Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Tecnoloxía que se viste
Os smartphones convertéronse nunha ferramenta de comunicación esaxeradamente poderosa... Pero tamén adictiva. Os usuarios miran de media 150 veces ao día os seus teléfonos móviles. As actividades que máis realizan á hora de revisar este dispositivo é ler e responder emails (cun número de 23 veces ao día), seguido moi de cerca das chamadas de voz e algo tan simple como mirar a hora (con 22 e 18 veces ao día, respectivamente).
Entre estos movementos e o resto hai moita diferenza. Para escoitar música ou disfrutar dos xogos instalados no terminal, según o sitio TomiAhonen Almanac miran o seu teléfono ao redor de 13 veces ao día. Porén, accións como ler a prensa, utilizar a cámara para facer fotos e vídeos en momentos específicos e establecer a alarma míranse aproximadamente entre 8 e 9 veces ao día. Todo esto sen mencionar cando realizamos actividades como cargalo ou consultar as últimas notificacións.
Calquera podería pensar (e con razón) que son moitas veces. Algo así concluíron en Smarty Ring, unha startup que creou un anel intelixente capaz de sincronizarse co  smartphone e que permite revisar notificacións como por exemplo recibir mensaxes, comprobar o estado da batería ou activar a cámara sen necesidade de sacalo do bolsillo.
Pero non é o único que fai. O anel conéctase ao teléfono mediante bluetooth 4.0 e ademáis permite controlar a música, activar alertas se se afasta máis de 9 metros ou aceptar ou rechazar chamadas.
O certo é que as funcións deste anel son moi parecidas ás dea maioría de smartwatches que apareceron no mercado. Un exemplo o temos no Galaxy Gear de Samsung. O reloxo da surcoreana envia notificacións de mensaxes entrantes, correos electrónicos e alertas ofrecendo a posibilidade, no caso das mensaxes, de aceptalas u obvialas directamente. Outro exemplo de tecnoloxía que podemos vestir é Google e as súas gafas que revolucionaron o mercado.

Diego López Guerrero Navarro; 2º BACH. A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-12-2013 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
HOMENAXE EN RIBADAVIA A ABRENTE E AOS 40 ANOS DE TEATRO
Ribadavia comezou a celebrar onte para seguir ata hoxe os 40 anos da Mostra de Teatro e rende homenaxe á asociación Abrente, que en 1973 puxo en marcha o dito festival. Por iso se desenvolven as Xornadas Abrente, inauguradas este venres ás 17.30h no centro comarcal, comezando ás 18,00 h a primeira mesa redonda chamada 'Dun tempo, dun país', que foi moderada por Manuel Guede e que contou con poñentes como José Luis Chao, Ernesto Chao, Maribel Outeiriño ou Luís Álvarez. Ás 20.30h, concluía a primeira xornada coa representación teatral 'BailadELAS', por Teatro Antroido representada na Casa da Cultura.
Hoxe ás 10.00h, na Casa da Cultura, presentaranse diversas publicacións sobre os 40 anos de asociación, intervindo Inma López, Dolores Vilavedra, Roberto Pascual e Xesús Alonso Montero, que falará sobre ‘Ricard Salvat e o teatro galego’. Roberto Pascual como moderador comezará ás 11.00 h a segunda mesa redonda cos poñentes Camilo Fernández, Julio Cardoso, Cándido Pazó e Manuel Lorenzo.
A programación incluirá a proxección dun documental ás 13.00 h, titulado ‘Abrente, unha clave para o teatro galego’, dirixido por Antonio Simón.Ás 17.00h comezará a clausura das ditas xornadas dedicadas á asociación impulsora do festival de teatro en Ribadavia e en xeral do teatro galego en todos os ámbitos. Durante este acto ofrecerase unha homenaxe a Xesús Sánchez Orriols, descubríndose máis tarde unha placa na súa casa.

UXÍA GARCÍA VÁZQUEZ; 2ºBACH A
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 14-12-2013 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
Youtube ingresa 5.600 millóns de dólares en 2013 en publicidade
A firma de investigación de eMarketer publicou unhas cifras de Youtube, nas que se reflexan que as marcas e empresas gastaron 5.600 millóns de dólares (preto de 4.073 millóns de euros) en publicidade en YouTube no 2013, o que supón un incremento do 51,5% respecto
o ano anterior.
eMarketer realizou o primer informe do que os anunciantes gastan na plataforma de vídeos de Google. Analizando centos de puntos de datos e estudos sobre os ingresos de Youtube.
O analista estima que estos 5.600 millóns de dólares brutos supoñen un incremento do 51,5% sobre o 2012, ademáis dun 11,1% dos ingresos totais de Google.
Como era de esperar, a maior parte dos ingresos por publicidade de YouTube proveñen de formatos de vídeo.

Nerea Rial Conde, 1ºB Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-12-2013 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
A Sociedade de Cardioloxía denuncia que a sanidade discrimina aos maiores negándolles novas terapias
A Sociedade Española de Cardioloxía fixo este xoves unha a afirmación terrible, unha declaración que podería considerarse tanto unha autocrítica como unha acusación ou como unha chamada de atención ao sistema e á cidadanía. Segundo os cardiólogos da asociación, a nosa sanidade discrimina ás persoas maiores ao negarlles procedementos diagnósticos e tratamentos, e néganllos por iso mesmo, por seren maiores.

Nas súas reflexións os profesionais recordan que as enfermidades cardiovasculares son a primeira causa de mortalidade e de morbilidade (grupos de persoas afectadas por esas enfermidades) na poboación dos países desenvolvidos e en especial dentro da poboación anciá. Botan man dos datos demográficos para subliñar o proceso de avellamento que sufrimos e que vai en aumento. Cada ano hai máis persoas maiores, polo que deducen que tamén aumentará a prevalencia e mortalidade por enfermidade cardiovascular.

Despois disto, a Sociedade de Cardioloxía expón unha visión da realidade que seguro provocará incomodidade e preocupación, que empuxará a un debate que queda explícito de xeito descarnado: "moitas veces temos a tendencia a tratar de forma máis coidadosa, con máis respecto e usando tratamentos máis custosos, aos pacientes máis novos que aos pacientes de idade avanzada; e iso, na maioría dos casos, non ten unha xustificación desde o punto de vista científico, xa que os pacientes anciáns poderían beneficiarse de igual maneira destes tratamentos", manifesta o doutor Martínez-Sellés, presidente da Sección de Cardiología Xeriátrica da SEC.

Cítase como exemplo o que acontece cunha enfermidades como o estreitamento da arteria aorta. Trátase dunha afección que converte aos maiores en candidatos a recibir implantes de próteses valvulares específicas. Case todos son pacientes de idade avanzada sobre os que se comprobaron os beneficios destes tratamentos que consisten en cambiar unha válvula cardíaca.
Acábase de publicar na revista 'Journal of Internal Medicine' o estudo español PEGASO, sobre factores asociados á elección do tratamento, e o seu posterior seguimento a longo prazo, de 928 pacientes octoxenarios con estenosis aórtica (EA) severa.

A análise puxo de manifesto que máis da metade dos pacientes octoxenarios con EA severa son tratados mediante terapia conservadora (tratamento paliativo que non mellora o seu prognóstico), cando, aínda que non son aptos para recibir o tratamento convencional mediante cirurxía, si poderían beneficiarse da substitución valvular por vía percutánea, que na actualidade soamente recibe un cuarto destes pacientes.

Indican a Sociedade de Cardioloxía que os implantes de válvulas requiren unha intervención minimamente invasiva destinada a aqueles pacientes que posúen un alto risco cirúrxico ou son directamente inoperables mediante cirurxía convencional, e presentan uns resultados de supervivencia moi superiores. Os pacientes poderianse beneficiar, pero á maioría non se lles fai nada, segundo a denuncia. Os doutores indican que a situación actual de crise agrava aínda a discriminación.

Finalmente, tal vez a afirmación máis dura do doutor Martínez-Sellés, que fala dunha necesaria concienciación social e sanitaria: "moitas veces limítanse tratamentos pola curta esperanza de vida que se cre que vai ter o paciente de forma incorrecta, xa que neste momento mesmo os anciáns poden ter unha lonxeva esperanza de vida".

Alejandro Sueiro Paz; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-12-2013 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
A CONSULTA CATALÁ AVALADA POR ESQUERRA
O Consell Nacional de ERC avalou este sábado por unanimidade o acordo alcanzado o xoves con CiU, ICV-EUiA e a CUP sobre a pregunta e a data da consulta de autodeterminación, fixada para o 9 de novembro de 2014.

Fontes republicanas consultadas por Europa Press precisaron que o apoio unánime chegou entre aplausos, e certifica o aval dos cadros de ERC á estratexia da dirección co proceso soberanista.

A secretaria xeral de ERC, Marta Rovira, afirmou antes da votación que o Goberno «non» poderá facer nada» para impedir que os cataláns voten sobre a independencia, polo que «non lle servirán de nada os falsos debates xurídicos sobre a ilegalidade da consulta, nin as ameazas de intervención».

Nunha intervención recollida pola axencia EFE, Marta Rovira referiuse ás reaccións de rexeitamento á consulta por parte do Goberno central, nunha intervención ante o Consell Nacional de ERC convocado de forma extraordinaria para ratificar o acordo alcanzado sobre a pregunta e a data do referendo.

«A democracia é universal no século XXI, e se o Goberno español, o PP e o PSOE seguen alegando a Constitución Española como norma suprema para impedir que votemos, teremos que lembrarlles que nós temos tamén dereito e lexitimidade , posto que a Carta das Nacións Unidas ampara o principio democrático», dixo a secretaria xeral de ERC.

«Se eles fan da reclamación de Cataluña unha falsa batalla xurídica sobre a legalidade española nós converterémola nunha batalla pola democracia, e isto fará que traspase fronteiras, como de feito xa as está a traspasar», sinalou.

Carlos Seoane Martínez, 1ºB Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-12-2013 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
Miles de galegos bótanse ás rúas para protestar polos recortes e en defensa da sanidade pública
Gran preocupación ante a creación das áreas de xestión clínica, polas contradicións das normas legais nunha realidade diaria de precariedade, e temor polo posible cambio dos funcionarios a persoal laboral
A cita foi ás oito da tarde en cas todas as localidades galegas nas que houbo manifestación en contra dos recortes e en defensa da sanidade pública. Antes, dous días de folga do persoal sanitario en toda a comunidade e cifras moi distantes referidas ao apoio en hospitais e ambulatorios: A Xunta asegura que o seguimento roldou o 22% e para os sindicatos superou o 80%. En Santiago, arredor de dúas mil persoas xuntáronse na Praza Roxa e percorreron as rúas cara á zona vella berrando non, non, non á privatización, en medio de comentarios de gran preocupación por unha situación que os manifestantes consideran precaria e cada día máis deteriorada.
Sanitarios, políticos e cidadáns de toda clase estiveron en Santiago a carón das bandeiras dos sindicatos convocantes CCOO, CIG e CESM-Omega, e a carón das pancartas que piden servizos sanitarios universais, públicos e gratuítos, e que rexeitan reiteradamente a privatización. Os profesionais da saúde son, talvez, os que mellor coñecen a situación: viven a diario con ela. Na protesta houbo moitos e moi enfadados, que se mostraron enormemente preocupados por cousas concretas como a creación das áreas de xestión clínica, que ven como unha porta franca privatizadora e con condicións que consideran potencialmente moi prexudiciais, como o reparto entre os profesionais sanitarios do suposto aforro conseguido na xestión das unidades.
Tamén aludiron á posibilidade de que, máis pronto que tarde, os cambien a persoal laboral, con perda de dereitos. Ao falar de perdas, facultativos que participaron na manifestación aludiron a meses de retrocesos na sanidade galega, e mostraron preocupación polo deterioro da asistencia. Quéixanse de dispor de menos recursos e das contradicións legais que se van producir moi pronto. Por exemplo, na obrigatoriedade de atender nun prazo de tempo legalmente establecido. Con menos persoal, vai ser difícil, e os pacientes se derivarán á privada.

Beatriz Pereiras López, 1ºB Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-12-2013 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
8 de cada 10, preocupados ante as matemáticas
As matemáticas seguen sendo un pesadelo e unha fonte de estrés para os alumnos españois, xa que un 78% se preocupa ao pensar que sacará malas notas, cando a media dos compañeiros da OCDE, similar á da Unión Europea, é dun 61%.

Atendendo a certas conclusións do último estudo PISA, "a evidencia indica que a ansiedade ante as matemáticas ten efectos sobre a activación dos recursos cognitivos do alumno, xa que todo o que precisa para resolver un problema, o utiliza en preocuparse por ter que resolvelos".

Só imaxinar as dificultades da materia de matemáticas estresa a un 68% de alumnos españois (9 puntos máis que a OCDE), e o 41% non é capaz de estar calmado nos exercicios desta asignatura (10 máis que a OCDE).

Estos resultados deducíronse do cuestionario que realizaron alumnos de 15 anos nas probas da última Avaliación Internacional de Estudantes da OCDE. Neste informe, os estudantes de España conseguiron unha media de 484 puntos en matemáticas, cando na OCDE está en 494 e a da UE en 489.

Este estrés predomina sobre todo nas mozas, xa que están 11 puntos porcentuais por riba dos mozos en canto a preocupación polos resultados académicos. Estas diferenzas tamén son semellantes na OCDE e na UE.

Os resultados dos alumnos con índices baixos e altos de ansiedade nas matemáticas en España chega aos 65 puntos, que é máis dun curso e medio escolar. Os que consideran non estar calmados obtiveron 522 puntos e os que non logran estar tranquilos sen atoparse nerviosos, 457 puntos.

Patricia González Fernández, 4ºB da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-12-2013 23:20
# Ligazón permanente a este artigo
NOVO MODO DE DESINTEGRACIÓN PARA O BOSÓN DE HIGGS
As primeiras evidencias da desintegración do recentemente descuberto bosón de Higgs en dúas partículas denominadas tau, pertencentes á familia de partículas que compoñen a materia do universo, fixéronse públicas grazas á colaboración internacional do experimento ATLAS do “Gran Colisionador de Hadrones” (LHC) onde participaron investigadores españois. Ata agora os seus experimentos so detectaran a parícula Higgs mediante a súa desintegración noutro tipo de partículas denominadas bosóns, portadoras das forzas que actúan na natureza. Os novos resultados foron presentados nun seminario no CERN o pasado 26 de novembro, nos cales se mostra por primeira vez cun nivel de certeza de 4 sigma, pois a maior certeza sería de 5, ao bosón decaendo en dous leptóns tau.
O bosón de Higgs descubriuse en 2012 polos experimentos ATLAS e CMS do LHC que revela a existencia dun novo campo de forza na natureza, tamén chamado mecanismo de Brout-Englert-Higgs en honor aos físicos que o propuxeron. Este campo de forza é responsable da orixe da masa doutras partículas elementais, e a súa ausencia impediría a xeración da masa, a materia que compón todo o posible de ver no Universo así como a nós mesmos, tal e como agora a coñecemos.
Ademais os resultados obtidos son compatibles coas predicións do modelo estándar, e a partir do 2015 espéranse obter moitos máis datos.

UXÍA GARCÍA VÁZQUEZ; 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-12-2013 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
No mundo hai case tantos parados como nenos traballando
O número de persoas desempregadas e o de nenos traballando en todo o mundo é case o mesmo, de douscentos millóns aproximadamente, unha contradición que pretende combater a cooperación internacional porque tanto o desemprego coma o traballo infantil son dúas eivas sociais con "graves consecuencias". Unha situación que denunciou o director da oficina da Organización Internacional do Traballo para España, Joaquín Nieto, e o secretario xeral da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, Gonzalo Robles, nunha xornada internacional sobre a erradicación do traballo infantil.

Un dos desafíos prioritarios de ambos os dous organismos no ámbito de menores é, precisamente, sacar da súa situación aos 168 millóns de nenos afectados polo traballo infantil no mundo, que realizan tarefas que os privan do desfrute da súa nenez e que poden causarlles danos físicos e psicolóxicos "irreparables".

Os expertos explicaron que as cifras de nenos traballando poden ser maiores, xa que non inclúen aos que desenvolven unha actividade económica, como axudar no negocio familiar, e aqueles aos que non lles impide ir á escola, desenvolverse ou xogar.

O traballo infantil reduciuse un terzo a nivel mundial, un "resultado que di que a cooperación paga a pena", e considéranse como prioridade os 85 millóns de menores que realizan tarefas perigosas, son explotados sexualmente ou utilizado en guerras como soldados. Ademais , en España hai que "vixiar" que o traballo infantil, que actualmente non existe , "entre pola ventá".

Sandra Tornero Belloso, 4º da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-12-2013 16:20
# Ligazón permanente a este artigo
As biopsias van poder ser substituídas por mostras de sangue
Unha mostra de sangue que se pode pasar por un filtro de plástico, en moitos casos vai poder substituír a biopsias para detectar cancros, segundo un hematólogo francés, Yvon Cayre, que utilizará o seu invento para realizar probas con pacientes a comezos do 2014, e así poder comercializalo.

O principio do invento é que as células cancerosas quedan na superficie ao pasar o filtro e poderanse analizar de xeito máis fácil, máis barato e máis sinxelo que unha biopsia.
Segundo os cálculos do investigador da universidade de Perrie y Marie Curie de París, un 60% das biopsias poderán substituírse por unha análise de sangue; a excepción será cando as células tumorais sexan raras.

O precio do tubo de plástico que aínda non ten nome non vai ser de máis de 200 euros, segundo Serge Kraïf, director de Biocare Cell, estrutura empresarial construída para lanzar o proxecto, que cren que será nuns cinco ou seis meses.

Pero, ademais da sinxeleza de ter tan só que realizar unha toma de sangue, outra vantaxe é que, ao contrario que a biopsia, está adaptada ás novas terapias personalizadas contra o cancro. A razón é que a particularidade das células tumorais é que teñen anomalías xenéticas, dixo o experto, engandindo que coa presión dos novos tratamentos selectivos, esas anomalías presentan mutacións, polo que, para facer un seguimento destas, non se pode realizar cada vez unha biopsia.

Outra vantaxe do dispositivo é que vai ter a posibilidade de descubrir anomalías fetais, como enfermidades xenéticas, tal que trisomía 21, é dicir, que o filtro de sangue poderá substituír á amniocentese, na que se necesita extraer unha mostra do líquido amniótico durante o embarazo.

Laura Abad Álvarez, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-12-2013 14:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal