Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ORGULLO GALEGO
Porque os galegos temos argumentos de sobra para reclamar un Patrimonio da Humanidade así en xeral para a nosa terra.

A chuvia: Está non noso ADN, e lle asignamos máis de 70 nomes diferentes. A chuvia en Galicia se que é unha marabilla.

O polbo: Indiscutible. Ademáis reforza ou traballo en equipo: péscase na costa e despois mándase a Carballiño para que o preparen esas superheroínas chamadas pulpeiras. O rei da cociña galega, e iso é moito dicir tendo en conta o noso cocido, o lacón con grelos ou os mariscos variados. Con tanto argumento, e que ao final é normal que as nosas comidas de domingo semellen banquetes do Imperio romano.

O tríatlon: Dende 1989, disputáronse 26 títulos mundiais de tríatlon. Os galegos gañamos 6. É dicir, un impresionante 23%. Iván Raña (2002) e Gómez Noya (2008, 2010, 2013, 2014 e 2015) teñen a culpa. O tríatlon ten acento galaico, e o saben en todo o mundo.

O viño e a cervexa: Con darse unha voltiña por España xa é suficiente para decatarse dunha cousa: pírranse polo noso viño e cervexa. Tamén polo licor café.

Insultar: Bulebule, barallocas, langrán, moinante, rapatundas... atizamos dunha forma tan sutil que os nosos descualificativos semellan gabanzas.

Os avós: Os nosos maiores son, basicamente, os Ferraris dos avós mundiais. Toda a sabedoría que un pode agardar (antes que Internet e ou Teletexto xa estaban eles), aderezada coa fina retranca galega. "Vas caer".

As preguntas: Ante un estrano, 'E ti de quén ves sendo?'. E cando nos atopamos cun colega, soltamos un 'Que?'. Pero e que ademáis, cando nos lanzan unha pregunta incómoda, respondemoslle con outra. Confundir ao noso interlocutor ata que non saiba se subimos ou baixamos. Campións mundiais de retórica.

As festas populares: O San Fermín é un desbarre, e as festas universitarias estadounidenses teñen pinta de molar moito. Pero claro, mirámonos o embigo, e resulta que aquí temos o Entroido, os magostos, a Festa da Istoria, a Rapa das Bestas, a Festa da Auga, a Romaría Viquinga de Catoira, a Dorna, o Esquecemento, o Arde Lucus ou as Festas do Viño. Por non falar de tódalas romarías, patróns e festas do verán. E pensar que temos fama de morriñentos.
Patricia González Fernández, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-12-2015 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
FREO DO CAMBIO CLIMÁTICO
Máis aló dos ásperos detalles técnicos das negociacións para lograr no cume de París un acordo que free o cambio climático, a loita contra o quecemento global pódese abordar desde unha perspectiva lúdica a través de videoxogos e aplicacións para teléfonos móbiles.

"Os videoxogos son o medio perfecto para transmitir valores. A diferenza dun libro, unha canción ou un documental, un videoxogo fai ao xogador protagonista, a interacción é vital", comentou Josu Cobelo, socio fundador de Jokoga Interactive, unha empresa española que desenvolveu o videoxogo "Melting Down".

Consiste nunha aventura gráfica que pode descargarse gratuitamente para plataformas móbiles e que se inspira nas fazañas do surfeiro vasco Kepa Aceiro. E arrinca cando a súa embarcación, que cabalgou ondas remotas de todo o planeta, choca contra un iceberg.

O usuario terá que axudar a Kepa Aceiro a resolver quebracabezas que lle permitan recuperar o seu veleiro á vez que descobre como as poboacións do Polo norte xa sofren as consecuencias do quecemento global, de forma que se mergulla "en primeira persoa en situacións que doutra maneira" non coñecería, agrega Cobelo.


Antía Corral Álvarez, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-12-2015 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
O scaléxtric máis grande de España está en Barbadás
Un local situado na rúa Milladoiro traseira, na Leira Fierro, acolle desde este luns a pista de scaléxtric máis grande de España con 70 metros de percorrido -17 na súa recta máis longa- e dúas disciplinas: rallys e velocidade. Xestionada pola asociación Mangallo, abrirá xoves, sábados e domingos e servirá para disputar probas puntuables de campionatos galegos e nacionais.

Scalextric é un fabricante de modelos en miniatura de coches de tracción eléctrica para carreiras sobre pistas cunha ranura que fai de guía e de toma de corrente, tamén chamados slot.

Andrea Marquina Rodríguez, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-12-2015 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
Cen anos de Sinatra.
O próximo día 12 cumpriranse cen anos xustos do nacemento dun dos personaxes máis populares, singulares, relevantes e referenciales do século XX: Francis Albert Sinatra, o fillo duns emigrantes italianos que atravesaría polo mundo hipnotizando coa súa voz a varias xeracións, amando ás mulleres máis belas e desexadas do seu tempo, relacionándose con algúns dos políticos máis poderosos do século e converténdose nun mito cuxa voz quedou para a historia como "A Voz".

Poucas vidas terán sido tan intensas como a deste neoiorquino que deixou para sempre frases como: «Vivirei ata que me morra», unha declaración de intencións que vai moito máis alá do obvio. O pequeno Frankie, xa veu ao mundo facendo ruído. O seu parto foi problemático, case acaba coa súa nai e a el deixouno cun tímpano perforado. Foi pandillero e pronto deixou de ir ao colexio para ter os seus primeiros encontróns coa policía pero tamén para empezar a cantar e darse conta do poder que lle saía da garganta. Contan os seus biógrafos que un día asistiu a un concerto de Bing Crosby e alí decidiu como ía ser o resto da súa vida.

Martín Pérez Rodríguez, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-12-2015 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
Aumentan os desafiuzamentos en Galiza, a maioría relacionados co aluguer.
O drama dos desafiuzamentos non cesa. O terceiro trimestre en Galiza manifesta un alza no número de despexos respecto o mesmo período de 2014, en especial dos relativos ao aluguer, que son xa case sete de cada dez casos, segundo as estatísticas do Consejo General do Poder Judicial (CGPJ). O descenso das execucións hipotecarias non frea o número de lanzamentos, un total de 441 en Galiza no que vai de ano.

A suba rexistrada é do 0,5% en relación ao ano pasado. Unha tendencia que está relacionada co crecemento dos desafiuzamentos por aluguer, que aumentaron un 11,2% e representan o 67,7% dos despexos no país. Pola contra, os causados pola falta de pagamento da hipoteca baixaron un 4,4%.

As estatísticas do CGPJ mostran unha caída do 45% o que, segundo o órgano xudicial, amosa “unha continuación do descenso experimentado ao longo do ano”. No terceiro trimestre, o número de concursos declarados caeu á metade respecto de 2014.




Candela Fernández del Pon, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 11-12-2015 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
Un de cada tres traballadores galegos cobra como máximo o salario mínimo.
O informe que vén de presentar o gabinete técnico da CIG sobre as rendas de traballo deita datos demoledores sobre o impacto real da crise no mundo do traballo e a vida das persoas. Elaborado a partir de datos e informacións da Axencia Tributaria, o documento do sindicato nacionalista indica como desde 2009 baixaron os salarios e medrou a desigualdade, unha evolución preocupante.

Así, un 31% das persoas asalariadas en Galiza cobra como máximo o salario mínimo interprofesional (SMI). Ou sexa, que un de cada tres traballadores que hai no noso país gañaron como máximo 6.800 euros en 2014. A isto hai que engadir que un total de 177.314 persoas asalariadas tivo nese ano uns ingresos inferiores á metade do SMI, é dicir, que ingresaron menos de 1.884 euros. Un 18,4% do total de traballadores en Galiza están nesta situación, un dato que amosa a precariedade salarial con toda crueza.

No outro extremo, tal e como recolle o informe da CIG, están aqueles que ingresan máis de 10 veces o SMI, é dicir,m por riba dos 141.374 euros anuais, e que en 2014 foron 4.005 persoas. Apenas un 0,4% dos traballadores de Galiza.


En 2009, os ingresos dunha persoa asalariada menor de 18 anos acadaban o 24% do salario medio; 5 anos despois, apenas o 22%, co engadido de que ese salario medio é un 2,6% menor. O ingreso descendeu en todos os grupos de idade, pero sobre todo entre os menores de 35, especialmente entre o colectivo entre 18 e 25 anos, cuxos ingresos son un 27,8% inferiores, de media, ao ano 2009. Os ingresos dos maiores de 56 anos practicamente cuadriplican os dos menores de 25 anos.


“Ser home ou muller no mercado laboral sempre supuxo ter unha diferenza salarial importante. A crise non rematou con este problema, aínda que si o atenuou”, afirma o gabinete técnico do sindicato nacionalista.

No 2009 o salario medio dunha muller representaba o 76,9% do dun home. En 2014 é o 78,1%. “As diferenzas”, explican no informe, “atenuáronse polo maior descenso dos ingresos salariais percibidos polos homes fronte aos das mulleres, non porque medrasen máis uns que outros”.


En resumo, apontan desde este gabintete técnico,após un quinquenio de crise económica, “os efectos sobre a clase traballadora van máis alá do que ten a ver coa perda de emprego”. Así, á destrución de postos de traballo hai que engadir que se reduciron os ingresos e aumentaron as desigualdades. Aumentaron tamén as desigualdades entre os territorios do Estado.

O único emprego que se creou “foi entre os asalariados/as con ingresos inferiores ao SMI, e o salario destes descendeu”. E, para finalizar, a CIG lembra que neste estudo non están todos. “Faltan os miles de mozos e mozas que ante esta situación optaron pola emigración, senón os datos serían aínda máis alarmantes”.




Fernando Rodríguez Sousa, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 11-12-2015 21:16
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia perde 8.300 habitantes no primeiro semestre do 2015.
Galicia perdeu no primeiro semestre do ano 8.365 habitantes, segundo revela a enquisa que hoxe fixo pública o INE. Esta cifra é consecuencia dun saldo vexetativo negativo (morreron 7.130 persoas máis das que naceron, e da emigración dun centenar de persoas ao estranxeiro e de 1.101 a outras comunidades. A poboación galega queda tras esta evolución en 2.726.291 persoas.

España pola súa banda conta con 26.501 residentes menos, consecuencia dun saldo vexetativo negativo. Morreron máis persoas dos que naceron, marchouse do país máis xente (164.606 persoas) da que chegou (157.221), arroxando, de novo, un saldo migratorio negativo, segundo informa Europa Press. Este descenso súmase aos 62.634 habitantes que perdeu o ano pasado, unha redución de poboación que continuou no primeiro semestre deste 2015, cando se contaron.

Son as conclusións da Estatística de Migracións do Instituto Nacional de Estatística difundida este venres, segundo a cal ao peche do mes de xuño residían en España 46.423.064 persoas.

Os datos indican que aínda que se moderou o ritmo de caída da poboación, pois a redución durante este primeiro semestre foi da 0,06% fronte ao 0,12% que se acumulaba no mesmo período o ano pasado, España acumula xa seis semestres consecutivos de perda poboacional. As razóns atópanse tanto no crecemento vexetativo negativo rexistrado entre xaneiro e xuño, cando morreron 19.115 persoas máis das que naceron, como no saldo migratorio, que tamén está en números vermellos: 157.221 persoas procedentes do estranxeiro instaláronse en España neste período mentres foron 164.606, 7.385 persoas máis, as que se marcharon.
Por outra banda, o INE constatou que os españois seguen deixando o país en busca de mellores oportunidades noutros países e fano a maior ritmo, de modo que entre xaneiro e xuño deste ano 50.844 optaron por marcharse (32.980 nados en España), un 30 % máis dos que o fixeron no mesmo período do 2014. Un semestre no que regresaron 23.078 españois, é dicir que o saldo migratorio é negativo en 27.766 persoas.

Con todo, na súa estatística sobre Migracións, que recolle datos sobre nacementos, defuncións, movementos migratorios e cambios de nacionalidade, o INE advirte de que se moderou o ritmo caída da poboación, que pasou dun 0,12 % no primeiro semestre de 2014 a un 0,06 % no mesmo período deste ano.




José Javier Nieto Blanco, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 11-12-2015 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
A lingua materna segue afectando o desenvolvemento tras anos sen falala.

Durante moito tempo suxeriuse que as experiencias dos primeiros anos de vida afectan fortemente o desenvolvemento posterior. Poden ser acontecementos emocionais que deixan pegada pero tamén experiencias relacionadas coa linguaxe. Un novo estudo demostrou que mesmo unha exposición moi temperá e breve á lingua materna inflúe en como o cerebro procesa sons dun segundo idioma máis adiante. Aínda que a primeira lingua non se volva a falar nunca máis.
A conclusión á que chegaron os investigadores é que se un neno chinés é adoptado por unha familia francesa aos tres anos, e a partir de entón deixa de lado a súa lingua materna, terá un desenvolvemento neurológico distinto e procesará os sons doutros idiomas de maneira diferente a un neno que sempre falase francés. "Esa primeira lingua "esquecida" inflúe no que pasa no teu cerebro agora, cando falas calquera outro idioma", explica Lara Pierce, unha das autoras do estudo.
Durante as probas, os nenos franceses e os adoptados activaron as mesmas zonas cerebrais de procesamiento da linguaxe. Os segundos, ademais, utilizaron áreas adicionais relacionadas coa memoria de traballo e auditiva e a atención xeral. "Estes resultados suxiren que as diferenzas de aprendizaxe que experimentaron no seu primeiros tres anos de vida afectan os seus patróns cerebrais de activación anos máis tarde", conta Pierce.
Numerosas investigacións demostraron o maleable que é o cerebro en idades temperás e este estudo suma datos novos á comprensión desta plasticidad cerebral. E, segundo os investigadores, tamén pode ser importante para a creación de prácticas educativas orientadas a diferentes tipos de estudantes.
Ao longo do estudo, os investigadores compararon dous idiomas moi distintos: o francés e o chinés. Agora recoñecen que sería interesante examinar o proceso de aprendizaxe dunha segunda lingua que sexa parecida ao idioma materno dos participantes, como o español e o francés, para ver se se obteñen os mesmos resultados e saber se se activarían áreas similares no cerebro. Tamén admiten que un estudo lonxitudinal achegaría datos máis concretos sobre o desenvolvemento cerebral ao longo dun período máis amplo.





Laura Feijoó González, 4ºA.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 11-12-2015 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
O goberno de Sarria instalará pivotes legais nas beirarrúas do centro urbano.
O concelleiro de obras de Sarria, Diego López, anunciou que o actual equipo de goberno cambiará os bolardos que se atopan colocados nas beirarrúas do centro da vila por outros que se axusten á legalidade. López defendeu a presenza de bolardos nas beirarrúas, posto que estas atópanse ao mesmo nivel que a vía pola que circulan os vehículos, pero insistiu en que os presentes, colocados polo anterior goberno do Partido Popular, con José Antonio García de alcalde, non cumpren coa normativa de mobiliario urbano. «Os bolardos actuais non se axustan a legalidade. Miden 30 centímetros de alto cando teñen que medir 70», denunciou o socialista quen tamén enumerou outras irregularidades como o feito de estar construídos con material de pedra, ter o mesmo cor que as beirarrúas ou presentar vértices e arestas.Neste sentido, o concelleiro sarrián manifestou que o actual equipo de goberno está a traballar na posibilidade de incluír unha partida nos orzamentos para cambiar os bolardos. «A nosa idea é retirar os actuais pivotes e por iso estamos xa mirando de engadir unha partida nos orzamentos para levar a cabo esta iniciativa», indicou. Caídas e outros incidentes . Ademais da ilegalidade dos bolardos, Diego López lembrou que máis dunha decena de persoas sufriron caídas, algunhas dunha considerable gravidade e deu conta da existencia de varias denuncias por este tipo de incidencias ante a presenza dos bolardos. «Varios cidadáns xa tiveron que ir para ou hospital e moitos condutores tiveron que levar vos seus vehículos ou taller debido aos pivotes», manifestou.


Sara Fernández Fernández, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-12-2015 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA CONSTITUCIÓN EN OURENSE: Os nenos, protagonistas do XXXVII aniversario da Constitución
O Auditorio acolleu a entrega dos premios da 32ª edición do concurso de redacción e debuxo aos alumnos da provincia, baixo o lema "Das Cortes Xerais". O acto celebrouse a partir das doce do mediodía no Auditorio municipal. A celebración iniciou cunha actuación da banda xuvenil da Escola de Música de Barbadás que interpretou temas dos Picapedra ou o Señor dos Aneis. Ademais incluíu a entrega de distincións especiais ás Adoratrices, o doutor Andrés Villalón e a doña María Isabel González Alvarez, subxefa da Xefatura provincial de Tráfico. A interpretación do himno de Ourense, Galicia e España pechou o acto institucional que centra a celebración do aniversario da Constitución en Ourense.


Nuria Vázquez Gómez, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-12-2015 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal