Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Real Academia Galega denuncia que o Goberno “discrimina ao galego”
A Real Academia Galega acusou ao Ministerio de Economía de "discriminar ao galego", por rexeitar unhas solicitudes de bolsas de estudo porque dous certificados adxuntos estaban expedidos neste idioma. A RAG considera a actitude do Ministerio de "totalmente inaceptable", porque "é un claro caso de discriminación contra o idioma galego e contra as persoas que empregan esta lingua".

Aínda que admite que a Constitución Española establece o castelán como lingua oficial do Estado e que a Lei de Procedemento Administrativo require que os documentos oficiais con efecto na Administración do Estado sexan redactados en castelán ou vaian acompañados dunha tradución, di que neste caso si se admitía a documentación en inglés, a pesar de que ''carece de estatuto de oficialidade en España''. A RAG, que recorda que un dos seus obxectivos fundamentais é a defensa da lingua galega, cualifica de "sorprendentes" as declaracións públicas do propio Ministerio, que xustificaban este "atropelo" alegando que o inglés é o idioma da ciencia, e cualificaban de residual o número de persoas afectadas pola medida ministerial.

Tamén o conselleiro Educación remitiu unha carta ao Ministerio de Economía para pedir que admita as solicitudes de bolsas realizadas en lingua galega, recordando que este idioma ten que ser considerado "igual" que o castelán dado que ambas as dúas son cooficiais.

"Que sexa considerado igual que é considerado o castelán, xa que ambas as dúas linguas deben ser consideradas igual polo seu status cooficial", reiterou.

Cousas como estas non deben supoñer nin un paso atrás. Como dixo Castelao, "se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma."

David Cebreiros López, 1ºA de Bacharelato. Coordinador.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-12-2013 00:29
# Ligazón permanente a este artigo
A importancia de durmir ben na época de exames
Cada ano enfrontámonos a centos de exames, pero existen varias formas de encaralos. Están os que non dormen con tal de "aproveitar o tempo" ao máximo antes de xogalo todo, e os que prefiren descansar para enfrontarse a tal situación. Pero, segundo as investigacións, que é mellor? Durmir suficiente ou trasnoitar para ter máis tempo?

Pois clarisimamente durmir, algo moi pouco valorado polos estudantes, visto o visto. Así o confirma un estudo publicado na revista Child Development, onde se demostrou que sacrificar o sono con tal de estudar máis era totalmente contraproducente.

Durante o devandito estudo seguiuse a 535 estudantes da escola secundaria de Os Ánxeles durante 14 días, rexistrando canto durmían, como entendían os conceptos explicados en clase e como realizaban os deberes ou exames. E, que acontecía? Pois os investigadores daban por sentado que durmir menos implicaría unha falta de comprensión dos termos nas clases, pero que este tempo de estudo de máis podería axudar. A "sorpresa" veu cando se deron conta de que, aínda que se gastaban horas de sono para estudar, coller estas horas das pertinentes ao noso descanso era peor, porque o exame acababa saíndo mal, respecto a estudar e durmir as horas necesarias.

É dicir, aínda que estudemos máis horas, se non descansamos, paga a pena, e é peor.

Durmir mal pode reducir o rendemento no estudo ata nun 40%. É durante o sono cando o cerebro fai unha especie de "varrido" para liberarse das informacións máis irrelevantes acumuladas durante o día. Desta forma, durmindo ben é máis probable que o aprendido se fixe na materia gris.

Non obstante, o habitual é que durante a época de exames moitos estudantes durman moito menos do desexable, ou mesmo que deixen de durmir coa axuda de estimulantes.

Pero, ao igual que durante o día a mente precisa realizar pausas por cada 45 minutos de concentración e estudo, pola noite é imprescindible un bo descanso.

Elena Blanco González, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-12-2013 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
Descobren reservas masivas de auga doce baixo os océanos
Científicos australianos descubriron reservas masivas de auga doce baixo as plataformas continentais, incluíndo as costas de Australia, China, Norteamérica e Sudáfrica. Sería unha fonte imprescindible de auga potable.

O volume estimado das reservas achadas é de 500.000 quilómetros cúbicos, é dicir, centenas de veces máis grande que a cantidade total de auga subterránea. Os investigadores examinaron os estudos científicos do fondo mariño realizados anteriormente e as investigacións realizadas con fins de exploración de petróleo e gas.

As reservas subterráneas creáronse tras a absorción de auga pluvial, cando o nivel do mar era moito máis baixo que agora. Co fin da última idade de xeo, as reservas tapáronse coa auga procedente do derretemento dos glaciares que formou os océanos como os coñecemos hai uns 20.000 anos. Non obstante, a auga destas reservas mantívose doce protexida por láminas sedimentarias.

A pesar de que a explotación das reservas submarinas sería de alto custo e requirirá de moitas precaucións para non contaminar a auga, é unha fonte moi importante: segundo informes da ONU, máis do 40% da poboación actual sofre escaseza de auga potable e este número crece constantemente.

Alba Baltar Janeiro, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-12-2013 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
As fachadas máis emblemáticas das cidades galegas converteranse en taboleiros de xogo
A Consellería de Economía e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación, promove a iniciativa Big Ciencia, un novidoso concurso popular sobre ciencia e innovación que converterá as fachadas dos edificios máis emblemáticos das cidades galegas en xigantescos taboleiros de xogo co obxectivo de achegar a innovación á cidadanía dun xeito ameno e divertido.

Esta acción de divulgación científica, que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt), combinará en plena rúa o concepto clásico de xogo de coñecementos coa proxección arquitectónica de gran formato. Santiago será a primeira localidade na que se celebrará Big Ciencia o próximo 11 de decembro a partir das 18:30 horas, na Praza do Obradoiro sobre a fachada do reitorado da Universidade. A xira continuará o día 13 na Coruña, o 14 en Lugo e o 20 en Ourense, e rematará o 21 en Vigo. O concurso tomará así as principais rúas das cidades durante as vésperas do Nadal e nel poderán participar todos os cidadáns que se animen a medir os seus coñecementos fronte a un rival.

Unha tecnoloxía que fará grande o concurso

A gran novidade do Big Ciencia radica en que o taboleiro de xogo, no que se proxectarán a gran escala as preguntas e as respostas, será a fachada dun céntrico edificio da cidade na que se estea levando a cabo o evento, o que converterá cada acción en única.

Isto será posible grazas ao uso da proxección arquitectónica de gran formato, unha técnica ata o momento reservada a actividades de carácter artístico e que permitirá a Big Ciencia crear un novo concepto de divulgación científica totalmente innovador e de grande impacto visual. Ademais, todos os interesados nesta tecnoloxía audiovisual terán a posibilidade de coñecela de cerca nun taller práctico que se realizará nas cinco cidades galegas 45 minutos antes do concurso.

Para todos os públicos

A mecánica do Big Ciencia será moi sinxela co obxectivo de facela accesible para todos os públicos, independentemente do seu nivel de coñecementos. Para participar non é necesario inscribirse previamente, e botará a andar no momento no que dúas persoas se sitúen ante os pulsadores e a xigantesca pantalla.As preguntas serán tipo test e os participantes deberán elixir a resposta correcta de entre catro posibles, contando coa axuda dos espectadores para facelo. Precisamente este comodín do público fomentará a participación de todos os asistentes ao concurso, que ten o obxectivo de enganchar desde un principio dada a súa axilidade. Tras tres fases eliminatorias, coñecerase o nome do gañador.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-12-2013 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
Qué vergoña!

Dende que saíron á luz as propostas educativas da LOMCE isto vai de mal en peor. Como estudante universitaria e ilusa soñadora que quere chegar a mestra, a situación asusta. O desastroso costume de mudar de leis educativas constantemente polos diferentes gobernos só produce dores de cabeza entre o profesorado e a conseguinte confusión do alumnado. Pero por se o historial que arrastramos non era suficiente, esta vez o desastre supera. Para comezar esta lei supón para os estudantes universitarios unha subida das taxas, xunto cunha supresión da maioría das becas e compensacións que se recibían coas matrículas de honra nas materias, ademais de estar en perigo os programas Erasmus, restrinxindo así a posibilidade dunha formación superior pública, é dicir accesible para calquera persoa. Pero por se o anterior non era suficiente súmase a idea das reválidas. Isto introduce avaliacións nacionais ó fin de cada etapa educativa (Primaria, ESO e Bacharelato) deseñadas polo Goberno e eliminando de forma definitiva a Selectividade, permitindo a cada universidade crear as súas propias probas de acceso, cobrando por cada unha delas, por suposto. Se xa cando eu fixen a miña Selectividade, fai algo máis de dous anos, tiña un prezo considerable, prefiro non facer a suma total dos exames que precisaría realizar para entrar na universidade “pública”. Sorte que a educación é un dereito... Pero sen dúbida algunha o que máis me chama a atención é a marabillosa idea de que nunha comunidade autónoma, que ten como linguas cooficiais o galego e o castelán, o galego poida pasar a ser unha materia optativa, de modo que un neno ou unha nena galega poden pasar toda a súa educación ser ter contacto con cultura da que forma parte. Menos mal que se supón que ambas linguas es
tán en igualdade de
condicións, sorte.

Dende o meu humilde punto de vista, calquera lei de educación debe promover a igualdade entre as persoas, e o acceso á cultura, independentemente do seu poder económico, porque a educación é un dereito. ¿Qué tipo de valores estamos facendo primar?


Alba Muñoz López (Estudande de Grao en Lingua e Literatura Galega)
Comentarios (2) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-12-2013 18:57
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición etrusca no Louvre
O pasado día 5 de decembro inaugurouse no museo parisiense unha exposición sobre a cultura etrusca, centrándose nunha das súas xoias, a cidade-estado de Cerveteri con máis de 400 pezas.

Nesta cidade antiga hai actualmente 36.000 habitantes quedando esta a 35 quilómetros de Roma. Esta cidade foi durante un milenio foi a cuna da máis refinada das civilizaciones antigas do Mediterráneo. Na exposición, coorganizada polo Louvre-Lens e o Palacio de Exposicións de Roma, onde irá en marzo do ano próximo, narra a historia desta cidade durante 10 séculos ata a súa desaparición debido ás conquistas do Imperio Romano.

Hai de todo; dende tumbas ata armas, pasando por perfumes, banquetes e santuarios... Todo en 2.000 metros cadrados de exposición.

Este pobo non só se caracteriza porque lles gustara a boa vida, xa que se acharon ricos ropaxes e cerámica moi elaborada; senón que tamén lles atraía o dulce aroma do sangue; xa que lapidaban os seus inimigos.

Para o que nos atrae o mundo antigo, non podemos pedir máis salvo que os que poidan disfruten da exposición.

Carolina Outomuro López; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-12-2013 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
Achado en Atapuerca o ADN humano máis antigo da historia
Unha colaboración entre o Equipo de Atapuerca e o Instituto Max Planck de Antropoloxía Evolutiva permitiu secuenciar, con novas técnicas, o xenoma mitocondrial casi completo dun resto humano (o Fémur XIII) da Sima dos Ósos de Atapuerca, datado nuns 400.000 anos (Pleistoceno Medio). Só no permafrost (o chan permanentemente conxelado das rexións polares) recuperouse ADN desta antigüedade, pero non humano.

O equipo de Matthias Meyer, do Instituto Max Planck, secuenciou, fai puco tempo, o xenoma mitocondrial completo dun oso precedente do mesmo xacemento e encontrado xunto cos fósiles humanos. Foi preciso para elo desarrollar novas técnicas analíticas, considerando a degradación extrema do material xenético. O procedemento resultou acertado e o siguiente paso foi aplicalo nun fósil humano.
Tras secuenciar o xenoma mitocondrial extraído do Fémur XIII os investigadores compararonno co das especies máis cercanas, tanto vivas (humanos actuais e grandes simios) como fósiles: neandertais e denisovanos.

A partir dos datos xenéticos, os investigadores calcularon unha edade aproximada para o fósil duns 400.000 anos, moi parecida á estimada polo mesmo procedemento para o óso: 430.000 anos.

A comparación das secuencias do xenoma mitocondrial revelou unha maior proximidade do fósil da sima cos denisovanos que cos neandertales, en contra do esperado. Os primeiros se consideran uns parientes moi lonxanos dos segundos, dos que se separaron fai uns 700.000 anos. Apenas se ten información morfolóxica dos denisovanos, encontrados na cova Denisova, en Siberia meridional, polo que non é posible establecer comparacións anatómicas cos fósiles da Sima dos Ósos.

Diego López Guerrero Navarro; 2º BACH. A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-12-2013 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
Adeus Madiba.

Onte á noite coñeciamos a nova da morte de Nelson Mandela, aquel mozo que nacerá na illa de Qunu, no seo dunha familia pertencente a tribu xhosa. Foi o primeiro membro da súa familia en ir a escola, na que estivo dous anos, e na cala súa mestra tornou o seu nome xhosa por un nomé cristián "Nelson", sucedido dunha estadía na universidade de Xohanesburgo, na cal estudou leis.
Foi dende moi novo un dos principais defensores da caida do racismo, polo que foi detido na súa etapa moza, dentro dun réxime conservador e racista, liderado polo Partido Nacional Sudafricano.
27 anos da súa vida pasaron no carcere, experiencia que lle serviu para facerse máis forte nas súas convincións, en troques de abandoalas, chegou a rexeitar a amnistía que o goberno lle ofreceu a cambio de abandoar a súa actividade política en defensa dos dereitos do seu pobo, sen importar as cores da súa pel.
Ende ben, saiu do carcere ós 72 anos, ocasión que este humanista aproveitou para presentarse as eleccións polo socialdemócrata Congreso Nacional Africano, que gañou as eleccións por unha amplia marxe, co voto de tódolos sudafricanos sen importar a súa cor de pel.
No seu período a fronte deste goberno, eliminou todo rastro do aparheit, e foi quen de establecer un consenso con tódalas ideoloxías e pobos da antiga Unión Sudafricana, para convertela na democrática e renovada República Surafricana.
Foi Premio Nobel da Paz, pola súa indudábel traxectoria a prol dos dereitos humanos e a súa vocación de reformar o mundo dende o consenso e a acción pacífica. O seu compromiso na loita contra o sida en Africa e a súa vocación de paz internacional alén dun mundo belixerante divido en col a dous bloques.
Nos últimos anos da súa vida, xa cunha idade avanzada foi quen de seguir a participar das actividades pacifistas que emprendían os organismos internacionais, pero a súa saúde xa se resentira en múltiples ocasións. Abandonábanos o "ancián sabio" como así lle chamaba o seu pobo "Madiba", deixando tras de si un ronsel de traballo a prol da igualdade, a paz e compromiso co seu país e co mundo.

Serxio María Rodríguez Álvarez, 2º Bacharelato. Coordinador.
Ler a nova en A Nosa Terra
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-12-2013 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
As advertencias sanitarias ocuparán o 65 % das caixas do tabaco.
Os cigarros mentolados quedarán prohibidos en 2021 e o resto de sabores en menos de tres anos
A Eurocámara aprobou este martes a prohibición do tabaco de sabores e aromas dirixido aos máis novos, á vez que autorizou a agrandar as advertencias sanitarias para que ocupen o 65 % da caixa.
O tabaco de sabores como chocolate e vainilla pensados para atraer aos mozos consumidores quedará prohibido.
A normativa en vigor do tabaco na UE data de 2001, data desde a que proliferaron tabacos de sabores, como de chocolate ou amorodo, así como con aditivos como o azucre, cos que se busca atraer a un consumidor cada vez máis novo.
De igual modo popularizáronse os cigarros mentolados, que terán que desaparecer dentro de 8 anos dos estancos europeos, segundo o aprobado este martes.
A directiva poñerá ademais de poñer fin á desregularización dos cigarros eletrónicos, cuxos fabricantes terán que informar ás autoridades si considéranse ou non un produto medicinal.
No primeiro caso deberán xustificar as súas propiedades ás autoridades médicas, mentres que no segundo serán sometidos á lexislación do tabaco comercial coa prohibición de publicidade e venda aos menores que supón, entre outras obrigacións.
Os eurodiputados tamén se mostraron a favor de prohibir os chamados cigarros finos.

Fernando Rodríguez González, 2º B Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-12-2013 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
Oito mortos ao caer un helicóptero en Glasgow
O pasado venres, día 29 de novembro, un tráxico suceso ocorreu en Glasgow, Escocia, cando un helicóptero policial caeu contra o tellado dun popular pub que se sitúa no centro desta cidade. A policía confirmou que, de momento, o número de mortos ascende a un total de oito, pero o corpo policial non pode descartar que non se atopen máis persoas atrapadas no edificio. Xa hai un total de 32 persoas hospitalizadas, 14 delas en estado grave.

Calcúlase que no momento do accidente había unhas 120 persoas no local “The Clutha”, en Stockwell Street, que estaba cheo de xente polas vésperas das festas de Nadal. Un dos integrantes do grupo que nese momento estaba a tocar dedicou unhas palabras pola rede social Facebook dando as grazas polo apoio de todas as persoas que intentaron axudar.

A xente que estaba dentro do club explicou que, de súpeto, escoitouse un forte ruido, mentres todo se enchía de po pola caída dunha das partes do local. O seguinte que recordan é todo o mundo cheo de pánico mentres querían saír de alí. Ao momento, nos arredores do local, moitas persoas fixeron unha cadea humana para sacar a varios feridos e intentar dar asistencia médica a xente con feridas algo máis leves. De momento non se sabe as razóns polas cales o helicóptero caeu, nin a situación das tres persoas que viaxaban nel.

O xefe do Goberno escocés, Alex Salmond, declarou que era un día negro para Escocia, pero que tamén era o día do seu patrón, San Andrés, e que a súa xente podía estar orgullosa da resposta que deron ante esta adversidade, xa que foi exemplar.

Laura Abad Álvarez, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-12-2013 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal