Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os voluntarios van a máis na Cruz Vermella ourensana
Para axudar aos demais e ser solidarios non abonda só con vontade e capacidade, senón que tamén resulta necesario poder contar cun presuposto económico e entidades como Cruz Vermella coñecen ben a importancia de contar con fondos para poder desenvolver as accións dos seus programas. Por iso en Ourense levaron a cabo durante esta semana unha campaña de captación de novos socios. E a pesar de que a crise económica quitou por un lado un gran número de socios veteranos, que non podían continuar achegando as súas cotas, por outro, achegoulles novos socios de segmentos de poboación que ata a crise non estaban concienciados coa necesidade de axudar. "Nos últimos tres anos, incrementamos un 9 por cento o número de socios, contando nestes momentos cuns 7.800 na provincia. Foi algo curioso, tivemos moitas baixas compensadas con altas novas de xente que ata agora nunca se parara a pensar nas persoas máis necesitadas e en que había unha parte da poboación que necesitaba axuda", sinala Carmen González, responsable de captación de fondos de Cruz Vermella en Ourense. Engade que ademais se dá outro rechamante fenómeno en tempos de crise: a cota media por ano e socio aumentou. A cota mínima para ser socio é de 4 euros por mes, e a partir desta cifra o que cada un poida achegar e na periodicidade que desexe, podendo variar a cota en calquera momento. En canto á presente campaña, aínda que aínda non hai datos porque aínda non rematou, a sensación é "moi boa, os voluntarios dinnos que a xente se para e pregunta. En calquera caso hai que destacar que Ourense é sempre moi solidaria", engade Carmen González. Ademais, o día do Voluntario é un eixe fundamental para manter a actividade de Cruz Vermella, que este ano sumou 400 persoas, alcanzando a cifra total de 1.200 voluntarios, que cada día participan nos seus distintos proxectos. A entidade conmemora este Día Internacional con actividades en todas as súas asembleas comarcais.

Ana Martínez Fernández, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-12-2014 23:52
# Ligazón permanente a este artigo
O Culturgal ofrece máis de 150 actividades e 70 expositores de industrias culturais ata o domingo.
Máis de 150 actividades e 70 expositores de empresas, asociacións e entidades públicas daranse cita ata o domingo en Pontevedra no marco da Feira Galega das Industrias Culturais Culturgal 2014.

Como novidade, este ano o encontro amplía horizontes para chegar a novos sectores como as artes contemporáneas, o deseño e a artesanía, ademais de incorporar a 'gastrocultura' e unha programación especial para bebés aos seus xa habituais espazos dedicados ao cinema, ao libro, á escena, á música, ás novas tecnoloxías ou aos contidos infantís.

A carteleira de música en vivo volverá contar tamén cun espazo destacado na programación que se desenvolverá no auditorio e na carpa instalada no Pazo da Cultura.

O Culturgal 2014 abriu este venres as súas portas no Pazo da Cultura de Pontevedra, onde desenvolverá as súas actividades ata o próximo domingo, día 7.

Durante a inauguración do evento, o presidente da Asociación Culturgal, Manuel Bragado, sinalou que esta sétima edición da Feira é "a da consolidación" deste "modelo inédito e a imitar" dun evento "froito do esforzo compartido" das industrias culturais e das administracións.

Na mesma liña, o conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, definiu o evento como unha "demostración de forza" deste sector en Galicia, que durante o ano pasado deu emprego a 24.300 persoas e alcanzou as 4.102 empresas rexistradas.
UN PUNTO DE INFLEXIÓN

Vázquez fixo mención das cifras recollidas no último 'Anuario de Estatísticas Culturais' do Ministerio de Cultura que, no caso das industrias culturais e creativas galegas, reflicte un cambio de tendencia en 2013 respecto do ano anterior, cun aumento do 13,5 por cento en canto ao nivel de emprego e do 1,45 por cento en número de empresas.

O titular de Cultura recordou que os datos de 2013 sitúan a actividade económica da cultura galega no sexto lugar do Estado, só superada por Madrid, Cataluña, País Vasco, Navarra e Baleares. Neste sentido, compartiu a súa "esperanza" de que este ano poida ser o "punto de inflexión" que marque unha nova etapa de crecemento das industrias culturais galega.

Pola súa banda, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, deu a benvida a todos os empresarios participantes no Culturgal. "Sodes uns auténticos heroes", sinalou, tras felicitalos por "manexar entre a espesura da crise os vimbios da cultura".

O beneficio económico e social que xeran as industrias que se dan cita neste evento foi unha cita recorrente durante a inauguración do Culturgal, á que tamén asistiron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o director da Agadic, Jacobo Sutil, e a deputada provincial, Ana Isabel Vázquez, ademais dos representantes dos organismos profesionais que integran a asociación Culturgal.

Beatriz Pereiras López, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-12-2014 23:52
# Ligazón permanente a este artigo
ARREBATO DE TOLEMIA EN BARCELONA
Un home vestido con roupa militar lanzouse este domingo ao mediodía ao foso dos leóns do Zoo de Barcelona, de onde foi evacuado con feridas de gravidade. Según varias testemuñas presenciais, o home precipitouse no recinto por causas que aínda se descoñecen despois de saltar unha valla e cruzar unha zona de céspede. Varios felinos acercáronse a el e arrastrárono polo chan tras morderlle en gran parte do corpo.

Os servizos do Zoo acudiron inmediatamente a socorrer ao individuo e participaron no rescate xunto a efectivos dos Bombeiros, da Guardia Urbana e dos Mossos d'Esquadra, que tiveron que dispersar con auga e extintores ao león e ás duas leoas que atacaron ao home, según explicaron fontes do corpo de bombeiros.

O home, tras ser rescatado, foi trasladado ao hospital da Vall d'Hebron de Barcelona con feridas graves. Según informaron fontes hospitalarias, o suxeito, de 45 anos, ingresou en estado crítico no servizo de urxencias do centro sanitario barcelonés, á espera dun parte médico nas próximas horas sobre o seu estado de saúde.

O suceso ocurrido hoxe no Zoo non queda nunha simple anécdota na páxina de sucesos, senón que ese uniformado militar xa dera máis dun quebradoiro de cabeza ás autoridades catalás nos últimos meses, tendo protagonizado outras exhibicións públicas en puntos simbólicos da Cidade Condal.

Manuel Alejandro Fernández Carrasco, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-12-2014 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
Máis de 7.600 persoas poderán elixir secretarios municipais de Podemos nas oito principais cidades de Galicia
Polo menos 7.600 persoas están inscritas para elixir secretarios municipais de Podemos nas oito principais localidades de Galicia, sendo o municipio de Vigo o que rexistra o círculo máis numeroso, con máis de 2.250 persoas na última actualización, o que lle proporciona a opción de elixir 25 persoas para o seu consello cidadán.

Este sábado arrancou a campaña electoral na que as candidaturas individuais ou integradas nunha lista terán ata o 25 de decembro para difundir o seu programa político e organizativo.

Será entre o 26 e o 30 de decembro cando se poderá elixir as persoas do consello, os resultados do cal se darán a coñecer o 2 de xaneiro.

Iván Blanco Lage, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-12-2014 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
XOGO RETIRADO A CAUSA DA SÚA VIOLENCIA

A cadea minorista Target Australia retirou da venda o videoxogo "Grand Theft Auto V (GTAV) ", tras unha campaña que denunciou que este promove a violencia contra as mulleres, informou hoxe a prensa local.

A decisión foi tomada despois de que máis de 38.000 persoas subscribisen a campaña de denuncia iniciada o sábado pasado a través do portal "Change.org" por tres mulleres vítimas de violencia de xénero.

"É un xogo que alenta os participantes a matar as mulleres por diversión. Incentiva a cometer violencia sexual contra as mulleres, a abusar delas ou matalas para seguir xogando ou obter máis puntos", segundo un extracto da solicitude divulgada pola ABC.

O director xeral de asunto corporativos de Target, Jim Cooper, dixo nun comunicado que a decisión foi tomada a raíz das queixas e a "preocupación significativa" expresadas por varios clientes.

En "Grand Theft Auto V" a acción ten lugar nun imaxinario San Andreas, inspirado no sur de California, onde o xogador segue tres criminais que cometen todo tipo de asaltos mentres foxen da persecución das autoridades. Este videoxogo, producido por Rockstar Games, clasificado R e dispoñible para Xbox360 e PlayStation3, saíu á venda en Australia en 2013.

Non hai máis dunha semana celebrouse o día da Violencia de xénero contra a muller e atopamos este caso en Australia. Como pode saír á venda un videoxogo de tal temática? Dende o 2013 hai xente que estivo xogando a dito xogo e emocionado pasaba horas e horas diante do televisor, como foron capaces? Cada vez que matas a unha muller, consigues puntos para seguir xogando, como non imos encontrar casos de violencia de xénero na realidade? Menos mal que tomaron medidas contra dito caso e ese xogo foi retirado do mercado, aínda que estivo máis dun ano a disposición de todos.

Patricia González Fernández, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-12-2014 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
Un ladrón hipnotiza a un empregado e lle rouba o diñeiro.
As autoridades británicas intentan deter ao sospeitoso de hipnotizar ao empregado dunha tenda para roubarlle diñeiro.

Un vídeo da Policía Metropolitana subministrado á CCTV mostra o incidente, reportado o 11 de septembro a iso das 9:45 p.m, na licorería Hops and Pops. Nas imaxes pódese ver ao descoñecido cando entra ao negocio, ubicado en Highgate, e comeza a conversar coa víctima, identificada como Aftab Haider, de 56 anos.

Ao suxeito véselle movendo as mans ao nivel dos ollos de Haider ata que nun momento parece que o empregado queda en transo. É entón cando o ladrón mete as súas mans nos petos do home e escapa co diñeiro. Ao final da gravación, apréciase cando o empregado empeza a correr tras o delincuente.

Os axentes identificaron ao home como de trazos propios orixinarios de Europa do Leste e entre 30 e 35 anos.

Aquí está o vídeo do suceso que aconteceu na licorería: https://www.youtube.com/watch?v=fkQ6SZTag_o&feature=youtu.be

Laura Abad Álvarez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-12-2014 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
A morte do ultra do Deportivo destapa a secuela da violencia no fútbol
Os grupos ultras volveron tinguir de loito o fútbol español. Francisco Javier Romero Taboada, natural da Coruña de 43 anos, membro dos Riazor Blues morreu o pasado trinta de novembro no curso dunha brutal liorta que tivo como escenario os arredores do estadio Vicente Calderón, na que se enfrontaron seareiros radicais do club galego e da Fronte Atlética. Os violentos enfrontamentos iniciáronse tres horas e media antes de que comezase o partido entre o partido entre o Atlético de Madrid e o Deportivo.

Jimmy, o alcume polo que se lle coñecía, morreu tras ser golpeado fortemente na cabeza, pateado, segundo relataron varias testemuñas, e posteriormente arroxado ao río. Tivo que ser rescatado do Manzanares pola unidade de mergullo dos bombeiros, pero a súa situación era crítica, pois presentaba parada cardiorespiratoria. Trasladárono de urxencia ao Hospital Clínico San Carlos, onde faleceu ao non facerlle efecto os traballos de reanimación e a masaxe cardíaca que lle practicaron.

Lucía Vázquez Nóvoa, 4º ESO A.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-12-2014 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Unha arqueóloga contra os cazatesouros.
Esta muller con aire de Miss Marple, a criatura de Agatha Christietivo a vida de Indiana Jones. As aparencias enganan. Iso inclúe asomarse a un dedo da morte en máis dunha ocasión. E non con enfermidades que poderían atacar a calquera, senón con raras patoloxías laborais como a, bautizada así tras as angustiosas mortes por asfixia dos primeiros aventureiros que se internaron nas pirámides de Exipto. Nada máis lóxico que atribuír os decesos a unha vinganza de momias irritadas pola perturbación da súa eternidade.
A Pilar Luna asaltouna en Acapulco, mentres investigaba un chultún, unha horadación en rocha que facían os maias para almacenar auga e gran. En 13 días perdeu 18 quilos. Concedéronlle 12 horas de vida. "Foi unha experiencia tremenda achegarte á morte. A recuperación foi moi lenta, facía 12 comidas ao día despois. Dixéronme que non se podería volver mergullar nin nadar". E iso si que era digno dunha maldición: a peor condena para alguén como Piar Lúa, que adorou o mar dende que naceu.

Algúns cazatesoros exploraron a alma de Pilar Luna dende todas as frontes posibles -o do diñeiro, o do medo- ata convencerse de que a arqueóloga era un dique firme que non poderían dinamitar.

Andrea Marquina Rodríguez, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-12-2014 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
Como ver unha posta de sol coma as que disfrutan os astronautas.
Só 543 persoas tiveron a sorte de viaxar ao espazo e ver a Terra dende as alturas. Sen embargo agora calquera terrícola pode disfrutar en directo da paisaxe extraterrestre grazas á NASA co seu proxecto “High Definition Earth”. Bastan un ordenador e unha conexión a internet para observar o planeta en directo como se foses un habitante da Estación Internacional Espacial. As responsables de facer isto posible son unhas cámaras que filman as 24 horas.

Como a Estación Espacial Internacional dá unha volta completa a Terra cada 90 minutos, é posible observar unha posta de sol cada 45 minutos.

Selena González Rodríguez, 4º da ESO B.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-12-2014 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Grecia tacha de «provocación» que o Museo Británico preste unha peza do Partenón a Rusia

O primeiro ministro grego, Andonis Samarás, cualificou hoxe como unha «provocación» á decisión do Museo Británico de Londres de prestar unha das esculturas pertencentes ao Partenón ao Museo Hermitage de San Petersburgo. «O último argumento do Museo de que 'os mármores non se van' xa non existe. Como quedou obsoleto, coa construción do novo Museo do Acrópole, o seu antigo argumento sobre a ausencia dun lugar axeitado para os mármores en Grecia,» asegurou o primeiro ministro, tras coñecer a decisión da galería británica. Por primeira vez, o Museo Británico prestará unha das esculturas de mármore do Partenón (parte do conxunto coñecido como os Mármores de Elgin) á galería de San Petersburgo, con motivo do seu 250 aniversario. Trátase dunha escultura sen cabeza do deus fluvial Ilissos, encontrada hai 2.500 anos na rocha sagrada. «O Partenón e as súas esculturas foron obxecto de saqueo. O valor dos mármores é incalculable e os gregos identificámolos coa nosa historia e a nosa civilización. Non poden ser desmembrados, nin prestados, nin cedidos,» remarcou Samarás. Pola súa parte, o director do Museo do Acrópole, Dimitris Pandermalis, asegurou en declaracións á edición grega do Huffington Post, que no pasado o seu museo solicitou ao británico o préstamo destes mármores, pero para iso Reino Unido esixiu que Grecia recoñecese a súa propiedade sobre as obras. «Esta vez o Museo Británico prestou unha parte dos mármores do Partenón ao Museo de San Petersburgo sen esixirlle esa garantía», dixo Pandermalis, quen pediu para o museo grego as mesmas condicións. «Nun futuro próximo o Museo do Acrópole repetirá a súa petición para o préstamo dos mármores do Partenón», adiantou.

Martín Pérez Rodríguez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-12-2014 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal