EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Nadal e os seus efectos secundarios
Os psicólogos alertan dos problemas que poden sufrir algunhas persoas durante a época do nadal
Os problemas máis comúns que se poden ver nesta época do ano son os sentimentos de soidade, o estrés, a ansiedade, a depresión ou a melancolía.
A causa destes problemas reside en que o Nadal está cargada de expectativas, "cando estas expectativas exceden certos límites inalcanzables pola persoa producen frustración e isto é o que provoca que algunhas persoas con esta experiencia de frustración non queiran nin ver achegarse esta época do ano".
Fixéronnos crer que en Nadal hai que divertirse custe o que custe, pero algunhas persoas non se senten con ánimo de festa, e esa diferenza con respecto o resto da xente é o que orixina as alteracións psicolóxicas.
O que debemos facer para evitar isto é non basear o Nadal no diñeiro, nin na diversión senon noutras cousas como a familia e os amigos.
Moita xente pensa isto : "A máis podamos investir económicamente no Nadal, máis bonita e memorable será; esa una desas ideas inconscientes que fan eco na nosa conduta consumista nestas datas e que tanto mal nos fai"

Fernando Rodríguez González; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-12-2013 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
Posible orixe galega de Cristovo Colón
Estudos científicos, lingüísticos e toponímicos avalan a tese de García de la Riega sobre a orixe pontevedresa do descubridor de América.

Novos estudos relacionados coa análise de documentos, a lingüística ou a toponimia veñen a avalar as investigacións que hai máis dun século realizou Celso García de la Riega para demostrar a orixe galega de Cristovo Colón. Máis alá da polémica suscitada pola serie de televisión "Isabel", que presentou a un Colón xenovés, os defensores da tese de De la Riega cren que estamos nun momento clave das investigacións.

Está previsto que o Instituto do Patrimonio Cultural de España dé a coñecer os resultados definitivos da análise dos seis documentos que lle entregou a asociación pontevedresa para confirmar a súa autenticidade. Tras unha análise preliminar, María del Carmen Hidalgo, xefe do servizo de Conservación e Restauración de Patrimonio Bibliográfico, Documental e Obra Gráfica do Instituto, adiantou o pasado mes de maio que os investigadores puideron constatar que se trata de documentos da época de Colón, e que non hai raspaduras no papel para modificar o texto. Conclúe que "non houbo intención dolosa por parte de Celso García de la Riega", e que se avivou o escrito para destacalo, se ben o que está escrito por enriba se corresponde co que aparece nos documentos orixinais.

Os investigadores de Patrimonio Cultural recorreron mesmo á Policía Científica, que conta cuns sistemas quizais máis espectaculares para detectar documentos nos que aparecen pequenas modificacións. Estas análises puideron determinar que en ningún momento era a intención de De la Riega falsificar documentos, senón avivar as tintas para que se observasen mellor nas reproducións fotográficas que ían no libro da época "Colón español, orixe e patria" da época. Segundo o propio testemuño de De la Riega, de todos os papeis que se alteraron, el só chegou a recalcar un para que saíse mellor nas fotografías.

Polo que, para poder afirmar a orixe galega, máis concretamente, pontevedresa, dunha das grandes figuras da historia, Cristovo Colón, haberá que esperar aos resultados.

Sandra Tornero Belloso, 4º da ESO.
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 23-12-2013 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
Bachar el Asad segue destruíndo ao seu pobo
Polo menos 56 persoas, entre elas seis nenos, morreron este domingo nos bombardeos da aviación siria contra Alepo, a segunda cidade do país na que esta semana centos de persoas perderon a vida neste tipo de ataques.

O opositor Observatorio Sirio de Dereitos Humanos (OSDH) destacou como especialmente mortíferos os bombardeos con barrís de explosivos nos barrios opositores de Hanano, Ahmadiyeh e Haydariyeh, que deixaron o domingo polo menos 56 mortos. Entre as vítimas figuran sete combatentes rebeldes, indicou o OSDH, que advertiu de que este número podería aumentar xa que decenas de vítimas están gravemente feridas ou desaparecidas.

Na provincia de Homs, un coche bomba explotou preto dun colexio en Omm ao-Amd matando a seis alumnos e dous empregados, segundo a Axencia Oficial de Noticias SA. Pola súa banda, o OSDH, que se apoia nunha ampla rede de militantes, fontes médicas e militares, informou deste mesmo atentado, pero o seu balance ascendeu a 12 mortos, entre eles cinco nenos.

O Observatorio indicou que Omm ao-Amd alberga unha comunidade xiíta que apoia a Asad, a diferenza da maioría de rebeldes, musulmáns sunnitas, que loitan para derrocalo. Segundo o OSDH, unhas 126.000 persoas morreron dende que se iniciou o conflito en marzo de 2011, cando o réxime lanzou unha sanguenta represión contra as manifestacións de protesta na súa contra.

David Cebreiros López, 1ºA de Bacharelato. Coordinador.
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 23-12-2013 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
Tribo siberiana nunca antes fotografada: Os Chukotka
En Siberia existe unha tribo que nunca fora fotografada ata a data. Foi a fotógrafa Sasha Leahovcenko quen tomou estas fotografías logo de viaxar dúas veces a Chukotka, en Siberia.

Leahovcenko deu aos integrantes da tribo roupa quente, zapatos e outros regalos a cambio dos cales lle permitisen tomar unhas cantas fotos, que imprimiu e lles regalou. Só así podemos gozar do seu aspecto e forma de vida xa que este tipo de xente vive case en completo illamento.

Nun vídeo sobre a tribo, Sasha conta que lles levou tres días chegar a Siberia polo mal clima e, cando por fin o lograron, tiveron que viaxar 5 horas en carro e 9 horas e media en zorra nun clima de 40 graos baixo cero para chegar ata o asentamento da tribo. Os dedos do fotógrafo conxeláronse e dinos que aínda non se recuperou, pero que xamais se arrepentiría de ter tido a posibilidade de coñecer e interactuar con aquela cultura remota.

Alba Baltar Janeiro, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 22-12-2013 18:15
# Ligazón permanente a este artigo
Voltamos ás datas de Lotaría de Nadal e soños
Dende o día do seu nacemento, o 18 de decembro de 1812, ata a data, son moitas as peculiares tradicións que pasaron a formar parte do Sorteo Extraordinario da Lotaría de Nadal. Comprar o mesmo número ano tras ano, pasar o décimo pola tripa dunha embarazada ou polas costas dun chepudo son algunhas das supersticións máis coñecidas.

O mesmo día do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal é típico que os compradores de lotaría leven un alfinete posto na chaqueta, unha moeda de ouro, unha chave de ferro no peto ou algún colgante de valor sentimental que atraian cara a eles o maior dos premios.

Ademais destes amuletos, existen varios 'conxuros' populares que pretenden atraer á fortuna. Así, nalgunhas casas de Galicia é tradición colgar o boleto nunha ferradura para que a sorte entre no seu fogar. Tamén os hai que colocan o décimo preto da virxe ou algunha figura relixiosa coa esperanza de recibir o Gordo.

Un dos estabelecementos máis famosos cando falamos da Lotaría Nacional é Doña Manolita, que comezou a súa actividade no 1904 na rúa San Bernardo en Madrid, fundada por Manuela de Pablo e as súas tres irmás. Rapidamente cobrou unha enorme popularidade pola cantidade de premios repartidos. En xullo de 1931 transladouse a Porta do Sol e á rúa Gran Vía. Tras o falecemento de Doña Manolita pasou a mans da súa irmá Carmen e, finalmente, foi vendida a outra familia. No ano 2011 esta administración transladouse a unha rúa veciña, pero parece que a súa situación non inflúe, cada ano miles de persoas acoden alí a comprar o seu décimo de lotaría.

Está considerada por moitos como un auténtico símbolo da cidade de Madrid. Mesmo foi mencionada en obras literarias e cancións de célebres intérpretes españois como Joaquín Sabina, no seu tema 'A la sombra de un león' ou Concha Piquer, en 'Mañana sale', e o seu nome evoca aos españois as festas do Nadal.

Elena Blanco González, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-12-2013 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
Reforma da Lei do Aborto
Onte, a Lei do Aborto proposta polo Ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, foi aprobada. Esta lei restrinxe o dereito dunha muller a interromper o seu embarazo, xa que só se poderá abortar en dous casos: no caso de violación e no caso de que haxa un grave perigo para a saúde tanto física como psicolóxica da muller. Dentro deste "grave perigo" non entran as malformacións fetais, por moi graves que sexan.

E a cousa non deixa de complicarse, xa que para poder abortar tes que ter o informe de dous médicos diferentes e que non traballen nunha clínica na que se producen os abortos.

Para as menores de idade tampouco é sinxelo, xa que precisan permiso paterno e no caso de que haxa un conflito grave na familia, haberá un xuízo no cal se lle dará a razón aos pais ou a moza; tendo primacía a opinión da embarazada.

Son muller e estou disconforme con esta lei, xa que penso que no caso das malformación graves dun feto sí que debería decidir unha muller si quere abortar ou non; a maiores de que eso de que as menores precisen o permiso paterno creo só vai xerar máis problemas que solucións.

Carolina Outomuro López; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-12-2013 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
A VOLTA DE MANZANEDA
Nos últimos días o complexo hostaleiro Oca Nova Manzaneda puxo a funcionar os canóns de innovación. Coas temperaturas que no día de onte oscilaron entre os -4,2º y los 5,1º, os equipos de produción de neves artificial permitirán abrir, polo menos, a pista para debutantes.

A estación de montaña ultima os preparativos da campaña de Nadal onde os visitantes poderán usar as reformadas instalacións, desde a cafetería Fontefría ata a piscina, que agora conta cun spa, unha sauna de estilo finlandés e unha segunda piscina máis pequena no exterior. Tamén están listos o parque multiaventura infantil e a tirolina.

Ademáis, os visitantes poderán disfrutar dun Fin de Ano nas súas instalacións sen pagar ningún suplemento adicional. É máis, poderán sumarse á cea cotillón do 31 de decembre por 59 euros, que inclúe desde o acceso ao spa ata a cena con cotillón e o almorzo.

UXÍA GARCÍA VÁZQUEZ; 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-12-2013 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
Camarón, portada da Rolling Stone.
Nos Estados Unidos de finais dos anos 60 creouse unha revista que se transformaría case na carta magna da contracultura hippie e do gran estalido do rock. Paralelamente, ao outro lado do océano, concretamente en España, nacía a figura máis grande e salientable da historia do flamenco.
Ainda que pareza unha mestura imposible, rock hippie e flamenco, os tempos cambian, e, nin Camarón fixo solamente flamenco, nin a Rolling Stone é unha revista contracultural, pero, se por algo ocupa o cantaor a portada desta prestixiosa revista no número do próximo xaneiro é, principalmente, polo disco "La Leyenda Del Tiempo", que Camarón publicou no ano 1979. Nel mesturábanse, dun modo nunca visto, rock e flamenco. Segundo o propio artista, non era simple rock flamenco: "Flamenco-rock-gitano, porque o de Triana ou Guadalquivir é rock flamenco. No meu caso canto rock flamenco, e como son gitano, pois ten que ser gitano"
Cando a falecida icona do flamenco grabou o disco que nomei enriba non tiña moita experiencia co rock, pero tamén dicía: "Poño un disco dos Rolling Stones e vexo que fan cousas que, sen eu entendelas, chéganme. Teñen arte".
Neste número de xaneiro da nomeada revista, aparecerá, ademais, unha reportaxe. A través dos recordos de Raimundo Amador, Tomatito e Ricardo Pachón (músicos en "La Leyenda Del Tiempo") e outros moitos testigos, esta reportaxe revivirá o que fixo que Camarón fose "O primeiro flamenco que recibiu trato de artista pop por parte dunha compañía". Ao longo da mesma, atoparemos ao mítico cantante solicitado por artistas do nivel de Bono ou Mick Jagger.
Finalizando, Rolling Stone creará a homenaxe que semellante artista transgresor merece.

Javier González Sobrado; 2º BACH. A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-12-2013 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
UPS!
Un equipo científico descubriu un dos seres vivos máis antigos do mundo, unha almeixa de 507 anos que, porén, non poderá envexecer máis. Os mesmos investigadores acabaron coa vida do molusco por error, pois ata que non abriron a almeixa non souberon a súa idade exacta.
O pasado 2006 un grupo de investigadores acharon no fondo do océano Atlántico, cerca de Islandia, un exemplar de almeixa que inicialmente creeron que databa de 400 anos. Ao molusco denominóuselle Ming e entrou na lista de récord Guinness.
Non obstante, os científicos meteron este exemplar nun conxelador inicialmente, pois ata que non o analizaron e abriron non tiñan a certeza da idade da almeixa. O método de conservación do molusco resultou non ser o adecuado e acabou coa súa vida, tan antiga como o descubrimento de América.
Entón, unha posterior análise revelou que Ming era moito máis anciá do que se estimou. En realidade a almeixa tiña 507 anos cando a acharon, polo que chegou ao mundo en 1499, tan só sete anos despois de que Cristóbal Colón descubrise América.
Diego López-Guerrero Navarro; 2º BACH. A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-12-2013 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
China, terceira en chegar á Lúa
A sonda non tripulada china Chang E3 aterrou onte no cráter lunar Sinus Iridium, o que converteu ao país asiático no terceiro en conseguir unha aterraxe controlada na Lúa, depois de EEUU e a URSS, 37 anos e catro meses despois do anterior. Este foi o da sonda soviética Lúa 24, o 18 de agosto de 1976.

O Chang E3, lanzado dende a base aérea de Xichang o pasado 2 de decembro, comezou a desacelerar a tan só 15 quilómetros da superficie lunar e aterrou con éxito. Dita manobra, que foi retransmitida en directo por certos de canles chinesas, durou 12 minutos, nos que o aparato descendeu describindo unha parábola ata que se situou a uns 100 metros, onde planeou ata chegar á superficie.

Durante o seu acercamento á Lúa, a Chang E3 ofreceu imaxes moi nítidas da superficie lunar, axudada pola ausencia da atmosfera e por atoparse na cara iluminada do satélite terrestre. Os encargados do programa espacial chino elixiron Sinus Iridum debido á súa superficie chaira, que facilitará o desenvolvemento das comunicacións e que así o robot espacial reciba luz solar suficiente para as súas baterías, e a que se trata dunha área da Lúa aínda non explorada.

Patricia González Fernández, 4ºB da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-12-2013 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal