Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

GALICIA VAI COMEZAR A POR AS VACINAS CONTRA O COVID-19
A Xunta aprobou o plan de vacinación que marcará a loxística e a aplicación das primeiras doses de Pfizer-BioNTech que chegan a Galicia.
O Goberno galego non ten unha data concreta, pero ante os posibles avances pensase que a primeira ou a segunda semana de xaneiro comezarase a vacinar á población, aínda que a vacinación na UE comezará xa o 27 de decembro.

Un total de 40.000 persoas recibirán a vacina en primeira instancia, que se distribuirá do seguinte xeito: 22.000 serán dirixidas a persoas maiores nas residencias; e 17.000 serán para os traballadores destes centros. Nos dous casos, a vacinación realizarase nas propias residencias. Ademais, decidiuse asignar outras 3.000 doses para os traballadores sanitarios que traballan en hospitais e que están en contacto directo con pacientes covid, que a recibirán nos seus propios centros de traballo.

Neste momento platéxase unha gran hipótese, a caso toda esta xente está a favor de vacinarse? Según un estudo hai case tanta xente, que está en contra de vacinarse, como a que si quere. Exactamente o 44,4% respondeu que si, sen condicións; Un 40,3% que non o faría, en ningún caso o poñería en canto estea dispoñible en España. Hai un 11,2% que non sabe e dúbida. Entón que se fará con esa xente a cal non se quere vacinar

Lucía Suárez
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-12-2020 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
INVESTIGAN POR ESTAFA A TRES PERSOAS POR UN ACCIDENTE
A Garda Civil investigou a dúas persoas que supostamente finxiron ser ocupantes dun vehículo accidentado en Ponte Caldelas como presuntos autores de delitos de estafa e, ao tomador do seguro, que aparentou ser o condutor, por un suposto delito de falsidade documental.
Os feitos tiveron lugar o pasado día 10 de outubro na PO-532, onde un turismo sufriu unha saída de vía que se saldou con cinco feridos, segundo explicaron diversas fontes. Deste xeito, unha patrulla de Tráfico da Garda Civil desprazouse á zona, onde dúas persoas dixeron que foran parte dos pasaxeiros do vehículo accidentado, e que o condutor e outros dous ocupantes foran evacuados ao hospital Montecelo. Tamén indicaron a súa intención de desprazarse ao centro hospitalario para someterse a unha revisión médica por atoparse indispostos como consecuencia do accidente.




LUCÍA ALONSO FREIRE 1ºA BACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-12-2020 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
“Se non podo curarme e non aguanto a dor, polo menos que poida elixir o meu final”
O valenciano Rafael Botella, tetrapléxico desde hai 16 anos, pediu morrer hai ano e medio. Agora quere vivir sabendo que pode recorrer á eutanasia.

Rafael Botella pediu axuda para morrer hai ano e medio. Non aguantaba seguir vivindo cunha dor insoportable, prostrado na súa cama, cunha tetraplejia causada por un accidente de coche aos 19 anos. Lamentábase de que os “políticos se preocupasen das súas cousas” e non sacasen adiante a anunciada lei de eutanasia. As cámaras disolvéronse e íase a convocar eleccións. Estaba desesperado e chamou a Dereito a Morrer Dignamente ( DMD). A asociación apoioulle e tamén lle aconsellou buscar alternativas para reducir a dor. O valenciano de 35 anos, que deixou o instituto para traballar no negocio familiar da laranxa, accedeu entón a falar con este xornal para contar en primeira persoa o seu testemuño.

“Agora non quero morrerme. Pero a dor está aí e non se que pasará. Por iso é moi importante que se aprobou a lei da eutanasia. Esta non é unha decisión de dicir: ponme dous balóns, unha raqueta e unha de eutanasia. Non, a xente non compra eutanasia así como así. Se non teño a opción de curarme e non aguanto máis a dor, polo menos que poida elixir o meu final, que teña a opción dunha vía de escape digna”, explica cun falar fluído.

Candela Rodriguez
1ºA Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-12-2020 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
Escándalo por un concerto de Raphael en Madrid con 5000 espectadores
O Wizink Center acolleu un espectáulo que provocou numerosas protestas en redes sociais . Raphael , volveu a actuar en Madrid por Navidade, e fixoo cun concerto o cal provocou un monumental escándalo en redes sociais . ¿Motivo? Mais de 5000 persoas acudiron como espectadores a un recinto pechado .
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-12-2020 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
Descenden os casos activos e a taxa de positividade volve a niveis inferiores ao 5% que marca a OMS

Galicia mantense nos niveis de casos de covid-19 diarios detectados ao longo das últimas xornadas, co número de positivos oscilando entre os 300 e os 400. Con todo, a presión hospitalaria rebáixase este sábado após producirse unha serie de altas que deixan o total de hospitalizados con coronavirus en 337, 27 menos que na xornada anterior.

Así se desprende da actualización de datos da pandemia publicados a primeira deste sábado na páxina web da Consellería de Sanidade con cifras recollidas até as 18,00 horas do venres. Até ese momento, nas últimas 24 horas diagnosticouse por PCR a un total de 339 persoas, o que supón unha baixada de 28 respecto ao día anterior.

Con estes datos, os casos activos descenden lixeiramente até os 5.633 nunha xornada na que se practicaron 7.000 probas PCR, das que un 4,5% foron positivas, o que devolve a Galicia a niveis inferiores ao 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

Iván Abad Álvarez
1º BACH B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-12-2020 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
Empresario arrestado por roubar dous millóns de máscaras para a máxima protección en España.
Un empresario de Santiago de Compostela foi arrestado como presunto autor e principal
responsable do roubo de material sanitario por valoor de 5 millóns de euros, cantidade que
inclúe 2 millóns de máscaras de protección máxima, a máis escasa durante a pandemia e
que os profesionais sanitarios requiren desesperadamente para non infectarse. O detido ,
segundo a policía rexional, entrou nun galpón industrial dun fabricante de equipos
sanitarios, e vcendeu os artigos roubados

-Daniel Soares Conde
1º BACH B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-12-2020 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIO FOTOGRAFÍA 2020
Un ano máis, a World Press Photo Foundation anunciou os gañadores da 63 edición do
concurso World Press Photo que premia as imaxes máis rechamantes do ano no campo do
fotoperiodismo. Especialmente a que tes na portada, obra do xaponés Yasuyoshi Chiba, que se
fai honra de ser elixido "A foto do ano da prensa mundial".

Por suposto, estamos a falar do World Press Photo 2019 Photo Contest, xa que (como
estivemos contando) hai uns anos o concurso dividiuse entre este clásico concurso de
fotoperiodismo e outro sobre proxectos documentais chamado "WPP 2020 Digital Storytelling
Contest".

Celia Wenfen Varela Losada
1º BACH B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-12-2020 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
A cidade de Ourense xa supera os 150 casos activos por coronavirus
Tras uns días nos que a curva de contaxios por coronavirus volvera dispararse na
provincia de Ourense, os últimos datos oficializados pola Consellería de Sanidade
mostran unha pequena retardación no ritmo de novos infectados con 18 PCR positivas
nas últimas 24 horas. Con datos consolidados ás 18.00 horas deste pasado venres, na
provincia de Ourense hai un total de 478 casos activos. Son dous menos que o día
anterior. Tamén se reduce a cifra de persoas hospitalizadas en planta, que baixa de 36 a
32, pero sobe nunha a de críticos, con tres persoas na uci polas dúas do día anterior. Por
municipios, no caso da cidade de Ourense as cifras non son nada positivas, xa que o
número de casos activos viuse incrementado en once ata situarse en 155. É a cifra máis
alta nas últimas tres semanas e hai que ter en conta que en pico máis baixo da segunda
onda chegou a estar preto de baixar do centenar de positivos.

Noa Fernández Rodríguez
1° Bach B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-12-2020 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
Alerta amarela en Galicia por ondas de ata cinco metros e fortes choivas e ventos
A fronte atlántica que cruza hoxe a península mantén en alerta a cinco comunidades por choivas ou intensas ondas, con maior incidencia en Galicia

Galicia estará este domingo en aviso amarelo na costa por ondas de entre catro e cinco metros, así como fortes choivas e ventos nun día de tormenta.

Segundo a información de MeteoGalicia, espéranse choivas na provincia da Coruña a partir das 18:00 horas con precipitacións superiores aos 40 litros por metro cadrado en 12 horas.

Antia Vieira López
1º BACH B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-12-2020 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
ORQUESTRAS GALEGAS 9 MESES EN STOP
Nove meses sen traballar. É o tempo mínimo que as orquestras de Galicia non actuaron desde que se decretou o estado de alarma. Tiñan todo preparado para comezar a tempada en Semana Santa, pero o coronavirus bateu duramente, deixando a palabra "festa" practicamente prohibida. 2020 é un ano de beneficio case nulo para eles, pero non de débedas, que non poden resolver coas axudas convocadas pola Xunta.

Pablo Rodríguez González
1º BACH B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-12-2020 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0