Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O GOBERNO PREVÉ QUE A NOVA BIBLIOTECA DE OURENSE ESTARÁ REMATADA NO ANO 2016

No primeiro trimestre do ano 2013 licitaranse as obras para finalizar a rehabilitación de conxunto monumental de San Francisco, onde se instalarán a nova Biblioteca Pública e o Arquivo Histórico Provincial. A convocatoria do procedemento para adxudicar estas obras permitirá pór fin á sucesión de obstáculos que conduciron á paralización desta intervención dende hai case dez anos. O orzamento inicial é de 16,6 millóns de euros e o prazo de execución é de 32 meses. A continuación das obras faise de acordo cun proxecto dos arquitectos Xosé Manuel Casabella e José Luis Martínez Raído, que inclúe a derriba de parte do xa executado e a corrección doutras deficiencias.

O anuncio dos prazos fíxoo o delegado do Goberno, Samuel Juárez, durante a visita ao claustro de San Francisco, onde se executou unha obra cun investimento de 208.000 euros, que posibilita a visita a este conxunto arquitectónico do século XIII, que xa estaba pechado ao público cando no 203 adxudicouse por 15 millóns de euros a rehabilitación e construción do Arquivo e Biblioteca.

A intervención no claustro ten como elemento principal ter un carácter máis escultórico que arquitectónico, na medida en que se habilitado un acceso que se poderá retirar no momento en que finalicen as obras principais. Os labores de limpeza e amaño do recinto do claustro foron fundamentais para permitir agora unha apertura que xestionará o Concello de Ourense. Farase, segundo o alcalde, Agustín Fernández, en cuestión de días e despois das festas do Nadal, unha vez que se tomaron medidas para garantir a seguridade e evitar actos vandálicos.

Alba Fernández Castro, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-12-2012 23:04
# Ligazón permanente a este artigo
Medramos, mais o rural esmorece.
Os municipios que máis poboación perderon en cifras absolutas son Cádiz, que perde 9.349 habitantes, Ferrol (A Coruña), que perde 6.260 e Mieres, no Principado de Asturias (perde 5.294).

Máis da metade dos municipios españois, 4.145, perderon poboación nos últimos dez anos, redución que rexistraron especialmente os de menos de 2.000 habitantes, mentres que aumentaron os residentes en poboacións medianas, de entre 50.000 e 100.000 habitantes.

Estes datos inclúense no Censo de poboación elaborado polo Instituto Nacional de Estadística (INE), que reflicte un aumento do 14,6 % desde 2001 do total de cidadáns censados, o que supón o maior incremento da historia.

Os 2.000 municipios máis pequenos de España -unha cuarta parte do total- apenas acumulan 183.000 persoas (un 0,4 por cento da poboación), cunha diminución superior ao 9 por cento na década. En dez anos, en España hai 8 municipios máis (8.116 fronte a 8.108). En global, a poboación aumentou en 6 millóns de habitantes, ao pasar de 40.847.371 en 2001 aos 46.815.916 en 2011.

CUESTIÓN DE TAMAÑO
Nos municipios de menos de 101 habitantes, incrementouse un 12,9 % a poboación, nos de entre 101 e 500 habitantes caeu un 5,6%, dato similar ao 5,3 por cento que se reduciu nos de entre 501 e 2.000 habitantes, e subiu un 0,2 % nos que oscilan entre os 2.001 e os 5.000.

Poboan os municipios de entre 5.001 e 10.000 habitantes un 10,9 % máis de cidadáns, un 9,8 % crecen no caso dos de entre 10.001 e 20.000, e un 27,1 % nas poboacións de entre 20.001 e 50.000 habitantes. En dez anos, hai 9 cidades máis (82 en lugar de 63) de entre 50.001 e 100.000 habitantes, nas que a poboación subiu un 38,4 %, ao pasar de 4.231.284 habitantes en 2001 a 5.857.902 en 2011.

O municipio que máis creceu en termos relativos desde o censo de 2001 é Yebes (Guadalaxara) que multiplicou por dez a súa poboación, pasando de 203 habitantes en 2011 a 2.099 na actualidade. Dos dez municipios que máis creceron en termos relativos, catro atópanse na provincia de Guadalaxara.

Ademais, o INE informou de que Cuarte de Huerva (Zaragoza) e Egüés (Navarra) son os municipios con máis de 10.000 habitantes que máis creceron en termos relativos desde o Censo 2001 con incrementos superiores ao 400 % en ambos os casos.

En termos absolutos, os municipios que máis creceron en dez anos son Madrid (259.922 habitantes máis), Barcelona (107.129 máis) e Palma de Mallorca (68.243 máis). No lado contrario, o que máis poboación perdeu en porcentaxe é Villablino (León) que viu diminuído o seu número de habitantes nun 18 %.

Entre os dez municipios superiores a 10.000 habitantes que máis poboación perderon desde o Censo 2001, sete atópanse en Asturias, segundo esa enquisa.

Carlos Álvarez Ramos, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-12-2012 23:02
# Ligazón permanente a este artigo
Falece o músico indio Ravi Shankar, pai de Norah Jones

O músico indio Ravi Shankar faleceu o 12 de Decembro deste ano no condado de San Diego, no sur de California, aos 92 anos segundo confirmou nun comunicado conxunto a fundación que leva o seu nome e o seu selo discográfico East Meets West Music.

Shankar, pai da cantante Norah Jones, padecía desde o último ano problemas respiratorios e cardíacos, unha condición que o levou a someterse o pasado xoves a unha intervención cirúrxica para substituír unha válvula cardíaca."Aínda que a operación foi exitosa, a recuperación resultou demasiado difícil para o músico de 92 anos", segundo a nota de prensa.

O artista tiña o seu domicilio no sur de California aínda que mantiña tamén residencias na India.

O músico estaba casado con Sukanya Rajan e tiña 2 fillas, Norah Jones e Anoushka Shankar Wright, 3 netos e catro bisnetos.

"Desafortunadamente a pesar dos esforzos dos cirurxiáns e doutores que o coidaron, o seu corpo non foi capaz de soportar o esforzo da operación. Estivemos ao seu lado cando morreu", declararon a muller e a súa filla Anoushka."Sabemos que todos sentides a súa perda connosco e agradecemos as vosas oracións e bos desexos durante este momento tan difícil. Aínda que é un tempo triste é tamén o tempo para agradecer que puidemos telo como parte das nosas vidas. O seu espírito e o seu legado vivirá para sempre nos nosos corazóns e a súa música", afirmaron.

A familia aínda non anunciou os plans para cerimonias póstumas e solicitou que todas as flores e doazóns fosen realizadas á Fundación Ravi Shankar e a través da páxina web JustGive.org.
A pesar das súas doenzas Ravi Shankar continuou actuando durante os pasados meses e realizou o seu último concerto o 4 de novembro en Long Beach, no condado dos Ánxeles, xunto con Anoushka Shankar.O evento serviu como celebración das súas case 10 décadas de creación musical.

O seu disco The Living Room Sessions, Part 1 foi nomeado para a próxima edición dos premios Grammy a semana pasada e o músico soubo da noticia antes da súa operación.

Ravi Shankar naceu en Varanai (Utar Pradesh, India), o 7 de abril de 1920.
O seu pai V. Lakshinarayana foi un dos mestres do violín no seu país o que contribuíu a que Shankar se iniciase na aprendizaxe dese instrumento cando tiña 5 anos.
Unha década despois deixou a India para viaxar a París coa compañía de baile do seu irmán Uday.
En 1936 comezou estudos de sitar, instrumento tradicional indio, baixo a dirección de Ustad Allauddin Khan e pouco despois comezou a facer xiras por Europa e EE.UU.
Alcanzou a fama en occidente grazas á súa amizade co beatle George Harrison do que foi profesor tras coñecelo en 1966. Ao ano seguinte realizou o seu primeiro dúo co violinista Yehudi Menuhin, co que posteriormente colaborou en numerosas ocasións.
En 1969 viaxou a Estados Unidos coa intención de profundar na música de occidente e, ao tempo, popularizar a música hindú. En 1971, e a petición da London Symphony compuxo un concerto que se estreou no Royal Festival Hall londiniense.
En 1976 comezou a súa colaboración co guitarrista John McLaughlin, co que fundou o grupo Shakti, traballou na One Truth Band e gravou o álbum Touch me there, baixo a dirección de Frank Zappa.
A actividade musical de Ravi Shankar foi intensa, destacando ademais de como instrumentista como compositor. É autor de dous concertos para sitar e orquestra, ademais de músicas para ballet e bandas sonoras para películas. Así mesmo, protagonizou a película Raga, centrada na súa vida e en 1978 publicou o libro autobiográfico My life, my music.
Entre 1986 e 1992, Shantar foi membro nomeado na Cámara Alta do Parlamento da India.
O seu primeiro matrimonio coa filla do músico Ustad Allauddin Khan, Annapurna, terminou en divorcio en 1982 tras anos de separación nos que mantivo relacións sentimentais con Kamala Chakravarty e Sue Jones, nai da que sería a súa filla Norah Jones.
Finalmente casou en 1989 con Sukanya Rajan con quen viviu desde entón entre San Diego e Nova Deli.
En 1992 o seu fillo Shubho, tamén sitarista faleceu repentinamente con 50 anos.

Beatriz Molina, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-12-2012 22:59
# Ligazón permanente a este artigo
Unha aldea emerxe tras 20 anos baixo a auga.
Cando hai restos de aldeas baixo as augas dun encoro e este descende de nivel, asómase unha paisaxe desoladora, en cuxas pedras de paredes derruidas ou semiderruidas queda o sinal de vivencias e tristezas, as dos veciños, neste caso de Aceredo, no municipio ourensán de Lobios.

Varios cidadáns cuxas familias proceden de Aceredo non se alegran de ver o que queda daquela aldea na comarca da Baixa Limia. Cúmprense agora vinte anos da desaparición da aldea baixo as augas do encoro de Lindoso, cuxa presa está situada en Portugal. E desde entón non se viu o vello pobo como agora. Sería a Valverde de Lucerna unamuniana e sanabresa desta comarca fronteiriza ourensá, aínda que sen as lendarias badaladas na noite de San Xoán, porque a igrexa non está alí.

En Lobios espertouse a curiosidade por este feito e algunhas persoas acoden estes días ao encoro para intentar recoñecer edificios e rúas do que noutro tempo foi o pobo de moitas persoas que agora habitan noutros lugares da zona, fundamentalmente no núcleo de Compostela.

Agora aquelas familias que en tempos habitaran na aldea viven no nova vila, á beira da estrada N-540. A igrexa foi trasladada a Compostela, un lugar próximo, nun traballo que resultou moi laborioso. E é que o templo que no seu día se erixiu na desaparecida aldea levou pedra a pedra ata o seu actual emprazamento.


Julián Rey Pérez - 2ºBach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-12-2012 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG pregunta se se adoptaron medidas de vixianza no aeroporto de Vigo para evitar o vandalismo dos punteiros láser
A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha pregunta parlamentar na Cámara para preguntarlle ao Goberno que medidas de vixianza e control está a adoptar para evitar o denominado “vandalismo aeronáutico Davila explica que nalgúns aeroportos do Estado se está alertando sobre prácticas que está na pór en perigo as manobras de aterraxe dos avións.

“Unha nova forma de vandalismo aeronáutico que consiste en deslumbrar aos avións cuns punteiros láser cando están en plena manobra de aterraxe”. No que vai de ano xa se produciron 35 queixas de pilotos. Feitos que tamén se detectaron no aeroporto vigués de Peinador. AENA é coñecedor destas situacións porque moitos pilotos de liñas comerciais se queixaron ás torres de control de ter sido cegados por este tipo de aparatos. Parece que AENA trasladou o tema á Garda Civil para que iniciase investigacións.

Que controis se fixeron en Peinador?
A deputada do BNG alude ao caso concreto de Peinador, onde según parece se inspeccionaron dúas zonas: á altura da cabeceira norte da pista, en Redondela, e no sur, en Mos. Davila pón de manifesto que no Estado español está prohibida a venda dos modelos de punteiros máis potentes que só deben utilizar profesionais. Máis “este tipo de vandalismo estendeuse por Europa o que levou a Eurocontrol a estabelecer un protocolo de actuación para os pilotos”.

“É un tema preocupante desde o ponto de vista da navegación aérea porque pode causar unha desgraza”. De aí que a parlamentar nacionalista dirixa ao Goberno unha serie de preguntas para saber cantas detencións se realizaron por este tema e cantas queixas de pilotos se contabilizaron no aeroporto de Vigo e que investigacións se levaron a cabo. Ademáis, quer coñecer se o Goberno deu instruccións á Garda Civil para extremar a vixianza.


Jorge Vázquez Docarme 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-12-2012 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
“Invasor”, preseleccionada para os Globos de Ouro
Dous anos despois de Cela 211, a produtora galega Vaca Films volveu a conseguir que un dos seus filmes poida aspirar a conseguir un Globo de Ouro. Se naquela ocasión era un drama carcelario o que foi preseleccionado, nesta edición é Invasor, unha película que combina suspense, acción e intriga política, a que entrou na penúltima rolda dos galardóns que concede a Asociación da Prensa Estranxeira de Hollywood.

A cinta dirixida por Daniel Calparsoro competirá finalmente na categoría de mellor película estranxeira se logra superar o último escollo para acceder ao quinteto final que conformará as candidaturas definitivas. Os resultados desta selección coñeceranse o xoves da próxima semana, día no que se saberá se Invasor competirá polo premio na gala que se celebrará o 13 de xaneiro en Los Ángeles. Esta criba «é moito máis complicada», explicaba onte Borja Pena, un dos responsables de Vaca Films e produtor do filme. Pola súa banda, Calparsoro cre que os premios sempre son bos e que «axudan a levar a xente ao cinema», segundo declarou a unha emisora de radio. O filme pode verse actualmente nas salas galegas.

Protagonizada por Alberto Ammann, Antonio da Torre, Karra Elejalde e Luís Zahera, entre outros, Invasor vira en torno ao regreso dun médico militar español destacado en Iraq e que sofre de amnesia. Cando os recordos empezan a fluír tamén o fan aspectos moito máis escuros da súa misión, o que provoca un dilema moral e un enfrontamento ao sistema.


Elena Corral Fernández
2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-12-2012 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chama a Ignacio González e dille: 'A miña saúde non se vende'
"Dillo por teléfono, por correo electrónico ou por Twitter: A miña saúde non se vende". Baixo este lema, a Plataforma cidadá contra a privatización do hospital e os centros de saúde de Parla lanzou unha particular campaña para instar os madrileños a pedir ao presidente da Comunidade, Ignacio González, que non desmantele o sistema sanitario público.

O obxectivo é conseguir facer reaccionar o xefe do Executivo rexional para que retire o Plan de Garantías de Sostibilidade da Sanidade Pública -que inclúe a "externalización" de servizos en seis hospitais e en 27 centros de atención primaria da comunidade- a través da saturación das súas liñas, o próximo luns 10 de decembro. Para iso, a plataforma difunde os números da secretaría do presidente, do seu xefe de gabinete e do propio gabinete (91 580 15 93, 91 580 98 34 e 91 580 20 17, respectivamente), así como o correo eléctronico (reclamaciones@salud.madrid.org) e as correspondentes contas de Twitter: @igonzalezPP, @ComunidadMadrid e @ppmadrid.

A mensaxe a deixar? "Pide que dean marcha atrás á privatización dos centros de saúde e o hospital de Parla, e de todos os centros de saúde e hospitais madrileños", explica o folleto da campaña. "Usa o hashtag #amiñasaúdeNONSEVENDE e se ademais dun tweet, chamas por teléfono podes poñer mensaxes co hashtag #euxachamei", incita a plataforma, que ademais, promove a boa educación por riba de todo: "Despídete cordialmente", solicita.

Así mesmo, nunha "carta aos veciños e veciñas" non só de Parla, senón do resto da comunidade, a Plataforma explica os motivos que a levan a emprender esta campaña como a súa "primeira acción de protesta". "Decenas de organismos e institucións do mundo sanitario levan semanas alertando da deterioración que supón para a sanidade pública o proceso de privatización iniciado polo actual presidente da Comunidade de Madrid", argumentan.


"Asegurar, como fai o Goberno rexional, que co mesmo diñeiro que agora se dedica a sanidade hai empresas capaces de seguir prestando o servizo e ademais obter beneficios, ou é falso e a sanidade custaranos máis cara, ou é o recoñecemento da incapacidade de Ignacio González para xestionar a nosa sanidade pública", continúan.

Por todo iso, o colectivo pide axuda para solicitar o máximo de apoios posibles na súa campaña "A saúde non se vende". "Súmate, fai que te oian. Mañana pode ser demasiado tarde", advirten. As medidas do goberno comezaron por Madrid, pero pode que en non moito tempo cheguen ata nós.


Alba Salgado Parente, 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-12-2012 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
Os químicos galegos esixen un gran pacto para frear a fuga de cerebros


































O Colexio de Químicos de Galicia aprema a "pór freo" á exportación de capital humano cualificado cara ao exterior, con decisións eficaces tendentes a evitar que outros países sexan os que se beneficien do investimento público realizado a través das universidades galegas.
Antonio Macho, que preside este órgano, cifrou a contía en 100.000 euros por cada titulado nunha carreira técnico-científica e tachou de realmente "importante" esta cantidade, en declaracións a Efe, polo que urxe solucións a esta situación, "consistentes en buscar unha saída a través dun gran pacto".
Os químicos apuntan á Administración, encargada de deseñar as políticas educativas e económicas que deben facilitar a incorporación dos mozos recentemente formados ao mercado laboral, e tamén á empresa, clave na xeración de emprego cualificado capaz de satisfacer os requirimentos dos seus clientes.
Hai informes que recordan que en torno ao 50% dos mozos galegos, na súa maioría titulados universitarios, non ten opción de incorporarse ao mercado laboral a curto ou medio prazo.
Outro dato "desalentador" que achega é que o 50% dos parados galegos xa está catalogado como de longa duración e, ante este escenario, "unha das poucas saídas" para os mozos de Galicia resulta ser a emigración.
Segundo os datos máis recentes do INE, afirma, durante o último ano abandonaron Galicia cada mes máis de 2.100 persoas de entre 20 e 34 anos.


Sara Álvarez González

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-12-2012 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Megaxove abre as súas portas
Aquaball, manga, danza urbana e mesmo un simulador de Fórmula 1, no que se sentou ó volante o alcalde, Agustín Fernández, responsable da apertura dalgunhas das actividades que estreou onte Megaxove, agora na súa décima terceira edición que abriu as súas portas en Expourense ata o domingo.
En total, o evento ofrece 75 actividades que, aínda que poidan parecer pensadas para nenos e mozos acaban sendo apreciadas por persoas de todas as idades, xa que moitos participantes acoden ao evento cos seus pais e avós. Ó público interxeneracional particularmente lle gustan os deportes, como o levantamento de peso, o karate ,o judo e o minibasket. Grandes e pequenos poden ver demostracións de baile, graffittis e mesmo as actividades da Guarda Civil, mostrando as actividades do SEPRONA , o servizo Cinolóxico e o de Tráfico. Mentres tanto, os máis activos gozan dos talleres de escalada ou de patíns en liña.

Así, Expourense conta con 8.000 metros cadrados distribuídos en catro áreas principais nas que os participantes pasan un bo rato , a entrada é gratuíta e hai actividades relacionadas co medio ambiente, deporte e cultura.

Ademais dun bo bocado de diversión, este ano Megaxove inclúe a posibilidade de traer a comida para ser solidario "Operación quilo" de impresión Amencer para a súa distribución entre as familias máis pobres.


Magdalena Sepa Vázquez 2ºA Bach

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-12-2012 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
Un italiano crea o primeiro xoguete en galego

Cando chegou a Lugo no 2005 para facer o proxecto de fin de carreira na Escola Politécnica Superior, Guido Leboroni non podía imaxinar que sete anos despois viviría feliz na cidade amurallada. Por amor e por traballo, xa que acaba de crear a primeira empresa de xoguetes en galego. Pero así é a vida deste italiano de 32 anos, enxeñeiro agrónomo de formación e xogueteiro de vocación e traballo, que domina sete idiomas. «Falo italiano, portugués, inglés, castelán e galego, e chapurreo algo de alemán e de francés», explica paseniño na lingua de Rosalía.

En Lugo namorouse dunha lucense, e ao acabar vos estudos retornou a Italia con ela para establecerse na súa cidade natal, Ancona, situada na costa do Adriático. «Traballei dous anos para unha empresa internacional de xoguetes, pero tingamos morriña de aquí, dá familia..., e ao final volvemos a Lugo», explica. De volta en Galicia animouse a misturar experiencia laboral e paixón polas linguas. «Chamoume a atención que non houbese xoguetes educativos en galego. Ou pouco que hai vén de fóra», sinala Guido, que para confirmalo entrou en contacto coa Real Academia Galega e a Xunta de Galicia.

Ese foi ou xermolo de Galileo Nenos, a empresa que está a dar vos seus primeiros pasos e que aspira a converterse na primeira xogueteira dá comunidade. Ou logo foi deseñado polo autor dun dous carteis dás festas do San Froilán.

Sara Carroceda González, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-12-2012 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal