Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

"A festa maor de Galicia, a festa de todol-os galegos"
As orixes da celebración remóntanse a 1920, ano en que as Irmandades da Fala organizan o primeiro Día de Galiza (nome utilizado daquelas) como acto de afirmación da nosa identidade colectiva. Desde entón, as manifestacións organizadas estiveron sempre condicionadas pola situación política de cada momento, aínda que sempre tiveron como eixo central a reivindicación dos nosos símbolos e da nosa identidade coma país.

Durante a longa noite de pedra, as sociedades galegas na emigración manteñen acesa esta convocatoria e, en Galiza, o galeguismo concéntrase ao redor da tradicional misa por Rosalía na igrexa de San Domingos de Bonaval. A finais da década de 1960, as organizacións nacionalistas comezan a convocar concentracións en Compostela o 25 de xullo. É en 1973 cando se comeza a utilizar o termo Día da Patria Galega, denominación que pouco a pouco se vai consolidando e que se mantén na actualidade.

Desde a instauración da democracia e a promulgación do Estatuto de Autonomía, case todas as organizacións políticas e unha boa parte das institucións públicas programan diversas actos para conmemoraren a data: declaracións institucionais da Xunta e do Parlamento; bandos municipais chamando a veciñanza a colocar a nosa bandeira en rúas e balcóns; ou tamén conferencias, mitins e xornadas de confraternidade que preceden ou se desenvolven o propio 25.

Por exemplo, centrada precisamente nas orixes desta data, está prevista unha palestra na Escola Popular Galega de Vigo esta cuarta feira ás 20.00 horas. Participarán na mesma Luís Gonçález Blasco Foz, militante nacionalista desde a ditadura e exiliado, e Xam Lôpes, militante nacionalista desde a chamada transición. A súa experiencia persoal servirá para entender un pouco mellor a celebración do Día da Patria, en palabras de Castelao "a festa maor de Galicia, a festa de todol-os galegos".


Jorge Vázquez Docarme 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-12-2012 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Protesta do sector téxtil en Ourense
Traballadores do sector ourensán realizaron un mitin no centro da capital das Burgas para protestar contra a "actitude" do empresariado e esixir a liberación do acordo colectivo.

Baixo o lema "Por un acordo xusto con dereitos", a UGT sindicatos, CC. OO e IGC convocou esta mobilización tras o colapso do colectivo de Comercio Téxtil da provincia de Ourense. Os sindicatos alegan que o empresario busca eliminar a paga extra de beneficios para os traballadores, ademais de antigüidade e dereito a 100 por cento do salario en caso de baixa por enfermidade.

Na súa declaración, o representante da CIG en Ourense, Carlos Vázquez, dixo que o posicionamento do sector empresario téxtil provocou a "quebra" do acordo colectivo, porque as súas reivindicacións foron deseñados para "empobrecer os traballadores téxtiles", que xa levan"dous anos" sen aumento de salario "de calquera tipo". Así, os críticos que agora "queren manter que non haxa ningún pagamento extra", e así, "reducir o seu poder adquisitivo."

Ademais do mantemento dos salarios sen aumentar, Carlos Vázquez dixo que os empresarios buscan "suprimirlles” as pagas extra e bonos de antigüidade , os cales, "representan algo moi importante", xa que os salarios dos traballadores son "baixos".


Pretenden levar a cabo más protestas para defender a súa causa. A protesta do venres forma parte dunha axenda de mobilizacións aprobada nas asembleas dos traballadores téxtiles esixindo a sinatura dun convenio colectivo do sector. Representantes da Unión anunciaron que a vindeira protesta terá lugar o 20 de decembro, mentres que a próximo será realizado en 3 de xaneiro, no centro Pontevella de Ourense.


Magdalena Sepa Vázquez 2ºA Bach

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 01-12-2012 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
Carlos Callón presenta a súa última obra, Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez.
Esta obra é unha guía de autoaxuda para mellorar o noso galego, donde se fai un compendio de consellos prácticos para galegofalantes e para tódolos que queiran aprender a nosa lingua.
O volume presentouse onte pola mañá nun almorzo informativo no CGAC de Santiago, na que o filólogo e escritor estivo acompañado polo director da editorial Xerais, Manuel Bragado.
Callón destaca o carácter práctico da obra, incluíndo na obra dous anexos con vocabulario e frases feitas incorrectas e o seu equivalente correcto en galego.
Coa obra, o autor tenta facernos reflexionar a tódolos galegofalantes sobre os prexuicios que lastran o noso idioma, xa sexa, mediante anécdotas ou experiencias persoais.
Pola súa banda, o editor Manuel Bragado prognosticou o éxito comercial deste volume, tendo en conta as vendas das dúas anteriores obras do ribeirés sobre a nosa lingua, En castellano no hay problema ou Como defenderes os teus dereitos lingüísticos.
O responsábel de Xerais asegura que xa se está preparando unha segunda edición tras once días nas librarías, ademáis Bragado argumenta que non é un libro conxetural, xa que te un precio económico de 12,50 euros.
Os primeiros actos públicos da presentación deste manual serán o vindeiro día 13 en Santiago de Compostela e o día 18 en Silleda.
Na presentación da obra no día de onte, o responsábel d´A Mesa aproveitou para lembrarlle á Xunta a súa obriga de darlle promoción ós medios en galego. En particular, atacou o uso que se fai das axudas polo idioma, que na súa inmensa mayoría recuan a medios que fan un uso mínimo e intanxibel da lingua propia.
Callón tamén fixo mención a recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, que invalida varios artigos do Decreto do PPdeG sobre a redución de horas lectivas no noso propio idioma. A xustiza rectificou que os nenos galegos deben rematar os ciclos coas competencias lingüísticas comunicativas axeitadas en galego, feito imposibel de acadar, sin ter as horas lectivas mínimas de ensinanza.
Sen dúbida Carlos Callón, presidente d´A Mesa, segue aportando piares para estabilizar o idioma propio de Galiza, obras de gran axuda para garantir a plena competencia lingüística en galego.

Serxio María Rodríguez Álvarez,
1º Bacharelato. Coordinador.

A Mesa.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 01-12-2012 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
É a hora no Anxo Carro.
Extraña a situación que esta vivindo o equipo da muralla, sen sumar máis que de un en un fora da casa, non puido nin sequera arañar tres puntos nas últimas visitas.É un dos retos principais do conxunto de Quique Setién nesta tempada. O reto apunta agora ó Anxo Carro.
O estadio lugués preséntase como un manacial para o cadro. Entre as súas gradas fundamenta a decimosexta posición que ocupan.O sábado será a terceira oportunidade que xogue no seu feudo despois de sumar fóra.Do último estadio do cal o Clube Deportivo Lugo saíu con máis de unha unidade no seu casilleiro foi ¨El Sardinero¨ pero logo de gañar , visitaron o Xerez que lle pegou un duro correctivo antes dun paréntesis de dúas semanas para volver xogar ante o seu público.
A oportunidade volve ó Anxo Carro contra un rival bastante forte , o Barcelona B. O que busca o equipo lucense e romper a mala xeira ,afianzarse nesta clasificación e mirar cara os postos de metade de tabla. O Anxo Carro cantará máis forte que nunca , estarán mais ligados ó Lugo porque este conxunto , calou moi dentro da cidade , os siareiros vibran incesantes ante esta oportunidade de poder levar en voandas o seu equipo é soñar con postos máis altos, este fin de semana máis ca nunca Arde Lucus.

Samuel Vázquez González, 1ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xogos - Publicado o 01-12-2012 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
Un galego descobre como o párkinson se propaga ao cerebro
O párkinson empeza no intestino pola exposición prolongada aos pesticidas que interaccionan coas mitocondrias das células intestinais e desde aí propágase ao cerebro, onde se produce a morte das neuronas dopaminérgicas na sustancia negra cerebral. Esta teoría foi demostrada hai dous anos polo investigador galego Francisco Pan-Montojo, co que tamén se confirmaban estudos precedentes que relacionaban aos pesticidas como unha das principais causas da enfermidade. Pero faltaba por coñecer o máis importante: como ocorre este proceso, cal é o mecanismo patoxénico que permite a progresión da patoloxía a partir do efecto nocivo dos pesticidas.

E isto é o que Pan-Montojo, que dirixe un grupo de párkinson na universidade alemá de Dresde, acaba de descubrir nun novo traballo que foi publicado na revista Nature Science Reports. A clave radica nunha proteína, a sinucleína alpha, que se ve modificada pola acción dos pesticidas ata o punto de que é expulsada das neuronas intestinais ao espazo extracelular, desde onde é captada por outras neuronas e terminacións cerebrais do sistema central que a transportan ao cerebro.

Diagnóstico precoz
O achado, probado en ratos, abre a vía para o diagnóstico precoz do párkinson a partir da detección da proteína alterada e para o desenvolvemento de fármacos que inhiban a acción da proteína e impidan a progresión da enfermidade.

«Se podes desenvolver fármacos que afecten ao transporte desta proteína prexudicial ou á súa formación podes conseguir que a progresión da enfermidade párese», explica o científico. Pan-Montojo xa está a traballar no deseño dun fármaco en colaboración coa Universidade de Múnic.

«Os nosos datos -resalta-, que foron confirmados en ratos, suxiren que esta progresión se realiza a través dos nervios que conectan o intestino co sistema nervioso central». Este é o esquema xeral, pero o deseño dun sistema in vitro por parte dos investigadores ofrece máis matices. «Os pesticidas -aclara o investigador coruñés e ex bolseiro da Fundación Barrié- interaccionan coa mitocondria da célula, o que lle provoca un estrés oxidativo que, á súa vez, modifica a proteína sinucleina alpha, co que se tende a agregar e é expulsada da célula. Logo é captada por outras células da contorna, incluíndo as terminacións nerviosas das neuronas do sistema central, incorpóranse ao seu núcleo e, desde aí, son transportadas ao cerebro».

O estudo ofrece unha nova confirmación da relación directa entre os pesticidas e o párkinson, o que, a xuízo de Pan-Montojo, debe supor unha chamada de atención aos políticos e autoridades ambientais. «É necesario -apunta- determinar que compoñentes pódense utilizar en agricultura e cales non».
Pero os cidadáns tamén poden adoptar as súas propias precaucións, como lavar adecuadamente as froitas e as verduras para minimizar o potencial efecto dos pesticidas.

Sara Carroceda González, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-12-2012 17:11
# Ligazón permanente a este artigo
A SOIDADE DE ISRAEL, FREE PALESTINE!

O Goberno israelí autoriza a construción de 3.000 novas vivendas en asentamentos en Cisxordania e Xerusalén Este en resposta ao recoñecemento de Palestina como Estado observador por parte da Asemblea Xeral da ONU.

Ademais, o Executivo israelí prepara un plan para construír miles de novas unidades de vivenda na chamada área E1, que conecta Xerusalén Este con o gran asentamento xudeu de Male Adumin, en Cisxordania ocupada, segundo os medios israelís.

De levarse a cabo este controvertido proxecto, Cisxordania quedaría sen continuidade territorial entre o seu parte norte e o sur, o que dificultaría enormemente a viabilidade dun futuro Estado palestino.

Trátase dun proxecto que anteriores gobernos israelís estudaran levar a cabo, pero que se viron obrigados a gardar no caixón debido oposición de Estados Unidos e outros actores internacionais como a Unión Europea (UE).

A semana pasada, EEUU instou a Israel a non autorizar precisamente a construción na área E1, como unha das súas posibles respostas á acción palestina na ONU. Tanto Bruxelas como Washington pediron a Israel que non ofrecese unha resposta excesivamente dura á iniciativa palestina, que puidese dificultar un posible retorno ás negociacións de paz.

Aínda que o Goberno israelí non anunciou oficialmente a autorización para construír novos asentamentos e só a fixeron pública os medios israelís ao iniciarse a xornada do Sabath, cando a actividade se paraliza no país, todo parece indicar que o primeiro ministro israelí, Benjamín Netanyahu, optou de momento pola liña dura en resposta ao sucedido o xoves na ONU.

O xefe do Executivo israelí xa advertiu nun comunicado da súa oficina de que, ao acudir a Nacións Unidas, "os palestinos violaron os acordos con Israel" polo que o seu país "actuará en consecuencia".

"Netanyahu xa aclarou que non se creará un Estado palestino que non garanta a seguridade dos cidadáns israelís. Non permitirá que en Xudea e Samaria (Cisxordania) se cree unha base terrorista iraniana adicional ás que xa se crearon en Gaza e Líbano", afirmou o comunicado do gabinete do primeiro ministro.

Ao pouco tempo de coñecerse a construción de novos asentamentos, o xefe negociador palestino, Saeb Erekat, acusou a Israel de intentar destruír a solución de dous estados.

"Mentres que os palestinos están a facer todo o posible para manter viva a solución de dous estados, incluíndo o noso voto onte en Nacións Unidas, o Goberno israelí fai todo o posible para destruíla", afirmou o dirixente palestino.

Pola súa banda, Nabil Abu Rudeina, portavoz do presidente palestino, Mahmud Abás, considerou que o anuncio de novas colonias "é unha labazada na cara do mundo enteiro que elixiu votar a favor dun Estado palestino".

Rudeina cualificou de ilegal a decisión e afirmou que esta deixará "máis illado a Israel despois de que o mundo enteiro expresase onte a súa obxección á ocupación".

Os medios e os analistas israelís interpretaron hoxe o resultado da votación na Asemblea Xeral como unha clara derrota diplomática de Israel, especialmente no que se refire á perda de apoio europeo ás súas posicións.

"Perdemos a Europa", sinalou un alto funcionario do Ministerio de Exteriores israelí ao diario "Haaretz", que destacou que a abstención do Reino Unido e especialmente a de Alemaña -un dos máis tradicionais aliados de Israel por razóns históricas- sentaron especialmente mal nos círculos do Goberno.

O diario Yediot Aharonot, o máis lido do país, afirmou pola súa banda que a marxe da derrota de Israel decepcionou" aos dirixentes do país, "cuxos intentos de rebaixar a perda non poden camuflar o seu significado".

Máis que os 138 votos emitidos na Asemblea Xeral a favor do recoñecemento de Palestina, os analistas incidiron na soidade internacional de Israel, co respaldo unicamente de dous países de peso internacional en contra da declaración, Estados Unidos e Canadá, e dun só da UE, a República Checa.

Carlos Álvarez Ramos, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-12-2012 17:03
# Ligazón permanente a este artigo
OS EMPRESARIOS ALUDEN AO CASO “MADRID ARENA” PARA ALERTAR DAS FESTAS ILEGAIS DE NADAL
A federación de asociacións provinciais de empresarios de salas de festa, baile e discoteca de Galicia apelou ao fatal accidente ocorrido nunha macrofesta no pavillón Madrid Arena , con cinco mozas mortas, para reclamar máis vixilancia ante as festas de fin de ano ilegais. Nun escrito dirixido a concellos galegos, subdelegacións do Goberno e ás delegacións provinciais da Xunta, reclaman plans de seguridade municipal «para detectar e non permitir a celebración de actividades de carácter festivo que non dispoñan da correspondente autorización municipal ou que carezan dos requisitos técnicos, sanitarios e de seguridade». Os empresarios reclaman a apertura de expedientes sancionadores aos titulares das actividades que incumpran as normas e demandan, ao mesmo tempo, que se lles permita incorporarse como parte.

A federación di nunha nota que espera de «concellos como o de Ourense, que tomen medidas para evitar estas festas e non cedan espazos públicos para facer macrofestas, festivais, ou festas de nadal. Apelan, igualmente, «á responsabilidade dos mozos, que non acudan a estas festas ilegais e macrofestivales polo perigo que representan».

Alba Fernández Castro, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-12-2012 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
No 30 de novembro celébrase o duodécimo aniversario da muralla como patrimonio da humanidade

Lugo celebra no 30 de novembro o doce aniversario da declaración da Muralla patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Farao no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), que abriu onte as súas portas logo de catro anos de obras, algo que o alcalde José Luís López Orozco describiu como "unha feliz coincidencia".

Orozco, dixo que hoxe "é un gran día para a cidade", así como foino "aquel 30 de novembro do ano 2000" cando o monumento máis emblemático da capital lucense foi declarado Patrimonio da Humanidade. Tamén engadiu que só "os lucenses saben canto lles importa" que a Muralla romana sexa patrimonio mundial e "dala a coñecer por todos os medios", porque é "o mellor incentivo para que moita xente veña a visitar a cidade".

O citado museo acollerá as celebracións, que chegarán ao seu punto álxido esta noite e cun concerto que correrá a cargo do pienaista Juan Carlos Camba, a soprano lucense Laura Alonso e o grupo Os Santiagueños.

Beatriz Molina, 2ºA Bacharelato
Aquí podedes ver máis información sobre a Muralla
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-12-2012 16:59
# Ligazón permanente a este artigo
Os científicos cren que a vacina contra o VIH tardará polo menos 5 anos en chegar

A gran velocidade á que muta o virus da Sida é a principal barreira que teñen os científicos á hora de dar cunha vacina preventiva do VIH, que non chegará antes de cinco anos, di o xefe da Unidade de Enfermidades Infecciosas e da Sida do Hospital Clínic de Barcelona, Josep María Gatell.

Gatell, que concedeu unha entrevista a Efe con motivo do IV Congreso Nacional do Grupo de Estudo do Sida (GeSida) celebrado en Toledo, considera que polo menos ata dentro de cinco anos non se logrará un remedio para esta enfermidade, a única das infecciosas que ha de tratarse toda a vida. Así, do mesmo xeito que a vacina da gripe hai que facela nova cada ano polos cambios do virus, a do VIH cambia aínda máis rápido e "unha vacina teriámola que cambiar cada semana e isto, tecnicamente, non é posible", afirma o investigador.

A boa noticia é que este virus, que cambia tanto e tan rápido, ten algunhas porcións na súa composición que son máis estables, que non cambian e estase vendo se se poderían utilizar as partes estables para obter unha vacina que non houbese que renovar cada semana e xa hai algúns datos esperanzadores neste sentido", afirma Gatell.

Outro das frontes da investigación está na vacina terapéutica, é dicir, atopar unha sustancia ou un produto químico que consiga que un paciente con Sida non tivese que tratarse toda a vida. "O VIH é a única enfermidade infecciosa que temos que tratar toda a vida" e iso comporta toxicidade, incomodidades e gasto, lamenta este doutor especialista, quen, no entanto, insiste en que os grupos en investigación da Sida en España están "ben situados", a pesar da redución do orzamento en I+D+i (investigación, desenvolvemento e innovación).

RECORTES
Segundo Gatell, as asignacións en investigación en xeral, incluído a Sida, diminuíron nestes anos de crise entre un 15 e un 30 por cento e isto é unha "mala noticia". Máxime, se se ten en conta que nos últimos dez-doce anos España fixo unha política "moi boa de atraer investigadores españois e estranxeiros" que traballaban noutros sitios do mundo.

Esta xente estableceuse aquí, en España, hai programas que cobren "mal que ben" o seu soldo e isto quere dicir, afirma, que "temos moita máis xente brillante competindo por menos diñeiro para os proxectos de investigación e isto tamén é unha mala noticia".

''MALAS'' E ''BOAS'' NOTICIAS
Pero, tamén hai unha "boa noticia" e é que o hospital Carlos III de Madrid acaba de ''refinanciar" para os próximos catro anos, cunha contía moi similar á dos anos anteriores á crise, á Rede Española de Investigación en Sida. "O importante -afirma Gatell- é que nos últimos dez anos puxémonos ao nivel dos países da nosa contorna e non podemos permitirnos o luxo de perder o tren porque, se o perdemos, tardaremos trinta anos en volver alcanzalo e ese é un luxo que non nos podemos permitir".

A Sida segue sendo un problema en España e a prevalencia mantense entre os 2.500 e os 3.000 novos contagios anuais, algo "inaceptable" porque é unha enfermidade "cuxa causa coñecemos, sabemos como se transmite e sabemos como poderiamos evitala", afirma o especialista.

O problema, argumenta o xefe da Unidade de Enfermidades Infecciosas do Hospital Clínic de Barcelona, non é só un problema de información, senón que require tamén un cambio de conduta, aínda que cando se trata de condutas sexuais é "máis complicado".

Neste sentido explica que como a actividade sexual empeza moi precozmente, entre os 11 e 15 anos, a información hai que dala antes de que este empezo, porque, "cando a actividade sexual ha empezado xa é tarde" e, xa que logo, a formación hai que dala na escola e nas familias antes de que as desgrazas ocorran.

Noelia Fernández Paradela
2ºBach-B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-12-2012 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
Polisemia da arte contemporánea

Un dicionario para unha soa palabra. O grupo de investigación liderado polo profesor Juan Fernando de Laiglesia, dependente do Departamento de Escultura da Universidade de Vigo, vén de editar a obra Arte: Diccionario Ilustrado, na que preto de 100 artistas de todo o territorio español achegan a súa definición persoal do que entenden por esta disciplina. Aínda que todas as entradas deste dicionario reflexionan sobre o mesmo concepto, "cada unha está escrita por un autor diferente", sinalou de Laiglesia, co obxectivo de converter esta publicación en referente no mundo da arte contemporánea. "Do mesmo xeito que o Dicionario da Real Academia Española é a guía para a lingua española, nós tamén quixemos facer norma e creamos outro DRAE, neste caso o Dicionario Recursivo da Arte Española", explicou o coordinador da publicación.

Segundo os seus autores, trátase dun documento pioneiro "pois hai moi poucas publicacións nas que os propios artistas definan o que é arte, unha pregunta de enorme complexidade", sinalaron durante a presentación da obra á que tamén asistiu a vicerreitora do campus de Pontevedra, Antonia Blanco, que agradeceu ao profesorado e á Facultade de Belas Artes o seu esforzo e compromiso "por proxectar á Universidade de Vigo e por transferir coñecemento á sociedade, evitando que quede pechado nos despachos dos centros" neste caso cun proxecto de difusión de dous anos de percorrido "feito con moita arte, amor e delicadeza".

Unha visión "poliédrica"

A mesma pregunta, 'que é arte?', foi respondida por 91 artistas e profesores universitarios entre os que se atopan pintores, escultores, performers ou videoartistas tales como Marina Núñez, Fernando Sánchez Castillo, Concha Jerez, Isidoro Valcárcel, Menchu Lamas, Soledad Sevilla, Eva Lootz, Fernando Sinaga, Bartolomé Ferrando, Juan Luis Moraza, Xosé Freixanes ou Ana Soler, entre outros. "Presenta un modelo de visión moi poliédrica da arte contemporánea, un reflexo da actitude artística destes momentos", apuntou Javier Tudela, director do Departamento de Escultura, que definiu a obra como "un proxecto xeneroso e de enorme ambición" dado o número de autores que participan. Juan Fernando de Laiglesia salientou por riba de todo a colaboración desinteresada deses 91 profesionais "que traballaron a cegas sen preguntar en ningún momento con quen ían compartir a obra, creando un diálogo implícito no que a arte actuou como imán".

Cada definición consta dun texto escrito sobre o que este modo de expresión lle suxire a cada autor acompañado dunha selección de imaxes do seu propio traballo artístico, o que deu lugar, nuns casos a reflexións paradigmáticas "dignas dun dicionario normativo" e noutros a "auténticas confesións" do que supón para eles esta disciplina, o que provoca ao mesmo tempo que cada lectura "mude a paisaxe do que se explicara na entrada inmediatamente anterior", síntoma directo do que está sucedendo na arte contemporánea. O resultado, "unha coidada" edición con máis de 400 páxinas e centos de imaxes a cor envoltas nun índice temático despregable, obra de Juan Luis Moraza no que se recollen, ordenados por categorías e cores, os case 1000 conceptos que os autores empregaron para definir a arte. "Trátase doutro dicionario paralelo, toda unha constelación dun millar de termos que ofrece unha radiografía do que está a ocorrer nos talleres dos artistas contemporáneos en España", engadiu de Laiglesia.

Tal é a relevancia da publicación que será presentada nas principais cidades españolas. A primeira parada será o vindeiro 3 de decembro no Palacio La Madraza da Universidad de Granada para logo volver a terras galegas o 14 de decembro ao Museo Marco de Vigo. Arte: Diccionario Ilustrado tamén "viaxará" no próximo ano ata Madrid, Barcelona, Valencia e Bilbao.

Tania Airas
2ºBach-B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-12-2012 14:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal