Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha nova misión da India
A primeira misión a Marte de India abandonou con éxito a órbita da Terra e agora xa se encontra rumbo ao planeta vermello. Con todo isto a Organización India de Investigación Espacial (ISRO) demostra o seu potencial tecnolóxico, xa que esta é unha das fases máis delicadas dun lanzamento espacial.

A sonda espacial Mangalyaan, que custou 72 millóns de dólares, despegou o pasado 5 de novembro, dende a plataforma de Srihanikota. O seu obxectivo é estudar a composición mineral da superficie do planeta e atopar gas metano na atmosfera marciana.

O que se quere demostrar realmente nesta misión é o desenvolvemento da capacidade da India no espazo, de xeito que os obxectivos tecnolóxicos son os principais condutores; a ciencia é un obxectivo secundario.

India converterase no cuarto país en estudar Marte dende preto a través de naves espaciais, despois de que xa o fixeran a Unión Soviética, Estados Unidos e a Axencia Espacial Europea (ESA), se todo continúa tal e como vai sen ningún estrago. China e Xapón intentárono, pero fracasaron. Precisamente, en China, a sonda desintegrouse xusto ao saír da órbita terrestre e queimarse na atmosfera.

Patricia González Fernández, 4ºB da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-12-2013 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
Un museo de arte ó aire libre; São Paulo
Na cidade de São Paulo xa ten máis de 1.500 quilómetros cadrados ocupados por grafitis y pixações, unhas pintadas cun estilo característico de Brasil.

En concreto, hai uns irmáns que destacan dentro de este fenómeno, Otávio e Gustava Pandolfo, alcumados Os Gêmeos; que din que "o grafiti é unha manifestación artística que forma parte do día a día de todos; gústelles ou non. Imponse."

Esta parella de artistas comezou cos seus traballos no 1987 na zona onde residían, el Cambuci, na zona sur da cidade. Os seus grafitis caracterízanse por unha mestura de realismo fantástico con personaxes moi característicos; con cores e figuras xeométricas.

Porén, o Concello da cidade borra moitos grafitis que hai na cidade con tinta gris para borralos. Pero; os grafiteiros non tardan en volver a cubrir a pintar outra vez os muros, non sempre con autorización; "existen problemas serios en São Paulo que precisan ese diñeiro do contribuinte, en vez de inverterse en borrar traballos artísticos" din Os Gêmeos.

A raíz disto un consultor financieiro Ricardo Czapski e a productora cultural Marina González decidiron eternizar estas pinturas a través dun libro titulado "Graffiti en São Paulo"; con máis de dez mil fotos recollidas ao largo de cinco anos.

Carolina Outomuro López; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 01-12-2013 00:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal