálogo en función de calquera continxencia ou eventualidade -criterios económicos, dispoñibilidade material, formato, etcétera-, e admitir esta posibilidade «alteraría profundamente o exercicio da competencia exclusiva que nesta materia se recoñece ao Estado», segundo o Goberno.


Míriam López 2DO BACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-02-2011 15:21
# Ligazón permanente a este artigo
Ana Romaní publica en Galaxia o seu novo libro de poemas, «Estremas»
A escritora, periodista e locutora de Radio Galega e dende fai trece anos dirixe o programa "Diario Cultural" publica un novo libro de poemas. «Estremas» é o título desta obra que, segundo a editorial, «podería ser o comezo dun diálogo entre corpo e lingua

Con paisaxes exipcias e tamén con furia está escrito o máis recente poemario de Ana Romaní (Noia, 1962), publicado na colección Dombate da Editorial Galaxia.
Estremas é o título deste libro que, segundo a editorial, «podería ser o comezo dun diálogo entre corpo e lingua». O libro fai un percorrido polo coñecido como val das Baleas en Exipto (Uadi Al Hitan), un espazo no que se encontraron restos de baleas, que hai millóns de anos era o fondo dun océano e que na actualidade é un deserto. Nese territorio, a poeta «percorre a memoria dun soño, procura os lindes da súa perda, escava e abeira á procura dunha nova posición, doutro lugar». Segundo o crítico literario Ramón Nicolás, este novo libro de Ana Romaní «érguese como un desafío, como un reto interpretativo para quen o le». Sinala Nicolás que o libro sitúa ao lector «en espazos limítrofes, fronteirizos, periféricos», cunha «unha voz aceda, acaroada ao espírito reivindicativo».


Laura Iglesias 1º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-02-2011 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
Unha discográfica de Sarria publica a vida de Lois Pereiro en fotos e sons
A discográfica sarriá Ouvirmos publicou unha biografía fotográfica e sonora de Lois Pereiro, o poeta ao que se lle dedican este ano as Letras Galegas.

A publicación foi presentada onte nunha festa celebrada no bar Borrazás, un dos locais da Coruña nos que se encontraba cos seus amigos nos anos 80. Tanto o libro, que compaxina 200 fotos do álbum familiar e privado con dous cd's con diversas gravacións, como a celebración buscan «amosar o seu lado máis persoal neste ano no que se vai falar tanto da súa obra», en palabras do seu irmán Xosé Manuel.

A publicación vai acompañada dun prólogo de Manuel Rivas e textos de Lino Braxe e Xurxo Souto analizando unha entrevista do poeta con Ana Romaní e lecturas de poemas seus. Xosé Manuel Pereiro vén remarcando en todas as intervencións nas que fala sobre o seu irmán que "unha cousa é a súa obra e outra a persoa", para rexeitar esa imaxe pesimista que trascendeu de Lois. Asegura que "en persoa era irónico e divertido; como era un grande observador, sempre facía algún comentario sobre a xente que ía pola rúa".

Noemi Dopazo gonzález, 2ºB bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-02-2011 14:13
# Ligazón permanente a este artigo
Ourense mantendrá o Festival Alternativo da Xuventude a pesar do apoio ao Derrame Rock.
A concellería de Cultura do Concecello de Ourense modificará o formato e a periodicidade do certame musical FAX(Festival Alternativo da Xuventude) que se viña celebrando na cidade anualmente. A última edición celebrouse os días 18 e 19 de xunio no Xardín do Posío e nel mesmo participaron grupos como Barricada, Lamatumbá, Xtrume o Muchachito Bombo Infierno, entre outros. A aposta do Concello polo formato do Derrame Rock entra no mesmo esquema do FAX e nunhas datas similares, celebrarase do 23 ao 25 de xunio deste ano aínda que o FAX non desaparecerá. Según confirmou onte Isabel Pérez o festival seguirá desenvolvéndose pero nun formato diferente: en lugar de ser unha cita anual repartirase en ciclos temáticos que se irán celebrando o longo do ano e se concretarán en espazos máis pequenos ou en locales estables que servirán de sede para ofertar as diferentes actuacións.
Concello, Derrame Rock e Radio Galega presentaron onte o concurso para grupos ourensanos e o resto do Estado para actuar no Derrame Rock. As bases e condicións están no páxina do festival.

María González Pérez 2ºBACH B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-02-2011 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
«Ser empresaria é poder ter unha ilusión cada día»
Desde as terras de Caldelas reivindica o desenvolvemento do rural



«Os meus amigos de Madrid dixéronme que non aguantaría moito, pero aquí sigo». Flora Castro González (Castro Caldelas, 1962) desmente hoxe con orgullo aquel vaticinio mentres repousa a mirada sobre os arredores do castelo da vila, o seu recuncho. «Non creo que haxa outras persoas que suban máis aquí que o meu marido e eu», di convencida. Ese espazo, é para ela «un lugar de paseo, un sitio no que deixo voar a imaxinación».

A presidenta da asociación de empresarios de Caldelas e vicepresidenta da CEO, é unha namorada da súa terra. Naceu nunha localidade que apenas chega hoxe aos 2.000 habitantes, foise a Madrid pero fixo o camiño de retorno. Está vinculada a unha empresa familiar que naceu en 1961 e vai xa pola terceira xeración, e nela permanece como xerente desde 1982.

«É como unha especie del Corte Inglés», di, porque se dedica á venda de electrodomésticos, subministracións industriais e son provedores de gas. Ten ilusión e contáxiaa: «Ser empresaria é poder ter unha ilusión cada día», di. En diferéncialas empresario/empresaria non repara moito porque «nunca notei diferenza por ser muller».

Quería estudar Medicina pero recoñece que non me realizou tanto como sendo empresaria». En Castro Caldelas vese a poutada do despoboamento, pero ela segue apostando pola comarca «aínda que ser empresario no rural require un plus de resistencia».

O que parece encherlle é seguir liderando a 50 persoas das empresas de Caldelas. A final de contas, confesa o seu «compromiso social» coa súa terra.

Non cambia a súa vida de empresaria por outros oropeles, nin prevé un traslado de residencia «porque aquí teño calidade de vida, teño silencio e posibilidades de estender a vista sen que choque con nada». Ademais, a súa empresa segue crecendo, ademais a bo ritmo, o que é de valorar tendo en conta os convulsos tempos que corren.

Foi tentada pola política, como cabería esperar, pero lle deu unha longa cambiada á invitación: «Non teño vocación política e non me parece compatible coa empresa». Por iso é polo que siga apostando polas súas tarefas, sen renunciar a reivindicacións matizadas, pero firmes. Cando analiza Ourense destaca que «esta é unha provincia esquecida, en canto pasas Valdeorras parece que é outro mundo». Quere desterrar a imaxe do empresario que sempre se queixa. Flora Sentencia que «non queremos subvencións, senón medios», e recorda que algunhas promesas políticas para a zona son moi unha antigas mínima de cinco anos «e seguimos igual».

Laura Barreiros, 2ºB bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-02-2011 14:10
# Ligazón permanente a este artigo
A cultura da mocidade galega pasa cada vez máis polas TIC
Un estudo do Observatorio da Cultura Galega (OCG) sobre os hábitos culturais da mocidade galega revela a súa dependencia absoluta das TIC á hora de acceder a contidos e actividades culturais.


Froito da colaboración do Consello da cultura cos observatorios da cultura do País Vasco, Cataluña, Quebec e Piamonte, o OCG vén de publicar un adianto de resultados dun traballo onde se comparan os hábitos culturais da mocidade utilizando metodoloxías cualitativas, co obxectivo de analizar as argumentacións, orientacións e actitudes da mocidade en relación ao consumo e á práctica cultural, así como ao uso de novas tecnoloxías, formatos e soportes atendendo ao nivel de estudos e aos grupos de idade.


Entre as conclusións do estudo cabe salientar que a dependencia absoluta das novas tecnoloxías á hora de acceder a contidos e actividades culturais, considérase característica común a toda a mocidade. O estudo indica que a meirande parte da mocidade galega está permanentemente conectada a través das TIC e dispoñible en liña unha parte importante do seu tempo de lecer. Esta realidade está tamén a incidir en cuestións como as relacións persoais que manteñen ou o tipo de actividades que realizan dentro e fóra do fogar. O uso das TIC concédenlle aos mozos un papel protagonista ao “estaren sempre á vangarda da nova sociedade tecnolóxica”. Ademais, detéctase o aumento na personalización dos dispositivos tecnolóxicos que utilizan, como o móbil, a vídeo consola, o ordenador e a conexión a Internet.

A mocidade, en xeral, pensa que a cultura do futuro estará baseada nas novas tecnoloxías, cuxa presenza será total en todos os ámbitos da vida diaria e para a realización da meirande parte das xestións cotiás, como por exemplo a compra de produtos, xestións bancarias, etc.

O uso de Internet está claramente condicionado pola idade, xa que o acceso entre as persoas novas é inmensamente superior ao dos adultos e está tamén ligado á formación adquirida. As actividades realizadas maioritariamente son a navegación pola web, o envío de correos electrónicos, o uso das redes sociais, pero tamén mencionan o uso de internet para xogos en rede e mesmo apostas.

Internet é a ferramenta de acceso á cultura, o lecer e entretemento por excelencia de todos os grupos de estudo investigados neste traballo. Pódese constatar que salvo rarísimas excepcións, o acceso a Internet revolucionou absolutamente os hábitos dos mozos actuais entre 16 e 26 anos, aínda que os maiores deste segmento de idade son máis críticos co uso abusivo do ordenador por parte dos máis novos.

Os estudantes de ESO ou Bacharelato usan o ordenador unha media de dúas horas diarias dependendo fundamentalmente das tarefas escolares e fano case sempre no seu fogar. Pensan que Internet inflúe significativamente na forma de vida da xente nova e inquiétalles que a súa privacidade sexa quebrantada, temor que se acentúa no caso das mulleres ás que lles preocupa a posibilidade de veren vulnerada a súa intimidade e mesmo integridade na Rede.



MARIA GONZALEZ PEREZ 2ºBACH

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-02-2011 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
O Concello de Ourense asina convenios de colaboración con dez empresas para a realización de prácticas dos alumnos do proxecto Auria Inserta
O Salón de Plenos do Concello de Ourense acolleu esta mañá a sinatura de convenios entre o Concello de Ourense e dez empresas ourensás, que acollerán a alumnos participantes no proxecto Auria Inserta, dependente da Concellería de Economía, Facenda, Promoción Económica e Emprego. O alcalde, Francisco Rodríguez, o concelleiro de Economía e Facenda, Agustín Fernández, e o director xeral de Promoción Económica e Emprego, José Ángel Vázquez Barquero, asistiron á sinatura cos responsables das empresas participantes: Galega de Enxeñería e Instalacións, S.L., Galiletric S.L. Servicios Eléctricos, Solar Pereiro, S.L., Vari S.L., Codigalco, S. L., Electricidad Gorgoso S.L., Itega - Orense S.L., Electricidad Soto, Instalaciones eléctricas Jesús Vázquez López e Electri, A Ponte, S.L.
As sinaturas permitirán a realización de prácticas non laborais dun total de 14 alumnos participantes no curso de Montaxe e Mantemento de Instalacións Solares Fotovoltaicas, trala súa formación teórica no último trimestre do ano 2010. Os participantes contan, paralelamente, co apoio do persoal do proxecto en titorías inidividuais, que lles axudan a mellorar a súa empregabilidade.
Actualmente, un total de 140 beneficiarios estanse formando nos itinerarios formativos de Auria Inserta: tres cursos especializados de Atención Sociosanitaria -alzheimer, discapacitados e auxiliar de enfermería en xeriatrías-, tres cursos de Enerxías Renovables, dous cursos de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes e un curso de Operacións Básicas de Cociña para persoas dependentes.
60% de inserción laboral
Dende a súa posta en marcha en 2008, o proxecto Auria Inserta formou a un total de 150 persoas, maioritariamente mulleres con cargas familiares, desempregadas de longa duración, que non contaban con ningún tipo de prestación económica, rematando un total de 100 persoas os diferentes itinerarios formativos. A porcentaxe de inserción dos alumnos que remataron os itinerarios ascende a un 60%, destacando o nivel de inserción dos cursos de atención sociosanitaria, cun porcentaxe de 75%.
Auria Inserta é un proxecto de inserción sociolaboral, que depende da Concellería de Economía e Facenda, Emprego e Promoción Económica do Excmo. Concello de Ourense, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, por medio do Ministerio de Política Territorial e Administración Pública, e que conta cun orzamento total de uns 1,700.000 euros.
Ten por obxectivo prioritario, articular un sistema de integración sociolaboral que permita favorecer o acceso a un posto de traballo daquelas persoas pertencentes aos colectivos máis vulnerables e con maiores dificultades de inserción laboral deste Concello a través de procesos de formación especializada en dous ámbitos diferenciados; a dependencia e o medio natural.
Aprobación de doce convenios máis
Asimesmo, a Xunta de Goberno Local desta mañá deu o visto bo á aprobación doutros doce convenios entre o Concello de Ourense e empresas colaboradoras co proxecto Auria Inserta para a realización de prácticas non laborais: Alfer, S.L., Eladio Doval, S.L., Fontanería, Calefacción Y Gas Manuel Calviño E Hijos, S.C., Egh Ingeniería E Instalaciones, S.L., Foncal Diz, S.L. , Manuel Pérez Cardero Instalaciones Manolo, m. Sampil y j. González, s.c., Instalacións E Mantemento Quintas, S.L., Saturnino Francisco Álvarez López, S.L., Solucións Energas, S.L., Tecnoservico Orensano, S.L. e Trigo Novoa, S.L.

Fátima Carballo Río 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-02-2011 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
O ciclo 'Galicia Classics ofrecerá 30 concertos de música clásica en sete cidades
O ciclo 'Galicia Classics ofrecerá un total de 30 concertos de música clásica en sete cidades galegas ao longo de 2011 co obxectivo de "recoller o ronsel" do 'Xacobeo Classics' e achegar actuacións "de primeiro nivel internacional sen esquecer a música de autores galegos".
Así o manifestou en rolda de prensa o consellerio de Cultura e Turismo, Roberto Varela, na que destacou o esforzo realizado pola Xunta e Novacaixagalicia nun momento de restricións económicas para garantir a realización deste ciclo, que "continúa coa mesma calidade que o Xacobeo Classics".
Neste escenario, o director artístico do ciclo, César Wonenburger, detallou que entre os artistas que actuarán por primeira vez en Galicia se encontran algúns dos nomes "máis importantes" da dirección orquestral do momento como o francés Georges Prête, o finlandés Essa Pekka-Salonen ou o ruso Yuri Simonov.
En concreto, o 'Galicia Classics estará estructurado en seis grandes ciclos: o dedicado ás Grandes Orquestras outro de Grandes Voces un apartado para os Grandes Intérpretes, outro destinado á ópera e os ciclos Made in Galicia e En Xira.

A primeira actuación enmarcada no ciclo terá lugar o próximo día 19 de febreiro no Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo, onde Georges Prête dirixirá a Orquestra Filarmónica de La Scala. Ademais, Daniel Barenboim será o encargado de levar a Santiago o 8 de xullo a Staatskapelle Berlín, un dos conxuntos "máis sólidos e venerados" de Europa.


Carmen Selina Meire Pérez 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 05-02-2011 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia está "á cabeza" en tratamento do cancro, pero "suspende" en prevención
O presidente do comité científico da Asociación Española de Loita Contra o Cancro na Coruña (Aecc-c), o doutor Guillermo Debén, situou a Galicia "á cabeza" en canto ao tratamento desta enfermidade, pero advertiu de que os galegos "suspenden" en canto a prevención do cancro, ao igual que no resto de España.En rolda de prensa, coincidindo coa celebración do Día Mundial de Loita contra o Cancro, Debén comentou que unha persoa que sufra calquera tipo de tumor pode "estar segura" de que en Galicia contará cunha "boa asistencia", ao tempo que indicou que os datos de prevalencia de tumores de pulmón, mama ou colorrectal en Galicia son "moi similares" no resto do territorio nacional."Galicia non ten nada que envexarlle a outras comunidades", comentou Debén, quen ten subliñado que o Servizo Galego de Salud (Sergas) está a incorporar "con rapidez" calquera tipo de tratamento que, na súa opinión, demostre cientificamente que é "bo" para loitar contra esta enfermidade.Preguntado por cales son os tipos de cancro máis comúns en Galicia, Debén sinalou que os de mama, pulmón, colorrectal e fígado son os "máis frecuentes", unhas cifras que, na súa opinión, se repiten en toda España.Prevención. Por outra parte, a presidenta da Xunta Provincial da Aecc-c, María Elena Viturro, presentou a campaña 'Tes a saúde que mereces', na que os responsables quixeron chamar a atención sobre a "necesidade" de levar a cabo hábitos de vida saudables para "previr moitos tipos de cancro"."É máis barato previr que investir nos tratamentos", comentou o doutor Javier Martínez, quen resaltou que deixando de fumar, comendo ben e facendo exercicio, o cidadán pode aforrar "moitos problemas".Sobre este asunto, o doutor Debén subliñou que todo o que se poida investir en prevención "é pouco", ao tempo que comentou que non se trata de "gastar máis", senón de facelo "mellor", para que, na súa opinión, todos poidan "saír gañando".[Salto de línea automático]En canto á importancia das vacinas para previr os tumores femininos como o cancro de colo uterino, o doutor Martínez indicou que o 77 por cento das mulleres galegas que poden recibir a vacina o fixeron, unha cantidade que cualificou de "baixa", ao tempo que declarou que é unha "irresponsabilidade" por parte dos pais non levar as súas fillas de 14 anos a vacinarse.





Christian García González 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 05-02-2011 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
Preséntase A Cuarta Parede, a primeira web en galego de crítica de cinema
Chámase A cuarta parede e será unha plataforma dixital de crítica cinematográfica. Dirixida por Eloy Domínguez e Víctor Paz, a publicación dixital non ten periodicidade fixa, “cada seis ou sete semanas” segundo apuntan no propio sitio web. Estará en galego e conta con seis seccións nas que atenderán ao cinema que está “máis aló das da salas comerciais”, con especial atención ao cinema luso, do que aseguran se caracteriza por “unha interesante experimentación formal e narrativa”. Jaime Pena, Alberte Pagán, Ángel Santos e José Manuel Sande son algúns dos colaboradores deste primeiro número. Chámase A cuarta parede e será unha plataforma dixital de crítica cinematográfica. Dirixida por Eloy Domínguez e Víctor Paz, a publicación dixital non ten periodicidade fixa, “cada seis ou sete semanas” segundo apuntan no propio sitio web. Estará en galego e conta con seis seccións nas que atenderán ao cinema que está “máis aló das da salas comerciais”, con especial atención ao cinema luso, do que aseguran se caracteriza por “unha interesante experimentación formal e narrativa”. Jaime Pena, Alberte Pagán, Ángel Santos e José Manuel Sande son algúns dos colaboradores deste primeiro número.

Alba Muñoz López 2º BACH B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 05-02-2011 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal