Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Víctor Freixanes ten intención de dar paso a outra persoa ao fronte da dirección xeral de Galaxia
Víctor Freixanes -un dos escritores de currículo máis poderoso da literatura galega e tamén profesor de xornalismo da USC- manterá a súa condición de conselleiro da empresa, presidente da Fundación Otero Pedrayo e a dirección da revista Grial.

Freixanes chegou á dirección xeral de Galaxia en 2002, cargo no que veu substituír o tamén escritor Carlos Casares, falecido ese mesmo ano.

O Consello de Administración de Galaxia vaise reunir esta segunda feira de tarde nun encontro en que se podería tomar xa a decisión de que persoa vaia relevar Freixanes ao fronte da Dirección Xeral.

Natural de Pontevedra, onde naceu en 1951,Vítor Freixanes comezou a finais da década dos 80 a asumir responsabilidades no mundo da edición. Foi director de Xerais entre 1989 e 1993. De 1994 a 1998 foi director xeral de Alianza Editorial e no 2002, co pasamento de Carlos Casares,pasaba a dirixir Galaxia.

Mais o seu papel non se limita á edición. Profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago, presentou na Televisión de Galicia o programa dedicado aos libros e á literatura A Trabe de Ouro (1986-1987). En 1976 saíu do prelo o seu primeiro libro, Unha ducia de galegos, un libro de entrevistas e en 1980 publicou Memoria dun fuxido. Gañou o premio Modesto R. Figueiredo en 1978 con A caza de cascudas. Con O triángulo inscrito na circunferencia (1982) gañou o premio Blanco Amor. O enxoval da noiva (1988) e A cidade dos césares (1993) e Cabalo de Ouros (2010) son outras das súas obras






Candela Fernández del Pon, 1ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-12-2016 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
Jorge Mira e Carlos Brandeiro, novos académicos da RAG
O Pleno da Real Academia Galega aprobou o nomeamento de dous novos académicos correspondentes: o científico Jorge Mira Pérez e a Carlos Xavier Rodríguez Brandeiro, director xeral do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo de Buenos Aires.

Brandeiro é na actualidade unha das principais figuras de referencia das colectividades galegas en Arxentina e Uruguai. Co seu nomeamento como académico correspondente, a RAG procura fortalecer a súa rede de embaixadores no exterior cun referente entre as novas xeracións. Desde 2013 dirixe o Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo, da Fundación Galicia-América. Neste centro, ao que se incorporou como docente de lingua galega no ano 2002, escolarízanse varios centos de nenos e nenas seguindo uns plans de estudos con fortes ligazóns con Galicia. É ademais coautor dun libro para a aprendizaxe da lingua galega e dirixe desde 2006 a revista cultural Gavieiro da nosa identidade, editada pola delegación arxentina da Fundación Galicia-América.

Jorge Mira é catedrático de Electromagnetismo da Universidade de Santiago de Compostela. Alén das liñas de investigación que mantén en eidos exclusivos das ciencias experimentais, traballa na modelización matemática de sistemas sociais aplicada ás dinámicas lingüísticas, campo no que creou un modelo que reproduce a evolución histórica do número de falantes de galego e castelán en Galicia. En relación con estes estudos, colabora desde 2014 co Seminario de Sociolingüística da RAG traballando nun proxecto de socioloxía da lingua, demografía e evolución. Tamén é un recoñecido divulgador científico. É autor dos libros A ciencia no punto de mira (2010) e A que altura está o ceo? (2016) e é ademais membro do consello de redacción de Grial e membro da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega.






Lucía Gómez Cibeira, 1ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-12-2016 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
O ADN máis antigo do mundo está en Atapuerca
Unha colaboración entre o Equipo de Atapuerca e o Instituto Max Planck de Antropoloxía Evolutiva permitiu secuenciar, con novas técnicas, o xenoma mitocondrial casi completo dun resto humano (o Fémur XIII) da Sima dos Ósos de Atapuerca, datado nuns 400.000 anos (Pleistoceno Medio). Só no permafrost (o chan permanentemente conxelado das rexións polares) recuperouse ADN desta antigüedade, pero non humano.

O equipo de Matthias Meyer, do Instituto Max Planck, secuenciou, fai puco tempo, o xenoma mitocondrial completo dun oso precedente do mesmo xacemento e encontrado xunto cos fósiles humanos. Foi preciso para elo desarrollar novas técnicas analíticas, considerando a degradación extrema do material xenético. O procedemento resultou acertado e o siguiente paso foi aplicalo nun fósil humano.
Tras secuenciar o xenoma mitocondrial extraído do Fémur XIII os investigadores compararonno co das especies máis cercanas, tanto vivas (humanos actuais e grandes simios) como fósiles: neandertais e denisovanos.

A partir dos datos xenéticos, os investigadores calcularon unha edade aproximada para o fósil duns 400.000 anos, moi parecida á estimada polo mesmo procedemento para o óso: 430.000 anos.

A comparación das secuencias do xenoma mitocondrial revelou unha maior proximidade do fósil da sima cos denisovanos que cos neandertales, en contra do esperado. Os primeiros se consideran uns parientes moi lonxanos dos segundos, dos que se separaron fai uns 700.000 anos. Apenas se ten información morfolóxica dos denisovanos, encontrados na cova Denisova, en Siberia meridional, polo que non é posible establecer comparacións anatómicas cos fósiles da Sima dos Ósos.
Lucas Rodríguez Cancio 4B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-12-2016 14:00
# Ligazón permanente a este artigo
Medallista Olímpico declarou que sufriu abusos
O medallista olímpico Antonio Peñalver declarou que sufriu abusos. O subcampión olímpico de decatlón en Barcelona 1992, Antonio Peñalver, declarou á Policía que cando era menor de idade sufriu abusos por parte do seu adestrador, Miguel Ángel Millán, que foi detido en Tenerife esta semana por unha denuncia do mesmo tipo doutro antigo pupilo. Peñalver contou á Policía que os abusos que di sufrir por arte de Millán, un adestrador xa retirado que chegou a ser seleccionador nacional de probas combinadas, tiveron lugar nos anos oitenta, asegura o xornal 'Diario de Avisos', que tivo acceso á súa declaración.
Alba Gonzalez 4B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-12-2016 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
A presenza galega nos Goya
A lista de candidatos aos Premios Goya de 2017, que se entregarán o próximo 4 de febreiro nunha gala que será presentada por Dani Rovira, conta con varios representantes do panorama creativo galego, entre os que atopa o actor Javier Gutiérrez, a cantante Uxía ou as pezas de animación do director Alberto Vázquez.
O intérprete ferrolán foi nomeado na categoría de mellor actor de repartición polo seu papel na fita 'A oliveira',
O coruñés Alberto Vázquez competirá nas categorías de mellor curtametraxe de animación pola peza 'Decorado' e na de mellor película de animación por 'Psiconautas'.
E por último a cantante galega Uxía foi nomeada na categoría de mellor canción orixinal polo seu tema 'Morte', do filme 'Frágil equilibrio', do director Guillermo García López. Esta obra tamén está nomeada a mellor documental.
Sofía Cougil García,4ºB

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-12-2016 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
Un estudo busca como aproveitar o ourizo da castaña en roupa e cosméticos.
Os restos das castañas como a pel e o ourizo poderían deixar de selo. Un estudo busca a súa utilidade para industrias como a textil, a madeireira ou a cosmética. Que poidan servir para crear subprodutos destos sectores para farmacia, tamén como produtos como a carne.
Buscar novas formas para a transformación do produto é unha parte do proxecto no que traballa actualmente a cooperativa de castañas Amarelante de Manzaneda, en colaboración con Agaca, a Universidade de Vigo, o Centro Tecnolóxico da Carne e a IXP Castaña de Galicia.
Baixo o título de Viabilidad el aprovechamiento integral de los bosques de castaño de la cooperativa, levan uns meses traballando e continuarán ata finais de 2017.

Lucía Alvarellos Garea, 4ºB ESO
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-12-2016 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
RUBÉN BATÁN CONSEGUE A MEDALLA DE BRONCE EN KICK BOXING NO CAMPIONATO DE ESPAÑA
O deportista ourensán Rubén Batán Álvarez, da escola do excampeón Cipri Gómes, conseguiu o pasado fin de semana a medalla de bronce no Campionato de España de Clubs celebrado na localidade vasca de Zarauz.
Na súa actuación, viuse obrigado a competir nunha categoría superior , chegou a semifinais, demostrando estar en excelente forma, exhibindo boa técnica e un traballo de perna que mantivo o combate moi axustado, sendo un dos máis aplaudidos. Foi felicitado pola Dirección Técnica da Federación.
Volverá competir en cita nacional en 2017, pola súa condición de campión galego.
Esta semana recibiu a felicitación do Concello de Ourense e de Nogueira de Ramuín, localidade onde reside.



ALBA LOSADA ÁLVAREZ
4º B ESO
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-12-2016 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Miles de mozos fan un 'manequin challenge' na Noitevella Universitaria de Salamanca
A Praza Maior de Salamanca reuniu este xoves a máis de 20.000 mozos procedentes de numerosos puntos de España e Portugal para celebrar a Noitevella Universitaria. Os mozos recibiron o ano novo de forma anticipada con doce gominolas, unha tradición que se repite xa desde hai doce anos.
Miles de mozos chegados desde numerosos puntos da xeografía nacional e mesmo da veciña Portugal quedáronse inmóbiles durante uns segundos simulando ser maniquíes na Noitevella Universitaria de Salamanca para despois retomar a algarabía e a festa.
A organización marcouse o reto do 'Manequin challenge' (Desafío maniquí) máis grande do mundo na Praza Maior nesta décimo segunda edición da Noitevella Universitaria, aínda que foi imposible manter a todos totalmente quietos.
Tratábase de gravar un vídeo con todos os protagonistas inmóbiles para logo colgalo nas redes sociais e fomentar así o novo fenómeno viral.
Os miles de universitarios -numerosos deles ataviados cun chapeu vermello dunha marca de bebida alcohólica-, congregados no ágora -o aforamento estaba limitado aos 21.700- seguiron de preto as instrucións dadas desde o escenario mentres que unha cámara captaba as imaxes.
Foi cando faltaba poucos minutos para que soasen as doce campás e dar a benvida con doce gominolas ao ano novo de forma anticipada para posteriormente continuar a festa polo medio centenar de locais de lecer asociados á celebración.
Desde mediada a tarde, as rúas do centro salmantino, cortadas ao tráfico de vehículos na súa maioría, comezaran a ser un fervedoiro de mozos, moitos deles portando bolsas de bebidas e comida. Pasadas as 20 horas, a festa comezou na Praza Maior á que se restrinxiu o acceso de persoas por razóns de seguridade e que contou cun amplo despregamento policial.
Luces e música mesturáronse no amplo escenario colocado ante a fachada do Concello, aínda que o momento máis esperado foi o espectáculo protagonizado polo exmotorista e actual DJ, Fonsi Neto, ao que seguiron as actuacións do violinista Miss Bow, a do saxofonista Derek Mc Ardle e a da orquestra salmantina Kronos.
A celebración, á que os participantes chegaron en autobús procedentes de máis dunha trintena de cidades españolas e mesmo portuguesas, así como en tren, de feito Renfe reforzou o servizo Valladolid-Salamanca con case 900 prazas máis, contou en todo momento con amplo dispositivo de seguridade.
Aos 150 efectivos da Policía Local de Salamanca sumáronse outros 80 do Corpo Nacional de Policía e establecéronse 27 dispositivos con axentes da Garda Civil para realizar controis de alcoholemia e droga en estradas de acceso e saída de Salamanca.
Do mesmo xeito que en anos anteriores, reforzouse o servizo de limpeza e instaláronse máis de medio centenar de colectores nas entradas e saídas á Praza Maior e colocáronse 48 baños portátiles en tres zonas próximas ao ágora.
Pola súa banda, o operativo sanitario preventivo realizouno Cruz Vermella, que, xunto cos equipos médicos e de enfermería, estivo dotado de corenta voluntarios, seis ambulancias e dúas unidades móbiles medicalizadas. Na sede da Policía Local tamén se habitou o ximnasio con sesenta padiolas dispostas ante posibles emerxencias sanitarias ou asistenciais.

Iria Padrón 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-12-2016 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
Esnaquizan a figura de San Vicente dá fonte dá Praza do Campo

A figura de San Vicente que preside a fonte da Praza do Campo foi derrubada por uns descoñecidos a pasada madrugada. Os autores do acto vandálico romperon a figura polo pé e derrubárona, quedando tirada cabeza abaixo no interior do vaso da fonte. A noite do venres celebrouse en Lugo a festa universitaria.A escultura foi recollida a media mañá polos operarios municipais. A fonte da Praza do Campo é de estilo barroco e ten unha figura de San Vicente Ferrer en actitude predicadora na súa cima. A súa autoría se lle atribuje a Frei Manuel dos Mártires e mandouna construír o Bispo Izquierdo en 1754.

Antía Ramos 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-12-2016 15:38
# Ligazón permanente a este artigo
Asasinatos, violacións ou o todo vale para sobrevivir en 'Os Xogos da fame' rusos
Soa de broma pero non o é. 30 persoas participarán no que problablemenet sexa un dos programas máis polémicos da televisión en Europa. Rusia celebrará os seus propios 'Xogos da fame co reality Game2: Winter. Nel, os participantes deberán pasar 9 meses en Siberia no que terán que 'sobrevivir'. E é que niso consiste o programa e máis tendo en conta que para iso vale case todo, incluso o asasinato ou a violación. O obxectivo de todos será gañar os 1,6 millóns de euros de premios que levará o que consiga sobrevivir ao frío siberiano e a todos os problemas que lle surgan durante a súa estancia no programa.
Pero non pode participar calquera neste programa ideado por Yevgeny Pyatkovsky. Para iso deberán pagar 165.000 doláres ou estar entre os máis votados das 60 persoas que se presentaron como candidatos. Ademais deberán pasar un adestramento coa elite militar rusa e asinar un documento no que permiten actuar á Policía se fose necesario.

María Millán Borrajo 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-12-2016 15:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal