Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Rumores sobre a marcha de Curry do Golden States.
Moitos son os rumores sobre a próxima axencia libre do xogador de Golden State Warriors. Podería Stephen Curry aceptar unha oferta millonaria equipo de Michael Jordan e volver a xogar na súa cidade natal?

Sería un gran erro que Golden State deixeo escapar este verán, que é sen dúbida o mellor xogador da historia da franquía, pero os rumores comezaron tras unha entrevista ao portal da cidade de Carolina norte, o Charlotte Observer. Hai algunha posibilidade de que Stephen Curry deixe Golden State este verán? Quedará Kevin Durant como referente? Pódese imaxinar a Golden State sen Curry? É difícil de imaxinar, non?

O desexo de volver a casa ten gran forza en cada axencia libre para unha lista de xogadores; Foi o que pasou con Dwyane Wade e Chicago Bulls, LeBron e os Cavs, Carmelo Anthony e os Knicks... a lista é moi extensa. A posibilidade de que Stephen Curry volva a Charlotte está aí, e aínda máis tras declaracións do propio cando lle pregunte se volvería a casa en 2017.




Juan Vázquez Visp, 1ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-12-2016 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
Londres non renuncia ao cine galego.
Ver películas galegas en Inglaterra sen ter que recorrer a trampas ou á piratería resultaba difícil ata fai uns meses. Lonxe de conformarse con renunciar ao cine da terra, un grupo de mozos galegos residentes en Londres cubriron a necesidade armándose de valor e moitas ganas para organizar o chamado Galician Filme Forum (GFF).

Esta semana celebraron a súa quinta edición, a da consagración, centrándose na temática da raia, a fronteira entre Galicia e Portugal, e deixando claro que queren ser un punto de encontro entre artistas galegos que viven en Londres de calquera disciplina artística, para crear sinerxias e apoiar calquera tipo de proxecto cultural.

«Quixen axudar ao proxecto porque me parece moi necesario para sentirme unida a Galicia. As raíces ir desprendendo un pouco, pero a min gústame manterme atada á terra», conta Laura Rodríguez Ares, coruñesa que vive na capital británica desde o 2012, onde traballa como mestra de español nun colexio de primaria.

No seu caso, Beatriz Romeu Rodríguez, de Baio, sempre estivo unida ao mundo audiovisual. Antes ata da súa chegada a Londres en xaneiro do 2015 xa viu en redes sociais da existencia do fórum. «Daquela nin tiñan logo, usaban só unha bandeira de Galicia e recordo que pensei, que frikis, pero apeteceume saber máis. Ao coñecernos deime conta de que compartimos moitas cousas, foi unha feliz coincidencia», conta.

Outra que se sumou ao tren é Lucía García, coruñesa que veu a Londres a facer unhas prácticas de tres meses, pero que xa leva aquí máis de seis anos. Formada en inxeñería industrial, sumouse a este proxecto atraída pola necesidade de ensinar a identidade cultural galega nunha cidade tan diversa. «Gustaríame que se unise máis xente doutros países e mostrarlles o noso mundo celta, en especial a través da música», engade.

Mentres, María Sabucedo apenas leva cinco meses en Londres, pero a súa constante preocupación pola falta de visibilidade do audiovisual galego lévaa a colaborar co Galician Filme Forum ata noutras edicións con viaxes desde Barcelona. «Quero que siga crecendo, que sexamos auténticos embaixadores da cultura galega, romper os tópicos e que sexamos atractivos para o público máis diverso», deixa claro.

O intercambio entre Galicia e Reino Unido ben se pode personificar en Harriet Cook, unha británica que colabora co proxecto desde os seus inicios. Licenciada pola Universidade de Cambridge en Linguas Modernas e Medievais, cursou un ano de Erasmus na Universidade de Santiago de Compostela e alí namorouse de Galicia. Fala galego con fluidez e un día lendo A Voz decatouse da posta en marcha de GFF e non o pensou dúas veces: ela tamén quería formar parte. Para as próximas edicións espera que haxa unha dedicada ao Camiño, pois está segura de que iso atraerá a máis público.


Cristina Rey Pérez, 2ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-12-2016 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
O Culturgal trae a Pontevedra máis de 150 actividades e produtos relacionados coas industrias culturais de Galicia.
Así, dende este venres e ata as 20.00 horas do domingo, os visitantes poderán gozar de máis de 150 actividades e de produtos relacionados cos libros, a imaxe, a música, as artes escénicas ou a tecnoloxía a través dos máis de 90 stands que se atopan no Culturgal.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado por o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, polo deputado Xosé Leal e polo presidente desta Feira, Manuel Bragado, inaugurou esta novena edición destacando a confluencia de ideas, proxectos, produtos e iniciativas promovidas dende Galicia.

Anxo Lorenzo puxo de relevancia o papel central de referencia de Culturgal para mostrar a creatividade galega. O Goberno galego, que conta cun stand institucional e co expositor da rede Eusumo, revalida a proxección do sector como "selo de desenvolvemento social e económico".

Pola súa banda, o deputado Xosé Leal insistiu en que o posto da Deputación Provincial dá cobertura a 35 concellos da provincia e céntrase no patrimonio material e inmaterial, ademais da exposición 'Pegadas na terra', con obras de 18 artistas, entre as que destaca a de Neves Seara con restos do incendio en Catro Baroña.

Finalmente, o alcalde fixo un chamamento ao optimismo e á celebración a través desta Feira, na que se dan cita algunhas innovacións tecnolóxicas pero na que, indicou, non se pode desprezar o soporte tradicional.


Selena González Rodríguez, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-12-2016 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
A Unesco declara as fallas de Valencia Patrimonio Inmaterial da Humanidade.
A Organización de Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) declarou as fallas de Valencia, a rumba cubana e a tradición da cervexa belga Patrimonio Inmaterial da Humanidade.

Así o decidiu o Comité intergobernamental de protección do patrimonio cultural inmaterial durante a súa reunión anual en Adis Abeba ao valorar ás fallas como unha expresión de «creatividade colectiva» que «salvagarda as artes e oficios tradicionais». As fallas, esculturas satíricas de cortiza branca creadas por artistas locais, «propician a comunicación e o diálogo entre os cidadáns».

O comité, formado por representantes de 24 países asinantes da Convención da Unesco para a salvagárda do patrimonio cultural inmaterial, decidiu incluílas na lista de bens protexidos para responder á «necesidade social» de preservar as artes e oficios tradicionais que doutro xeito desaparecerían.

Segundo este organismo, a práctica desta festividade cultural, transmitida no seo das familias, reforza a cohesión social e favorece a creatividade colectiva das comunidades.


Lucía Vázquez Nóvoa, 2ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-12-2016 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
Os galegos discapacitados
Ata fai dez anos María José Cao era unha muller que vivía tranquilamente nunha parroquia de Mesía (A Coruña) coa súa familia. Un desgraciado accidente que deixouna tetrapléxica, sumándose así ás máis de 206.500 persoas con discapacidade que actualmente viven en Galicia e que día a día se teñen que enfrontar a unha serie de obstáculos físicos, sociais e administrativos. «A partir do meu accidente fixemos unha casa para que estivese adaptada e tivese as menores barreiras posibles, pero unha vez que saio pola porta, todo son obstáculos», recoñece Cao, cuxa vivenda está rodeada de pistas sen asfaltar, sen beiravías e nas que ten que xogarse a vida compartindo espazo cos vehículos.As beirarrúas excesivamente estreitas, os locais comerciais e hostaleiros sen accesos adecuados e ascensores minúsculos nos que non entra a súa cadeira eléctrica son outros dos obstáculos que fan que se desespere cada vez que acode aos concellos próximos de Ordes ou Curtis, «porque se quero comprarlle uns zapatos ou un caderno ao meu fillo téñome que quedar na porta das tendas porque non podo entrar». Pide que todos os locais e rúas estean aptos para que poida entrar cun cadeira de rodas.

Ana Ramos Gallego 4ºA
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 04-12-2016 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
A rotonda da autovía en Lavacolla leva máis dun mes sen iluminación
A última rotonda da autovía de Lavacolla, onde á A-54 conéctase coas estradas de Lugo, a N-547; e de Oviedo, a N-634, está mergullada nun ambiente tenebroso desde fai máis dun mes. Nin un só dos focos do farol da rotonda teñen luz. Desde o atardecer, os condutores teñen moi escasa visibilidade, e a zona convértese nun buraco negro moi perigoso a partir do seis e media da tarde. Ao longo da noite, cando baixa a intensidade de tráfico na vía, a rotonda desaparece da visión. En días de néboa, algúns veciños aseguraron que a situación é aínda máis perigosa.


A autovía ten moita intensidade de tráfico en dirección a Santiago durante as tardes e as noites, o que permite paliar en certa medida a carencia de iluminación tanto ao longo do viario como na rotonda grazas aos faros dos coches.

Alba Osorio Míguez 4ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-12-2016 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
Feridas cinco persoas nun accidente múltiple en Narón (A Coruña)
Cinco persoas resultaron feridas na mañá do sábado tres de decembro nun accidente múltiple rexistrado no municipio coruñés de Narón, no que se viron implicados tres vehículos. O suceso aconteceu no quilómetro 3 da estrada AC-566, que une Narón e Cedeira. Ademáis, dúas persoas resultaron feridas nunha colisión entre tres vehículos rexistrada no concello pontevedrés de Pontecesures.

Eva Muñiz Outeiriño 4ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-12-2016 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
A Lúa.
Esta nova obra de Frank Schätzing, de 1.374 páxinas na edición que acaba de saír, está moi na liña das súas anteriores obras: céntrase nun tema relacionado co medio natural e a partir de aí desenvólvese unha trama na que manexa moi ben o suspense ó longo do texto.
Frank Schätzing, nacido en 1957 en Colonia (Alemaña) é escritor e director creativo dunha axencia de publicidade así como músico, produtor musical, e mesmo cociñeiro. Como escritor, a súa novela Der Schwarm (El quinto día en castelán, tamén publicada por Editorial Planeta) acadou un grande éxito internacional, xa que se venderon máis de tres millóns de exemplares en todo o mundo.
O seu segredo é seguramente prestarlle moita atención a temas de máxima actualidade e combinar elementos clave deses temas para elaborar un texto ameno co que se consiga manter o interese ata o final, independentemente da súa lonxitude –probablemente ese era tamén o segredo de Xulio Verne, o coñecido escritor francés que conseguiu que moitas das súas obras sigan a ter máis dun século despois de ver a luz un gran número de lectores e lectoras–. Mais Schätzing recoñece nas entrevistas que está máis influído polo cine que pola literatura, por directores como Kubrick, Spielberg ou Welles, máis que por grandes escritores.
En Límite o eixe da trama é a enerxía, e especialmente entendida como forma de conseguir ou manter o poder. A novela está ambientada nun futuro próximo no que as tradicionais fontes de enerxía –coma o petróleo– están case esgotadas e as fontes das renovables non son suficientes para satisfacer a crecente demanda que existe na humanidade.
Polo tanto hai que buscar outras novas formas de obter enerxía, algo que se podería conseguir na Lúa. Resulta que se atopa no satélite natural da Terra o helio-3, un elemento que sería un combustible alternativo dunha grande eficacia e ó mesmo tempo sen que –indica a novela– produza efectos nocivos para o medio natural: a idea é traelo á Terra para procesalo en centrais de fusión xunto co hidróxeno, de xeito que se lograría unha fonte de enerxía "sustentable".
Así, no ano 2025 un empresario británico multimillonario está a piques de inaugurar o seu hotel lunar Gaia e decide invitar posibles investidores para un proxecto aínda máis grande que o do hotel lunar: converterse no primeiro extractor e distribuidor de helio-3, creando na práctica un monopolio que lle asegure acadar un enorme beneficio.
Para facilitar a empresa promoveu a construción dun ascensor espacial que fai posible a realización de viaxes practicamente instantáneas entre a Terra e a Lúa. Mais para comezar na Lúa a extracción de helio-3 precisa aínda moito máis diñeiro. Por se fose pouco, o seu proxecto industrial axiña provocará a cobiza de múltiples colectivos: desde as mafias ata conglomerados de empresas que poñen por diante o seu beneficio e mesmo Gobernos que aspiran a coller a súa parte da torta.
Explicaba o autor nun recente encontro dixital na web de www.rtve.es que se o seu anterior bestseller, El quinto día, estaba ambientado no espazo interior, é dicir nas profundidades dos mares e dos océanos, pola contra en Límite acompañamos os protagonismas na dirección contraria o espazo exterior, o cosmos, pero recoñecía que nos dous libros "a xente busca respostas acerca das grandes incógnitas do futuro en espazos vitais descoñecidos".
Aínda que sitúa a acción de Límite dentro duns quince anos, para que pensemos que poida ser factible o que nela pasa nunha época moi próxima a nós, o escritor estima que a evolución tecnolóxica pode non ser tan rápida nuns aspectos coma noutros ós que se refire na novela, pero si agarda que moitas das tecnoloxías ou outras semellantes estean dispoñibles ó longo do século XXI, superando así novos límites que non acadara antes a humanidade nin sequera nas viaxes espaciais e que ó mellor hai unhas décadas eran impensables. Uns límites que tratan de traspasar os protagonistas do volume, ir máis alá do coñecido nunha trama que se ensarilla pero que ó cabo o que nos conta é a vella loita polo poder, se acaso transformada para que na base segue a ser iso.
Schätzing, que está estes días promocionando o libro e que xa conseguiu que se estea a falar moito del en webs dedicadas á ciencia pero tamén en moitas centradas na ciencia ficción, anuncia que non ten polo de agora ningunha idea para escribir a seguinte novela da súa carreira literaria, pero se seguimos a súa traxectoria seguramente non tardaremos en ver chegar ás librerías un novo libro co seu nome.


Wuimer Álvarez Célix 4º ESO B.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-12-2016 19:00
# Ligazón permanente a este artigo
Os bancos de alimentos galegos prevén recoller un millón de quilos entre este venres e sábado para 100.000 persoas.

Os bancos de alimentos galegos prevén recoller un millón de quilos de comida entre o pasado venres e o pasado sábado para repartilos, posteriormente, entre unhas 100.000 persoas que os necesitan.
Así o relatou a Europa Press o presidente da Federación Galega de Bancos de Alimentos, José Pita, quen este sábado estivo presente na carpa solidaria en apoio á recolleita do Banco de Alimentos organizada pola agrupación local de Cidadáns na Praza Roxa de Santiago.
Actos de leste mesmo tipo percorren toda a xeografía galega e española, e todo o que se recaude en cada zona será para os veciños que o necesiten. Neste sentido, precisou que accións como a realizada en Santiago tamén se produciron en Boiro, Ribeira, Ourense, Pontevedra, A Coruña, Ribadeo e a Mariña Lucense, entre outros moitos lugares. Nesta campaña de recolleita de alimentos que finalizaba este sábado ás 19,00 horas colaboran outras institucións e empresas, como a Xunta, Viaqua -que facilita camións para trasladar os alimentos-, Mercadona, Liddle e Froiz, entre outras. Pero ademais, os días 16 e 17 de decembro volverase a repetir dita campaña porque a xente xa cobraría a paga extra e terá máis recursos para poder doar algunha cousa de Nadal, mantén José Pita.
Aitana Lanzós. 4º ESO B.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-12-2016 18:55
# Ligazón permanente a este artigo
O Nadal chega a Ourense.


Acendéronse as luces das rúas da capital de Ourense e decembro iníciase coa posta en marcha de multitude de actividades de Nadal. Ponte Vella sumouse onte cunha das apostas máis esperadas destas datas: a apertura da pista de xeo. Un acto que tinguiu de cor ao coincidir co aceso das luces que adornan o centro comercial. Tamén se sumou á festa Amencer. A asociación xuvenil regresa co programa Mañás de Nadal co que os pequenos poderán divertirse durante estas datas. O Concello de Ourense apoia esta iniciativa, do mesmo xeito que arroupa un ano máis o concurso de escaparates de Nadal, que presentou onte a Cámara de Comercio. Celebra a súa edición número 27, sendo o máis lonxevo de España. O presidente da Cámara de Comercio de Ourense, Juan Carlos Parada Rúa, afirmou durante a presentación: «Hai que crear conciencia sobre a importancia do escaparate como imaxe externa dun negocio, a súa tarxeta de presentación e o primeiro impacto visual que recibe o cliente».



Sara González Belloso, 4º B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-12-2016 18:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal