EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A PRIMEIRA PELÍCULA DE NADAL DE DISNEY
A Biblioteca Nacional norueguesa rescatou a única copia coñecida que se conserva de "Empty Socks" (Calcetíns baleiros), a primeira película do Nadal dos estudos Disney, realizada en 1927 e que cría perdida.

O filme apareceu en 2008 nos arquivos de películas de nitrato da biblioteca en Mo, ao norte de Noruega, pero non foi ata este ano que foi identificado como tal, explicou Efe Eirik Frisvold Hanssen, xefe do departamento de investigación cinematográfica desta institución.

Gerstein xa encontrara outra película de Disney - o curto "Tall Timber" (1928)- que cría perdida nos arquivos do Instituto Noruegués de Cine, e sospeitaba que podería haber máis filmes da factoría estadounidense na Biblioteca Nacional.

Cando os investigadores noruegueses, que creron que se trataba dunha película de Félix "o gato", lle enviaron a información, descubriu que en realidade era "Empty Socks", da que ata agora só se conservaba unha secuencia de 25 segundos no Museo de Arte Moderna de Nova York (MOMA).

A copia norueguesa dura cinco minutos e medio, aínda que lle falta unha secuencia dun minuto na metade do filme.

"Encontrar unha película que se cría perdida é xa en si mesmo un achado, ademais é un filme de Disney, que está moi vinculado ao Nadal," afirma Hanssen, que fala de acontecemento "histórico".

"Empty Socks" está protagonizada por Oswald, o coello afortunado, que disfrazado de encanto do Nadal celebra o Nadal cun grupo de nenos orfos.

Patricia González Fernández, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-12-2014 23:49
# Ligazón permanente a este artigo
A Biblioteca Nacional de Noruega rescata a primeira película do Nadal de Disney
A Biblioteca Nacional de Noruega rescatou a única copia coñecida que se conserva de "Empty Socks" (Calcetíns baleiros), a primeira película do Nadal dos estudos Disney, realizada en 1927 e que se cría perdida.
O filme apareceu en 2008 nos arquivos de películas de nitrato da biblioteca en Mo, ao norte de Noruega, pero non foi ata este ano que foi identificado como tal, explicou Efe Eirik Frisvold Hanssen, xefe do departamento de investigación cinematográfica desta institución.
"Encontramos dous rolos separados, sen ningunha marca nin ningunha identificación especial", relatou Hanssen, que afirmou que a figura do historiador estadounidense David Gerstein foi fundamental para coñecer a identidade da película.

Cristina Rey Pérez, 4º da ESO B.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-12-2014 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
Falece Francisco Porrúa, o galego que publicou «Cen anos de soidade»
O crítico chileno Luis Harss, que traballaba nun libro sobre o boom latinoamericano (que estableceu o canon), púxoo sobre a pista. E tras ler A hojarasca, Os funerais da Mamá Grande e O coronel non ten quen lle escriba, Francisco Porrúa (Corcubión, 1922) púxose en contacto con Gabriel García Márquez. Entón asesor literario do selo arxentino Suramericana, o galego quería publicar estas obras, pero o autor informoulle de que os dereitos estaban en mans mexicanas: a editora Era e a Universidade Veracruzana. Gabo, que non estaba moi satisfeito co resultado, quería reunir a súa obra baixo un só selo e, para empezar, ofreceu a Porrúa o seu quinto libro (xa estaba na rúa tamén A mala hora), no que aínda traballaba: Cen anos de soidade. Faino nunha carta, datada en México o 30 de outubro de 1965: «É unha novela moi longa e moi complexa na cal teño fincadas as miñas mellores ilusións. Segundo os meus cálculos, os orixinais terán unhas 700 cuartillas, das cales teño listas 400 [...] Asegúrolle que me dará unha gran alegría poder cederllo a Suramericana». En 1967 chegou ás librerías da man de Suramericana. Porrúa, no seu estilo de modestia e discreción, sempre negou calquera mérito na publicación, que atribuía ao mero sentido común. Admitía que xa sabía de antemán que recibiría algo bo, e que enseguida viu que era unha obra extraordinaria, a mellor de García Márquez, pero tamén recoñecía que tivese editado outra que non alcanzase a moita calidade das que xa coñecía.

Reduciu sempre o seu encomiado olfacto a sensatez, a mesma que o movera só uns anos antes a editar Rayuela (1963) e, antes e despois, boa parte da obra de Julio Cortázar, de quen foi un bo amigo e co que mantivo unha intensa relación epistolar Buenos Aires-París. «Teño ganas de tirarche o libro á cabeza», contan que entusiasmado dixo a Cortázar tras ler o manuscrito de Rayuela.

Martín Pérez rodríguez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-12-2014 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
O ciberataque custará a Sony máis de 400 millóns de euros
Malia as críticas xeneralizadas, incluídos artistas, intelectuais e ata o mesmo Obama -que falou de «error»-, Sony Pictures mantén o seu criterio. Cre que a suspensión da estrea de The Interview está xustificada, primeiro porque non dispón de salas dispostas a proxectar o filme e segundo, porque sente a obriga de protexer os seus traballadores das ameazas. E todo a sabendas de que o ciberataque do pasado 24 de novembro -verdadeira raíz do problema- contra a compañía polo Goberno de Pyongyang, segundo aseguran informes do FBI, podería custarlle aos estudos uns 500 millóns de dólares (máis de 408 millóns de euros), segundo expertos consultados pola axencia AFP.

Aínda que persiste en tal decisión, Sony abriu unha porta a que a fita de Seth Rogen e James Franco non quede definitivamente condenada a un caixón. Onte o conselleiro delegado, Michael Lynton, desgustado coas palabras de Obama, negou que a compañía cedese ás ameazas e anunciou que busca alternativas para mostrar a película noutras plataformas e que xa está a valorar algunhas opcións. A CNN apresurouse a apuntar que Netflix -popular web de vídeos, películas e series en streaming- podería ser a vía elixida para distribuír The Interview.

A retirada da parodia sobre o líder norcoreano Kim Jong-un, que narra un complot da CIA para asasinar o ditador, desatou as iras do réxime, que acusou a comedia de «acto de terror». Non obstante, Pyongyang negou rotundamente calquera implicación no atentado informático contra a base de datos de Sony que aireou centos de correos electrónicos internos, documentos da Seguridade Social e historiais médicos de case 50.000 empregados e guións como o da última entrega de James Bond e outras películas producidas pola compañía que aínda non foron estreadas -polo momento, o autodenominado grupo Guardianes pola Paz atribuíuse o ciberataque-. É máis, o réxime de Kim Jong-un ofrécese a EUA para realizar unha investigación conxunta e prevé «graves consecuencias» se o Gabinete de Obama non acepta a súa oferta de colaboración.

Estados Unidos por boca de Mark Stroh, voceiro do Consello de Seguridade Nacional da Casa Branca, mantivo a súa acusación: «Se Corea do Norte quere axudar, o primeiro que debe facer é admitir a súa culpabilidade e compensar a Sony polos danos que este destrutivo ataque ocasionou», advertiu.

Antía Corral Álvarez, 1º e Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-12-2014 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
A protección da Fraga de Catasós fronte á liña de alta tensión chega ao Parlamento
O Parlamento debaterá o futuro daFraga de Catasós a través dunha iniciativa presentada polo BNG que será tratada en comisión na que reclaman a declaración como Espazo Natural de Interese Local das Fragas de Casas Vellas e rego de Quintela, continuación do Monumento Natural das Fragas de Catasós. Esixen ademais que a Liña de Alta Tensión sexa soterrada nos quilómetros de maior impacto, e citan expresamente o tramo que vai entre Catasós e Moneixas, seguindo o trazado da N525.


A iniciativa, presentada polas deputadas Carme Adán e Ana Pontón, alerta da ameaza da destrución de parte do conxunto forestal próximo ao Monumento Natural das Fragas de Catasós e estima que arredor de 2.000 pés serán talados nunha operación que fraccionará fragas e soutos. “Concretamente a Fraga de Casas Vellas e a unidade paisaxística homoxénea disposta, coma mosaico de fragas de castiñeiros, pequenas carballeiras e minoritariamente agro, lonxitudinalmente polo rego de Quintela”, sinalan, dun conxunto que definen como “unidade paisaxística indisoluble” e expoñente da paisaxe tradicional agroforestal galega.

Riqueza paisaxística singular

Alertan tamén das transformacións da paisaxe rural de Lalín nas últimas décadas, unha alteración que, malia iso, permitiu que Catasós continuase salvando até hoxe unha riqueza paisaxística singular con soutos e fragas con bo estado de conservación.

Sandra Tornero Belloso, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-12-2014 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
A EMOTIVA CARTA DUNHA NENA AO SEU PROFESOR

“Como profesor de primaria, sempre preocupoume mencionar a miña sexualidade, a pesar de que os meus compañeiros non deixan de falar das súas esposas e maridos todo o tempo” sinalou este profesor na web PinkyNews.

“Entón como parte da semana contra o bullying, preguntei aos meus alumnos cantos escoitaran a palabra gay coma un insulto. Case todos os nenos levantaron a man”, disposto a ensinarlles que ser homosexual non era nada malo, decidiu saír do armario ante eles.

Despois de falar co director da súa escola, que o apoiaba totalmente, decidiu contárllelo aos seus alumnos e a súa reacción foi sorprendente, “houbo un montón de comentarios e miradas de asombro e algunhas preguntas pero despois dunhas minutos deixou de importarlles e seguimos co resto da lección”.

A sorpresa foi maior cando uns días despois recibiu unha carta de apoio dunha alumna de nove anos:
“Querido profesor: aínda que sexas gay sempre che vou a tratar da mesma maneira que agora. Pensarei en ti da mesma forma que o fixen. Ti es un gran profesor e unha persoa moi valente. Non tes que ter medo porque sei que todos na clase pensan igual ca min.”
O profesor contou como se emocionou e se puxo a chorar ao ler a carta, unha carta que demostra que ás veces os nenos son mellores persoas que moitos adultos.

Selena González Rodríguez, 4º da ESO B.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-12-2014 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
Os corvos, mentes pensantes
Os corvos sempre foron recoñecidos pola súa gran intelixencia: poden recordar caras, usar ferramentas e comunicarse en formas sofisticadas.

Pero un novo estudo atopa que os corvos tamén teñen o poder cerebral para resolver tarefas de relación de coincidencia de orde superior, e poden facelo de maneira espontánea. Iso significa que os corvos se unen aos seres humanos, aos simios e aos monos na exhibición de pensamento racional avanzado, de acordo con esta investigación.

"O que os corvos fixeron é un logro fenomenal", di Ed Wasserman, profesor de Psicoloxía na Universidade de Iowa e autor do estudo. "Isa é a marabilla dos resultados. Fixéronse antes con¡ simios e monos, pero agora estamos tratando cun paxaro; pero non calquera paxaro, un paxaro cun cerebro tan especial para ás aves coma o cerebro dun mono é especial para os mamíferos".

O estudo, publicado en Current Biology, foi realizado por Wasserman, xunto a Anna Smirnova, Zoya Zorina y Tanya Obozova, investigadoras do Departamento de Bioloxía da Universidade Estatal Lomonosov de Moscú, Rusia, onde o estudo tivo lugar.

Wasserman dixo que os investigadores rusos estudaran as especies de aves durante décadas e que un tema principal do seu traballo é a cognición.

Manuel Alejandro Fernández Carrasco, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-12-2014 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
Un home estrelou o seu vehículo contra a sede xeral do PP
Un home estrelou o seu vehículo contra a sede xeral do PP, en Génova 13, pouco despois das sete da mañá desta sexta feira. No interior do turismo había 2 bombonas de butano e o condutor, ao ser detido, informou á Policía de que levaba explosivos no coche. De inmediato procederon a acordoar a zona e activar a coñecida Circular 50, o protocolo de seguridade para casos de terrorismo.

Se ben nun primeiro momento apuntouse dende os medios de comunicación que o condutor era un empresario arruinado que responsabilizaba o PP deste suceso, finalmente esta versión resultou ser falsa. Daniel P.B é veciño dunha localidade de Teruel e está no desemprego. Na Cadena Ser sinalaron que era fillo dun ex-alcalde socialista e que estaría en tratamento psiquiátrico.

Sofía Fernández Martínez, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-12-2014 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
O aire galego mellora un 48% dende 2003
Motivos: a conciencia ambiental das grandes empresas e a crise que destrúe fábricas

Onde foron aquelas nubes plúmbeas que sombreaban certas bisbarras industriais? Grazas á concienciación ambiental, e tamén por unha crise que pecha empresas, as emisións contaminantes reducíronse en Galicia ao longo dos últimos dez anos. Entre 2004 e 2013, esas emisións recortáronse un 47,9%. O aire que respiramos agora mellorouse nun 48% con respecto unha década atrás. No seu Informe Anual da Calidade do Aire de Galicia (2013), Meteogalicia realiza un repaso cronolóxico por provincias. E destaca A Coruña, que recortou un 87% as toneladas emitidas de contaminantes como os óxidos de xofre e nitróxeno, ou o monóxido de carbono. Este estudo xa admite a importancia de medidas como o Plan Nacional de Redución de Emisións (2004), que obrigou a unha adaptación das centrais térmicas Das pontes e Meirama, aínda que tamén alude aos efectos da crise.

Irene Iglesias Bastos, 1º bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 21-12-2014 15:24
# Ligazón permanente a este artigo
Hospitalizan a Muhammad Ali por pneumonía.
Muhammad Ali, ex-campión mundial de boxeo, foi hospitalizado por un caso leve de pneumonía.

O seu portavoz, Bob Gunnell, dixo este sábado que a lenda de 72 anos está a ser tratada polo seu equipo médico e atópase nunha condición estable. Gunnell comenta que Ali foi ingresado nun hospital, pero non revelou o nome.

O voceiro de Muhammad di que o prognóstico de Ali é bo, xa que a pneumonía foi detectada a tempo e estiman unha corta estancia no hospital, pero Gunnel non especificou máis detalles sobre o caso debido á petición familiar do boxeador.

Laura Abad Álvarez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-12-2014 15:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal